Radio Cerna
Podcast Radio Cerna
Radio CERNA é o primeiro espazo radiofónico especializado na temática medioambiental e ecoloxista en Galiza. Está realizado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) para difundir a través da rede e das emisoras locais galegas toda a información relativa á situación medioambiental do país. O espazo dura uns 10 minutos e actualízase todos os días de luns a venres.
Обов'язково відвідайте сайт подкасту та підтримайте його автора: www.ivoox.com
Де слухати?
Подкасти в застосунку Replaio Radio Уже незабаромПодкасти незабаром з'являться в застосунку. Встановіть уже зараз і першими побачте зовсім новий погляд на подкасти
Епізоди
Boletín informativo ambiental 02/06/2023 02.06.2023 10:00
Novo golpe xudicial contra a política eólica da Xunta! A asociación ecoloxista ADEGA consegue tumbar nos tribunais o Parque Eólico Campelo de Greenalia, nos concellos de Coristanco e Santa Comba. Unha sentenza que cae como auga de maio para todos aqueles recursos que se pretendan presentar contra os novos proxectos eólicos autorizados pola Xunta. O Tribunal considera que o Campelo é unha fragmenta...
Boletín informativo ambiental 12/05/2023 12.05.2023 10:03
Comezan a aparecer publicadas no DOG as primeiras resolucións das 75 autorizacións de proxectos eólicos, outorgadas o pasado mes de abril pola Xunta. Os parques eólico Rodicio II e Monte da Croa xa están en tempo de desconto para a presentación de recursos contra ditas autorizacións. ADEGA anuncia que nos próximos días iniciará unha campaña de recadación solidaria para poder afrontar os recursos x...
Boletín informativo ambiental 05/05/23 05.05.2023 10:01
ADEGA anuncia unha batería de recursos xudiciais contra a aprobación exprés de 75 macroproxectos eólicos por parte da Xunta que teñan un especial impacto sobre o patrimonio natural e cultural e adianta que porá a andar unha campaña de recadación colectiva para tal fin. Nesta semana tamén denunciu máis dunha ducia de plantacións ilegais de eucalipto na Serra do Xistral en zona de ampliación da Rede...
Boletín informativo ambiental 21/04/23 21.04.2023 10:01
Este domingo 23 de abril, a Coordinadora Eólica Así Non acordoará a Xunta de Galicia, en San Caetano, Santiago de Compostela, para esixir ao goberno galego que denegue máis de 75 proxectos eólicos cuxa data de autorización vence a vindeira semana. De aprobarse esta enxurrada de parques eólicos, sen unha planificación con fins sociais e ambientais, os danos poderían ser irreversíbeis, advirte a org...
Boletín informativo ambiental 14/04/23 14.04.2023 10:00
Esta semana anunciouse o primeiro proxecto de eólica mariña transfronteirizo do sur de Europa, entre Galiza e Portugal, cunha potencia de instalación de 2 GW. e 530 km2 de superficie ocupada. A eólica mariña está aparecendo con forza fronte a un sector pesqueiro moi preocupado. A Xunta presentou tamén nestes días a súa estratexida de mobilidade, a cal non contempla a necesidade de reducir despraza...
Boletín informativo ambiental 31/03/23 31.03.2023 10:01
A primeira vaga incendiaria de 2023 tivo lugar esta semana na provincia de Lugo. Baleira, A Fonsgrada e Ribeira de Piquín foron os municipios máis afectados, chegando a calcinarse xa 1500 hectáreas. Este gran lume prodúcese antes de que a Xunta teña aprobado o Pladiga deste ano e co 50% das brigadas inoperativas. ADEGA denunciou á Xunta por eliminar a través de rozas de prevención de incendios un...
Boletín informativo ambiental 24/03/23 24.03.2023 10:01
A Coordinadora Eólica Así Non convoca unha nova mobilización galega para o domingo 23 de abril, contra o actual modelo depredador e especulativo da enerxía eólica. O acto convida a "rodear" a Xunta literalmente, facendo unha cadea humana ao redor do edifico de San Caetano, en Santiago de Compostela. Doutra banda, o presidenta Rueda muda de idea e agora si que contempla a creación dunha empresa púb...
Boletín informativo ambiental 10/03/23 10.03.2023 10:00
ADEGA traslada a denuncia contra a Xunta por perdoarlle 12 millóns a Greenalia á Fiscalía Xeral do Estado, o sector do mar levántase contra a eólica mariña e os plans de ordenación do espazo mariño do Ministerio de Transición Ecolóxica, e coñécese a sentenza de Ence que permite á pasteira permanecer na ría de Pontevedra ata 2073. O voto particular dunha maxistrada que cre que esta decisión do Supr...
Boletín informativo ambiental 03/03/23 03.03.2023 9:59
Como vén sendo habitual, a actual invasión eólica segue marcando a actualidade ambiental do país, pero esta semana, desde o ámbito mariño. O Ministerio de Transición Ecolóxica vén de aprobar o Plan de Ordenación Mariña que marca as zonas de implantacións dos macroeólicos no mar. Un plan que ofrece repulsa absoluta no sector pesqueiro e oposición tamén desde terra. A semana tamén deixa novas positi...
Boletín informativo ambiental 24/02/23 24.02.2023 10:00
Existe relación entre o veto á pesca de arrastre e os intereses do lobby enerxético? O sector do mar expón ao debate público esta cuestión ante a inminente aprobación do plan de ordenación do espazo mariño por parte do Ministerio de Transición Ecolóxica. O PP do Parlamento veta tamén unha investigación sobre os plans industriais ligados aos proxectos eólicos que gañaron o concurso de 2010 e rexord...
Boletín informativo ambiental 10/02/23 10.02.2023 10:00
A sentenza do Tribunal Supremo autorizando a ENCE permanecer por outros 60 anos na Ría de Pontevedra cae como xerra de auga fría na cidade do Lérez e no resto do país. As reaccións negativas sucédense por parte das entidades ecoloxistas APDR, ADEGA e outras, así como parte do concello e de Greenpeace, entidades recorrentes. Doutra banda, a pasteira e a Xunta celebran con xúbilo a decisión do Tribu...
Boletín informativo ambiental 03/02/23 10.02.2023 10:00
Tras aprobación en bloque de 77 declaracións de impacto ambiental favorables de proxectos eólicos pola Xunta a pasada semana, comezan a aparecer novas autorizacións destes proxectos industriais no rural galego. ADEGA chama a atención sobre a situacion do parque eólico de O Picato, o primeiro de Lugo, situado nunha zona de protección da avifauna e a poucos metros de dous Patrimonios da Humanidade,...
Boletín informativo ambiental 27/01/23 27.01.2023 10:00
Enxurrada de declaracións de impacto ambiental favorábeis para parques eólicos nesta semana, ante a data límite establecida polo Ministerio ás promotoar para acadar o permiso ambiental se non querían perder o permiso de acceso á rede eléctrica. De 140 macroproxectos eólicos, 120 obtiveron declaración ambiental, e destas 77 foron favorábeis. O territorio galego entregado ás multinacionais da enerxí...
Boletín informativo ambiental 13/01/23 13.01.2023 10:00
ADEGA fai balanzo do ano 2022 e vaticina un 203 moi duro na defensa do medio ambiente galego fronte a invasión eólica, tanto por terra como por mar. A coordinadora Eólica Así Non convoca á sociedade galega ás xornadas "Temos Alternativa" para construír colectivamente un modelo enerxético alternativo fronte o modelo eólico actual, depredador co territorio e abusivo coas persoas. E, nesta semana, a...
Boletín informativo ambiental 30/12/22 30.12.2022 10:03
Escoita o último boletín deste ano 2022 de Radio Cerna! O actual repaso informativo sobre o medio ambiente galego recolle a declaración da factoría de Altri como proxecto industrial estratéxico, a moratoria eólica aprobada no concello de Xinzo ou os novos datos censais do lobo en Galiza e a publicación de novos decretros sobre macrogranxas e envases de plástico. Voltamos en 2023!
Boletín informativo ambiental 23/12/22 23.12.2022 10:02
A eólica mariña en Galiza xa xunta 9 proxectos en tramitación, dos que 5 afectan á Mariña Lucense. Na eólica en terra, a Xunta dá unha de cal e outra de area, e no Parlamento de Galiza segue esquivando ás incómodas preguntas sobre o "caso Greenalia", relativo ao perdón dos preto de 12 millóns de euros que a empresa tiña que ter depositado na facenda pública, e a denuncia de ADEGA ao respecto na Fi...
Boletín informativo ambiental 16/12/22 16.12.2022 10:05
Continúa incesante a pingueira de autorizacións de proxectos eólicos en Galiza. Nesta última semana outros tres parques eólicos foron aprobados. No Parlamento o PP esquiva falar da denuncia de ADEGA contra a Xunta na Fiscalía por perdoarlle 11 millóns de euros a Greenalia no canto de obrigarlle a executar un plan industrial, e a sociedade galega volve dar un golpe na mesa a través das mobilización...
Boletín informativo ambiental 02/12/22 02.12.2022 10:02
Pronto finaliza o ano e toca facer balanzo. A Xunta dá conta dos proxectos eólicos autorizados, informados afvorablemente ou rexeitados neste 2022. E ADEGA denúnciaa por presunta prevaricación e malversación de fondos, ao eximir a Greenalia de pagar case 12.000.000 de euros á facenda pública e de executar o plan industrial comprometido no concurso eólico de 2010. Este feito desata dúbidas sobre a...
Boletín informativo ambiental 18/11/22 18.11.2022 9:59
A Xunta informa favorablemente a 13 proxectos eólicos de máis de 50MW que incumpren o Plan Eólico de Galiza e que están a ser tramitados polo Ministerio de Transición Ecolóxica. Cambia así de criterio, xa que na súa maioría foran informados negativamente por parte do goberno galego hai meses. Rueda xustifica esta viraxe en que agora estes proxectos servirán para abastecer de enerxía, total ou parc...
Boletín informativo ambiental 11/11/22 11.11.2022 10:02
Numerosos actos se desenvolven estes días en Galiza na memoria da peor catástrofe ambiental da nosa historia: o Prestige. ADEGA fai avaliación da actualidade logo de 20 anos desde a marea negra e outras voces, como a plataforma Nunca Máis, álzanse contra a impunidade e alertan do perigo obvio de que se repita un desastre similar. No ámbito da eólica Xunta e goberno do Estado achegan posturas e pro...
Boletín informativo ambiental 04/11/22 04.11.2022 10:01
A campaña de recadación solidaria "Ti podes paralos" consegue finalmente o seu reto, paralizar cautelarmente os proxectos eólicos Campelo e Bustelo de Greenalia, na área localizada arredor da Lagoa de Alcaián. En tan só 7 días acadáronse os 20.000 euros de aval que impuxo o TSXG para efectivizar tales paralizacións, constituíndo as primeiras da historia que se efectuan grazas á vontade popular e s...
Boletín informativo ambiental 28/10/22 28.10.2022 10:00
A campaña "Ti podes paralos!" consegue facer efectiva a paralización cautelar do proxecto eólico Campelo de Greenalia, e está a piques de conquerir a paralización cautelar efectiva do proxecto eólico Bustelo. A sociedade vólcase con ADEGA na consecución do importe requirido polo TSXG como aval para facer realidade estas dúas suspensións cautelares destes proxectos fragmentados artificiosamente, se...
Boletín informativo ambiental 21/10/22 21.10.2022 10:01
As últimas semanas están deixando unha colleita favorable de sentenzas e autos dos tribunais que deixan en evidencia a fallida política eólica da Xunta de Galiza. ADEGA, xunto con outras entidades, vén de acadar en tan só quince días 3 resolucións xudiciais favorables fronte a invasión eólica: a anulación definitiva do PE Serra do Iribio, en Samos e Triacastela, e a paralización cautelar dos proxe...
Boletín informativo ambiental 14/10/22 14.10.2022 10:00
Semana chea de éxitos para o movemento ecoloxista! ADEGA, SGO e FOP conseguen tombar definitivamente o parque eólico Serra do Iribio nos tribunais. O Supremo avala o fallo do TSXG que anulara a autorización da Xunta por dar por válida unha avaliación ambiental obsoleta, de 2005, e estar dentro dun espazo de Rede Natura 2000, onde hoxe se prohiben parques eólicos. Por outra banda, a Fiscalía abre d...
Boletín informativo ambiental 30/09/22 30.09.2022 10:01
A Xunta ofrece por primeira vez datos sobre a superficie queimada de espazos protexidos na vaga incendiaria do pasado verán. As cifras son sorprendentes! ADEGA advirte dun outono duro para as aves mariñas, e mesmo para as domésticas, se non se fai nada para frear o andazo da gripe aviaria e o presidente Rueda anuncia unha planta de biogás para xeración de enerxía a prol de Reganosa, Repsol e Natur...
Схожі подкасти
Replaio не є видавцем подкастів; назви шоу, обкладинки та аудіо належать їхнім авторам і поширюються через публічні RSS-канали