uk

AGalegaAudio

Diario cultural | Noite

Society GL ↓ Епізодів: 338

As novas expresións e formatos artísticos en diálogo coa historia cultural conflúen neste espazo de información, análise e creación. O Diario Cultural é un dos programas diarios de información cultural máis veteranos da radiodifusión galega. Ademais das emisións diarias e de programas especiais e monográficos, promoveu o libro Narradio 56 historias no ar e anualmente o Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico.

Автор

AGalegaAudio

Категорія

Society

Сайт подкасту

agalegaaudio.gal

Останній епізод

27 чер 2025

Де слухати?

Подкасти в застосунку Replaio Radio Уже незабаром

Подкасти незабаром з'являться в застосунку. Встановіть уже зараз і першими побачте зовсім новий погляд на подкасти

Завантажити з Google Play Встановіть безкоштовно Android майже 10 млн завантажень · рейтинг 4,8 iOS незабаром

Епізоди

Diario cultural 03-10-2024 03.10.2024

Berrobambán estrea “Mulleres que viven soas”: as bruxas de Shakespeare, a sospeita social fronte a vidas que se afastan do habitual e o presente de moitas mulleres as súas escollas e as súas historias. E ademais a reestrea de “Terceiro Acto”

Diario cultural 01-10-2024 01.10.2024

O paso do tempo e o peso da represión na mostra "A exposición secuestrada. Estampa Popular Galega, Tui-1968”

Diario cultural 30-09-2024 30.09.2024

"Xa estabamos conectados co mundo dende moito antes do camiño de Santiago " Isidro Dubert é o editor do volume Galicia, un mar con historia. A obra publicada por Xerais reúne 13 traballos de investigación arredor do protagonismo do mar na historia de Galicia. E ademais o primeiro traballo da banda de metal Urko

Diario cultural 27-09-2024 27.09.2024

O Ourense Film Festival (OUFF) abre  29ª edición. 60 filmes en distintas salas da cidade. O Festival de Ourense presenta nova sección OuffLab para os novos proxectos do cinema galego. E ademais Barullo, o novo disco de Baiuca.

Diario cultural 26-09-2024 26.09.2024

Os Náufragos teatro estrea Bulebule. A montaxe dirixida por Gustavo del Río achégase ao TDAH nun espéctaculo para público familiar. E ademais a rodaxe do filme Antes de nós

Diario cultural 25-09-2024 25.09.2024

A galería Nordés acolle “A pintura que mira”, un conxunto seleccionado de pinturas e papeis de Ánxel Huete. Unha mostra de obra recente comisariada por Juan de Nieves. E ademais "O gabinete de Ricardo Blanco Cicerón"

Diario cultural 24-09-2024 24.09.2024

Compostela acolle o décimo Encontro Cultura e Cidadanía. O Ministerio de Cultura presenta o encontro co lema ‘10 anos. Desprazamentos, desafíos e desexos para o noso sistema cultural’. E ademais o proxecto Finis Terrae

Diario cultural 23-09-2024 Video 23.09.2024

A semana de Cine de Lugo proxecta 147 filmes e homenaxea a Anxel Fole, Melania Cruz e Baños Films. Comeza a 46 edición do festival de Lugo. E ademais Tras do ceo, a nova novela de Manuel Rivas

Diario cultural 20-09-2024 20.09.2024

Janet Novás trae ao teatro Rosalía da Coruña PROTO (SN1806). O espectáculo de danza parte das supernovas e reivindica a forza do colectivo a través de tres performers. Galician Freaky Film Festival en Vigo

Diario cultural 19-09-2024 19.09.2024

O Museo do Pobo Galego inaugura Historias dun lugar, unha exposición en dúas partes.

Diario cultural 18-09-2024 18.09.2024

Manuel Outumuro inaugura en Ourense a exposición "O anxo que nunca fun", unha revisión das pegadas da infancia na súa obra. En paralelo abre en A Merca a mostra "Mulleres de outros mundos". E ademais a estrea de Sarabela

Diario cultural 17-09-2024 Video 17.09.2024

O Consello da Cultura Galega presenta Na procura do son perdido. A zanfona, memoria da Transición un documental sobre o rexurdir da zanfona nas décados dos anos 70 e 80. 

Diario cultural 16-09-2024 16.09.2024

"O obxectivo era traballar sobre outros ambiente e outras sonoridades". Musica Imaginaria é o último proxecto de Baldo Martinez. O contrabaixista e compositor partiu do vibráfono e o acordeón para esta suite en sete movementos. E ademais a biblioteca do Marco

Diario cultural 13-09-2024 13.09.2024

Galix entrega a distinción de Socia de Honra a Gloria Sánchez. A Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil  recoñece a traxectoria e a obra da escritora. E ademais Camiño Escena Norte

Diario cultural 12-09-2024 12.09.2024

V Encontro profesional de Música Galiza-Portugal en Tui e Valença. 12 grupos presentan os seus traballos nos showcases do MUMI. E ademais IV Celme da Zanfona

Diario cultural 11-09-2024 11.09.2024

O deseño galego dende as primeiras décadas do século XX á actualidade: A Fundación DIDAC acolle a mostra Galicia. Procesos e formas. Un percorrido gráfico. E ademais a tradución de As iluminacións galardoada co premio Plácido Castro

Diario cultural 10-09-2024 10.09.2024

Margarita Ledo Andión percorre as arestas da súa poética en Prefiro condenarme. Preséntase o libro que xunta primeiros poemas con textos máis recentes da escritora. E ademais Pausa de Hilario Rodeiro Quinteto

Diario cultural 09-09-2024 09.09.2024

Espazos Sonoros estrea colaboración co festival Viertel Barock. Viena acolle un serán galego dedicado a Luísa Villalta. E ademais Semana do Patrimonio Invisible

Diario cultural 06-09-2024 06.09.2024

36 espectáculos no 33 FIOT. Berrobambán estrea no festival de Carballo Mulleres que viven soas. E ademais FICBueu

Diario cultural 05-09-2024 05.09.2024

Seis compañías presentan os seus traballos no XXIII Festival Agustín Magán de teatro afeccionado que comeza en Compostela. E ademais preestrea do filme Justicia Artificial

Diario cultural 04-09-2024 04.09.2024

O Festival Internacional de Curtametraxes de Verín presenta 25 filmes a concurso. Celebra novena edición coas fronteiras mentais como foco. E ademais Presas fáciles/Voitres de Miguelanxo Prado

Diario cultural 03-09-2024 03.09.2024

O Congreso Internacional de Socialización do Patrimonio no Medio Rural, SOPA, pon a vida no centro. E ademais  o verán de Fillas de Cassandra, The Rapants e Mondra

Diario cultural 02-09-2024 02.09.2024

O centenario de Puccini e a estrea absoluta de Pálido punto azul na nova Temporada Lírica de Amigos da Opera. E ademais Economía e Poesía. Rimas Internas

Diario cultural 21-06-2024 21.06.2024

Xelís de Toro e Alejandro Vargas presentan Máis alálá, un obxecto artístico-literario arredor de De catro a catro de Manuel Antonio. E ademais os concertos do Día da Música Axóuxere editora publica Máis alálá. Reúne 19 postais creadas dende a poesía sonora a música improvisada e con imaxes de Manuel Vilariño. E no Día da música crónica de concertos.

Diario cultural 20-06-2024 20.06.2024

Vilagarcía acolle deica o día 29 a sétima edición do Clasclás, o Festival Internacional de música clásica. Nova Galega de Danza estrea Dique. Tritón, de Blanca Riestra é o noso libro da semana.

Слухайте подкаст Diario cultural | Noite у Replaio

Радіо та подкасти в одному застосунку - безкоштовно й без реєстрації. Встановіть уже сьогодні та не пропустіть запуск

Завантажити з Google Play

Replaio не є видавцем подкастів; назви шоу, обкладинки та аудіо належать їхнім авторам і поширюються через публічні RSS-канали