AGalegaAudio
Diario cultural | Noite
As novas expresións e formatos artísticos en diálogo coa historia cultural conflúen neste espazo de información, análise e creación. O Diario Cultural é un dos programas diarios de información cultural máis veteranos da radiodifusión galega. Ademais das emisións diarias e de programas especiais e monográficos, promoveu o libro Narradio 56 historias no ar e anualmente o Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico.
Де слухати?
Подкасти в застосунку Replaio Radio Уже незабаромПодкасти незабаром з'являться в застосунку. Встановіть уже зараз і першими побачте зовсім новий погляд на подкасти
Епізоди
Diario cultural 04-04-2024 04.04.2024 13:49
Falamos con Álvaro de la Vega, que inaugura en Fonseca “Xéneros e números”. No marco do ano Antonio Palacios dúas exposicións celebran a obra do arquitecto porriñés
Diario cultural 03-04-2024 03.04.2024 13:55
O coidado social como alternativa. Cristina García Sainz na Semana Galega de Filosofía
Diario cultural 02-04-2024 02.04.2024 13:39
“Hai que repensar unha relación co pasado”. A filósofa Fina Birulés fala de Hanna Arendt na Semana Galega de Filosofía en Pontevedra e na Universidade de Santiago. Repasamos citas ao fío do Día do Libro Infantil e Xuvenil
Diario cultural 01-04-2024 01.04.2024 13:55
Reedición da novela ´Memoria para Xoana` de Marica Campo. Mostra arredor da obra do escultor Asorey
Diario cultural 29-03-2024 29.03.2024 13:55
A superheroína Nabiza Girl protagoniza unha webserie de Algarabía Animación. Falamos coa integrantes do grupo coruñés de indie pop Leria
Diario cultural 27-03-2024 27.03.2024 13:52
Visitamos a Casa Museo de María Antonia Dans en Curtis A primeira Casa Museo dunha pintora galega acolle obras súas e unha exposición temporal do grupo Galeoska. Coñecemos o compositor lucense Luís Álvarez
Diario cultural 26-03-2024 26.03.2024 14:58
A microserie, que pode verse na plataforma dixital Agalega.gal, repasa as vidas de artistas galegas nun formato desenfadado para conectar coa mocidade. Falamos co rapeiro Big Meu (Martín Represa)
Diario cultural 25-03-2024 25.03.2024 14:58
De Lugares e Órganos volve a Compostela na Semana Santa. O ciclo de música chega á súa novena edición con varios concertos en igrexas e mosteiros da cidade.
Diario cultural 22-03-2024 22.03.2024 13:55
Rapa, primeira longametraxe documental de Alejandro Enríquez explora a crise do cabalo galego do monte´. Remata a semana da poesía.
Diario cultural 21-03-2024 21.03.2024 14:40
María do Cebreiro e Abe Rábade presentan unha proposta conxunta no Festival de poesía Alguén que respira. Máis de vinte poetas, músic@s, performers e especialistas reúnense en Compostela durante tres días. Esta noite celébrase a gala dos María Casares.
Diario cultural 20-03-2024 20.03.2024 13:54
A XIX Mostra Internacional de Cinema Etnográfico explora o cinema da Transición e dedica foco á decana do documental italiano Cecilia Mangini. Conversamos con Ana Estévez Lavandeira, directora da Mostra. O Día da Narración Oral lembra o vivos que están os contos.
Diario cultural 19-03-2024 19.03.2024 13:55
“Como autor síntome implicado con mil voces”. Publícase En espiral. A antoloxía poética escolma a obra do escritor Xosé Luís Méndez Ferrín. Conversamos co autor.
Diario cultural 18-03-2024 18.03.2024 14:55
O fotógrafo Jordi Bernadó presenta no MARCO o proxecto ID, unha achegamento ao xénero do retrato con personalidades do mundo contemporáneo. Achegámonos á mostra con Mari Pereira.
Diario cultural 15-03-2024 15.03.2024 14:58
A exposición Da túa man para a miña abre as actividades complementarias da Mostra Internacional de Cinema Etnográfico en Santiago. Fran Rodriguez Casal ultima tamén a longametraxe do mesmo título que dirixe con Coral Piñeiro.
Diario cultural 14-03-2024 14.03.2024 13:46
Ernesto Is e Nerea Brey presentan proxecto escénico: A nova compañía Manekineko estrea a obra “Cancións amarelas. Flores tristes”
Diario cultural 13-03-2024 13.03.2024 14:58
Joan Morera inaugura “A chambra. O cuarto do lado” sobre a a emigración feminina ao Paris dos anos 60. “A representación destas mulleres no imaxinario colectivo é practicamente inexistente”.
Diario cultural 12-03-2024 12.03.2024 14:58
“Queriamos axudar a cambiar a forma de ver o mundo”. Emilio Fonseca dirixe o ensaio documental "Salvaxe, salvaxe" galardoado coa Biznaga de Prata no Festival de Cine de Málaga.
Diario cultural 08-03-2024 08.03.2024 14:58
“Mentres sigamos sendo un photocall de efemérides e non se traballe no día a día os avances son cosméticos, non reais”. O Museo Provincial de Lugo acolle a mostra “Eu son. Memoria das rapadas”. Falamos con Encarna Lago, unha das comisarias da mostra e xerente da Rede museística provincial de Lugo
Diario cultural 07-03-2024 07.03.2024 14:58
“Aquilo era unha especie de Transición que non rematara, o propio acto o manifesta”. O xornalista Xan Carballa presenta no Museo de Pontevedra a exposición ‘Castelao: o retorno a Galicia, 1984. Xan Carballa, fotografías”.
Diario cultural 06-03-2024 06.03.2024 14:58
“Queremos mostrar o potencial narrativo e expresivo que ten a animación” Alberto Vázquez co-dirixe Imaxinaria. Comeza na Coruña segunda edición do Festival Internacional de Animación. Lembramos a voz de Luísa Villalta no vixésimo aniversario do falecemento da escritora .
Diario cultural 05-03-2024 05.03.2024 14:58
Lembramos ao escritor Alfonso Álvarez Cáccamo. O tempo centrará a XL Semana Galega de Filosofía que abrirá a filósofa Fina Birulés.
Diario cultural 04-03-2024 04.03.2024 14:58
Eva Veiga e Pilar Pallarés analizan e revisan a obra poética de Luísa Villalta en Así vou eu formando parte. Unha antoloxía que percorre a obra da escritora que centra o Día das Letras de 2024.
Diario cultural 01-03-2024 01.03.2024 14:58
O Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra celebra o seu 25 aniversario dedicándoo á maxia. Isabel Freire fala coa súa coordinadora, Eva Mejuto, das ducias de actividades programadas deica o día 17. Hai dende música, espectáculos, teatro e monicreques, ata obradoiros e contacontos.
Diario cultural 29-02-2024 29.02.2024 14:58
“A cultura é moito máis que un recurso económico, é tamén un dereito cidadán”. Alberto de Boiro coordina a Xornada ´Os dereitos culturais. Un novo paradigma para a cultura que vén` que examina as últimas leis en materia de dereitos culturais. Achegámonos a Vigo para visitar a exposición sobre Antía Cal, e escoitamos un novo fragmento do ensaio sobre Castelao ´ O pintor e a vida moderna`.
Схожі подкасти
Replaio не є видавцем подкастів; назви шоу, обкладинки та аудіо належать їхнім авторам і поширюються через публічні RSS-канали