AGalegaAudio
Todos os podcast | Galicia en goles
As retransmisións dos partidos do Celta, do Deportivo e do Racing de Ferrol nas competicións da LFP, Lugo, Celta Fortuna, Ourense CF e Arenteiro na Primeira Federación son a base do programa, xunto ao seguimento aos cinco equipos galegos da Segunda Federación: Pontevedra, Compostela, Coruxo, Fabril Deportivo e Bergantiños. Ademais está presente en todos os campos da Terceira e da cobertura ao Deportivo, na competición da Primeira feminina. O Galicia en Goles tamén segue con atención aos outros representantes que participan nas categorías elite do deporte español: Breogán e Básquet Coruña na AC...
Podcast'in sitesini ziyaret etmeyi ve yapımcısını desteklemeyi unutma: agalegaaudio.gal
Nereden dinlenir?
Uygulamada podcast'ler Replaio Radio Çok yakındaPodcast'ler çok yakında uygulamaya geliyor. Şimdi yükle ve podcast'lere yepyeni bir bakışı ilk gören sen ol
Bölümler
Galicia en goles venres 20-12-2024 20.12.2024 3:30:58
Retrasmisión do Castellón - Obradoiro con Gonzalo Alonso. COB - Betis con Miguel Álvarez. Málaga - Atl. Guardés. Lugo Sala - Parrulo. Previa da xornada dos equipos galegos.
Galicia en Goles especial Rácing-Almería 18-12-2024 18.12.2024 3:15:58
Especial Galicia en Goles coa narración do Racing de Ferrol - Almeria ( Raul Villares, Nesy Otero e Juancar), Bergantiños - Fabril ( Fer Romero) e Valencia F - Dépor F (Sara Gallego). Marcadores: Iago Gayoso. Presenta Roberto Carlos Carballo.
Galicia en goles FDS mediodía 15-12-2024 15.12.2024 3:00:58
No Galicia en Goles matinal atendemos á liga ACB co Real Madrid - Breogán, á xornada galega na máxima categoría do baloncesto feminino e aos partidos RFEF: Escobedo - Bergantiños e Viveiro - Lugo B. No polideportivo tamén contamos o Cangas - Granollers e na parte final do programa narramos o gran primeiro tempo do Rácing no Molinón.
Galicia en goles Fin de semana 15-12-2024 15.12.2024 9:05:58
Tras nove xornadas sen gañar o Rácing de Ferrol rachou a súa mala xeira de resultados vencendo ao Sporting de Xixón por un gol a tres e dando aire ao conxunto verde e ao seu corpo técnico. Pola súa banda o outro equipo galego da 2ª división, o Deportivo, non puido desputar o seu encontro ante o Tenerife por mor das alertas metereolóxicas que alertaban de refachos de vento superiores aos 100 km/h á...
Galicia en goles Fin de semana 14-12-2024 14.12.2024 8:30:57
O Galicia en Goles estivo moi centrado no Sánchez Pizjuán onde o Celta repetiu os resultados coma visitante das últimas xornadas. No día da homenaxe a Navas, o conxunto hispalense tumbou ao céltico cun solitario tanto. A gran nova chegou na Liga ACB coa gran vitoria do Básquet Coruña en Girona. na 1ª RFEF cara e cruz para os galegos, goleada do Arenteiro e derrota do CD Lugo no derbi dos Ancares
Galicia en goles FDS mediodía 08-12-2024 08.12.2024 3:00:57
A xornada matinal no Galicia en Goles contou dous partidos na 1ª RFEF con presenza galega, o empate a dous do Celta Fortuna ante o Barcelona e a derrota do Arenteiro en Sestao. No polideportivo hai que destacar o triunfo do Breogán en Gran Canaria no debut de Luis Casimiro coma adestrador celeste.
Galicia en goles Fin de semana 08-12-2024 08.12.2024 7:00:55
O Rácing de Ferrol caeu goleado por un tanto a cinco na Malata ante o Oviedo. Son xa nove partidos sen gañar, que deixan a Cristobal Parralo ao límite de ser destituído. No resto da xornada o Lugo empatou a cero en Tarazona, o Fabril caeu no desconto en Salamanca e o Bergantiños nas Eiroas.
Galicia en goles Fin de semana 07-12-2024 07.12.2024 8:30:58
Xornada sabatina no Galicia en Goles que estivo centrada en Riazor no encontro entre Deportivo e Zaragoza que rematou en igualada tras un gol maño no desconto. O tempo extra tamén lastrou ao Ourense CF que deixou escapar a vitoria en Zamora. Mentres na 2ª RFEF pleno galego cos triunfos de Pontevedra en Laredo e do Coruxo no Vao ante o Escobedo. No polideportivo cabe destacar a derrota do Básquet C...
Galicia en Goles especial Celta-Mallorca 06-12-2024 06.12.2024 4:00:57
Voltaron os sorrisos a Balaídos co triunfo claro do conxunto de Claudio Giráldez por dous tantos a cero ante o Mallorca de Jagoba Arrasate.
Galicia en Goles especial Copa do Rei 05-12-2024 05.12.2024 2:15:55
Especial Copa do Rei co encontro entre o Barakaldo e o Racing de Ferrol con Raul Villares, Nesy Otero e Josu. Presenta Roberto Carlos Carballo. Marcadores e redes sociais: Iago Gayoso.
Galicia en Goles especial Copa do Rei 04-12-2024 04.12.2024 4:15:55
Especial Copa do Rei coa narración do Ourense - Dépor con Javi Torres e Roberto Carlos e do Pontevedra - Vilarreal con Raul Villares e Baltierra. Declaracións dos protagonistas da xornada. Baloncesto feminino co Celta - Zaragoza con Gonzalo Alonso e o Ensino - Jairis con Emilio González. Presenta Paco Santos. Marcadores e redes sociáis: Iago Gayoso.
Galicia en Goles especial Copa do Rei 03-12-2024 03.12.2024 3:30:57
Especial Copa do Rei co encontro da segunda rolda entre o Salamanca e o Celta e declaracións dos protagonistas. Narración: Roberto Carlos Carballo dende o Helmántico, Victor López e Jose Baltierra. Presenta: Paco Santos. Previa encontros do resto dos equipos galegos na Copa. Marcadores e redes sociáis: Iago Gayoso.
Galicia en goles FDS mediodía 01-12-2024 01.12.2024 2:15:55
Dou partidos de baloncesto e dous da terceira galega foron os principais argumentos do Galicia en Goles na matinal do domingo. O Uni Ferrol caeu na Malata ante o Gran Canaria, o COB Ourense fixo o propio co Tizona Burgos no Paco Paz, e no fútbol houbo tamén dúas vitorias visitantes, a goleada do Arousa en Somozas e o triunfo pola mínima do Noia en Viveiro
Galicia en goles Fin de semana 30-11-2024 30.11.2024 8:30:55
Este sábado houbo coincidencia horaria nos encontros de Celta e Deportivo, con sorte dispar para os dous equipos galegos. O equipo olívico caeu por 3 a 1 en Cornellá ante o Espanyol mentres que os coruñeses derrotaban ao Cádiz en terras andaluzas por 2 goles a 4. No fútbol da federación houbo pleno galego, con vitorias de Ourense CF na 1ª RFEF e de Compostela, Pontevedra e Fabril na 2ª RFEF. A mal...
Galicia en goles venres 29-11-2024 29.11.2024 3:30:58
Previa da xornada dos equipos galegos de primeira e segunda división e primeira, segunda e terceira Federación. Entrevista a Iván Fortes, ex xogador do Racing de Ferrol e do Eldense. Previa da xornada dos encontros de Copa do Rei dos equipos galegos con entrevista a Milucho, ollador do Vilareal e ex xogador do Pontevedra. Previa da xornada no polideportivo: Baloncesto e fútbol sala. Ciclismo: Pres...
Galicia en Goles especial Copa do Rei 27-11-2024 27.11.2024 3:15:57
Galicia en goles especial Castellón - Racing de Ferrol CON Raúl Villares e Nesy Otero e Nástic - Celta Fortuna con Gonzalo Alonso e Baltierra. Presenta Roberto Carlos Carballo. Marcadores e redes sociáis: Iago Gayoso.
Galicia en goles FDS mediodía 24-11-2024 24.11.2024 2:15:58
Na edición matinal do Galicia en Goles deste domingo contouse o pleno galego na 1ª RFEF, cos triunfos de Celta Fortuna en Tarazona e do Ourense CF en Irún. Ademais na 2ª RFEF o Pontevedra empatou en Llanera e o Coruxo goleou no Vao ao Langreo.
Galicia en goles Fin de semana 24-11-2024 24.11.2024 7:30:55
Segue costándolle sacar puntos de Riazor ao Deportivo da Coruña, que empatou ante o Sporting a un gol nun partido que se lle puxo costa arriba no segundo tempo. No resto do fútbol o Compostela empatou en Salamanca na 2ª RFEF e segue coa boa xeira de resultados.
Galicia en goles Fin de semana 23-11-2024 23.11.2024 9:00:55
Partido frenético o que se viviu en Balaídos na noite do sábado, cun Celta que foi quen en tres minutos de igualar o encontro ante o Barcelona con dous tantos que ben puideron ser máis. Na 1ª RFEF o Arenteiro non puido pasar do empate ante o Osasuna Promesas mentres que no polideportivo hai que destacar as vitorias de Cangas e Celta Baloncesto. Asimesmo nas dúas primeiras horas o Galicia en Goles...
Galicia en Goles especial Rácing-Levante 22-11-2024 22.11.2024 3:56:52
Galicia en Goles especial Racing de Ferrol - Levante con Raúl Villares, Nesy Otero e Juancar dende A Malata. Zamora - Lugo con Emilio González. Presenta Roberto Caros Carballo. Marcadores: Iago Gayoso.
Galicia en goles venres 22-11-2024 22.11.2024 3:30:58
Post partido cos protagonistas do Racing de Ferrol - Levante e do Zamora - Lugo. Previa da xornada dos equipos de fútbol galegos. Polideportivo co post partido de baloncesto da selección española ante Eslovaquia e previa do fútbol sala. Presenta Roberto Carlos. Marcadores Iago Gayoso.
Galicia en Goles especial Pontevedra-Levante 19-11-2024 19.11.2024 2:32:24
Encontro da primeira rolda da Copa do Rei entre o Pontevedra e o Levante con Raúl Villares e Gonzalo Alonso dende Pasarón. Presenta Paco Santos. Marcadores: Iago Gayoso.
Galicia en goles Fin de semana 17-11-2024 17.11.2024 10:14:58
Negra xornada para o RC Deportivo coa derrota dos seus tres principais equipos, o primeiro ante o Almería por dous goles a un, o filial na casa ante o Coruxo por cero a un, o mesmo resultado que colleitou en Riazor o feminino ante o Espanyol. No resto da xornada Lugo e Arenteiro empataron no derbi do Polbo, o Ourense CF gañou no Couto ao Tarazona e o Compostel sufriu para vencer ao Llanera pola mí...
Benzer podcast'ler
Replaio bir podcast yayıncısı değildir; program adları, kapak görselleri ve ses içerikleri yazarlarına aittir ve herkese açık RSS beslemeleri aracılığıyla dağıtılır