AGalegaAudio
Todos os podcast | Galicia en goles
As retransmisións dos partidos do Celta, do Deportivo e do Racing de Ferrol nas competicións da LFP, Lugo, Celta Fortuna, Ourense CF e Arenteiro na Primeira Federación son a base do programa, xunto ao seguimento aos cinco equipos galegos da Segunda Federación: Pontevedra, Compostela, Coruxo, Fabril Deportivo e Bergantiños. Ademais está presente en todos os campos da Terceira e da cobertura ao Deportivo, na competición da Primeira feminina. O Galicia en Goles tamén segue con atención aos outros representantes que participan nas categorías elite do deporte español: Breogán e Básquet Coruña na AC...
Podcast'in sitesini ziyaret etmeyi ve yapımcısını desteklemeyi unutma: agalegaaudio.gal
Nereden dinlenir?
Uygulamada podcast'ler Replaio Radio Çok yakındaPodcast'ler çok yakında uygulamaya geliyor. Şimdi yükle ve podcast'lere yepyeni bir bakışı ilk gören sen ol
Bölümler
Galicia en Goles domingo mañá 29-06-2025 29.06.2025 2:13:59
No último Galicia en Goles matinal da temporada contaron as finais feminina e masculina da Copa Deputación da Coruña. Tamén estiveron na xornada final dos Mundiais Triatlón Multideporte en Pontevedra e no Torneo de fútbol base de Porriño. Asimesmo, descubrimos unha nova modalidade co Pitch & Putt, que celebrou o Campionato do Mundo senior en Oroso.
Galicia en goles Fin de semana 29-06-2025 29.06.2025 8:40:56
No último Galicia en Goles da temporada a actualidade estivo centrada en Grecia, na final do Eurobásket feminino na que perdeu nos últimos segundos España ante Bélxica. Ademáis houbo tempo para contar as finais da Copa Deputación da Coruña, os mundiais Multideporte de Pontevedra, o balonmán praia en Bueu ou máis deporte de base.
Galicia en goles Fin de semana 28-06-2025 28.06.2025 8:40:57
No último sábado da temporada Galicia en Goles viaxou á Coruña para estar no torneo de fútbol Silbato para árbitros de toda España. Tamén contaron toda a festa de Fútbol in Lugo na Cheda. Dentro do polideportivo os Campionatos Galegos de Atletismo e o arrinque da Liga galega de Traíñas en Chapela tamén foron puntos de especial interese.
Galicia en goles venres 20-06-2025 20.06.2025 3:30:57
Liceo – Barcelona co Antón Vieites. Entrevistas con protagonistas. Actualidade mercado fútbol galego e internacional. Previa Sarriana – Pulpileño con entrevista a Jesús Zurano. Voleibol con entrevista a José Ángel Luna. Atletismo con entrevistas a Xosé Pampín e Fran Alcalde. Presenta Roberto Carlos Carballo. Marcadores: Raúl Villares, Iago Gayoso e Pablo Rivera.
Galicia en goles Fin de semana 15-06-2025 15.06.2025 10:15:55
A SD Sarriana empatou a cero na ida da final de ascenso a 2ªRFEF fronte ao Pulpileño. A volta decidirá se o conxunto lucense escapa dunha 3ª RFEF onde xa están, dende esta fin de semana, Céltiga e Cambados. Asimesmo, no Galicia en Goles deste domingo atenderon as promocións de Preferente e, pola mañá, ao torneo de Mñícuel Salgado na Madroa, onde un equipo de xornalistas e caras recoñecibles da RG...
Galicia en goles Fin de semana 14-06-2025 14.06.2025 8:40:56
España tivo que sufrir pero venceu a Romanía por dous goles a un. Tamén con emoción, e prórroga, rematou a Copa Deputación de Lugo, con vitoria do Chantada por tres goles a dous ante o Taboada. Na copa de veteráns o Rácing de Ferrol goleou no Sárdoma. E nas finais de ascenso a Primeira división feminina de fútbol sala o Vilalba venceu na ida ao Espluges e o Bembrive caeu en Chiloeches.
Galicia en goles venres 13-06-2025 13.06.2025 3:31:00
Málaga - Parrulo con Raúl Villares. Protagonistas post partido con Iago Gayoso. Actualidade de mercados dos equipos galegos. Previa Pulpileño - Sarriana con entrevista a Jose Antonio Rodríguez. Entrevista a Álvaro Casas e a Antonio Glez. Rally de Ourense, con protagonistas con Andrés Vieites. Previa Liceo. Presenta Paco Santos.
Galicia en goles Fin de semana 08-06-2025 08.06.2025 10:15:58
Este domingo o prato forte do deporte galego estivo na Malata, co primeiro partido da final polo ascenso a Primeira División de Fútbol Sala. O Parrulo venceu ao Málaga e está a 40 minutos da elite. Tamén houbo ledicia en Cee, dobre para o Dumbría, que gañou a Copa da Costa na categoría masculina e na feminina.
Galicia en goles Fin de semana 07-06-2025 07.06.2025 8:40:58
Co resto das competicións chegando ao seu fin, o Galicia en Goles centrou parte da súa atención no encontro de volta da fase galega de ascenso a 2ª RFEF. Coma na ida, gañou a Sarriana ao Estradense e o equipo lucense convértese no representante galego na final nacional. O Gran Premio Cantóns da Coruña de Marcha, o fútbol sala e o resto de resultados galegos tamén tiveron presenza na edición sabati...
Galicia en goles venres 06-06-2025 06.06.2025 3:30:58
Este venres Roberto Carlos Carballo analizou tódolos acontecementos que terán lugar en Galicia ou con equipos galegos en liza durante a fin de semana. Así mesmo contaron o pase do Liceo á final da OK liga tras vencer no 3º partido ao Reus.
Galicia en goles Fin de semana 01-06-2025 01.06.2025 10:15:54
O Deportivo da Coruña perdeu por cero goles a catro na derradeira xornada de liga regular en 2ª División. O Elx foi moi superior aos coruñeses e sumou tres puntos que lle permitiron ascender á máxima categoría do fútbol español. No polideportivo o Liceo sumou o segundo punto da eliminatoria de semifinais polo título tras derrotar ao Reus en Riazor por catro goles a cero.
Galicia en goles Fin de semana 31-05-2025 31.05.2025 8:40:55
Nun ambiente de reproche e enfado, a Malata despediu o fútbol profesional vendo como o Rácing de Ferrol repetía os erros comúns de toda a temporada e caía por cero a dous ante o Spórting. Tamén perdeu o Parrulo na volta das semifinais polo ascenso a Primeira División de fútbol sala. Foi tamén un sábado de copas, co triunfo do CD Barco na Copa Deputación e do PSG na final da Chámpions League, tras...
Galicia en goles venres 30-05-2025 30.05.2025 3:30:59
O Galicia en Goles deste venres estivo centrado no adeus do Básquet Coruña á máxima categoría do baloncesto español, no partido no que caeu no Coliseum ante o Baskonia. Nesa última xornada da Liga regular o Breogán foi asoballado polo Valencia na cancha levantina. Asimesmo, o programa deportivo analizou a previa do deporte galego desta fin de semana.
Galicia en goles Fin de semana 25-05-2025 25.05.2025 10:15:55
O Galicia en Goles deste domingo tivo que estar moi pendente de Vigo e a festa que o celtismo ofreceu ao seu equipo pola clasificación Europea. Dende o Concello ata Praza América, a Radio Galega contou os festexos da afección celeste por esta clasificación para a Europa League. Na 2ª división o Deportivo caeu na Romareda por un gol a cero e suma tres derrotas consecutivas dende que asegurou a perm...
Galicia en goles Fin de semana 24-05-2025 24.05.2025 10:40:55
Oito anos despois o Celta volverá competir en Europa. O conxunto de Claudio Giráldez remontou no Coliseum para rematar gañando ao Xetafe e conseguir o billete para a Europa League. O emocionante partido, a festa posterior na localidade madrileña e a que se foi formando na cidade olívica foron o prato principal dun Galicia en Goles que tamén contou a última xornada da liga regular en 1ª RFEF, coa s...
Galicia en goles venres 23-05-2025 23.05.2025 3:31:00
Palencia - Obradoiro con Alfonso Pardo. Previa da xornada dos equipos galegos de fútbol con entrevista a Iago, vicepresidente da peña Morriña Celeste e con Anibal, Teniente Alcalde de Ourense. Previa do Albacete - Racing con Raúl Villares. Previa da xornada dos equipos galegos de baloncesto. Ciclismo con Andrés Vieites dende Friol. Presenta Roberto Carlos Carballo. Marcadores: Raúl Villares e Iago...
Galicia en goles Fin de semana 18-05-2025 18.05.2025 10:15:54
Celta - Raio Vallecano Racing de Ferrol - Cadiz. Obradoiro - Palencia. Festa das peñas do Celta.
Galicia en goles Fin de semana 17-05-2025 17.05.2025 7:40:56
Deportivo - Granada. Lugo - Zamora. UCAM Murcia - Fabril (fase de ascenso). Granada - Breogán. Basquet Coruña - Andorra.
Galicia en goles venres 16-05-2025 16.05.2025 3:30:55
Obradoiro - Palencia con Pardo e protagonistas dos encontro. Postpartido do Cangas - Granollers con Raúl Villares e entrevista a Nacho Moyano. Previa do Balonmán Porriño - Valur con Chicho Moldes dende Islandia. Previa do Estradense - Noia con entrevista a Jesús Figueroa. Previa do Lugo - Zamora con Emilio González. Previa do Arenteiro - Real Sociedad B con entrevista a Argimiro Marnotes. Previa D...
Galicia en Goles especial Real Sociedad-Celta 13-05-2025 13.05.2025 2:15:55
Real Sociedad-Celta con Roberto Carlos Carballo, Víctor López, Valtierra, Francisco Fernández e Xavi Rodríguez. Presenta Paco Santos.
Galicia en goles Fin de semana 11-05-2025 11.05.2025 12:15:55
O longo Galicia en Goles deste domingo contou a permanencia do Deportivo feminino na elite e o descenso do Básquet Coruña da Liga ACB tras caer en Bilbao. Foi na edición matinal, na que caeron o Fortuna e o Arenteiro en 1ª RFEF. A emoción viviuse na 3ª RFEF, coa última xornada da liga regular e co Noia como gran triunfador, ocupando a última praza de playoff de ascenso. Xa pola tarde o Clásico rem...
Galicia en goles Fin de semana 10-05-2025 10.05.2025 8:40:57
Cara e cruz para Celta e Deportivo na xornada sabatina. O conxunto olívico derrotou ao Sevilla por 3 a 2 nun partido no que xogou toda a segunda parte con dez futbolistas. Os vigueses continúan ocupando, a tres xornadas para o final, praza europea. Pola contra o Deportivo caeu por dous a un contra o Sporting e perde calquera opción matemática de playoff. O balonmán feminino tamen tivo especial pro...
Galicia en goles venres 09-05-2025 09.05.2025 3:31:01
O Obradoiro conseguiu na última xogada a vitoria en Burgos o que lle permitiu conseguir o factor pista de cara aos playoff de ascenso á Liga ACB. Pola contra o COB Ourense caeu en Donosti e remata a liga regular sen opcións de ascenso.
Galicia en goles Fin de semana 04-05-2025 04.05.2025 12:15:54
O Galicia en Goles deste domingo centrou a súa edición matinal no fútbol da RFEF, coa goleada colleitada polo Lugo ante o Barça B que provocou a destitución do adestrador Toni Seligrat. Tamén contaron a última xornada da 2ª RFEF, en horario unificado. Houbo unha de cal e unha de area para o fútbol galego: a clasificación para os playoff do Fabril e o descenso do Compostela a terceira división. Xa...
Benzer podcast'ler
Replaio bir podcast yayıncısı değildir; program adları, kapak görselleri ve ses içerikleri yazarlarına aittir ve herkese açık RSS beslemeleri aracılığıyla dağıtılır