AGalegaAudio
Todos os podcast | A crónica deportiva
A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades
Podcast'in sitesini ziyaret etmeyi ve yapımcısını desteklemeyi unutma: agalegaaudio.gal
Nereden dinlenir?
Uygulamada podcast'ler Replaio Radio Çok yakındaPodcast'ler çok yakında uygulamaya geliyor. Şimdi yükle ve podcast'lere yepyeni bir bakışı ilk gören sen ol
Bölümler
A volta de Hugo Guezeta 26.11.2024 15:49
'O noso tempo' é o primeiro disco longo de Hugo Guezeta, o que fora un dos integrantes do grupo Sondarúa. Un traballo que enceta unha nova xeira na traxectoria do rapeiro de Ponteareas, que explora novos ritmos e temáticas coa produción de Peter Petrowski. 'O noso tempo' preséntase en directo o día 14 de decembro na sala Rebullón de Mos, o día 19 na Mardi Gras da Coruña e o 21...
Cando a moda é escultura 26.11.2024 11:36
A deseñadora María Barros é unha das participantes na última edición das residencias artísticas do Gaiás. O seu proxecto Téxtil suspendido explora formas escultóricas realizadas en seda e algodón con técnicas de alta costura.
A crónica deportiva 26-11-2024 26.11.2024 29:58
O Racing viaxa a Castellón con Cristóbal Parrado na picota. Fran Alonso presentado coma novo adestrador do Dépor feminino. No CD Lugo, Juan Rodríguez fala de manter as boas sensacións no Anxo Carro. Hoxe Copa do Rei e da Raíña de fútbol sala.
Black metal galego 25.11.2024 10:43
Patty Castro fálanos hoxe de Balmog e Xerión, dúas bandas do país que practican black metal, un xénero de atmosfera escura que ás veces evoca elementos transcendentes ou filosóficos.
A crónica deportiva 25-11-2024 25.11.2024 29:58
Boas sensación no RC Celta, río revolto no FC Barcelona, tralo empate en Balaídos. Cesado Rubén de la Barrera no Vizela portugués. O Racing prepara a visita deste mércores a Castellón, no partido adiado pola DINA. Hoxe, ás 20:00h, no Paco Paz de Ourense, España - Eslovaquia de clasificación para o Eurobasket.
Escoitamos teatro...a partir do luns 22.11.2024 6:42
A partir do luns imos emitir as obras gañadoras da cuarta edición do concurso de teatro radiofónico 'Escoitamos teatro’, que convoca a Fundación SGAE coa colaboración da Radio Galega. Trátase de ‘Petricor’, de Lidia Fraga; ‘Con propósito de emenda’, de Marta Lado; e ‘Céspede artificial’, de AveLina Pérez. Destas pezas falamos co coordinador do certame, Santiago Cortegoso
Antón Alcalde e as Anatomías do abismo 22.11.2024 7:45
Dende Taiwán, onde reside, falamos co compositor rianxeiro Antón Alcalde, gañador da 35ª edición do Premio Jóvenes Compositores por 'Anatomías del abismo.' O certame está organizado pola Fundación SGAE e o Centro Nacional de Difusión Musical.
Terceiro acto 22.11.2024 10:58
Afonso Becerra comenta ‘Terceiro acto’, do CDG. Actrices e actores veteranos xúntanse clandestinamente nun teatro pechado para emprender a súa última aventura xuntos e reflexionaren sobre o terceiro acto das súas vidas.
'Non pasarán', de Artika Cía 22.11.2024 11:03
A compañía Ártika Cía estrea 'Non pasarán', unha resposta teatral ao crecemento dos autoritarismos e de movementos antidemocráticos. Tito Asorey é o director da montaxe, na que comparte a dramaturxia con Vanesa Sotelo. O elenco está formado por Fernanda Barrio, Marcos Alonso, Martín Maez e Rocío Salgado.
Mulleres con memoria 22.11.2024 10:33
Eva Mejuto proponnos a lectura do álbum O triángulo vermello, de Carme Vidal, Pablo Iglesias Núñez e Belén Diz. Unha biografía da militante antifascista Belén Núñez dirixida á rapazada. Abrimos tamén as páxinas de Cantareiras, unha das primeiras publicacións das Letras de 2025 dirixidas ao lectorado máis novo.
A crónica deportiva 22-11-2024 22.11.2024 29:57
Hoxe, ás 20:30h, Racing Club Ferrol - Levante UD e Zamora CF - CD Lugo. RC Celta - FC Barcelona, sen Lamine Yamal. A previa, con Víctor López. No RC Deportivo, Óscar Gilsanz non despexa dúbidas sobre as baixas.
Os novos relatos da violencia machista 21.11.2024 11:07
“Mentres haxa desigualdade seguirá habendo violencia” En vésperas do 25-N, Día internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, o Consello da Cultura Galega debate sobre os novos relatos da violencia machista a longo do día de hoxe. Conversamos con Carme Adán, coordinadora do Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos, que organiza esta xornada anual.
'Prefiro condenarme' e 'Raqa' 21.11.2024 15:10
Cine de estrea con Moncho Lemos. “Prefiro condenarme”, de Margarita Ledo, chega este venres ás salas. A película, baseada en feitos reais, toma como punto de partida o xuízo por adulterio contra Sagrario Ribela Fra, unha mariscadora da ría de Ferrol, durante a ditadura franquista. Contra todo prognóstico, o Tribunal eclesiástico de Compostela absólvea. “Raqa”, de Gerardo Herrero. Thriller de espía...
'Prefiro condenarme' chega ás salas 21.11.2024 14:49
'Prefiro condenarme' fala de desobediencia, clase e desexo feminino a través da historia de Sagrario Ribela Fra, unha mariscadora da ría de Ferrol que se enfrontou a un xuízo por adulterio no ano 72. Un documental de creación que bota man do testemuño da protagonista, imaxes de arquivo, performance musical de Mónica de Nut e un elenco composto por Iria Pinheiro, Mónica Caamaño, Melania C...
Corazón alionado 21.11.2024 13:04
Corazón alionado, o novo de De Ninghures, encabeza a lista de reprodución de Tito Lesende
A crónica deportiva 21-11-2024 21.11.2024 29:58
Presenta Paco Santos
A revista "Vida Gallega" 20.11.2024 10:04
Falamos de "Vida gallega" unha revista ilustrada moi popular en Galicia na primeira metade do século XX. Raquel explícanos cal era o seu contido e lembra ao seu fundador, Jaime Solá.
BD e ciencia: microalgas 20.11.2024 11:16
Manel Cráneo explica as vantaxes do uso do cómic para a divulgación científica. Un exemplo, a Triloxía Microalgas da autora Xulia Pisón, que acaba de recibir unha mención honorífica nos premios Prismas da Casa das Ciencias.
O 'Cāldo' de Catuxa Salom 20.11.2024 34:31
Dous anos despois do EP 'Nunha aldea' Catuxa Salom publica o seu primeiro disco longo. 'Cāldo' reúne nove cancións que beben das músicas populares das dúas beiras do Atlántico, con envoltorio electrónico e sensibilidade ambiental.
"O poder que camiña nas tebras" 19.11.2024 9:40
Dolores Vilavedra recoméndanos a lectura da novela "O poder que camiña nas tebras", da británica Lilian Anna Hamilton, traducida ao galego por María Alonso Seisdedos. A obra é unha intriga política ambientada en Afghanistán a principios do século XX. A autora exerceu alí como médica nesa época.
Arte e literatura 19.11.2024 8:55
Mónica Maneiro comenta a exposición 'Pintura escrita. Arte e literatura. Colección Abanca', que pode visitarse en Santiago ata o 7 de xaneiro.
IGMIG 18.11.2024 30:45
IGMIG, a banda viguesa fundada hai unha década por Ignacio Muñoz e Miguel Seoane, volve á carga cun disco que sairá en decembro. Escoitamos un adianto dese traballo dun grupo inclasificable que se distingue polo humor e a orixinal posta en escea dos seus concertos.
Repertorio barroco 18.11.2024 11:03
Pablo Sánchez Quinteiro celebra o Día Internacional da Música con obras barrocas asinadas por Henry Purcell, Christoph Gluck e Antonio Vivaldi.
Benzer podcast'ler
Replaio bir podcast yayıncısı değildir; program adları, kapak görselleri ve ses içerikleri yazarlarına aittir ve herkese açık RSS beslemeleri aracılığıyla dağıtılır