AGalegaAudio

Todos os podcast | A crónica deportiva

A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades

Podcast'in sitesini ziyaret etmeyi ve yapımcısını desteklemeyi unutma: agalegaaudio.gal

Yazar

AGalegaAudio

Kategori

Sports

Podcast web sitesi

agalegaaudio.gal

Son bölüm

5 Eki 2026

Nereden dinlenir?

Uygulamada podcast'ler Replaio Radio Çok yakında

Podcast'ler çok yakında uygulamaya geliyor. Şimdi yükle ve podcast'lere yepyeni bir bakışı ilk gören sen ol

Google Play'den indir Ücretsiz yükle Android 5 Mn+ indirme · 4,8 puan iOS yakında

Bölümler

BD desde México 04.12.2024

Manel Cráneo fala hoxe de cómics desde a Feira Internacional do Libro de Guadalajara, o evento editorial máis importante de Iberoamérica, onde tamén hai espazo para a banda deseñada. 

A crónica deportiva 04-12-2024 04.12.2024

Repasamos a clasificación do Celta para a terceira rolda da Copa do Rei, previa da xornada copeira desta tarde: Ourense CF - Dépor e Pontevedra - Vilarreal e a saída de Mrsic do Breogán, onde Luis Casimiro semella que vai ser o seu sustituto. Tamén falamos con Milucho, histórico do Pontevedra que actualmente traballa coma olleador para o Vilarreal.

Frei Rosendo Salvado chega á televisión 03.12.2024

“Foi un avanzado defensor dos dereitos dos aborixes australianos e o primeiro galego global da historia”. A vida do tudense frei Rosendo Salvado, misioneiro bieito do século XIX, chega á televisión nunha docuserie da TVG dirixida por Valentín Carrera.

'Pirotecnia' 03.12.2024

Dolores Vilavedra comenta a obra gañadora do premio Repsol de narrativa breve 'Pirotecnia'  , de Alberto Ramos

Afectos dixitais 03.12.2024

Mónica Maneiro comenta a mostra colectiva 'Afectos dixitais', que revisa como a tecnoloxía está mudando o xeito de relacionarnos. A mostra forma parte da iniciativa Faísca cultural da Universidade de Santiago e pode visitarse no Salón Artesoado do Colexio de Fonseca ata o 28 de febreiro.

“A saga dos Lugrís” 03.12.2024

As pinturas dos Lugrís abren o programa expositivo da galería de arte Lar

A crónica deportiva 03-12-2024 03.12.2024
9Louro 02.12.2024

Carlos Crespo tráenos ao muradán Martín Louro, que acaba de sacar o seu primeiro disco’Nove noves’, co nome artístico de 9Louro

Desafíos musicais. Próximos concertos da RFG e OSG 02.12.2024

Pablo Sánchez Quinteiro avánzanos o próximo concerto da RFG, con obras de Beethoven ou Marianne von Martinez e dirixido por Nil Venditti. Tamén marcamos no calendario os concertos de Nadal da Orquestra Sinfónica de Galicia e o obradoiro de dirección orquestral da Real Filharmonía.

A crónica deportiva 02-12-2024 02.12.2024

Para o Helmántico, Iago Aspas si, Borja Iglesias descanso. A previa do Salamanca CF UDS - RC Celta da 2ª rolda da Copa. Analizamos o 3º empate sen goles do Racing Club Ferrol. No RC Deportivo, recurso contra o segundo cartón de David Mella.

Erregueté 29.11.2024

Afonso Becerra debulla o número último de Erregueté, a revista das artes escénicas en Galicia @erreguete.gal

Bravú XXX 29.11.2024

 O bravú festexa o seu 30 aniversario ás 21:00 horas no Culturgal, cun documental e o concerto da Banda Xangai e as pontevedresas Rager. Xurxo Souto, líder dos Diplomáticos de Monte Alto e referente indiscutible deste movemento, protagoniza o filme producido por Nós Televisión.

Culturgal 2024 29.11.2024

Anxo Suances conversa co director de Culturgal, Camilo Franco, e outros convidados que fan parte desta edición da Feira das Industrias Culturais de Galicia

Cartas na escuridade e Teranga 29.11.2024

Dende Culturgal, Eva mejuto recoméndanos hoxe dous achegamentos ao continente africano e os seus habitantes: -Cartas na escuridade, de Lois Pérez -Teranga, de Beatriz Maceda

IX edición de D10! 29.11.2024

“Por dereito o novo circo debe estar ao nivel de consideración doutras artes”. Belén Brandido é unha das organizadoras de D10! O Encontro de Formación e Innovación en Circo celebra nova edición que estende por vez primeira a Culturgal

A crónica deportiva 29-11-2024 29.11.2024

A actualidade do deporte en Galicia

O millo miúdo 28.11.2024

Esta tarde proxéctase no Museo do Pobo Galego unha creación audiovisual da produtora Illa Bufarda sobre o proxecto de investigación do arqueobotánico ribeirense Andrés Teira Brión para a Universidade de Oxford. O documental indaga nos usos e métodos de cultivo do millo miúdo, un cereal case extinto na Península Ibérica tras diversos procesos de globalización. O filme foi gravado en diferentes loca...

Vaiana 2 e Pídeme lo que quieras 28.11.2024

Moncho Lemos comenta dúas estreas para a fin de semana: Vaiana 2 e Pídeme lo que quieras

'Ultranoite cultureta' 28.11.2024

O grupo Chévere leva a Culturgal unha Ultranoite que revisará coa súa irreverencia habitual o estado da cultura galega e algúns dos seus lugares comúns.  A 'Ultranoite Cultureta' desenvolverase no Pazo da Cultura de Pontevedra o sábado 30 de novembro. Ademais Chévere fará cinco Ultranoites na sala Capitol de Santiago durante o Nadal.

De Belém Tajes a Iván Ferreiro 28.11.2024

Novidades, concertos e unha panxoliña Tito Lesende pica unha das cancións do primeiro disco de Belem Tajes, 'Amar o mar' e a colaboración de Tanxugueiras con Shinova. No menú de concertos, Noite Atari e Iván Ferreiro, que acaba de estrear panxoliña con Guadi Galego. 

Filmei paxaros voando 28.11.2024

“Eu a miraba como nai pero era incapaz de mirar o lado luminoso que tiña”. Zeltia Outeiriño presenta Filmei paxaros voando, un documental sobre o desarraigo, os coidados e a liberdade.

A crónica deportiva 28-11-2024 28.11.2024

Analizamos con Raúl Villares o empate sen goles do Racing en Castellón. Hugo Álvarez, o xogador da semana no RC Celta. No Depor, Yeremay recuperado e Mario Soriano en sala de prensa.

Os 'dessassosegos' de Manuel Patinha 27.11.2024

A mostra retrospectiva 'Dessassosegos 1970-2024' permite percorrer a traxectoria artística de Manuel Patinha, artista portugués afincado en Ferrolterra desde hai varias décadas. A escultura é a disciplina que deu máis sona a Patinha, que realizou moitas pezas para espazos públicos, pero a exposición recolle tamén o seu traballo nos ámbitos do gravado, a fotografía e á pintura, á que pert...

Museos de BD 27.11.2024

Manel Cráneo recoméndanos museos de cómic en Bruxelas, California ou Sabadell e explica as funcións destes centros dedicados á conservación e á difusión do cómic. 

A crónica deportiva 27-11-2024 27.11.2024

Analizamos o sorteo da 2ª rolda da Copa do Rei: Ourense CF - RC Deportivo, Salamanca CF - RC Celta, Pontevedra CF - Vilarreal e Barakaldo - Racing. Hoxe xoga o Racing en Castellón e o Celta Fortuna co Nastic en Tarragon, partidos de liga adiados. No Dépor, Yeremay comeza a facer traballo de grupo e Pablo Martínez recoñece como xusta a súa suplencia e gaba a Dani Barcia.

Todos os podcast | A crónica deportiva podcast'ini Replaio'da dinle

Radyo ve podcast'ler tek uygulamada - ücretsiz, kayıt gerektirmez. Bugün yükle ve lansmanı kaçırma

Google Play'den indir

Replaio bir podcast yayıncısı değildir; program adları, kapak görselleri ve ses içerikleri yazarlarına aittir ve herkese açık RSS beslemeleri aracılığıyla dağıtılır