AGalegaAudio
Todos os podcast | A crónica deportiva
A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades
Podcast'in sitesini ziyaret etmeyi ve yapımcısını desteklemeyi unutma: agalegaaudio.gal
Nereden dinlenir?
Uygulamada podcast'ler Replaio Radio Çok yakındaPodcast'ler çok yakında uygulamaya geliyor. Şimdi yükle ve podcast'lere yepyeni bir bakışı ilk gören sen ol
Bölümler
Castelao presidente de Galicia 15.11.2024 11:31
Esta tarde no Pazo do Hórreo van recoñecer a Castelao coma primeiro presidente de Galiza. Asemade inaugúrase unha exposición na Fundación Penzol e na USC acaba de arrancar a cátedra que leva o seu nome. Da man do profesor e académico Henrique Monteagudo percorremos os tres escenarios.
As gardiás de Teatro de Ningures 15.11.2024 13:37
Afonso Becerra comenta ‘As gardiás’, de Teatro de Ningures. A obra reflexiona sobre a vellez, a independencia e os coidados.
I Xornada de Patrimonio Inmaterial en Vilalba 15.11.2024 19:18
Patrimonio Inmaterial en Vilalba Na véspera do Día Internacional do Patrimonio conversamos con dous biólogos, Pablo Carpintero e Xosé Mouriño Cuba. Son dous dos relatores da I Xornada de Patrimonio Inmaterial organizada polo Instituto de Estudos Chairegos e o Consello da Cultura Galega.
Álbums ilustrados con premio 15.11.2024 8:16
Lemos álbums ilustrados Eva Mejuto fala hoxe de álbums ilustrados premiados. Bim Bam Bum, de María Girón, foi recoñecido co premio Compostela e 'Algo pasa na casa do lobo' de Susanna Isern e Ayhesa L. Rubio mereceu o premio Ciudad de Fuengirola.
A crónica deportiva 15-11-2024 15.11.2024 30:06
Iago Aspas outra volta xogador destacado do mes no Celta. No Deportivo, David Mella e Lucas Pérez seguen con molestias e son dúbida para o partido contra o Almería. No Racing, Aitor Gelardo é baixa de última hora para Éibar.
Vinde todas 14.11.2024 13:34
Recibimos a visita da cantante, gaiteira e docente Carme López (Carmela) para falarmos de ‘Vinde todas’, o seu proxecto de música de tradición oral que sae hoxe á venda. A perspectiva de xénero e a investigación etnográfica son os piares deste disco, no que cada canción leva o nome das mulleres de referencia no proceso de aprendizaxe. Tamén inicia e pecha o álbum coas gravacións de campo que refli...
Polvo serán e Gladiator II 14.11.2024 13:27
Moncho Lemos comenta “+Cuñados ”, que se estrea o domingo na TVG. E ademais, dúas estreas para esta fin de semana. *‘Polvo serán’, de Carlos Marques-Marcet. Tras ser diagnosticada cunha enfermidade terminal, Claudia decide emprender a súa última viaxe a Suíza. *‘Gladiator II’, de Ridley Scott. Nesta secuela, con música de Abraham Cupeiro, o protagonista rememora o seu pasado na procura da forza e...
O deseXo de Talía Teatro 14.11.2024 11:40
O deseXo de Talía Teatro 'deseXo' é unha comedia sobre a falta de educación sexual, creada pensando nos adolescentes, pero apta tamén para o público adulto. Talía parte dun proceso de investigación en centros de secundaria, sobre o impacto da pornografía na mocedade actual. Marta Ríos e Dani Trillo son os intérpretes deste texto creado e dirixido por Diego Rey.
Novos discos de Sen Senra e Hugo Guezeta 14.11.2024 11:15
Tito Lesende pica cancións dos novos discos de Sen Senra, Hugo Guezeta e Marián e avanza o concerto de Bryan Adams na Coruña.
A crónica deportiva 14-11-2024 14.11.2024 30:07
Dani Barcia espera poder renovar co Dépor e agradécelle a Oscar Gilsanz o papel desenvolvido na súa formación. O Racing contará con máis de 200 seareiros en Éibar. Xornada de liga feminina de baloncesto para o Uni Ferrol, o Ensino Lugo e o Celta de Vigo. No Breogán, Velko Mrsic fala da agresividade do xogo defensivo do Murcia.
La ciudad de los muchachos 13.11.2024 14:13
Amazon Prime estrea o día 22 unha docuserie sobre a Ciudad de los Muchachos de Benposta, en Ourense. O proxecto de Vaca Films narra a historia" daquel lugar, fundado polo sacerdote Jesús Silva no ano 1956, en pleno franquismo. Cinco episodios de 50 minutos que poderán verse, anticipadamente, este sábado no festival compostelán Cineuropa. Elías León Siminiani director: ‘vaise emitir no mundo...
Bailes de resistencia nos anos 20 13.11.2024 12:15
Con Raquel C. Pico viaxamos no tempo para bailarmos ata a extenuación nos maratóns de baile dos ‘felices anos 20’
Belén Vaquero & Pérgamo Ensemble 13.11.2024 12:30
Belén Vaquero & Pérgamo Ensemble, ‘Premio Sello FestClásica 2025’ da Asociación Española de Festivais de Música Clásicapor ‘La memoria en donde ardía' A soprano ourensá dinos que a proposta inclúe algunhas das páxinas que arderon no incendio do Alcázar de Madrid en 1734, recuperadas en arquivos de Guatemala e México.
Laboratorios Bibliotecarios 13.11.2024 11:10
Manel Cráneo fálanos dos proxectos presentados ao Laboratorios Bibliotecarios (LABBBs) «Pensar as comictecas», desenvolvido na Coruña.
Didáctica da Filosofía 13.11.2024 11:07
“Unha cousa é coñecer unha materia e outra ensinala” Miguel Vázquez Freire é un dos organizadores das III Xornadas Internacionais de Didáctica da Filosofía que se desenvolven na USC
A crónica deportiva 13-11-2024 13.11.2024 30:07
No Celta, Williot Swedberg di que traballa en mellorar a defensa e que poden gañarlle ao FC Barcelona. No Depor, renovado ate ó 2027 o lateral de 16 anos Pablo García. A SD Compostela xoga hoxe a final da Copa RFEF en Estremadura. No Obradoiro, Héctor Galán fala de unha ou dúas fichaxes para suplir a Tomeu Rigo.
Concerto solidario na Coruña 12.11.2024 10:22
A partir das sete da tarde, na sala Inn da Coruña terá lugar un concerto solidario coas vítimas da Dina. As entradas para ver a Bala, Boyanka Kostova, Grande Amore, Maragrep, Mondra, Ortiga, Sabela, The Rapants e Triángulo de Amor Bizarroa, están esgotadas. A recadación íntegra destinarase á Fundación Horta Sud, con sede en Torrent. Victoria Blanco, da organización, explica como xurdiu esta inic...
Detective Ferruchi 12.11.2024 14:03
Dolores Vilavedra comenta “Detective Ferruchi”, de Marta Villar, a novela gañadora do Xerais deste ano
Ollo á orella 12.11.2024 13:01
Ollo á orella. Oito obras sonoras e unha partitura colectiva. Podemos ver e escoitar esta proposta expositiva en Vigo, na Fundación Laxeiro. É froito dun convenio de colaboración coa Facultad de Belas Artes e, asemade, unha peza que fai parte do programa Vertixe 12. Ana Romaní conversa con Ignacio Barcia, comisario da mostra: “todos son artistas nos que o son é unha compoñente determinante do seu...
Na orixe das especies 12.11.2024 10:37
Mónica Maneiro conversa co artista Suso Fandiño, que imparte no CGAC o curso 'Na orixe das especies. Outras xenealoxías da arte contemporánea', que comeza o 14 de novembro.
Pálido punto azul 12.11.2024 8:43
“Tento tratar a electrónica como un instrumento principal” Estréase Pálido punto azul, a ópera de Javier Otero parte da fotografía da terra captada pola sonda Voyager I
A crónica deportiva 12-11-2024 12.11.2024 30:07
David Mella, na renovación co RC Deportivo, "nunca pensei noutro equipo". No Celta, Luca de la Torre a piques de recibir a alta médica. Hoxe traballou co grupo. Toni Nakic, mellor xogador do Breogán no mes de outubro.
"As gardiás" 11.11.2024 16:21
Que se fai coas vellas e vellos? Teatro de Ningures estreou a fin de semana en Cangas ‘As Gardiás‘, un texto do francés Násser Djemaï dirixido por Cristina Domínguez e interpretado por Casilda Alfaro, Rebeca Montero, Sonia Rúa, Amparo Martínez e Melania Cruz.
Eris Mackenzie 11.11.2024 9:39
Carlos Crespo tráenos hoxe a Eris Mackenzie, un artista de Castelo (na área metropolitana da Coruña) que, segundo as súas propias palabras, vive obsesionado con experimentar e facer música, a súa razón de ser. En cousa dun mes sacará o seu disco primeiro
Benzer podcast'ler
Replaio bir podcast yayıncısı değildir; program adları, kapak görselleri ve ses içerikleri yazarlarına aittir ve herkese açık RSS beslemeleri aracılığıyla dağıtılır