AGalegaAudio

Todos os podcast | A crónica deportiva

A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades

Podcast'in sitesini ziyaret etmeyi ve yapımcısını desteklemeyi unutma: agalegaaudio.gal

Yazar

AGalegaAudio

Kategori

Sports

Podcast web sitesi

agalegaaudio.gal

Son bölüm

1 Eki 2026

Nereden dinlenir?

Uygulamada podcast'ler Replaio Radio Çok yakında

Podcast'ler çok yakında uygulamaya geliyor. Şimdi yükle ve podcast'lere yepyeni bir bakışı ilk gören sen ol

Google Play'den indir Ücretsiz yükle Android 5 Mn+ indirme · 4,8 puan iOS yakında

Bölümler

'Patria unifamiliar' 30.09.2025

“O que posuímos fala de quen somos”. Mónica Maneiro comenta a exposición de Alberto Ardid ‘Patria unifamiliar’ na galería Trinta de Santiago

A penaltis 30-09-2025 30.09.2025

Tamén conversamos co adestrador da SD Sarriana, Iván Carril; e conectamos cos capitáns do Alondras, que protagonizaron uns dos momentos máis sorprendentes da xornada en Terceira RFEF.

A crónica deportiva 30-09-2025 30.09.2025

O PAOK de Salónica chega hoxe a Vigo. Mañá adestra en Balaídos. No Celta, o central Carl Startfelt é seria dúbida. O Deportivo presenta esta tarde o novo "Depor Trainning Center", cunha inversión de 40 millóns de €. Previa do Bergantiños - Ourense CF de 4º da Copa Federación, co gran premio da Copa do Rei. Carlos Alcaraz gaña o ATP 500 de Tokio.

Tres curtas que pagan moito a pena 29.09.2025

Begoña Vázquez recoméndanos tres curtas de creadores galegos que se poden ver en Agalega.gal: -Matria, de Álvaro Gago. O xermolo da película homónima. -To bird or non to bird, de Martín Romero. Animación gañadora dun Goya. -30′ 70 60′ 120 Marta Valverde. Sobre a prostitución

Podcast cultural 21. Entre cátedras e aniversarios 29.09.2025

"Esperamos contra toda esperanza”, o lema que lembraba Ricardo Carvalho Calero abre conversa con Carlos Quiroga, director da Cátedra Institucional Carvalho Calero da USC. E achegámonos aos 25 anos na música de E. Rúa

Dous contos ilustrados e unha novela para adolescentes 29.09.2025

Andrea Jamardo tráenos unha novela de Antonio Manuel Fraga, ‘Ningunha estrela levará o meu nome’, de Editorial Santillana. A partir dos 14 anos. Tamén dúas propostas ilustradas: -‘Que precisa un gato pequeno?, de Natalia Shaloshvili, publicado por Kalandraka. -’Lola feroz’, de Juan Baquero e Pablo Carreiro, publicado por Cuarto de Inverno

A penaltis 29-09-2025 29.09.2025

Conversamos con Braulio Vázquez, exxogador do Deportivo e actual director deportivo de CA Osasuna. Falamos co exdefensor do Celta Carles Planas, que triunfa na Kings League de Piqué. E analizamos o tropezo do Dépor en Ipurua ante o Eibar.

A crónica deportiva 29-09-2025 29.09.2025

O Celta leva 7 xornadas sen sumar de 3, pero está fóra do descenso. Analizamos a derrota en Elx con Víctor López. Previa da Liga de Campións. O Depor segue líder da 2ª logo do empate en Ipurúa. Derrota e incidentes da UD Ourense en Salamanca.

Diario cultural fin de semana 27-09-2025 27.09.2025
20 anos da ESADG 26.09.2025

Con Afonso Becerra festexamos o 20 aniversario da Escola Superior de Arte Dramática de Galica. Dela saíron compañías, actores e actrices ou directores e dramaturgas como A Panadaría, Melania Cruz, Tito Asorey, Vanesa Sotelo, Esther Carrodeguas, Manuel Vieites...e moitas outras figuras da escena galega

Podcast cultural 20. Cine de festival e teatro de premio 26.09.2025

Oitava edición do festival Intersección na Coruña. En Carballo, no FIOT, estrea de "Berenguela na gaiola" que gañou a cuarta edición do Premio Manuel María de Proxectos Teatrais.

A crónica deportiva 26-09-2025 26.09.2025

Análise da derrota do Celta en Stuttgart. Antonio Hidalgo na previa do Eibar - Deportivo. Toni García, director deportivo do CF Talavera, foi dianteiro do CD Lugo na 1999/2000. "O CD Lugo rematará a liga arriba seguro". O adestrador do Pontevedra CF, Rubén Domínguez, regresa como técnico rival por vez 1ª ante o Ourense CF.

'Una batalla tras otra' e 'Maspalomas' 25.09.2025

Moncho Lemos fálanos da estrea de 'Una batalla tras otra’, de Paul Thomas Anderson, adaptación da novela 'Vineland', de Thomas Pynchon sobre os movemientos radicais dos anos sesenta. Conta no reparto con Leonardo DiCaprio, Benicio del Toro e Sean Penn. Tamén de “Maspalomas”, de José Mari Goenaga e  Aitor Arregi. Un drama sobre a vellez e a homosexualidade. Con Nagore Aramburu.

Podcast cultural 19 . De festivais. 25.09.2025

Falamos do FIOT34, a edición máis grande da historia do Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo. E en Ourense o OUFF30 estrea dirección.

Nadadora están de volta 25.09.2025

Tito Lesende pica a primeira canción do retorno do grupo grovense Nadadora, doce anos despois da súa despedida. Tamén repasa a axenda de festivais con The Lemonheads, León Benavente e Bala  E o novo disco dos asturianos Alberto & García

A crónica deportiva 25-09-2025 25.09.2025

Imos á previa do celtismo en Stuttgart con Víctor López. No Deportivo, Quagliata sorprendido e encantado co ambiente de Riazor. Previas do Talavera- CD Lugo e o Racing Club Ferrol - Guadalaxara. E estamos con Raúl Marqueta. O porteiro do Pontevedra CF xogará ante o seu ex equipo, o Ourense CF.

'A pintora' e Canícula' 24.09.2025

Malores Villanueva comenta dous poemarios unidos pola memoria e a paisaxe: ‘A pintora’, de Lupe Gómez, publicado por Medulia Editorial. ‘Canícula’, de Sofía Ruvira, na editorial Laiovento

Podcast cultural 18. Estreas, músicas atlánticas e dereitos culturais. 24.09.2025

Lusofonía, diásporas, culturas indíxenas... e dereitos culturais. Son referencias do festival Maré que congrega máis de 30 artistas en Compostela. E no FIOT estrea de “Berenguela na gaiola” con dirección de Paula Carballeira.

A penaltis 24-09-2025 24.09.2025

Conectamos con Dubai para conversar con Pablo Coira, xogador do Celta entre 1999 e 2003, que sabe o que é xogar competicións europeas co Celta. Tamén conversamos coa peña Carcamáns desde Stuttgart e analizamos o récord de partidos do capitán do Deportivo, Diego Villares. Finalmente conversamos con Juan Carlos Real, ex do Dépor e actual mediapunta do Real Murcia, que formou parte do último plantel...

A crónica deportiva 24-09-2025 24.09.2025

Chove a esgallo en Stuttgart. O Celta adestra esta tarde. Víctor López danos a última hora dende Alemaña, a un día do debut europeo. No Depor, comparece Diego Villares. O Ourense CF participa hoxe, ás 20:00h, en León, coa Leonesa, o Zamora e a Ponferradina nun partido benéfico polos lumes. E este sábado derbi co Pontevedra CF. Andrés Vieites fala co xogador Hugo Sanz. Falan Antonio Montoro no Pont...

Leticia Rey 23.09.2025

Carlos Crespo trae nas súas ‘descubertas’ a Leticia Rey. A de Vila de Cruces acaba de publicar o disco ‘Danza Luz’, nas súas propias palabras “unha viaxe espiritual de aceptación”que, polo de agora, non está en plataformas

Podcast cultural 17. Entre fosas e diarios 23.09.2025

A entrega dos restos de Francisco Miguel aos seus familiares e a homenaxe na cidade da Coruña son eixo dun outono de actividades arredor das figuras do pintor e de Syra Alonso.

«Entre as sombras voltarei acompañado» 23.09.2025

Mónica Maneiro comenta «Entre as sombras voltarei acompañado»a segunda exposición individual de Vicente Blanco na galería NÉBOA de Lugo. A mostra forma parte de #ABERTO2025

A penaltis 23-09-2025 23.09.2025

Tamén estamos con Dani Gigirey, exfutbolista profesional e actual vocalista da Orquestra Principal. Gigirey gañou A Liga dos Cantantes Extraordinarios no 2023.

A crónica deportiva 23-09-2025 23.09.2025

No Celta, Marcos Alonso e Williot Swedberg reciben a alta médica a 2 días do debut na Liga Europa. Os laterais Sergio Carreira e Mihailo Ristic son baixa, e con probas médicas pendentes. No Deportivo, Kevin Cabado analiza o mercado do feminino. No Lugo escoitamos a Neco Celorio. 2ª eliminatoria da Copa da Raíña de fútbol sala, con 6 equipos galegos en competición.

Todos os podcast | A crónica deportiva podcast'ini Replaio'da dinle

Radyo ve podcast'ler tek uygulamada - ücretsiz, kayıt gerektirmez. Bugün yükle ve lansmanı kaçırma

Google Play'den indir

Replaio bir podcast yayıncısı değildir; program adları, kapak görselleri ve ses içerikleri yazarlarına aittir ve herkese açık RSS beslemeleri aracılığıyla dağıtılır