AGalegaAudio
Todos os podcast | A crónica deportiva
A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades
Podcast'in sitesini ziyaret etmeyi ve yapımcısını desteklemeyi unutma: agalegaaudio.gal
Nereden dinlenir?
Uygulamada podcast'ler Replaio Radio Çok yakındaPodcast'ler çok yakında uygulamaya geliyor. Şimdi yükle ve podcast'lere yepyeni bir bakışı ilk gören sen ol
Bölümler
Podcast cultural 16. Entre tradición e vangarda 22.09.2025 24:42
Nace en Vigo “Sinérxias 430. I Festival Internacional de Música de Cámara”, unha viaxe pola evolución da música de cámara para violín e piano ao longo de máis dun século.
’Queco e Kica’ e ’A maldición do tesouro da momia’ 22.09.2025 14:07
Andrea Jamardo recoméndanos hoxe dúas novelas: -’Queco e Kica’, de Eva Mejuto, publicado por Edicións Xerais e premio Agustín Fernández Paz de literatura infantil pola igualdade. -’A maldición do tesouro da momia’, de Adam Stower, segunda entrega da serie Rei Cuu publicada por Sushi Books en tradución de Estela Villar Nogueira
A penaltis 22-09-2025 22.09.2025 2:01:00
Tamén analizamos a actualidade do Celta na semana da súa estrea na Europa League. Finalmente conversamos con Diego Iglesias, do CJ Cambados, xogador que fixo historia ao marcar o primeiro gol do equipo en Terceira RFEF tras 27 anos sen estar na categoría.
A crónica deportiva 22-09-2025 22.09.2025 29:58
5º empate consecutivo, a uns, do Celta na liga. O Deportivo levaba 11 anos sen ser líder da 2ª. Falamos con Héctor Rico, de Marea Verde, sobre o desembarco racinguista no Anxo Carro. Histórico ascenso de Chapela á Liga ACT. Felicitamos ó adestrador Juan Zunzunegui e ó presidente Antonio Viaño.
A Carmen de Calixto Bieito 19.09.2025 10:28
Afonso Becerra fálanos da Carmen de Calixto Bieito que inaugurou a temporada de ópera na Coruña
Podcast cultural 15. Océanos e samples 19.09.2025 25:59
Antón Sobral conmemora 50 anos na pintura coa antolóxica"Océano Sobral". Falamos dos toques de muiñeira, xota ou maneo procesados en “samplepack”.
'Mi amiga Eva' 18.09.2025 18:31
Moncho Lemos comenta "Mi amiga Eva”, de Cesc Gay e protagonizada por Nora Navas. A película estréase o venres nas salas de cine e trata do xogo do amor
Podcast cultural 14. IA e GFFF 18.09.2025 28:11
O pasado e o futuro configuran o presente tamén en Galeusca. Da literatura oral á Intelixencia Artificial no programa do encontro literario en Compostela. En Vigo nova edición de Galician Freaky Film Festival.
De estreas e festival 18.09.2025 25:36
Os galegos Lontras presentan o seu primeiro disco, 'Caras no lume'. Tamén Boo Boos debutan con ‘Young love’, e Soleá Morente publica novo traballo, ‘Sirio B’. Ademais Tito Lesende repasa o cartel do Caudal Fest, que se desenvolve esta fin de semana en Lugo
A penaltis 18-09-2025 18.09.2025 2:01:00
Recibimos a visita do excancerbeiro do Deportivo Germán Lux. Coámonos en directo nun adestramento do Calo, líder da Primeira Autonómica Grupo II, e analizamos a actualidade do Dépor e do Celta.
A crónica deportiva 18-09-2025 18.09.2025 30:00
Previa do Depor - Huesca con Javi Torres. Antonio Hidalgo "vinde preparados para sufrir". Última hora do Celta con Víctor López. O Racing Club Ferrol é colíder da 1ªRFEF. Na Copa Federación, Bergantiños - Ourense CF, o 1 de outubro nas Eiroas de Carballo. Un xogará a Copa do Rei.
'Sarela' 17.09.2025 8:54
Malores Villanueva debulla “Sarela”, a novela primeira da ‘comunicóloga’ Marga Tojo, premiada co SELIC 2024 e publicada por Edicións Positivas. Un cadáver de muller aparece no río e unha xornalista que retorna de Madrid a Santiago investiga o caso dende a perspectiva de xénero
Podcast cultural 13. Entre Aberto e Sirat 17.09.2025 21:11
"Aberto" marca o inicio da temporada expositiva da arte contemporánea en Galicia. Dez galerías fan coincidir a inauguración das exposicións da nova temporada. A Academia de Cine escolle "Sirat ". A película de Oliver Laxe é a candidata española aos Oscar.
A penaltis 17-09-2025 17.09.2025 2:00:58
Comentamos os partidos en xogo da Champions con Óscar Martínez, Dani Cabo e Eros López. Falamos cos adestradores de Ourense C.F. , Estradense e Bergantiños tralos seus partidos da Copa Federación. Presentamos a Galiano, avo do xogador do Celta Javi Rodríguez.
A crónica deportiva 17-09-2025 17.09.2025 29:00
No Celta, Marcos Alonso comeza a traballar co grupo. No Depor, Dani Barcia desvela que é parente lonxano de Miguel Loureiro. Citas para hoxe: 1ªRFEF Real Madrid Castela - Racing Club Ferrol. Copa federación: Ourense CF - Zamora e Bergantiños - Estradense. Presentada a 10ª edición do Torneo Encesta Rías en Ponteverdra, coa participación do Real Madrid, Valencia, Baskonia e Breogán de Lugo.
Gabriel Fandi 16.09.2025 16:39
Nas ‘descubertas’ de Carlos Crespo hoxe temos o tomiñés Gabriel Fandiño, antes coñecido como G.Face e que dende agora pasa a ter o nome artístico de Gabriel Fandi. O artista publicará nos días vindeiros un sinxelo novo que estreamos na Galega: “Loco por ti”
Podcast cultural 12. Un retrato, unha canción, unha biografía. 16.09.2025 20:50
A relación de Rosalía de Castro con Portugal centra o novo número da publicación "Follas Novas" de estudos rosalianos. Falamos con Anxo Angueira do Cantar da emigraçao, o retrato de José de Brito e a biografía de María Ondina Braga sobre a escritora .
‘Peirao’ e ‘Donde el aire es fresco y las flores tiemblan’ 16.09.2025 11:20
Mónica Maneiro comenta dúas exposicións en Madrid dos galegos Álvaro Negro-Peirao- e de Los Bravú (Dea Gómez and Diego Omil) - ‘Donde el aire es fresco y las flores tiemblan’
A penaltis 16-09-2025 16.09.2025 2:00:45
Vemos o partido do Real Madrid contra o Marsella con Javi Guillén, Borja Melchor e Fernando Mahía. Entrevistamos ao adestrador da UD Ourense, Borja Fernández
A crónica deportiva 16-09-2025 16.09.2025 30:00
Regresa a Liga de Campións. O Celta xogará 3 partidos seguidos fóra e 5 seguidos en Balaídos. Miguel Loureiro fala do Depor - Huesca. O Racing Club Ferrol viaxa a Madrid para xogar mañá co Castela. No CD Lugo, o director deportivo Javi Recio mantén a aposta por Iago Iglesias, pero pide que se acaben as excusas para non gañar.
'Os fenómenos' 15.09.2025 4:53
Begoña Vázquez recomenda a película de 2014 'Os fenómenos', de Alfonso Zarauza, que forma parte do catálogo de AGalega.gal. Un drama social con toques de humor coa crise do ladrillo como pano de fondo
Podcast cultural 11. Libros, distribución e un océano 15.09.2025 24:09
Os modelos de distribución do libro galego e as liñas de apoio á exportación do libro centran o Simposio do Libro e a Lectura que cada ano organiza a Asociación Galega de Editoras. Antón Sobral celebra 50 anos na pintura coa mostra "Océano Sobral".
De robots, avoas e calma 15.09.2025 13:10
Andrea Jamardo recomenda ler a novela infantil ‘A Escola Robot’, de Anxo Fariña. Está na colección Merlín de Xerais. A partir de nove anos. Para primeiros lectores propón o álbum ilustrado ‘Cando era pequena’, de Ramiro Peralta con ilustracións de Blanca Millan, de Hércules Editora. E para os que aínda non saben ler ‘A pés descalzos’, de Katarzyna Samosiej, publicado por Alvarellos Editora
Benzer podcast'ler
Replaio bir podcast yayıncısı değildir; program adları, kapak görselleri ve ses içerikleri yazarlarına aittir ve herkese açık RSS beslemeleri aracılığıyla dağıtılır