AGalegaAudio
Todos os podcast | A crónica deportiva
A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades
Podcast'in sitesini ziyaret etmeyi ve yapımcısını desteklemeyi unutma: agalegaaudio.gal
Nereden dinlenir?
Uygulamada podcast'ler Replaio Radio Çok yakındaPodcast'ler çok yakında uygulamaya geliyor. Şimdi yükle ve podcast'lere yepyeni bir bakışı ilk gören sen ol
Bölümler
A penaltis 08-10-2025 08.10.2025 2:00:59
Tamén entrevistamos a Pabio Rodríguez, adestrador do líder da Preferente Grupo 1 co San Tirso e cos protagonistas do Derbi do Queixo entre CSD Arzúa e Cire Melide.
A crónica deportiva 08-10-2025 08.10.2025 30:00
Amigable solidario do Celta en Balaídos, polos lumes na provincia de Ourense. Esgotadas tódalas camisetas conmemorativas. Borja Jiménez presentado como adestrador do Sporting de Xixón. José Ángel fala do regreso ó verde despóis de varios meses. Actualidade da selección española. Falan Ander Vidorreta no Pontevedra CF e Txus Alba no CD Lugo.
‘Non vale parar’ 07.10.2025 14:01
Nas súas “descubertas” Carlos Crespo tráenos o terceiro disco dos eumeses Bule (Pablo, Chelen, Óscar e Jetu) : ‘Non vale parar’. Segundo eles música punk '77, powerpop e mod revival
Podcast cultural 26. Resistir é vencer 07.10.2025 19:35
Pablo Carracedo "Jasper" fala de "Resistir é vencer", un canto de rebeldía e esperanza que Loita Amada presenta cunha xornada de actividades culturais en Compostela.
Arte e Física 07.10.2025 10:34
A Cidade da Cultura e o Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE), poñen en marcha as Residencias ArtLab IGFAE, unha iniciativa para promover proxectos artísticos vinculados coa investigación científica no campo da física . Canda Mónica Maneiro falamos coa súa comisaria
A penaltis 07-10-2025 07.10.2025 2:01:00
Tamén fomos ata Lalín para falar con Emi Carril, amigo de Borja Iglesias, sobre a súa convocatoria cos selección. Viaxamos ata Monforte para analizar a polémica sobre os malos resultados do Lemos e acabamos en Camariñas, campión da Liga da Costa, que acaba de gañar o derbi contra o Fisterra.
A crónica deportiva 07-10-2025 07.10.2025 30:00
O ourensán do Celta, Hugo Álvarez, fala do partido solidario para recadar fondos polos lumes na provincia de Ourense. Falamos tamén con Carlos Cao. David Mella hoxe coa Sub 20 nos 8ª do Mundial. Ciclismo: O Gran Camiño pasa de febreiro a maio. At Guardés - Byala de Bulgaria na 3ª rolda da EHF. Fútbol sala feminino: sorteo de Copa e España - Portugal en Vilalba.
Tres curtas moi recomendables 06.10.2025 6:07
Begoña Vázquez recomenda tres curtas que están en agalega.gal. ‘Anacos’, de Xacio Baño; ‘Son unha tumba’, de Khris Cembe; e ‘As vacas de Wisconsin’, de Sara Traba.
Podcast cultural 25. Do que se volve raíz 06.10.2025 28:31
Eva Veiga publica "Do que se volve raíz", un poemario que “devén da escoita atenta e da perplexidade ante unha linguaxe que non pode dicir”.
Érica Esmorís marca un triplo 06.10.2025 24:00
Andrea Jamardo dedícalle un monográfico á escritora coruñesa Érica Esmorís, da que acaban de chegar ás librarías tres novelas. Esmorís conseguiu o premio Merlín 2025 con ‘Erin e o lobo’ (Xerais), e foi gañadora e asemade finalista do Raíña Lupa con ‘Esta é a miña historia e terás que crela’ (Xerais) e ‘O Peculiar’ (Cuarto de inverno), respectivamente Conversamos tamén coa autora: “Todas as miñas o...
A crónica deportiva 06-10-2025 06.10.2025 30:00
Buscamos as valoracións do sorteo da Copa, coa SD Negreira - Real Sociedad, o Ourense CF - Real Oviedo, o rival do Celta (o Puerto de Vega asturiano), o rival do Depor (Sámano de Cantabria) e con Rufo, ex do Pontevedra CF e agora na UD Ourense.
'Ruar' 03.10.2025 9:32
Afonso Becerra lévanos de ruada co colectivo VACAburra, onde están Andrea Quintana e Gena Baamonde nun proxecto que xira arredor da creación escénica e coreográfica en clave contemporánea. Andan agora co espectáculo ‘Ruar’ como divertimento e xogo nas rúas con Davide Salvado
A crónica deportiva 03-10-2025 03.10.2025 30:00
Chega, en Europa, a primeira vitoria do Celta nesta temporada. Falan Claudio Giráldez, Damián Rodríguez e Borja Iglesias. Antonio Hidalgo na previa do Deportivo - Almería. No Fabril, Manuel Pablo define o goleador camerunés Bil Nsongo. Estamos co ferrolán do Ourense CF, Adri Guerrero, na previa do Racing Club Ferrol - Ourense CF.
'Parecido a un asesinato' e 'La sospecha de Sofía' 02.10.2025 10:31
Moncho Lemos comenta dúas estreas: - ‘Parecido a un asesinato’, de Antonio Hernández. Baseada na novela homónima de Juan Bolea, aborda os misterios da conduta humana. - ‘La sospecha de Sofía’, de Imanol Uribe. Unha de espías que toma como base a novela de Paloma Sánchez-Garnika.do mesmo título
Podcast cultural 24. Poetas de garda e saúde mental 02.10.2025 18:51
O espazo cultural Río Lagares promove Poetas de Garda, un experimento sobre os efectos balsámicos da poesía. E no Museo do Pobo Galego as imaxes do Premio Luís Ksado
De ruta musical norteña 02.10.2025 11:42
Tito Lesende fai un percorrido norteño que comeza na Coruña, coa estrea do novo tema de Roura e segue por Cedeira con Guadi Galego. De aí a Asturias, cos novos traballos de Marisa Valle Roso e Rita Ojanguren. A ruta remata en Cantabria con Quique González, que saca disco mañá venres
'Vista chinesa' 01.10.2025 19:14
Malores Villanueva comenta ‘Vista Chinesa’, da brasileira Tatiana Salem Levy. Traducida ao galego por Mercedes Vaquero Granados e publicada por Xerais. A protagonista sofre unha violación e anos despois cóntallelo aos fillos nunha carta
Podcast cultural 23. Das lectoras e das revolucionarias. 01.10.2025 27:10
A SELIC muda de dirección e de datas. Falamos con Lorena Conde da novena edición. E a revolución das kurdas no documental que Olmo Couto estrea no OUFF.
A penaltis 01-10-2025 01.10.2025 2:01:00
Protagonistas do choque entre Bergantiños e Ourense CF. O debut de Dro Fernández no Barça con alguén que o coñece moi ben. Análise do Celta-Paok cun seguidor dos gregos.
A crónica deportiva 01-10-2025 01.10.2025 29:56
Previa do Celta - Paok de Salónica, con Víctor López. Falan Claudio Giráldez e Borja Iglesias. Liga de Campións. O máis destacado da inauguración do Depor Training Center. O Uni Ferrol ficha a Elena Rodríguez para substituir a Bego de Santiago.
Delasenda 30.09.2025 24:10
Carlos Crespo trae ás súas “descubertas o músico coruñés Delasenda, que debuta con ‘La Catedral’, un disco íntimo que reúne 12 cancións en castelán con influencias pop, da canción de autor e mais do afrobeat
Podcast cultural 22. Do underground a San Simón 30.09.2025 23:13
O underground como territorio e a palabra que materializa a ollada externa, "Plumass" no novo traballo de Bea Saiáns. E en San Simón o Obradoiro Internacional de Tradución “Con barqueira e remador”.
Benzer podcast'ler
Replaio bir podcast yayıncısı değildir; program adları, kapak görselleri ve ses içerikleri yazarlarına aittir ve herkese açık RSS beslemeleri aracılığıyla dağıtılır