Radio Valladares

ESPERTA VALLADARES

ESPERTA VALLADARES, magazine matinal diario. Analizamos a actualidade de Vigo, Valladares e arredores. Sempre en vivo e en directo.

Podcast'in sitesini ziyaret etmeyi ve yapımcısını desteklemeyi unutma: www.ivoox.com

Yazar

Radio Valladares

Kategori

Society

Podcast web sitesi

www.ivoox.com

Son bölüm

29 Eyl 2026

Nereden dinlenir?

Uygulamada podcast'ler Replaio Radio Çok yakında

Podcast'ler çok yakında uygulamaya geliyor. Şimdi yükle ve podcast'lere yepyeni bir bakışı ilk gören sen ol

Google Play'den indir Ücretsiz yükle Android 5 Mn+ indirme · 4,8 puan iOS yakında

Bölümler

Venres 03/09/2021 03.09.2021

Montamos en bici. Imos de paseo polas corredoiras de Salvaterra, que son mais levadeiras que as da etapa da Volta a España polas Rías Baixas. O concello ten bicis de balde para percorrelo e anda noutro proxecto con Tui, Tomiño e Monçao para que poidamos facelo en bicis eléctricas. Dende o Baixo Miño, Paco Nonovo lánzanos propostas musicais no seu podcast “Cando Dorme O Ghato”. Tamén traemos unha d...

Xoves 02/09/2021 02.09.2021

Xel ou xabón? Con que preferides para lavar as mans? Coñecemos os de Lubrei, que ademáis de ser unha fonte de Cangas, tamén é o nome dunha marca de cosméticos artesanais e naturais. Voltamos ó tempo das fotografías e o revelado analóxico coas rapazas viguesas de Percal.lab. Durante este mes de setembro están fancendo obradoiros nas instalacións dos antigos Cine Plata. O xoves tamén vai unha de cin...

Mércores 01/09/2021 01.09.2021

O prometido é débeda. A Senda do Moucho deu unha volta connosco polo regato da Senra. Desfrutádea tamén vós. Os mércores toca deportes, Trasnos Béisbol Club. En Vigo xa se xogaba ó beisbol hai 50 anos. Descendentes de cubanos comezaron a practicalo aquí e crearon o Rías Baixas. E logo foron aparecendo outros: Halcones, Trasnos…

Martes 31/08/2021 31.08.2021

A risa como terapia. Diso falamos con Galiclown, os paiasos que visitan ós cativos nos hospitais. Ademais, Teatro Escoitade estrea obra este sábado na casa, abrindo o circuito da Fegatea. Alguén coñece As Ermidas? Hai miles en Galicia, descubriremos o santuario ó carón do río Bibei.

Luns 30/08/2021 30.08.2021

Luns en feminino para falar de todo un pouco. Damos unha volta por San Campio… subíchedes ao torreiro? Inda estamos de festa e o ano que ven vai ser outro novo. Ademais, coñecemos a Montse Betanzos, que segue facendo collares de cunchas dende O Grove, auténtica xoiería. E estreamos as entrevistas aos grupos presentes no Revoltallo 2021 con MJ Perez.

Venres 27/08/2021 27.08.2021

Traémosvos plans para o modo off Imos ata Redondela, a falar cos apartamentos Redonvi Apartaments & Rooms, albergue do Camiño de Santiago, para ver como está sendo este ano. Ademáis, desconectamos do mundo nas instalacións do Talaso Atlantico e tomamos o aperitivo con Casa Hermo Delicatessen & Gourmet.

Xoves 26/08/2021 26.08.2021

Formigas… de pequenos chámannos a atención, son dos primeiros insectos que coñecemos, tocamos, investigamos… Delas sabe moito Iago Sanmartín, que levou ese interese un paso máis alá dentro do Grupo de Ecoloxía Evolutiva da Universidade de Vigo. A recomendación para os amantes da pantalla grande: Antz e Bichos. Tamén damos unha volta polo mar con Carlos Freire, implusor do proxecto COBS (dentro do...

Mércores 25/08/2021 25.08.2021

Hoxe damos unha volta polo mundo das reformas. Falamos coa carpintería Milano e coa empresa Salvaescaleras Nexoted… e despois marchamos cara a As Neves coñecer o seu producto estrela, o requeixo, mmmm! https://condadoparadanta.com/

Martes 24/08/2021 24.08.2021

Un dos mellores plans de verán é ir á aldea, pero non todo o mundo está preparado para a vida no rural. En Ribadesella tiveron que colgar un cartel advertindo disto. Preguntamos a A Maquía Pousavedra, casa rural en Sober, sobre como responde á xente aos ruidos, ou a súa ausencia. Ás veces, estes urbanitas atopan eses sons ao carón da ventá da súa casa… e toca cambiar de lugar o galiñeiro! Iso paso...

Luns 23/08/2021 23.08.2021

Este Esperta de luns é un Revoltallo de entrevistas. Dende Acordeireta, co seu disco Loitar cantando; ás gafas de realidade virtual nas que traballan 13grados para coñecer os fondo das Cíes. E ademais, Bioga Galicia, que agrupa a 70 empresas de biotecnoloxía.

Venres 20/08/2021 19.08.2021

Traemos dúa propostas para esta fin de semana. Coñecer a vía Mariana, dende Braga ata Muxía. http://viamarianalusogalaica.eu/ E tamén a Arca Da Noe, un espazo cultural en Vilar de Santos.

Xoves 19/08/2021 19.08.2021

Un libro, dous libros, tres libros… así, a trioloxía de Vicvs. Pero na cabeza de Beto Luaces xa está a cociñarse outra entrega. Conversamos tamén con Epona Terra dos proxectos que teñen na mancomunidade de montes de Saiáns. E por último, o clásico dos xoves, a recomendación cinéfila: Locke.

Mércores 18/08/2021 18.08.2021

Conversamos co vigués Nico Rodríguez que ven de acadar a medalla de bronce nos xogos olímpicos en vela 470, co seu compañeiro Jordi Xammar. Ademáis, coñecemos empresas viguesas. Descubrimos os tecidos non tecidos de RCfil NON-TEX e os productos de Animosa inspirados nas grandes mulleres da historia.

Martes 17/08/2021 17.08.2021

Ás veces, non nos decatamos de todo o que temos en Galicia. Que alguén nolo conte dun xeito diferente permítenos comprendelo e valoralo. Os Quinquilláns fan visitas teatralizadas en diversos puntos de Galicia. Aquí preto en Santa Tegra e en Porriño. Ó mundo das profesións do mar, achegámonos co Turismo Marinero Amarturmar. E con alguén que desfruta contándonos a historia das pedras todos os martes...

Venres 13/0/2021 13.08.2021

Se inda no pisástedes os museos da cidade hoxe tendes un plan: a noite branca. Para facervos as ganas, achegámonos ata o Museo do Mar de Galicia. E, como é venres, un chisco de música. A dos saxos, con Tomás Alonso López sobre o Vigosaxforum, que tivo lugar a semana pasada en Valladares. A última parada do Esperta é na enseada. Imos conversar coa cineasta Diana Toucedo da súa última curta “Tatuado...

Xoves 12/08/2021 11.08.2021

Achégase a fin de semana… traemos plans, propostas para celebrar. Un brinde cun bo viño do Ribeiro, Ramón Do Casar; un café de Root Café, da man do barista Marcos González; e unha boa peli, que Eloy trae algunha proposta interesante.

Mércores 11/08/2021 11.08.2021

Rapaces, mochila ó lombo. Imos de senderismo por Galicia adiante con Rutea. Tamén hai tempo para conversar con Avelaíña Asociación Saúde Mental, que traballa no Baixo Miño dando apoio ás familias. E volve Rebeca, de Comuna Nutritiva, desta volta a falar de como orientar as vacacións dun xeito saudable, flexible.

Martes 10/08/2021 10.08.2021

Os castros… vemos as imaxes non en blanco e negro, pero casi, en marróns e grises, e resulta que non, que había un amplo abano de colores. Sobre iso imos falar con Paco Boluda, que entre os seus proxecto ten a recreación en 3D do castro de San Cibrán de Las. Un pouco de música, da man de As Efémeras e o seu son “furancheiro”, para alegrar o verán. E de remate outro chisco de patrimonio, imos de ca...

Luns 09/8/2021 09.08.2021

O Samil é Portugal... ainda que ás veces somos nós os que tomamos Valença. Un exemplo desta realidade compartida é o MUMi - encontro profesional de música de Galiza e Portugal, que vai ter lugar en setembro entre Tui e Valença. Conversamos con Aitana Cuétara. Na secundaria os rapaces xa teñen a opción de aprender o idioma da outra beira do Miño. Hai 65 centros dos 250 que hai en Galicia. Falamos c...

Venres 06/08/2021 06.08.2021

A tradición cooperativista galega remóntase a mediados do século pasado. E agora entra no s. XXI da man do SAVES. Queredes saber que é? Explícanolo Carlos Iglesias, investigador do grupo ECOBAS. E xa que é venres, proposta de cervecita, música e praia. Imos ó Chiringuito Deilan en Vilaboa conversar con Elena, que leva tres veráns neste curruncho da enseada propoñéndonos tardes de concertos de cali...

Xoves 05/08/2021 05.08.2021

Emerxencia cultural! En Ourense téñenno claro. Seguindo o modelo dalgunhas cidades latinoamericanas puxeron en marcha o proxecto Emerxencia Cultural Ourense. Falamos con Tomás Lijó das reivindicacións deste colectivo e das accións lóstrego que levan a cabo na súa cidade. E en Vigo? Escoitamos opinións de artistas que utilizan a rúa como espazo de encontro. E ademáis, Eloy trae cine. A súa película...

Mércores 04/08/2021 30.07.2021

A porta do Atlántico foi pensada para estar onde está. Imaxinádela noutro lugar da cidade? Co escultor Remixio Davila falamos disto. Ademáis, coñecemos as embarcacións tradicionais da Península, que esta semana deberían estar navegando pola ría dentro do encontro organizado pola Asociación Sueste.

Martes 03/08/2021 30.07.2021

Ás veces é preciso comezar polo pequeno, como poñer en valor a nosa lingua na educación infantil. Con Marta Díaz falamos da súa tese sobre a socialización en galego. Pequenas tamén son as teselas que forman o mosaico da imaxe. Apareceu en Panxón e tivemos a sorte de que alguén o valorase. Hoxe está en Nova York, de onde agarda recuperalo a Asociación pola repatriación do mosaico romano de Panxón....

Luns 2/08/2021 30.07.2021

Este luns botámonos ó mar nunha gamela “coruxeira” mentres escoitamos “Peixe”, o disco de Xisco Feijóo. Se preferides río, Anxo Moure é barqueiro no Miño e aproveita as viaxes para contar contos.

Venres 30/07/2021 30.07.2021

Finde de verán. As praias énchense. Todos o notamos e os nudistas mais porque non teñen apenas espazos. Diso conversamos con Naturigal. Este domingo 1 de agosto será o Lughnasadh. Que é? Mellor que nolo explique Manuel Santos-Estévez, un dos arqueólogos que traballou no castro que se atopa en Donón. O tempo estivo tamén é para ligar. Tinder é a ferramenta estrela… pero hai que saber escribir para...

ESPERTA VALLADARES podcast'ini Replaio'da dinle

Radyo ve podcast'ler tek uygulamada - ücretsiz, kayıt gerektirmez. Bugün yükle ve lansmanı kaçırma

Google Play'den indir

Replaio bir podcast yayıncısı değildir; program adları, kapak görselleri ve ses içerikleri yazarlarına aittir ve herkese açık RSS beslemeleri aracılığıyla dağıtılır