Radio Valladares
ESPERTA VALLADARES
ESPERTA VALLADARES, magazine matinal diario. Analizamos a actualidade de Vigo, Valladares e arredores. Sempre en vivo e en directo.
Podcast'in sitesini ziyaret etmeyi ve yapımcısını desteklemeyi unutma: www.ivoox.com
Nereden dinlenir?
Uygulamada podcast'ler Replaio Radio Çok yakındaPodcast'ler çok yakında uygulamaya geliyor. Şimdi yükle ve podcast'lere yepyeni bir bakışı ilk gören sen ol
Bölümler
Xoves 29/07/2021 29.07.2021 2:00:24
Arial ou Comic Sans? Que letras escollemos cando queremos escribir algo que quede bonito? Diso conversamos con María Ramos, deseñadora de tipografías. www.marsidesino.com Nas rúas de Vigo atopamos un amplo abano de letras, algunhas están a piques de desaparecer como consecuencia do peche dos establecementos. Por iso dende o Ateneo Atlántico lanzaron a campaña "Mirando polos letreiros”. E, aproveit...
Mércores 28/07/2021 28.07.2021 1:59:48
Carlos Meixide ven falar do seu libro, "Guitiriz". Novela xuvenil que está a ser todo un éxito de ventas. Os que tamén causaron furor foron os campamentos de voluntariado da Xunta deste verán. Imos saber como o pasaron no coordinado por Xeitura Patrimonio SCoopGal no concello de Larouco (Valdeorras). Ademáis, traemos deportes. Golf no Real Aero Club de Vigo.
Martes 27/07/2021 27.07.2021 1:59:50
A historia da Lindona de Galicia foi adaptada recentemente ó teatro radiofónico por Tito Asorey. Trátase dunha obra teatral do s. XVII na que aparece o galego. Sobre a presenza da nosa língua nos textos desa época falamos con Rosario Álvarez, presidenta do Consello Da Cultura Galega. Dos contos que circulan polo camiño a Compostela conversamos con Pep Bruno. Mil anos de contos: os bos sobrevivían,...
Luns 26/07/2021 26.07.2021 1:59:40
É luns e traemos un programa tranquiliño. Dúas propostas literarias. Unha cargada de retranca e reflexións. “Diario de un pirata confinado” de ‘Jamas’ Julio Negueruela, membro de Dios Ke Te Crew. E outra para coñecer a nosa historia. A da primeira xinécologa en Vigo, “Olimpia Valencia, ocho décadas de historia desde lo ojos de una pionera”, de Ana Fuentes. Para rematar, teatro. Conversa distentida...
Venres 23/07/2021 23.07.2021 1:56:46
Fai 50 anos precisabase moito da comunidade. Ademáis dos teleclubes, tamén Cáritas cumpre as vodas de ouro. Pero os anos pasan, as xuntas directivas precisan de observadores que lles axuden a estar ó día. Esta é a labor do xestor cultural. Unha figura descoñecida. Que fai o do centro veciñal de Valladares? Falamos con Carlos.
Xoves 22/07/2021 22.07.2021 1:32:35
Para rematar esta triloxía... o anexo. Un making of con cousiñas que foron saíndo e non entraron nas grabacións.
Mércores 21/07/2021 14.07.2021 1:24:28
E despois, que? A xente nova interésase polo movemento veciñal, pero dende fora. É o caso do proxecto Dobarrio. A realidade é que naceron outro tipo de asociacións como foron Malaherba e Chan Grande. Mentres os centros veciñais seguen, nacen novas propostas para utilizar os espacios, como foi o da Sala Ingrádiva.
Martes 20/07/2021 14.07.2021 1:49:46
O século XXI. E agora a que retos se enfrenta o movemento asociativo? Diso conversamos cos presidentes do Cvcv deste novo milenio. Ademáis, chequeamos ó resto das parroquias e a cidade. Paramos un pouco mais en Navia, que pasou do rural a centro urbano nestes últimos 15 anos.
Luns 19/07/2021 14.07.2021 1:53:36
Co gallo do 50 aniversario do Teleclube de Valladares imos dar unha volta pola nosa historia. Falamos do pasado. Dende Instituto de Estudios Vigueses cóntannos o que había ata a chegada dos teleclubes. Os primeiros na cidade foron o de Coruxo e o de Valladares. Conversamos cos pioneiros.
Venres 16/07/2021 14.07.2021 2:01:36
Hoxe é o día do Carme así que, imos cara ao mar. As embaracións teñen o seu nome e no caso das tradicionais, tamén ten valor o formato. Un destes deseños, o das letras da amura nos barcos do Grove, xa está nos nosos ordenadores! Pero, ás veces, o que nos gusta é sumerxirnos, Buceo Islas Cíes ofrécenos bautismos de mergullo. O que aínda non sabemos é quen merca este agasallo. E, ademáis, na axenda...
Xoves 15/07/2021 14.07.2021 2:00:00
Os novos usos do monte, ás veces, son os máis tradicionais. Nos Ancares saben diso como demostran proxectos como A Carqueixa, que coa súa gandeiría case que heróica, están devolvendo a vida á contorna. Os karts non son tradición… preguntádelle a Seijo Karts, que levan dende os anos oitenta (do século XX) fabricando casi de xeito artesanal os seus propios modelos. De modelos, de deseño tamén sabe A...
Mércores 14/07/2021 14.07.2021 1:59:49
Os mércores toca deporte… desta volta waterpolo, que dende Waterpolo RCN Vigo teñen moito que contar. O proxecto de reflotalo neste clube comezou hai 10 anos… e vai dando xa froitos: O equipo senior masculino ven de gañar a liga autonómica e quedar séptimo no campionato de terceira división nacional. E o feminino quedaron subcampionas na liga feminina de División de Honor a nivel autonómico. En xe...
Martes 13/07/2021 13.07.2021 1:59:48
Abano, 28 páxinas de creatividade nesta revista que mañá saca o seu número 3. Maquilladores, escritores, músicos… así, ata 80 estudiantes que rondan os 20 anos moi activos nas redes sociais (instagram)… pero que precisaban unirse nun colectivo artístico. Conversamos coa impulsora desta revista, Ana Domínguez. A pandemia evidenciou as carencias do sector do baile e música tradicional: poucas actuac...
Luns 12/07/2021 12.07.2021 2:00:43
As castañas forman parte da nosa cultura dende tempos inmemoriais… dende Manzaneda Amarelante Sociedade Cooperativa Galega renova a tradición ofrecendo novos productos feitos deste froito. Fariña, doces… e porque non, bebidas. Lardelúa, falaranos da súa proposta musical. Dany Soengas na guitarra e Mariah Fosado na voz para cantares tradicionais galegos. Achegámonos ata Melgo Cinema, na Coruña, par...
Venres 09/07/2021 09.07.2021 1:59:00
Plans para a fin de semana… é venres e dan bo tempo, así que imos aproveitar. Achegamonos ata o Morrazo, da man de A Illa dos Ratos, que nos van contar a historia da fabricación de cordas en Meira. Unha cervexa ben fría tamén apetece. ChacMool Taquería na praia de Patos e a fábrica Trisk-Ale Cervezas uníronse para crear unha… e se o que vos presta é o viño, imos probar o blanco do Furancho Reborai...
Xoves 08/07/2021 08.07.2021 1:59:53
Os libros, que grandes compañeiros de viaxe. Lembrades algún que vos axudase na vida? Dende Cunqueiro, falamos coa psiquiatra Elena de las Heras sobre os que "receitan" ós pacientes. Este proxecto de biblioterapia nacido no SERGAS, agora está sendo implantado no sistema de saude do País Vasco e tamén nun centro de saúde de Madrid. Tamén os enfermos de cancro recorren ás lecturas saudables. Quixemo...
Mércores 07/07/2021 07.07.2021 1:59:55
Escoitamos a experiencia en MMA da viguesa Sarah Viéitez, que ven de gañar o campionato de España. Ademáis, pedaleando pedaleando pillamos "in fraganti" a Avelino González. Está percorrer o Camiño da costa en bicicleta e vai por onde lle presta e para a contar contos onde lle peta. Latonta y Larubia, non é o título dun conto de Avelino. Son xoias artersanais feitas dende Vigo. Rediseñan xoias vell...
Martes 06/07/2021 06.07.2021 2:00:05
Os nosos antergos si que sabían. Os castros están ubicados en lugares con moi boas defensas pero tamén cunhas vistas impresionantes. Coñecemos o de Chandebrito da man de Árbore Arqueoloxía. E de sorpresa para moitos, con eles descubrimos a restaurada torre de Meira, en Moaña, derribada polos Irmandiños. Como chega o verán, imos falar da operación bikini e mais de novas propostas de materiais cos q...
Luns 05/07/2021 05.07.2021 2:01:32
O de falar sós non é cousa de tolos. Hai alguén que sempre nos escoita: Siri e Alexa, pero as súas respostas parecen que quedaron no século pasado. Diso falaremos coa profesora Soledad Torres da Uvigo. Baixando do Cuvi paramos en Galifresh, a ver en que andan metidos. Unha papilla de brécol, berza e grelos que axuda ós maiores de 70 anos a mellorar o tránsito intestinal.
Venres 02/07/2021 02.07.2021 1:58:58
“Tras las luces rojas de neón y la diversión de algunos, o muchos, hombres, se esconde una realidad de esclavitud de mujeres bajo el látigo de un negocio de proxenetas.” Esta é a historia de Amelia Tiganus, como un dos rostros comprometidos coa abolición da prostitución. Falamos deste libro e tamén, co seu ilustrador, Roberto García Peñuelas. Traemos outras propostas culturais. Música e cultura da...
Xoves 01/07/2021 01.07.2021 2:00:02
De que grupo de wasap marchaches? Os tes silenciados ou o teu teléfono pita mais que unha ola a presión? Danger, danger... o perigo do século XXI: os grupos de wasap. Sobre o uso eficiente das redes sociais nas empresas conversamos coa consultora de marketing dixital Iria Álvarez. Violín e acordeón para acompañar a xornada con Caamaño&Ameixeiras. E un clásico do xoves, cine con Eloy. In the Height...
Mércores 30/06/2021 30.06.2021 2:00:58
Al agua patos. Préstavos nadar no mar? Participástedes nalgunha travesía? Foi de noite ou de día? Venres é a travesía nocturna de Teis. Das curiosidades da súa organización conversamos co Club Natación Vigo Rias Baixas. Ademáis, traemos plans para os días de chuvia: os xogos de mesa en galego de Brazolinda xogos. https://brazolinda.com/
Martes 29/06/2021 29.06.2021 2:02:01
Xacobeo 2021-22 A meta é Compostela cunha catedral que quedou ben aqueladiña despois de moitos anos de traballo na restauración. A pedra luce de novo gracias ós canteiros de Renovatio, que son de Vigo. E o enreixado da escalinata do Obradoiro, tamén. Quen aquí estivo foi Forxa Chago, de Compostela. Inda que Santiago é o epicentro, en Galicia temos moito patrimonio. Da súa situación conversamos coa...
Luns 28/06/2021 28.06.2021 2:02:16
Empeza a tempada de festas. Orquestas, bandas, charangas… na sesión vermú cal vos fai mover o pés? En Vigo, se non existira Valencia, seríamos a cidade con mais bandas de música e corais, tamén. Un rico patrimonio cultural inda por valorar. De cantas e de como están a sobrevivir conversamos Enrique Lorenzo, presidente da Federación de Bandas de Música Populares de Vigo, e con Antonio Lero, preside...
Venres 25/06/2021 25.06.2021 2:01:45
Let’s rock!! É venres e traemos conversas ben interesantes. Falamos con Paco Cerdeira, Paco Pakolas para os máis cativos, e tamén con Alba Alonso, que está detrás do proxecto Realkiddys. Ademáis, tempo para o compromiso social co colectivo ECOAR Global ES. Un venres ben completiño!
Benzer podcast'ler
Replaio bir podcast yayıncısı değildir; program adları, kapak görselleri ve ses içerikleri yazarlarına aittir ve herkese açık RSS beslemeleri aracılığıyla dağıtılır