Radio Valladares

ESPERTA VALLADARES

ESPERTA VALLADARES, magazine matinal diario. Analizamos a actualidade de Vigo, Valladares e arredores. Sempre en vivo e en directo.

Podcast'in sitesini ziyaret etmeyi ve yapımcısını desteklemeyi unutma: www.ivoox.com

Yazar

Radio Valladares

Kategori

Society

Podcast web sitesi

www.ivoox.com

Son bölüm

29 Eyl 2026

Nereden dinlenir?

Uygulamada podcast'ler Replaio Radio Çok yakında

Podcast'ler çok yakında uygulamaya geliyor. Şimdi yükle ve podcast'lere yepyeni bir bakışı ilk gören sen ol

Google Play'den indir Ücretsiz yükle Android 5 Mn+ indirme · 4,8 puan iOS yakında

Bölümler

Venres 08/10/2021 08.10.2021

Ás portas da ponte do Pilar recomendamos a expo "As miradas de Isaac", sobre a figura de Isaac Díaz Pardo. Pódese visitar na sede de Afundación. Conversamos con Xosé Díaz, un dos comisarios. https://www.youtube.com/watch?v=v0SEYCLAuSc Xa entrados no outono, hai cousiñas nos auditorios da cidade. Vai tertulia teatreira porque unhas semanas atrás celebrouse en Compostela o Festival Magán de teatro a...

Xoves 07/10/2021 07.10.2021

I+D+I... diso hai moito na saga de James Bond 007, a peli que destripamos hoxe. Tamén coñecemos a Misión Biológica de Galicia do CSIC e a Gradiant, que organizou unha escape room sobre ciberseguridade na noite dos investigadores europeos.

Mércores 06/10/2021 06.10.2021

Conversamos con Ramilo, que leva practicando a marcha atlética dende que o mundo é mundo en Vigo, a finais dos anos 70. É un dos pioneiros na cidade, pero xa había quen a practicaba nos anos 40. En Galicia hai cerca de 900 pazos. Damos unha voltiña polo Museo Pazo de Tor, en Monforte.

Martes 05/10/2021 05.10.2021

Misterios da antigüedade. Disque o arco de herradura de Santa Eulalia de Bóveda é posiblemente o mais antigo do mundo. Viaxamos ata alí. E tamén facemos unha paradiña no Bronx, onde ten as súas raices o hip hop. Desta corrente musical e cultural conversamos con Muévete Dance Studio.

Luns 04/10/2021 04.10.2021

A compañía Nova Galega de Danza atopase en Bilbao para a gala de celebración dos Premios Max nos que é finalista en dúas categorías. Convesamos nas horas previas con Jaime, o director artístico. Cruzade os dedos! Tamén falamos con Traspès do IX Concurso de Canto e Percusión Tradicional que organizan este mes de outubro.

Venres 01/10/2021 01.10.2021

Tertulia para falar das viaxes de verán con Rebe da Comuna Nutritiva e outros amigos radiofónicos, que traen recomendación literaria, “La revuelta de las putas”, de Amelia Tinganus. E propoñévosvos un plan, anotarse na andaina terrorífica para o 31 de outubro que organiza a Asociacion Deportiva Rastrexo de Areas.

Xoves 30/09/2021 30.09.2021

Coñecemos a historia dos refuxiados con protección internacional que chegan ó centro de asilo de Tui, xestionado pola Asociación Diversidades. E outra historia, cinematrográfica. A recomendación dos xoves: Benedetta, inspirada no relato "Actos Vergonzosos" de Judit Brown.

Mércores 29/09/2021 29.09.2021

Como levar o tran-tran cotidiano cando tes cativos ó redor? De conciliación conversamos coa Asociación Madres Solteras por Elección MSPE. Setembro é mes de volta ás rutinas deportivas. Piragüismo, kayak, remo... practícanse na ría de Vigo e podense probar estes días na semana azul que organiza Ariven. Tamén danza é outra opción. Esta finde hai festival de baile moderno coas Sereas en Valladares.

Martes 28/09/2021 28.09.2021

Palcos da Música. En Galicia temos moitos, algúns ínfimos e peculiares como o de Chandebrito. Un arquitecto e un músico que andan ó rescate deles, documentando os que sobreviven en https://palcosdamusicagalegos.wordpress.com/ As historias tocando neles darían para un libro interminable… Peripecias José, as do director emérito da banda de Valladares. Mais de 50 anos tocando neles.

Luns 27/09/2021 27.09.2021

Contamos a historia das mulleres na fábrica de cerámica de A Pontesa e a da xente que apañaba o cornezuelo do centeo para vendelo ás multinacionais farmacéuticas. Conversamos coas directoras de Nación e mais de Negro Púrpura. Peli e docu, que recollen estas vivencias.

Venres 24/09/2021 24.09.2021

A mollarse polos mil ríos de Galicia na limpeza simultánea deste domingo. Nós propoñemos o mais raro que atopamos: o río Gafos. Onde queda iso? Non busquedes na wikipedia que xa no lo conta a xente de Vaipolorio. E dentro dos plans de ocio para estes días, van as pelis freakis do Galician Freaky Film Festival. Este sábado estrean sección cativa, o Pequefreak!

Xoves 23/09/2021 23.09.2021

Hoxe falamos de videomaping e outras técnicas de iluminación na danza e no teatro con Laura Iturralde. E tamén, de cine. "Las golondrinas de Kabul", unha peli de animación ambientada no verán de 1998 nun Kabul baixo dominio talibán.

Mércores 22/09/2021 22.09.2021

Van un par de historias bonitas. A dun pioneiro no mundo do surf. Aitor Francesena ‘Gallo’, que vai estar en Patos esta finde nos campionatos de surf adaptado (Galego, Nacional e Internacional). E a da Asociación Bicos de Papel, que axuda ós nenos con cancro no Cunqueiro e apoia ás familias, e tamén trae reto deportivo. Un trail solidario en outubro.

Martes 21/09/2021 21.09.2021

Hoxe falamos da mina de ouro subterránea romana mais grande de Galicia. Está en Tabagón, no Rosal. Algúns dos buratos de acceso ás galerías teñen 30m de profundidade. Tamén conversamos co artista plástico Pablo Pastor.

Luns 20/09/2021 20.09.2021

Coñecemos as presas de regadío que están a poñer en valor na Comunidade De Montes de Coruxo, refuxio natural de moitos anfibios. E descubrimos un invento: o salvatortugas que deseñaron os pescadores da Organización De Palangreros Guardeses. Para rematar, ou comezar, melodías relaxantes utilizando sons da natureza. Propoñémosvos que escoitedes a de Santi Oia, que ven acompañada de ASMR. O título da...

Venres 17/09/2021 17.09.2021

En Bembrive había un tempo onde se facía sidra en case todas as casas. Falamos diso cun veciño. E percorremos unhas cantas festas da mazá que se fan en outubro pola contorna. Ademáis, non imos moi lonxe hoxe. Na comunidade de montes de Couso (Gondomar) cultivan arándanos, grosellas, frambuesas e setas shiitake que podemos mercar transformadas na marca Acolá. Convertiron unha presa de auga en pisci...

Xoves 16/09/2021 16.09.2021

Cine mudo con música en directo. A conversa de hoxe é con Brais, o "jefe" de Caspervek. Os xoves tamén hai proposta de cine, a de Eloy. Aí vos vai unha de ciencia ficción: Dune. Damos a volta ó mundo coas fotografías de Javier Teniente. Preguntámoslle a Jorge Lens, comisario da súa expo "unha xeografía atormentada", como chegou a escoller as 180 fotos e que tiveran sentido entre elas!

Mércores 15/09/2021 14.09.2021

Coñecemos ós deportistas mais destacados nas carreiras de obstáculos en Galicia e tamén os circuitos que por aquí hai. Contóunolo Dani, un dos organizadores do Desafío Boot Camp en Samil. Ademáis, unha volta polos roteiros cinematográficos nocturnos que propón o Play Doc de Tui.

Martes 14/09/2021 14.09.2021

Arroaces. Ata 400 viven nas Rías Baixas. E móvense dunha a outra, coma quen visita os amigos. Quen lle segue a pista é a xente do BDRI, o centro de investigación do medio mariño do Grove. No Grove tamén están as Salgadeiras de Moreira, o museo etnográfico da pesca e a salazón. Outros expedicionarios, os do proxecto Recaladas no Camiño, andiveron en setembro descubrindo o patrimonio industrial do m...

Luns 13/09/2021 13.09.2021

Hoxe un paseo e un vermú. O paseo, pola eurocidade Tui-Valença para coñecer a pegada da cultura xudea aí. E o vermú, o de Povarelo. Dende o Carballiño cunha receita de 1940.

Venres 10/09/2021 09.09.2021

Un pouco de música Revoltalleira e algunha conversa cos músicos do sábado. Enxeito na sesión vermú e Cró! na noite. E xa van XXVIII anos do Revoltallo. A desfrutalo!

Xoves 09/09/2021 09.09.2021

Vai pasear a fin de semana por Valladares a organeta!! Un carriño musical reciclado, que pode tocar dende cancións de Ana Kiro ata folk rock brasileiro cun serrucho musical, cunha trikitixa vasca, un organillo ou cun sistema de percusión autónoma… Falamos co "enxeñeiro musical" Pulpiño Viascón. Tamén chega ó salgueiral a Orquestra de Caramote. Un conto musical que nos vai facer viaxar polo mundo....

Mércores 08/09/2021 08.09.2021

En 15 días xógase un torneo importante de xadrez en Vigo. Alí vai estar o vigués Rubén Fernández, subcampión de España de xadrez sub-16. E tamén a lenda rusa Karpov e Rey Enigma, o misterioso xadrescista que xoga partidas rápidas na rúa. Tamén traemos recomendación literaria: Novela de ajedrez, de Stefan Zweigno. Sacámola do booktrailer duns mociños do IES Elviña da Coruña que, animados pola súa p...

Martes 07/09/2021 07.09.2021

Subir os peldaños da torre de Catoira, os muros do castro de Baroña, saltar mámoas… Diso que non se debe, pero queda ben no selfie, conversamos coa xente de Orgullo Galego. Como valoramos o que temos? Turistas ou visitantes? Tamén traemos unha mestura de maxia e clown con Troula. “Soños” o novo show de Fifo, que vai estar venres na edición miúda do Revoltallo. Se levas un paiaso dentro, este é o t...

Luns 06/09/2021 06.09.2021

Aguacates, non sabemos por que van tan caros... Así que, preguntamos en Frutas J.d Araujo. Con eles imos coñecer o mercado das froitas e as verduras. Escoitamos tamén un chisco de música. A voz de Fransy González e a Xan Campos Trío, que van estar o domingo que ven no Revoltallo.

ESPERTA VALLADARES podcast'ini Replaio'da dinle

Radyo ve podcast'ler tek uygulamada - ücretsiz, kayıt gerektirmez. Bugün yükle ve lansmanı kaçırma

Google Play'den indir

Replaio bir podcast yayıncısı değildir; program adları, kapak görselleri ve ses içerikleri yazarlarına aittir ve herkese açık RSS beslemeleri aracılığıyla dağıtılır