Radio Municipal de Tui

Día a Día

News GL ↓ 6543 avsnitt

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...

Glöm inte att besöka poddens webbplats och stötta skaparen: www.ivoox.com

Skapare

Radio Municipal de Tui

Kategori

News

Poddens webbplats

www.ivoox.com

Senaste avsnittet

2 nov 2026

Var kan du lyssna?

Poddar i appen Replaio Radio Kommer snart

Poddar kommer snart till appen. Installera nu och bli först med att uppleva ett helt nytt sätt att lyssna på poddar

Ladda ned på Google Play Installera gratis Android nästan 10 mn nedladdningar · betyg 4,8 iOS snart

Avsnitt

Ent. Conchi Regueiro, escritora tudense | TuidCon Hispacon 2026 23.09.2026

Máis de 40 actividades formarán parte da TuidCon Hispacon 2026, a convención anual da literatura fantástica que se celebra en Tui do 16 ao 18 de outubro. Hoxe abrimos unha serie de conversas baseadas nesta convención para ir desgranando detalles da programación. Hoxe falamos con Conchi Regueiro, escritora tudense e membro da organización, sobre as actividades da primeira xornada e sobre a necesida...

Espazo Comercio | Cucapuntoes 22.09.2026

Cucapuntoes cambia a súa ubicación a partir do 3 e outubro. Despois de tres anos na rúa Camilo José Cela, abrirá as súas portas na rúa Rosa Bahamonde. Así nolo contou Salomé Fernández, de Cucapuntoes, no noso Espazo Comercio, en colaboración con ACITUI.

Ent. Manuel Benito, da Comunidade de Montes de Salcidos | Festa cultural e gastronómica no Monte Torroso 21.09.2026

A primeira fin de semana de outubro o Monte Torroso, en Salcidos (A Guarda), acollerá a terceira edición da Festa Cultural e Gastronómica. Haberá diversas actividades, como un Concurso de Escultura en Pedra ou unha demostración de talla en madeira con motoserra. Ademais, haberá actuacións musicais con Arume de Malvas, Quedequé ou Os ventos do Minho, entre outros. Hoxe coñecemos toda a programación...

Raíces e vangarda | Arroz meloso de polbo 21.09.2026

Na nosa sección semanal Raíces e vangarda, hoxe luns cociñamos co chef Judicael Romero arroz meloso de polbo. Ademais, deu trucos e consellos para conseguir o arroz perfecto, co caldo e fumet como base.

Ent. Sonsoles Vicente, concelleira de Cultura de Tui | Programación teatral outono 2026 21.09.2026

Humor, teatro, música, danza, historia ou monicreques é o que haberá na programación teatral de outono en Tui. A partir do próximo venres 2 de outubro o Teatro Municipal acollerá sete citas, das que hoxe daba hoxe os detalles a concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente.

Ent. Diana Gonçalves, cineasta tudense | Traslado da "barca dos Pepes" a Santiago e exposición Transfronteiriza 18.09.2026

A cineasta tudense Diana Gonçalves inaugura no mes de outubro “Transfronteiriza” no Museo do Pobo Galego. Trátase dunha expo-instalación que contará cun eixo vertebrador: a presenza da "barca dos Pepes", que esta fin de semana foi trasladada dende o Miño até Santiago de Compostela. Conversamos con Diana Gonçalves sobre este proxecto e sobre o reto que supón un traslado coma este, dunha barca de 35...

Ent. Jorge González e Germán Soutelo, do Club Tenis Tui | XII Torneo de Tenis Eurocidade Tui-Valença 18.09.2026

170 deportistas participan dende hoxe no XII Torneo de Tenis Eurocidade Tui-Valença, que organiza o Club Tenis Tui. Serán 10 días de partidos que se van a disputar nas pistas de Areas e nas de Valença. Hoxe déronnos os detalles Jorge González e Germán Soutelo, do club organizador.

Ent. Francisco Castro, escritor, músico e editor | Creación Moléculas Editorial 18.09.2026

Tui conta por vez primeira cunha editorial de libros. O escritor, músico e editor Francisco Castro crea “Moléculas Editorial”, volvendo así a esta industria cun selo propio, despois de abandonar a dirección de Galaxia hai tres anos. Hoxe coñecemos que é Moléculas, e as características que teñen xa os seus libros.

Ent. José Ferreira e Maike Rodríguez, da Comisión de Festas de Guillarei | Festas na honra á Virxe das Dores 2026 17.09.2026

Dende mañá venres e até o luns Guillarei vivirá catro xornadas de música, tradición, gastronomía e festa nas súas Festas na honra á Virxe das Dores. Hoxe coñecemos os detalles e a historia do cartel deste ano con José Ferreira e Maike Rodríguez, da Comisión de Festas.

Ent. Claudia Montes, de Altitude | Andainas Saudables da Eurocidade Tui-Valença 17.09.2026

A Ruta da Pedra Santa abrirá o próximo domingo, 27 de setembro, a proposta outonal das Andainas da Eurocidade Tui-Valença. Será un percorrido de 7 quilómetros de dificultade doada. Sairá ás 10 h da ponte da Veiga do Louro. Claudia Montes, da empresa Altitude, que guiará o percorrido, daba todos os detalles desta actividade que ten un prezo de 6€ por persoa. É preciso inscrición previa. Haberá outr...

Ent. Aroa González | Presentación da súa primeira novela Mundos Paralelos 17.09.2026

“Mundos paralelos” é o título da primeira novela da tudense Aroa González. Estudante de xornalismo presenta mañá este primeiro libro co que abre unha triloxía de fantasía, drama e romance. A cita mañá será ás 20 h no Espazo Sociocultural da rúa Camilo José Cela nun acto presentado pola xornalista Andrea Carrera. Can Aroa González coñecemos algúns detalles da súa obra.

Ent. Sonsoles Vicente, concelleira de Cultura e Conchi Regueiro, escritora | Tuidcon 17.09.2026

Do 16 ao 18 de outubro Tui converterase na capital da literatura fantástica coa celebración na cidade de Tuidcon, a convención anual deste xénero literario. Durante tres días a cidade acollerá máis de 45 actividades con charlas, mesas redondas, presentacións literarias, unha feira. Esta convención anual, denominada Hispacon, celébrase en España dende 1969. A celebración en Tui é todo fito e será a...

Ent. Eva Pazo e Miguel Enríquez da Asociación Aloia - Semana Cultural de San Miguel 2026 16.09.2026

Teatro, playbacks, música e gastronomía forman parte da Semana Cultural de San Miguel que este venres comeza en Pazos de Reis organizada pola Asociación Cultural Aloia. Eva Pazo e Miguel Enríquez, da asociación Aloia, deron conta da programación prevista tanto esta fin de semana coma a próxima. Tamén falamos con Stephy Llaryora que actuará este domingo.

Ent. Rubén López, director Conservatorio de Tui | Inicio curso escolar 16.09.2026

210 alumnos e alumnas realizarán estudos musicais no Conservatorio e na Escola de Música de Tui neste curso escolar 2026-27. Este luns comezaron as clases no centro. Do inicio do curso falamos co director do Conservatorio, Rubén López.

Ent. Ana Núñez, concelleira de Comercio e Turismo, e Eva Gil de Galicia Suroeste - Espazos Efémeros 2026 16.09.2026

O edificio da praza da Inmaculada en Tui acollerá do 9 ao 12 de outubro Espazos Efémeros. É unha iniciativa de Galicia Suroeste, en colaboración co Concello de Tui, que busca dar a coñecer iniciativas vinculadas ao territorio coa presentación e venda de produtos e servizos. A inscrición está aberta até o 24 deste mes en galiciasuroeste.gal. Coñecemos todos os detalles con Ana Núñez, concelleira de...

Ent. Adrián Besada, organizador | SIBE 2026: Territorios sonoros 15.09.2026

A xornada “SIBE 2026: Territorios sonoros: identidad, poder e resistencia, que organiza a Sociedade de Etnomusicoloxía” celebrarase o 5 e 6 de decembro en Tomiño e Cerveira. Hoxe coñecemos que é este evento e como se vai desenvolver con Adrián Besada, organizador do mesmo. As propostas poden enviarse até o 1 de outubro. Toda a información en sibetrans.com

Espazo Comercio |Campaña "Remata as vacacións cun sorriso" 15.09.2026

Un total de 55 establecementos participan na campaña de promoción do comercio local "Remata as vacacións cun sorriso" que conclúe no día de hoxe. Teñen xa distribuídas máis de 3000 papeletas para o sorteo de de 5 vales de 30 € a consumir nos establecementos participantes. O sorteo realizarase o martes 29 na nosa sintonía. Así nolo contou Pepe Míguez, presidente de ACITUI.

Raíces e vangarda | Carpaccio de figos 14.09.2026

Hoxe inauguramos unha nova temporada da sección Raíces e vangarda, onde o chef Judicael Romero trae receitas tradicionais e de raíz con toques modernos. Ademais de aportar consellos e trucos para optimizar tempos na cociña e conseguir un plato de restauración. Este luns cociñamos carpaccio de figos.

Ent. Noemí Guisande, do Cineclub Tui | Programación setembro 11.09.2026

Oito son as proxeccións que durante este mes de setembro teñen programadas dende o Cineclub Tui. Dúas xa se celebraron nesta primeira semana, e agora haberá citas os martes 15, 22 e 29; os venres 18 e 25; e o xoves 17. Coñecemos os detalles con Noemí Guisande, do Cineclub Tui.

Ent. David Gómez-Casasnovas, director IES San Paio | Inicio Curso Escolar 2026-27 11.09.2026

583 alumnos e alumnas ten o IES San Paio este curso, cunha pequena baixada con respecto ao ano pasado. Así o confirmaba David Gómez-Casasnovas, director do centro. Destacaba as novidade deste ano, sobre o control do uso no dispositivos electrónicos ou un novo sistema de puntos.

Ent. Andrea Martínez, directora do CRA Mestra Clara Torres | Inicio curso escolar 2026/27 11.09.2026

O curso está xa tamén en marcha no Colexio Rural Agrupado Mestra Clara Torres que conta neste momento con 4 aulas en Areas, Baldráns, Pexegueiro e Ribadelouro. Como novidade está a implantación da aula matinal e aula tardíos, grazas á implicación das familias, para facilitar a conciliación. Andrea Martínez, directora do CRA Mestra Clara Torres, fixaba como obxectivo poder seguir crecendo en alumna...

Ent. Sandra González, alcaldesa de Tomiño, Ana Forneiro, homenaxeada | Acto cívico do Alivio 11.09.2026

O Concello de Tomiño homenaxea este ano no acto cívico das Festas do Alivio a Ana Isabel Forneiro González, matrona do Centro de Saúde de Tomiño desde 1986 que acompañou durante catro décadas a varias xeracións de mulleres e familias do municipio. Será nun acto mañá sábado ás 21 h na praza do Seixo. Hoxe conversamos coa alcaldesa de Tomiño, Sandra González, e coa homenaxeada, sobre este acto e a s...

Ent. María Urrutia, instrutora de taichí | Curso no Centro Sociocomunitario de Tui 10.09.2026

A partir do mes de outubro o Centro Sociocomunitario de Tui vai acoller un curso de taichí, impartido pola instrutora María Urrutia. Será os luns ás 18 h e o prezo son 20 euros por mes. As prazas son limitadas, e é necesario inscribirse no propio centro. María Urrutia detallou hoxe cales son algúns dos beneficios desta arte marcial, e que necesitamos para poder practicalo.

Ent. Dani Méndez, de Vórtice Dance | Clases de baile moderno no Liceo Casino de Tui 10.09.2026

Este mes de setembro comeza o curso de Baile Moderno no Liceo Casino de Tui. Unhas clases impartidas por Dani Méndez, de Vórtice Dance. El deu conta hoxe da información necesaria para inscribirnos neste curso, así como o balance do pasado ano. Contounos que comezarán a competir a nivel galego.

Ent. Esteban Areses, farmacéutico 10.09.2026

Dende 1850 a familia Areses Vidal leva unida á Farmacia. Este ano, Esteban Areses tomou a decisión de emprender un novo rumbo e vender o seu establecemento en Tui. Hoxe coñecemos con el a historia desta farmacia e os novos comezos que se abren agora na súa vida.

Lyssna på podden Día a Día i Replaio

Radio och poddar i en och samma app - gratis och utan konto. Installera redan idag och missa inte premiären

Ladda ned på Google Play

Replaio är ingen poddutgivare; programnamn, omslag och ljud tillhör sina upphovspersoner och distribueras via offentliga RSS-flöden