Radio Municipal de Tui
Día a Día
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...
Glöm inte att besöka poddens webbplats och stötta skaparen: www.ivoox.com
Skapare
Radio Municipal de Tui
Kategori
Poddens webbplats
Senaste avsnittet
2 nov 2026
Var kan du lyssna?
Poddar i appen Replaio Radio Kommer snartPoddar kommer snart till appen. Installera nu och bli först med att uppleva ett helt nytt sätt att lyssna på poddar
Avsnitt
Ent. Luis Muiño, psicoterapeuta e divulgador | Charla en Tomiño "Fai match coa túa saúde mental" 06.10.2026 11:43
O psicoterapeuta e divulgador Luis Muiño ofrece hoxe martes a actividade "Fai Match coa túa saúde mental" no IES Antón Alonso Ríos, de Tomiño, nunha iniciativa impulsada por Avelaíña Saúde Mental en colaboración co Concello de Tomiño. Con motivo do Día da Saúde Mental, que este sábado día 10 se conmemora, alumnado do instituto tomiñés recibirá unha charla na que se abordarán cuestións para o benes...
Ent. Noelia Romero e Andrea Vega, da Oficina Técnica de Prevención da Asociación Érguete | Programa ADOS 05.10.2026 10:30
O Programa ADOS da Asociación Érguete é unha iniciativa deseñada para abordar o consumo de cannabis na adolescencia e dar apoio ás familias. O obxectivo é reconducir as situacións de consumo temperán dende unha perspectiva educativa, preventiva e de acompañamento, ofrecendo outras opcións máis aló das multas económicas que poidan recibir esas persoas menores. É un programa financiado pola Deputaci...
Raíces e vangarda | Marmelada de castañas 05.10.2026 9:59
Hoxe no programa Raíces e vangarda falamos da castaña, o produto da temporada. Cociñamos co chef Judicael Romero marmelada de castañas, quen deu consellos e trucos para aproveitar este alimento de outono.
Ent. Ana Carpintero, de Somos Océano | Club Océano 02.10.2026 7:20
Nace Club Océano, unha iniciativa de talleres creativos e momentos con calma para crear produtos coas mans, tecer comunidade e compartir momentos. O primeiro taller que se vai realizar será "Colar mil voltas", que será o sábado 10 de outubro a partir das 11 h no Espazo SomosOcéano, nas Galerías Caracas de Tui. Hoxe presentounos esta iniciativa Ana Carpintero, quen avanzoi tamén todos os detalles d...
Ent. Andrea González, directora IKFEM | II Concurso Novas Ondsa Sonoras 02.10.2026 7:50
Pedro Ribeiro, Atún Blanco, Brío, Sofía da Mata, Minho Reed Quintet e Keepers son os finalistas do II Concurso Novas Ondas Sonoras organizado polo IKFEM. Mañá ás 19 h celebrarase no Teatro Municipal de Tui a final na que se coñecerá o gañador desta edición. Andrea González, directora do IKFEM, daba conta do obxectivo do certame que é dar visibilidade ao talento xove, e o premio será actuar en 2027...
Ent. Meli Pérez e Concha Costa, da Asociación Laxes de Paramos | Outono Cultural 02.10.2026 5:59
A Asociación Laxes de Paramos está a celebrar o seu Outono Cultural con propostas cada fin de semana con actividades de teatro, comedia, monólogos, gastronomía, cinema e música até o 12 de decembro. Este domingo ás 19 h terán a obra "Dous no Camiño" de Fran Rei e Isabel Risco. Así nolo contaron Meli Pérez e Concha Costa da Asociación Laxes.
Ent. Fernando Martínez, autor | Libro "Estado de Conservación de los anfibios y reptiles continentales de Galicia" 02.10.2026 5:25
"Estado de Conservación de los anfibios y reptiles continentales de Galicia" é o título do libro que hoxe venres, ás 19 h, se vai presentar no Espazo Sociocultural da r/Camilo José Cela. O tudense Fernando Martínez é o editor e autor, xunto con outros seis herpetólogos galegos. O libro, dirixido ao público en xeral, dá resposta á falla de información que había tanto sobre reptiles como anfibios.
Ent. José Santos, da Comisión de Festas de Pesegueiro | Festas de San Miguel 2026 30.09.2026 3:50
Este venres e sábado, 2 e 3 de outubro, Pesegueiro celebra Festas na honra a San Miguel, con música, gastronomía e tradición. Unha programación que organiza a Comisión de Festas, e que hoxe coñecemos con José Santos, un dos seus integrantes.
Ent. Ricardo Dasilva e Cristian Lago, da Asociación Muiñeiros do Tripes | Lendas ao solpor "A tristura" 30.09.2026 8:42
Este sábado ás 20 h celébrase a sexta edición das Lendas ao Solpor da Asociación Muiñeiros do Tripes, este ano co título "A tristura". Será un roteiro nocturno con teatralizacións, música e gastronomía, para o que é necesario inscribirse previamente no formulario web habilitado pola Asociación, dispoñible no cartel da actividade ou nas súas redes sociais. Coñecemos os detalles desta actividade con...
Ent. Conchi Regueiro, escritora tudense | TuidCon HispaCon 2026 30.09.2026 16:44
Teatro, fantasía escrita por mulleres, Historia, videoxogos, Aznarcon 2026 ou o encontro de Rosa Montero e Mafalda Santos son algunhas das actividades que haberá o sábado 17 de outubro na TuidCon HispaCon 2026, a convención de literatura fantástica que se celebra en Tui do 16 ao 18 do próximo mes. Conchi Regueiro, escritora tudense e membro da organización detallou a programación do segundo día da...
Espazo Comercio | Campaña setembro e 30 anos de ACITUI 29.09.2026 7:06
Hoxe no noso Espazo Comercio o presidente de ACITUI valorou a campaña Remata as vacacións cun sorriso, na que participaron case 2.400 papeletas. Amais, avanzou que este sábado 3 ás 20 h no Espazo Sociocultural presentan a campaña polos 30 anos de ACITUI.
Ent. Ángel Vila e Ismael Felgueiras, da Comisión de Festas de Rebordáns | Churrascada e Terrordáns 28.09.2026 4:11
Unha churrascada e a terceira edición da andaina nocturna Terrordáns son as dúas citas que organiza estas semanas a Comisión de Festas de Rebordáns. Hoxe ofreceron toda a información de ambas actividades Ángel Vila e Ismael Felgueiras, membros da comisión.
Ent. Mar Rodríguez da Asociación Santa Columba | Ruta “Ven coñecer Ribadelouro connosco" 28.09.2026 4:36
“Ven coñecer Ribadelouro connosco” é o título de ruta guiada por Leticia Rodríguez que a Asociación Cultural Santa Columba organiza para este sábado 3 de outubro ás 17 h dende o Centro Cultural. Así nolo contou Mar Rodríguez, da Asociación Santa Columba todos os detalles desta ruta que profundará na historia da parroquia. A inscrición está aberta até este mercores no 661 334 076 cun prezo de 5 € p...
Ent. Pablo Romero, do Cineclub Tui | Película A sombra do meu pai e Semana de Cine 28.09.2026 6:46
Mañá martes o Cineclub Tui proxecta "A sombra do meu pai", unha película nixeriana do director Akinola Davies. Será no Espazo Sociocultural da rúa Camilo José Cela con dobre sesión: ás 18.30 h e 20.45 h. A entrada é gratuíta para persoas socias e menores de idade, e 2€ para público xeral. Pablo Romero, do Cineclub Tui, avanzou amais a Semana de Cine que celebran dende o 5 ao 11 de outubro.
Raíces e vangarda | Ameixas mariñeiras 28.09.2026 10:11
O ingrediente de temporada esta semana en Raíces e vangarda son os bivalvos. Hoxe cociñamos ameixas mariñeiras, unha receita do chef Judicael Romero.
Ent. Elena Rivo, doutora en Organización de Empresas e docente na UVigo | Congreso Internacional de Turismo 25.09.2026 6:37
Os próximos 1 e 2 de outubro celébrase na Universidade de Vigo o 18º Congreso Internacional de Turismo ao abeiro do proxecto VISIT_RIO_MINHO_PLUS, do que o Concello de Tui forma parte. Elena Rivo é doutora en Organización de Empresas e docente na UVigo, e hoxe avanzou contidos que se van a abordar no Congreso. Convidou amais ás persoas interesadas a asistir, xa que o acceso é aberto.
Ent. Conchi Martínez, farmacéutica | Día Mundial do Farmacéutico 25.09.2026 10:50
A casa do concello de Tui iluminarase esta noite de verde para conmemorar o Día Mundial do Farmacéutico que este ano ten por lema “Fortalecendo a saúde co farmacéutico". Conchi Martínez, farmacéutica, profundou hoxe no programa Día a Día no labor que desempeña o Colexio de Farmacéuticos de Pontevedra e da cadea de saúde da que forman parte os e as profesionais farmacéuticas.
Ent. Maribel Pérez e Alfonso Ferreira da Coral San Telmo | IX Festival de Outono 25.09.2026 10:36
A Coral San Telmo de Tui organiza para mañá sábado, 26 de setembro, ás 19.30 h na igrexa de San Domingos o IX Festival de Outono. Participarán a Coral Polifónica de Berres (A Estrada), o Ochote Langreano e Coro Cantus Mulier (Asturias), e os organizadores, xunto ao grupo rosaleiro Lirolai. Maribel Pérez e Alfonso Ferreira, membros da Coral San Telmo contáronnos hoxe como se vai desenvolver o festi...
Ent. Jorge Macedo, director da Banda de Música Cultural de Salceda | Concerto en Tui 25.09.2026 7:23
A Banda de Música Cultural de Salceda de Caselas, formada por máis dun centenar de músicos, ofrecerá mañá sábado ás 20 h no Teatro Municipal Tui un concerto. No mesmo van interpretar o programa co que van participar o 11 de outubro no Certame Galego de Bandas de Música. Jorge Macedo, director da Banda, explicou elixiron coma lema "O mar como espello do noso tempo" entorno ao que artellaron o progr...
Ent. Saúl Vaz, piloto tudense de karting, e Jesús Vaz | Campionato de España en Valencia 25.09.2026 7:49
O piloto tudense Saúl Vaz compite esta fin de semana na última proba do Campionato de España de karting, que se celebra en Valencia, no circuíto Aspar. Chega a esta cita coa meta de converterse nun dos 10 mellores pilotos de España, segundo explicaba o deportista na nosa sintonía. O seu pai e representante, Jesús Vaz, deu conta do que significa chegar até esta proba.
Ent. Fito Pereira do Motoclub Randufe | Galicia Endurance Enduro Vintage 24.09.2026 5:46
Máis de 70 participantes, entre eles 10 de Tui, participarán este sábado no complexo deportivo Off Road no Galicia Endurance Enduro Vintage organizado polo Moto Club Randufe. Trátase dunha proba de resistencia na que haberá cinco categorías. A entrada para o público é libre. Así o explicou Fito Pereira, do Moto Club Randufe.
Ent. Noemí Guisande, do Cineclub Tui, e Antonio de Lombera, arqueólogo | "O camiño de Cova Eirós" e Semana de Cine 24.09.2026 15:34
Mañá venres ás 19 h o Cineclub Tui proxecta o documental “O camiño de Cova Eirós”, de Xosé González Varela. Este filme narra o descubrimento dun grupo de arqueólogos, no ano 2012, das primeiras pinturas rupestres de Galicia no interior da Cova Eirós, nos Ancares. Noemí Guisande, do Cineclub Tui, avanzou hoxe que despois da proxección haberá un coloquio con Arturo de Lombera, arqueólogo codirector...
Ent. Lidia Diz, Belén Diz, Alba Rodríguez e Marta Dacuña | Festival de Playbacks no Teatro Municipal 24.09.2026 8:22
O Teatro Municipal de Tui acolle mañá venres, ás 20.30 h, un festival de Playbacks no participarán os grupos infantís das asociacións A Insua de Caldelas, Lembranzas da Terra de Guillarei e Xuntanza de Randufe. Lidia Diz, Belén Diz, Alba Rodríguez e Marta Dacuña responsables dos grupos participantes déronnos todos os detalles e animaron a asistir mañá ao festival. A entrada será libre.
Ent. Javier Bona, arqueólogo, historiador e divulgador cultural | Libro "Las llaves de Sefarad: el misterio del legado" 24.09.2026 11:33
Hoxe xoves ás 20 h o Espazo Sociocultural, da rúa Camilo José Cela, acollerá a presentación da novela “Las llaves de Sefarad: el misterio del legado” de Ignacio Javier Bona López, arqueólogo e historiador, que entrelaza o pasado medieval de España cunha conspiración na actualidade. Este acto enmárcarse no Setembro Xudeu. Hoxe conversamos con el sobre Sefarad, sobre Tui como punto esencial nesta no...
Ent. Conchi Regueiro, escritora tudense | TuidCon Hispacon 2026 23.09.2026 12:32
Máis de 40 actividades formarán parte da TuidCon Hispacon 2026, a convención anual da literatura fantástica que se celebra en Tui do 16 ao 18 de outubro. Hoxe abrimos unha serie de conversas baseadas nesta convención para ir desgranando detalles da programación. Hoxe falamos con Conchi Regueiro, escritora tudense e membro da organización, sobre as actividades da primeira xornada e sobre a necesida...
Liknande poddar
Replaio är ingen poddutgivare; programnamn, omslag och ljud tillhör sina upphovspersoner och distribueras via offentliga RSS-flöden