Roi P. Vila
Venres en punto!
Podcast semanal onde analizamos a actualidade política e social de Galicia con mirada crítica e rigor. Cada xoves, Roi achéganos os temas que marcan a axenda: dende debates parlamentarios e movementos dos partidos ata cuestións culturais e sociais que definen o noso país. Un espazo para reflexionar sobre o presente e entender o futuro con argumentos sólidos e unha perspectiva galega.
Vizitează neapărat site-ul podcastului și susține-i creatorul: podcasters.spotify.com
Autor
Roi P. Vila
Categorie
Site-ul podcastului
Cel mai nou episod
6 iun. 2025
Unde asculți?
Podcasturi în aplicație Replaio Radio În curândPodcasturile ajung în curând în aplicație. Instaleaz-o acum și fii primul care descoperă o abordare complet nouă a podcasturilor
Episoade
Villares dimite. Rueda impasible. Prado en shock 06.06.2025 16:57
O conselleiro Villares dimite tras ser imputado por agresión sexual. Rueda sabíao desde febreiro. Prado non soubo nada ata o día da dimisión. O PPdeG, en estado de shock.
Estado da Autonomía: o parlamento neutralizado. 25.04.2025 16:23
Neste novo episodio de Venres en Punto , analizamos o Debate do Estado da Autonomía 2025: promesas recicladas, copias de discurso, desprezo á oposición e un parlamentarismo galego en coma inducido. Que queda do espírito democrático? E que marxe real de acción ten o BNG nun sistema bloqueado por un PP hexemónico e un PSOE irrelevante?
Máis pequeno, máis xusto? A escalada militar da UE e os perigos do poder centralizado 21.03.2025 14:04
Por que as grandes potencias militares non estabilizan o mundo, senón que xeran máis conflitos. O custo real do rearmamento europeo e o impacto na economía. Como a militarización ameaza a democracia dentro da propia UE. Existe unha alternativa á lóxica da forza?
(ex)CRTVG: Galicia sen esfera pública? 14.03.2025 16:16
O PP aproba a nova lei da CRTVG (CSAG) e xa pode nomear a súa dirección sen consenso. Máis control político, menos pluralismo e unha TV pública convertida nun instrumento de partido? 📺 Como afecta isto á información que recibimos? Que queda dos medios públicos galegos como espazo de debate e reflexión? Neste episodio analizamos o impacto desta reforma e o papel dos medios públicos na esfera públi...
O Partido Populista e a degradación institucional da Xunta 14.02.2025 19:00
Neste episodio de Venres en punto! analizamos como o Partido Popular de Galicia está a derivar cara a un populismo irresponsable que pon en perigo a credibilidade das institucións. Desde o “cambio climático é unha oportunidade” ata os “inquiocupas” e a manipulación de datos lingüísticos, repasamos as súas últimas ocorrencias e o impacto que teñen na política galega.
D.E.P. PSdeG-Compostela 24.01.2025 14:58
Analizamos o futuro político de Santiago tras a ruptura interna do PSdeG local e as posibles estratexias que pode ter o BNG para gobernar nunha cidade marcada pola oposición do PP e os retos dun grupo non adscrito en terra de ninguén. Contexto, claves e escenarios nun episodio que pretende axudar a entender o taboleiro político compostelá.
O ciclón da extrema dereita que sacude Occidente… pero que Galicia sabe esquivar(?) 10.01.2025 13:34
Neste episodio, exploramos o ascenso da extrema dereita en Europa e como Galicia consegue evitar ser arrastrada por este fenómeno global. A través dunha análise das dinámicas internacionais, reflexionamos sobre como a falta dunha estratexia clara da Unión Europea e o seu afastamento do debate cidadán facilitan que actores como Musk e líderes ultradereitistas medren ao seu redor. A incapacidade da...
Comisión silenciada en Galicia e crise parlamentaria en Francia 13.12.2024 16:06
Nesta semana analizamos o bloqueo da comisión de investigación en Galicia, onde o PPdeG utilizou a súa maioría absoluta para evitar calquera control efectivo sobre os contratos cuestionados da Xunta. Ademais, trasladámonos a Francia para abordar a profunda crise política tras a caída do goberno de Michel Barnier, con Marine Le Pen emerxendo como favorita nun panorama de crecente desafección. Dous...
Asemblea nacional do BNG: dilemas e obxectivos 29.11.2024 10:36
No episodio de hoxe analizamos a asemblea do BNG na que se contrapoñen obxectivos políticos que ás veces parecen pouco reconciliables.
Pacto polo galego, orzamentos e luces de Vigo. 22.11.2024 15:25
No primeiro episodio dos Venres en Punto!, Roi analiza o debate político dos orzamentos e como as ideas forza do BNG están a influír nas políticas públicas do PPdeG. Tamén afondamos na polémica arredor do pacto polo galego, coas críticas internas no PP e a demisión de Daniel Chapela, mentres reflexionamos sobre o futuro da lingua. Finalmente, viaxamos a Vigo para falar das luces de Nadal: éxito tu...
Podcasturi asemănătoare
Replaio nu este editorul podcasturilor; numele emisiunilor, coperțile și materialul audio aparțin autorilor lor și sunt distribuite prin fluxuri RSS publice