Roi P. Vila

Venres en punto!

News GL ↓ 10 episodes

Podcast semanal onde analizamos a actualidade política e social de Galicia con mirada crítica e rigor. Cada xoves, Roi achéganos os temas que marcan a axenda: dende debates parlamentarios e movementos dos partidos ata cuestións culturais e sociais que definen o noso país. Un espazo para reflexionar sobre o presente e entender o futuro con argumentos sólidos e unha perspectiva galega.

Be sure to visit the podcast's website and support the creator: podcasters.spotify.com

Author

Roi P. Vila

Category

News

Podcast website

podcasters.spotify.com

Latest episode

Jun 6, 2025

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 10M+ downloads · 4.7+ rating iOS soon

Episodes

Villares dimite. Rueda impasible. Prado en shock 06.06.2025

O conselleiro Villares dimite tras ser imputado por agresión sexual. Rueda sabíao desde febreiro. Prado non soubo nada ata o día da dimisión. O PPdeG, en estado de shock.

Estado da Autonomía: o parlamento neutralizado. 25.04.2025

Neste novo episodio de  Venres en Punto , analizamos o Debate do Estado da Autonomía 2025: promesas recicladas, copias de discurso, desprezo á oposición e un parlamentarismo galego en coma inducido. Que queda do espírito democrático? E que marxe real de acción ten o BNG nun sistema bloqueado por un PP hexemónico e un PSOE irrelevante?

Máis pequeno, máis xusto? A escalada militar da UE e os perigos do poder centralizado 21.03.2025

Por que as grandes potencias militares non estabilizan o mundo, senón que xeran máis conflitos. O custo real do rearmamento europeo e o impacto na economía. Como a militarización ameaza a democracia dentro da propia UE. Existe unha alternativa á lóxica da forza?

(ex)CRTVG: Galicia sen esfera pública? 14.03.2025

O PP aproba a nova lei da CRTVG (CSAG) e xa pode nomear a súa dirección sen consenso. Máis control político, menos pluralismo e unha TV pública convertida nun instrumento de partido? 📺 Como afecta isto á información que recibimos? Que queda dos medios públicos galegos como espazo de debate e reflexión? Neste episodio analizamos o impacto desta reforma e o papel dos medios públicos na esfera públi...

O Partido Populista e a degradación institucional da Xunta 14.02.2025

Neste episodio de  Venres en punto!  analizamos como o Partido Popular de Galicia está a derivar cara a un populismo irresponsable que pon en perigo a credibilidade das institucións. Desde o “cambio climático é unha oportunidade” ata os “inquiocupas” e a manipulación de datos lingüísticos, repasamos as súas últimas ocorrencias e o impacto que teñen na política galega.

D.E.P. PSdeG-Compostela 24.01.2025

Analizamos o futuro político de Santiago tras a ruptura interna do PSdeG local e as posibles estratexias que pode ter o BNG para gobernar nunha cidade marcada pola oposición do PP e os retos dun grupo non adscrito en terra de ninguén. Contexto, claves e escenarios nun episodio que pretende axudar a entender o taboleiro político compostelá.

O ciclón da extrema dereita que sacude Occidente… pero que Galicia sabe esquivar(?) 10.01.2025

Neste episodio, exploramos o ascenso da extrema dereita en Europa e como Galicia consegue evitar ser arrastrada por este fenómeno global. A través dunha análise das dinámicas internacionais, reflexionamos sobre como a falta dunha estratexia clara da Unión Europea e o seu afastamento do debate cidadán facilitan que actores como Musk e líderes ultradereitistas medren ao seu redor. A incapacidade da...

Comisión silenciada en Galicia e crise parlamentaria en Francia 13.12.2024

Nesta semana analizamos o bloqueo da comisión de investigación en Galicia, onde o PPdeG utilizou a súa maioría absoluta para evitar calquera control efectivo sobre os contratos cuestionados da Xunta. Ademais, trasladámonos a Francia para abordar a profunda crise política tras a caída do goberno de Michel Barnier, con Marine Le Pen emerxendo como favorita nun panorama de crecente desafección. Dous...

Asemblea nacional do BNG: dilemas e obxectivos 29.11.2024

No episodio de hoxe analizamos a asemblea do BNG na que se contrapoñen obxectivos políticos que ás veces parecen pouco reconciliables.

Pacto polo galego, orzamentos e luces de Vigo. 22.11.2024

No primeiro episodio dos Venres en Punto!, Roi analiza o debate político dos orzamentos e como as ideas forza do BNG están a influír nas políticas públicas do PPdeG. Tamén afondamos na polémica arredor do pacto polo galego, coas críticas internas no PP e a demisión de Daniel Chapela, mentres reflexionamos sobre o futuro da lingua. Finalmente, viaxamos a Vigo para falar das luces de Nadal: éxito tu...

Listen to the Venres en punto! podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.