COGAMI

Podcast COGAMI

Información social para o colectivo das persoas con discapacidade

Vizitează neapărat site-ul podcastului și susține-i creatorul: www.ivoox.com

Autor

COGAMI

Categorie

Government

Site-ul podcastului

www.ivoox.com

Cel mai nou episod

1 oct. 2026

Unde asculți?

Podcasturi în aplicație Replaio Radio În curând

Podcasturile ajung în curând în aplicație. Instaleaz-o acum și fii primul care descoperă o abordare complet nouă a podcasturilor

Descarcă din Google Play Instalează gratuit Android aproape 10 mil. descărcări · nota 4,8 iOS în curând

Episoade

Falamos de artrite en Radio Voz 01.10.2026

O mes de outubro está dedicado á visibilización da artrite. Por iso Janeth Camino, da entidade ConArtrite de Santiago explica no programa de Eva Millán en que consiste esta patoloxía, como son os seus síntomas e que servizos ofrece a entidade

Falamos das actividades náuticas de COGAMI en Radio Voz 24.09.2026

O programa Un Café con Eva de Radio Voz entrevista a Aroa Facal, da área de Lecer de COGAMI, para explicar como foi o programa GAVEA neste verán tan soleado para gozar das travesías pola ría de Camariñas. Ademais do GAVEA, Aroa tamén explica as actividades de navegación que se realizan nos clubs náuticos de Portonovo e Sanxenxo.

Falamos do Día Mundial da Seguridade do Paciente en Radio Voz 18.09.2026

O programa Un Café con Eva entrevista á coordinadora da Comisión Sociosanitaria de COGAMI, Laura Quintas, para falar sobre as reivindicacións que as persoas con discapacidade orgánica visibilizan polo Día Mundial da Seguridade do Paciente.

A asociación Íntegro fala do Festigual para Radio Voz 10.09.2026

Un Café con Eva entrevista á coordinadora da asociación Íntegro, Noelia Barreira, para falar sobre unha nova edición de Festigual, un punto de encontro entre persoas par gozar dun día de baile, música, festa, xantar, artesanía e lazos de amizade. Tamén se falou doutra actividade que están organizando en Carballo, unha xornada sobre discapacidade que terá lugar o 28 de novembro coa finalidade de vi...

X Solidaria en RNE 25.08.2026

As entidades do Terceiro Sector unímonos para presentar a campaña da X Solidaria, na que pedimos ás persoas contribuíntes que marquen o recadro 106 na declaración da renda, para que o 0,7 % do IRP recaia en actividades de interese social.

Falamos da ASOTRAME e de 24.07.2026

O programa Un Café con Eva de Radio Voz entrevista a Jéssica Rodríguez, vogal de ASOTRAME, para explicar o traballo que desenvolve a Asociación Galega de Transplantados de Medula Ósea. A importancia de doar medula ósea e acompañar ás familias e pacientes durante o proceso da enfermidade oncohematolóxica, son dous piares fundamentais dende o inicio desta entidade.

Falamos de Servizo de Atención Especializada á Muller en Radio Voz. 16.07.2026

Juani Tubío, coordinadora de Promoción da Autonomía Persoal, explica para o programa Un Café con Eva en que consiste Servizo de Atención Especializada de COGAMI, que foi demandando por 80 mulleres, especialmente daquelas que se atopan en situación de risco tras vivir situacións de violencia na contorna familiar, doméstica ou institucional.

Coñecemos a actividade do CEE Combina Social 16.07.2026

A xerente do centro especial de emprego Combina Social, Raquel Alvite, explica para o programa Un Café con Eva de Radio Voz que tipo de servizos auxiliares prestan para toda Galicia e que perfís de persoas traballadoras ten.

A Xanela explica en Radio Voz a Carreira-andaina solidaria 16.07.2026

María Sanmiguel Pena, educadora social da asociación A Xanela, explica para o programa Un Café con Eva de Radio Voz, o desenvolvemento da Carreira Andaina Solidaria de As Pontes Contigo. Ata o 10 de xullo estivo aberto o prazo de inscrición para todas as persoas interesadas, sen límite de idade e adaptada a calquera persoa que quixera participar nos percorrido de 5,4 km para adultos e sobre un qui...

I Congreso de Atención Temperá de Poio en Radio Voz 18.06.2026

A directora do servizo de atención temperá de Poio, Sonia Limes, explica para o programa de Eva Millán sobre como están sendo os preparativos do primeiro congreso de Atención Temperá que se celebrará o sábado, 20 de xuño, de 10.00 a 14.00 horas, no Pazo de Besada de Poio. Co título “Medrando en familia, como apoiar o desenvolvemento infantil”, a xornada estará dirixida principalmente ás familias,...

Víctor Silva fala para Radio Voz Lugo 17.06.2026

O secretario de COGAMI, Víctor Silva, explica para Radio Voz Lugo as inquedanzas trasladadas dentro do movemento asociativo durante a Asemblea Xeral sobre os retrasos que se acumulan nos Equipos de Valoración e Orientación da Discapacidade (EVO). Ata tres anos no de Pontevedra.

Un Café con Eva: Alcer Lugo fala da Carreira Solidaria realizada na cidade 11.06.2026

Mª Jesús Díaz Freijo, membro da xunta directiva de Alcer Lugo, explica para o programa Un Café con Eva de Radio Voz o desenvolvemento da carreira organizada pola entidade, que cada ano aumenta a participación. A finalidade desta actividade é a de concienciar na doazón de órganos. Se ben os resultados das persoas que se fan doantes son boas en España e Galicia, aínda existen moitas negativas.

Cadena SER entrevista ao Presidente de Alcer Coruña 08.06.2026

“Imos ser francos, ti levarías morto moitos anos de non ser por un doante”. “Pois si, efectivamente, na década dos 90 fun transplantado”, así inicia a entrevista que SER Coruña lle fixo ao presidente de Alcer, Rafael Rodríguez polo Día do Doante de Órganos. Rafael trasladou a importancia que ten para a xente que espera un órgano contar coa xenerosidade das persoas que se fan doantes, porque salvan...

Un Café con Eva fala da patoiloxía do linfedema 04.06.2026

O programa de Radio Voz entrevista á traballadora social da asociación AGL, María Araújo, para falar sobre o lipedema, enfermidade que carece de recoñecemento polo sistema sanitario, co que as mulleres que a teñen están dobremente estigmatizadas.

Un Café con Eva fala coa directora de ACADAR 28.05.2026

O programa de Eva Millán de Radio Voz entrevista a Cristina Sangil, coordinadora técnica da Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia, para afondar no labor que desenvolve esta entidade a favor dos dereitos e do empoderamento das mulleres e nenas con discapacidade. Con ámbito de actuación en toda Galicia, dende ACADAR destacan o seu traballo no rural, onde moitas mulleres carecen de recu...

Falamos da falta de vivenda adaptada para RNE 21.05.2026

A educadora social do centro de COGAMI en Medelo, Anais Cornado, explica para RNE a dificultade que están a ter para atopar pola zona da comarca do Deza unha vivenda accesible para poder poñer a andar o programa ConVive Rural.

Un Café con Eva entrevista a María Aneiros 21.05.2026

O programa de Radio Voz que dirixe Eva Millán, entrevista á directora do centro de atención diúrna de COGAMI en Ferrol para explicar o seu funcionamento: dende o perfil das persoas que acoden ata o centro ata todos os servizos que se prestan a favor da mellora da autonomía persoal.

A dificultade de atopar vivenda accesible no rural 15.05.2026

COGAMI ten previsto poñer en marcha o programa ConVive Rural, unha iniciativa centrada na promoción da autonomía persoal, para a que precisa atopar unha vivenda accesible en réxime de alugueiro. Co inicio da busca xorden tamén as primeiras dificultades para localizar un inmoble que cumpra as condicións necesarias, tal e como explica Iván García, director do centro de atención diúrna de COGAMI en M...

Un Café con Eva: falamos da importancia de marcar a X Solidaria 07.05.2026

No programa de Radio Voz que presenta Eva Millán, a coordinadora da área de Proxectos de COGAMI, Catuxa Pereira, fala sobre a importancia que ten para as entidades que forman parte do Terceiro Sector que as persoas contribuíntes marquen o recadro 106 da X Solidaria.

Un Café con Eva: falamos da nova residencia de ADISBISMUR 30.04.2026

O programa de Radio Voz entrevista á Fina Lestón da entidade ADISBISMUR tras ser presentadas as obras da nova residencia de Outes para persoas con discapacidade que contará con 24 prazas e prevese abrir para o ano que vén.

Un Café con Eva: falan de hemofilia co gallo do Día Mundial 27.04.2026

Co gallo do Día Mundial da Hemofilia, o programa de Eva Millan de Radio Voz entrevista a Laura Quintas. membro da xunta directiva de AGADHEMO. A entidade pon o foco nesta enfermidade minoritaria pero que é coñecida, co fin de visibilizar ás 500 persoas que en Galicia conviven con esta patoloxía.

Un Café con Eva: Chus Bello fala das xornadas realizadas coa Fundación MaríaJosé Jove 16.04.2026

“Aprendendo a incluír: da educación ao emprego, construíndo oportunidades reais” é o nome das IV Xornadas desenvolvida pola Fundación María José Jove e COGAMI para dar conta da problemática que existe a día de hoxe no emprego das persoas con discapacidade. Chus Bello explica para Un Café con Eva as xornadas desenvolvidas que contaron coa participación de testemuños en primeira persoa que compartir...

Un Café con Eva entrevista a Acem Santiago 13.04.2026

O programa de radio Voz, Un café con Eva, entrevista a Marcos Moure, director da entidade Acem Santiago, beneficiaria dos fondos recadados nas xornadas solidarias Cociñando Galicia que orfganizan os cociñeiros con estrelas Michelin en Galicia durante varias datas.

Radio Voz entrevista á xerente de Coregal 26.03.2026

A xerente de Coregal, Beatriz González, explica no programa Ecovozsogama (Radio Voz) as orixes deste centro especial de emprego de iniciativa social, que naceu en 1994 a partir dun curso de reciclaxe financiado pola Unión Europea e que hoxe mantén vivo o seu compromiso coa xestión sostible dos residuos e a inclusión laboral.

Un Café con Eva: a coordinadora de Alcer Ourense explica o incremento de persoas socias 26.03.2026

A Asociación de Loita contra as Enfermidades do Ril (Alcer Ourense), cunha traxectoria de 44 anos, acada por primeira vez nun só ano 40 novas incorporacións de persoas asociadas, un dato que sorprendeu á propia entidade. Escoitamos a Carmen Dorado quen nos explica este aumento de persoas asociadas á entidade.

Ascultă podcastul Podcast COGAMI în Replaio

Radio și podcasturi într-o singură aplicație - gratuit și fără înregistrare. Instaleaz-o azi și nu rata lansarea

Descarcă din Google Play

Replaio nu este editorul podcasturilor; numele emisiunilor, coperțile și materialul audio aparțin autorilor lor și sunt distribuite prin fluxuri RSS publice