COGAMI
Podcast COGAMI
Información social para o colectivo das persoas con discapacidade
Vizitează neapărat site-ul podcastului și susține-i creatorul: www.ivoox.com
Unde asculți?
Podcasturi în aplicație Replaio Radio În curândPodcasturile ajung în curând în aplicație. Instaleaz-o acum și fii primul care descoperă o abordare complet nouă a podcasturilor
Episoade
Un Café con Eva: falamos do programa AUTONOMÍA PLUS 26.03.2026 13:21
Ángela explica para o programa de Radio Voz en que consiste o programa AUTONOMÍA Plus: un servizo integral que impulsa a vida independente das persoas con discapacidade É un recurso transdisciplinar que apoia ás persoas con discapacidade na consecución dos seus proxectos de vida na comunidade. Desenvolvese en Santiago, nas instalacións do CEGADI, e atende a perfís que van desde nenas e nenos que p...
Un Café con Eva: falamos da situación da vivenda 26.03.2026 15:15
A crise da vivenda converteuse nunha das principais alarmas sociais do momento. A escaseza de inmobles dispoñibles, os prezos desorbitados do alugueiro e as vendas inasumibles para moitas familias están a dificultar a emancipación, especialmente entre a mocidade que desexa iniciar un proxecto de vida propio. Para as persoas con mobilidade reducida teñen engadido a falta de vivenda accesible. O coo...
Falamos para a Radio Galega das demandas que chegaron a COGAMI nun ano 26.02.2026 8:44
Juani Tubío, coordinadora do Servizo de Promoción da Autonomía Persoal de COGAMI, explica en A Crónica Informativos da Radio Galega as principais temáticas das máis de 3.000 demandas recibidas pola entidade ao longo do último ano. A consulta máis recorrente estivo relacionada co certificado de discapacidade, a raíz do cambio de baremo. Esta modificación está a impactar especialmente nas persoas co...
A asociación Ámbar fala en Radio Voz das novas vivendas inclusivas 25.02.2026 12:51
A presidenta da asociación Ámbar, Milagros Rey, presentou no programa Un Café con Eva un novo recurso orientado a reforzar a autonomía das persoas con discapacidade. O Concello de Boiro cedeulle á entidade as antigas vivendas de mestres que permanecían en desuso para convertérense nun fogar que permitirá ás persoas con discapacidade desenvolver o seu propio proxecto de vida con maior independencia...
Un café con Eva: falamos dos proxectos que desenvolvemos en COGAMI 24.02.2026 14:16
A coordinadora da área de Proxectos, Catuxa Pereira, explica para Radio Voz que COGAMI impulsa cada ano máis de 90 proxectos grazas á captación de financiamento público e europeo, tras presentar unha media de máis de 150 solicitudes anuais a distintos organismos. Estas iniciativas benefician a máis de 15.000 persoas en Galicia en ámbitos como o emprego, a formación, a accesibilidade, a promoción d...
Un Café con Eva: Juani Tubío fala das 3.200 demandas chegadas a COGAMI 23.02.2026 10:46
O programa de Radio Voz, Un Café con Eva, entrevista a Juani Tubío, coordinadora da área de Promoción da Autonomía Persoal de COGAMI, para falar das máis de 3.200 demandas tramitadas en 2025. Trátase dun servizo presente en toda Galicia, transversal e considerado a porta de entrada de COGAMI, que permite canalizar as solicitudes a través das diferentes estruturas da entidade para ofrecer respostas...
Laureano Caamaño fala da falta de relevo nas directivas das entidades 20.02.2026 12:06
O coordinador da área de FMA (Fortalecemento do Movemento Asociativo de COGAMI), Laureano Caamaño, explica para o programa Un Café con Eva de Radio Voz o problema de falta de relevo que están a ter as entidades sociais. Cada vez as directivas están máis envellecidas e a xente nova é reacia a implicarse.
Falamos do programa Máis Emprego en Radio Voz Ferrol 16.02.2026 10:28
Falamos do programa Máis Emprego, unha iniciativa de inserción sociolaboral impulsada por COGAMI, nos micrófonos de Radio Voz en Ferrol. A técnica de emprego, Beatriz Gallego, e a coordinadora de COGAMI en Ferrol, María Aneiros, debullaron como se está a desenvolver este programa, que xa leva dous anos de traxectoria na comarca, ofrecendo itinerarios personalizados de orientación, formación e acom...
Radio Voz entrevista á traballadora social da entidade AGL 11.03.2024 9:52
O programa Un café con Eva de Radio Voz entrevista a María Araújo polo Día Mundial do Linfedema e tamén para coñecer os actos programados para este vinte aniversario que cumpre a entidade.
Falamos do Programa Integrado de Emprego de Galicia en Cope Ferrol 28.02.2024 9:00
A técnica de inserción laboral da área de Emprego de COGAMI en Ferrol, Laura Carbajal, explica para a cadea Cope en que consiste o Plan Integral de Emprego.
Falamos de accesibilidade en Radio Voz 13.09.2023 11:15
O presidente de COGAMI, Anxo Queiruga, fala de accesibilidade universal no programa Un café con Eva de Radio Voz.
Falamos do proxecto Gavea en Radio Voz 11.09.2023 9:25
O programa Un café con Eva entrevista á técnica da área de Lecer de COGAMI para que explique en que consiste o programa Galicia Vela Adaptada, no que este ano 75 persoas poderán navegar pola ría de Camariñas.
Falamos de accesibilidade en Radio Galega 11.09.2023 18:53
O presidente de COGAMI, Anxo Queiruga, fala no programa Convivir da Radio Galega sobre a accesibilidade universal e, aproveitando que iniciou o programa Gavea (Galicia Vela Adaptada) fala do veleiro Laion e como se reconverteu nun navío inclusivo.
Falamos da navegación a vela no Laion en radio Nordés 11.09.2023 1:38
A técnica a área de Lecer de COGAMI, Isabel González, explica para radio Nordés en que consiste o programa Gavea que pon en marcha COGAMI durante o mes de decembro e no que participarán 75 persoas de diferentes centros e entidades membro.
Falamos da atención á muller na Cope 01.09.2023 13:30
Cope Ribadeo entrevista á coordinadora da área de Promoción da Autonomía Persoal de COGAMI, Juani Tubío, para falar do programa de atención á muller e doutros programas dirixidos ás persoas con discapacidade da Mariña.
Falamos da traxectoria de COGAMI en RNE 28.08.2023 15:17
O presidente de COGAMI, Anxo Queiruga, fai un repaso da evolución da discapacidade no paso do tempo, falando de dereitos, vivencias e servizos para a mellora da calidade de vida do colectivo.
Falamos de atención temperá na Radio Galega 08.08.2023 7:25
O programa da Tarde da Radio Galega entrevista a Álvaro García para falar do servizo de atención temperá que desenvolve COGAMI e tamén da campaña lanzada este ano para visibilizar a discapacidade.
Radio Galega entrevista á responsable da área de Lecer de COGAMI 18.07.2023 10:23
O programa da Radio Galega A Tarde de Verán entrevista a Isabel González, da área de Lecer, para falar sobre as barreiras que existen para practicar actividades deportivas e de lecer.
Visibilizamos as barreiras que atopamos no lecer en Radio Voz 18.07.2023 10:59
Isabel González, da área de Lecer de COGAMI, explica no programa Un Café con Eva de Radio Voz, as problemáticas que atopan as persoas con discapacidade cando queren participar en actividades de lecer e deportivas.
Falamos de emprego en Cope Ferrol 15.06.2023 8:48
A coordinadora de COGAMI en Ferrol explica na cadea Cope Ferrol como se desenvolveron as insercións laborais durante este primeiro semestre do ano en COGAMI.
Falamos de formación na Radio Galega 19.05.2023 7:14
O programa Convivir da Radio Galega entrevista ao coordinador de Formación de COGAMI, Paco Abuín, para falar sobre formación.
Falamos de formación en Radio Voz 15.05.2023 5:22
O programa Un café con Eva entrevista ao coordinador de Formación, Paco Abuín, para falar da campaña Somos COGAMI que este mes dedica a visibilizar a formación e a necesidade de que as persoas con discapacidade se especialicen e se formen para lograr a inserción laboral.
Falamos de hemofilia en Radio Voz 18.04.2023 10:02
O programa Un Café con Eva de Radio Voz entrevista á presidenta de Agadhemo, Laura Quintas, para falar sobre a hemofilia polo seu Día Mundial, unha enfermidade que afecta a máis de 500 persoas en Galicia.
Entrevista na SER para falar da Lei de Familia e discapacidade 03.04.2023 7:10
A coordindadora da área Xurídica de COGAMI, Susi Pérez, fala para o programa A Vivir Galicia da SER sobre a Lei de Familia e discapacidade e o seu tratamento.
Susi, secretaria da asociación Amico, fala do Programa de rehabilitación 14.07.2022 8:23
A secretaria de Amico, Susi Pérez, fala dos servizos que inclúe o Programa: fisioterapia, terapia ocupacional, logopedia, pilates...
Podcasturi asemănătoare
Replaio nu este editorul podcasturilor; numele emisiunilor, coperțile și materialul audio aparțin autorilor lor și sunt distribuite prin fluxuri RSS publice