cnegranostromo
A Caixa Negra Da Nostromo
Un podcast de cine realizado por 3 doutores en ciencias fílmicas pola universidade do Emule.
Vizitează neapărat site-ul podcastului și susține-i creatorul: www.ivoox.com
Autor
cnegranostromo
Categorie
Site-ul podcastului
Cel mai nou episod
14 sept. 2026
Unde asculți?
Podcasturi în aplicație Replaio Radio În curândPodcasturile ajung în curând în aplicație. Instaleaz-o acum și fii primul care descoperă o abordare complet nouă a podcasturilor
Episoade
ACNDN 37 - Concursos no cine 14.09.2026 1:48:45
Hoxe toca falar de Concursos! De todo tipo e forma sempre e cando aparezan en películas, claro. Desde concursos musicais coma os de "Canta" ou "Baila Comigo" (Sí, a peli de Chayanne) até concursos post apocalípticos onde o premio é non morrer, coma en Perseguido ou A Longa Marcha. 0:00:00 - Intro 0:12:32 - Slumdog Millionaire 0:20:44 - O Concursante 0:27:58 - Rondallas 0:35:42 - Canta 0:46:52 - As...
ACNDN 36 - Como se traducen as pelis? (con Josinho Rodríguez, tradutor audiovisual) 29.07.2026 2:12:13
Neste episodio, a nave Nostromo ten un novo tripulante: José Rodríguez, profesional da tradución audiovisual ao galego que ven esmigallar os segredos da profesión. Ademáis, facemos un repaso de contido novo dispoñible en galego e máis das MÍTICAS dobraxes históricas da TVG. *Ligazóns mencionadas no vídeo:* Pipocas: https://pipocas.amesa.gal Web A Dobraxe: https://adobraxe.com Curta de "O Refuxio":...
ACNDN 35 - Caciques no cine 09.05.2026 1:23:00
"Celebramos" a obtención da Alcaldía de Lugo por Elena Candia a través dun movemento "transfuguista" con este episodio sobre caciques no cine. Falaremos de películas coma Yojimbo, La escopeta nacional e ese gran mito de este podcast que é "Prisoners of the Ghostland". Tamén falaramos da serie de "El Pionero" Porque non se pode sacar este tema e non mencionar a THE GOAT Jesús Gil. *As nosas redes:*...
ACNDN 34 - A Radio no cine (Con Dani Maverick) 08.04.2026 2:34:29
Neste episodio homenaxeamos ao medio que podemos considerar pai do podcast: A Radio. Para iso convidamos a Dani Maverick, ex locutor de Cuac FM, a radio comunitaria da Coruña, e podcaster en diversos proxectos coma os que vos deixamos aquí: En Clave de Soundtrack: https://www.ivoox.com/podcast-en-clave-soundtrack_sq_f1641084_1.html Podcaster al desnudo: https://open.spotify.com/show/1PvG3XWYtzTReC...
ACNDN 33 - A maxia no cine (Desde o Museo da Maxia de Galicia) 12.03.2026 1:58:39
Neste episodio desprazámonos ao Museo da Maxia de Galicia, en Santiago de Compostela (https://museodamaxia.gal) onde Eloy Fernández nos da unha auténtica clase maxistral sobre a maxia escénica. Non esperedes que falemos aquí de Merlín, Gandalf ou Harry Potter, senón Houdini, David Copperfield ou o Mago Antón. Falaremos da Triloxía de "Ahora me ves", de "El Truco Final" de Christopher Nolan, das in...
ACNDN 32 - Sirāt e outras Road Movies 03.02.2026 2:06:17
Volve A Caixa Negra en 2026 falando de Road Movies. E isto que é? Ben, pois esas películas nas que os protagonistas fan unha viaxe por terra na que historia se atopa no camiño e nos lugares polos que paran. Películas de viaxes en coche pola autoestrada, a pé en peregrinación, collendo diversos medios de transporte... Isto débese ao multiple nomeamento de Sirāt aos Oscars, que consideramos que pert...
ACNDN 31 - O Fin de Ano no cine (Feliz 2026!) 31.12.2025 2:15:06
Remata un novo ano na travesía da nosa nave Nostromo e celebrámolo ao grande, vestíndonos como idiotas e bebendo Champín. E xa que estamos, pois falamos de películas nas que o cambio de ano é relevante como por exemplo Mi gran noche, Cuando Harry encontró a Sally ou El Apartamento. E ademáis diso, pois botamos unha necroporra. Animádevos a "xogar" a ver se algún acerta. Feliz 2026 a todos! *As nos...
ACNDN 30 - Cine sobre o descubrimento de América 13.12.2025 3:02:36
Hoxe contamos coa axuda de Adrancinho, o noso historiador de cabeceira, para falarmos de cine sobre o descubrimento de América, sobre os pobos precolombinos e, finalmente, do imperio español en xeral. Que non é que haxa tanto, pero si hai pelis interesantes, algunhas para ben coma "Batman Azteca", "Apocalypto" ou "1942, la conquista do paraíso" e outras non tan para ben, coma "La Araucana, "Cristó...
ACNDN EXTRA - ESPECIAL CINEUROPA 2025 + FESTIVAL DO PODCAST 02.12.2025 22:55
Este ano a nosa edición do maratón de Cineeuropa viuse interrumpida por acudirmos ao Primeiro festival de Podcast que se realizou en Neda da man de EMUGA (Asociación de Emisoras Municipais Galegas). Así que aqui vos queda un especial con mistura de guión ao máis estilo Nolan. #emuga #podcast #galiza #cineeuropa #santiago #neda *As nosas redes:* Youtube: https://www.youtube.com/@cnegranostromo Ivoo...
ACNDN EXTRA - Vampiros 24.11.2025 44:04
Por mor da estrea de "Drácula", de Luc Besson, decidimos facer un pequeno extra sobre pelis de Vampiros. Que vale, que o mellor era ter visto a peli e falarmos dela, pero non fixemos os deberes. Que se lle vai facer? Falamos dos vampiros máis clásicos coma "Nosferatu" ou "El Vampiro", de cazadores de Vampiros coma "Vampiros de John Carpenter", "Blade" ou "Xesucristo cazador de Vampiros" e ata de V...
ACNDN 29 - Casas ruinosas 04.11.2025 1:58:06
Anda a cousa fodid... eh... fastidiada para isto da vivenda. Como "mal de moitos, consolo de parvos" e nos formamos parte deste colectivo, traemos unha escolma de películas nas que podemos ver xente que vive en condicións ainda peores cas nosas. Así, neste episodio atoparedes referencias a "Esta casa es una ruina", "El cuchitril de Joe", "Asedio" ou "Parásitos" entre outras moitas. En xeral, pelis...
ACNDN 3x11 - Películas sobre as vacacións 13.08.2025 1:44:28
Pois xa está ben entrado o verán, pero nunca é tarde para celebrar o período vacacional. Pero ollo, que as vacacións ao final non deixa de ser sair da zona de confort (digo eu, ho) e poden pasar moitos accidentes e aventuras. E asi nolo di o cine. Vacación terroríficas coma as de Tiburón ou Us, accidentadas coma as de Somos Los Miller ou torridas coma as de Habitación en Roma. E tamén falamos de P...
ACNDN 3x10 - Sagas que foron a pique 13.07.2025 2:40:32
Hai pelis que parecía que prometían unha saga... e ao final deixaron as cousas inacabadas. Ou mal acabadas, como mínimo. Ou o que sexa que fixeron en Alatriste, que mimadriña. Hoxe falaremos delas, sagas mal, cousas coma "Las Crónicas de Narnia", "El corredor del Laberinto" ou "Eragón". Poucas cousas hai mellores que ver como lle vai mal aos demais, non vos facer os santiños. *As nosas redes:* You...
ACNDN 3x09 - A comida e o corpo no cine (coa Dietista Realista) 05.06.2025 3:18:55
Gustanos o que ven ser a papatoria. Como non nos saquen o prato de diante danos a noite. Por iso hoxe contamos coa axuda de Sandra (@dietistarealist ) , a nosa dietista de cabeceira. Con ela falaremos de películas onde a comida teña un papel destacado, que son varias: Como el Agua Para Chocolate, El Chef, Ratatouille... e incluso algunhas nas que a comida son os propios personaxes, coma La fiest...
ACNDN 3x08 - ESPECIAL O Papa no cine (E outras pelis de cregos e monxas) 21.04.2025 1:27:43
Con motivo do recente pasamento do Papa Francisco I, decidimos darlle un repaso aos exemplos nos que esta figura apareceu no cine: Las Sandalias del Pescador, 2 Papas, Amén... e tamén Euro Trip ou Sister Act (Una monja de cuidado) que a súa santidade da para comedias. Amén diso (haha) tamén falamos doutras películas de cregos, coma Silencio, O exorcista ou Ángeles e demonios. Non queda claro se es...
ACNDN 3X07 - Cinema de Arte e Ensaio 01.04.2025 1:46:10
Hoxe na Caixa Negra da Nostromo toca pórse intelectual. Limpamos as nosas gafas de pasta e quitámoslle o po ás nosas vellas revistas físicas de cine. Consultamos a escrita correcta dos nomes dos directores franceses e finximos que temos abono en Cineuropa. As nosas redes: Youtube: https://www.youtube.com/channel/UCB3fnHJHVzf6PLMAn2a_C9w Ivoox: https://www.ivoox.com/podcast-a-caixa-negra-da-nostrom...
ACNDN 3x06 - A Mafia no cine (Con KinocubeCinema) 13.03.2025 2:52:50
Hoxe na Caixa Negra da Nostromo tocan sombreiros, traxes de raia diplomática, ametralladoras Thomson e negocios moi turbios. Falamos de cine sobre a Mafia. Por suposto, falamos dos dramas criminais clásicos coma "El Padrino" ou "Uno de los Nuestros" pero tamén de películas máis de acción coma "Los intocables de Eliott Ness" sen esquecernos das comedias coma "Falsas apariencias" ou a sempre inclasi...
ACNDN 3x05 - Bandas Sonoras (Con Belénfagot) 13.02.2025 2:40:42
As bandas sonoras son unha parte tan intrínseca das películas coma a fotografía ou as interpretacións. Hoxe na Caixa Negra sa Nostromo, rendimos homenaxe aos compositores da música que acompañou ás nosas obras favoritas. Desde os clásicos coma John Williams (Indiana Jones, Star Wars...) ou Ennio Morricone (O bo, o feo e o malo, A Misión...) ata os máis modernos coma Hans Zimmer (Interstellar) ou A...
ACNDN EXTRA - Maratón Cineuropa 2024 29.01.2025 14:36
Non, o ano non está mal. Este video teria que ter saido en novembro do ano pasado, que foi cando se celebrou a Maratón de cine fantástico e de terror de Cineuropa, o festival de cine de Santiago de Compostela. O problema foi tratar de recuperar o audio dalguns dos vídeos que gravamos, e sinceiramente, pensamos que non quedou tan mal. Un ano máis alo fomos papar trangallada de 22:00 a 10:00 do dia...
ACNDN 3x04 - ESPECIAL NADAL: Xoguetes no cine 23.12.2024 1:57:51
Chega o Nadal e con él chegan os 3 Reis Magos da Nostromo, cargadiños de xoguetes e de cine. Neste especial falaremos de películas nas que os xoguetes son os protagonistas: Pequeños Guerreros, Toy Story, Childs play... e tamén de películas que se fixeron a partir de franquías xogueteiras, coma La Lego Película, GI-Joe ou Angels of Blood. Ademáis diso, tamén botamos un ratiño sumerxidos na nostalxi...
ACNDN 3x03 - Cine carcelario: Directo desde O Vello Cárcere de Lugo 24.11.2024 1:10:46
Era cuestión de tempo que acabásemos na cadea. Este especial desde O Vello Cárcere de Lugo trata dese mesmo tema: Películas que transcorren na prisión. As veces de xeito dramático coma La Milla Verde ou O Lapis do Carpinteiro, outras máis lixeiro como "El clan de los Rompehuesos" ou "La Roca" e noutras incluso en cárceres fantásticas coma "1997 Rescate en Nueva York" ou "Las crónicas de Riddick"....
ACNDN 3x02 - Películas sobre a morte (Con Luz de Tea ) 13.11.2024 3:15:19
Morrer évos o máis democrático e igualitario que hai, sacando honrosos casos coma o da neveira de Walt Disney. Hoxe tiramos da nosa tanatopractora de confianza @LuzdeTea (Non é carallada, é tanatopractora en serio) para que nos ilustre un pouco sobre o tema. Películas onde a morte é un personaxe coma "¿Conoces a Joe Black?" ou "El alucinante viaje de Bill y Ted", películas que tratan das ánimas e...
ACNDN 3x01 - Películas que lle gustarían a Íñigo Errejón 03.11.2024 1:05:29
Este ano a actualidade deunos o pulo final para iniciar tempada. Falando entre nós a cerca das infames novas sobor de Iñigo Errejón, comezamos a referenciar pelis nas que toca o tema dos abusos sexuais e decidimos transformar a conversa no primeiro episodio do podcast. Películas onde o tema se toca de xeito explícito e de xeito crú coma "Lila Dice", outras na que o abuso está tras a cámara, coma "...
ACNDN 2x11 - ESPECIAL OLIMPIADAS: Cine deportivo 26.07.2024 3:04:45
Antes de escoitar este podcast seria boa cousa que quentásedes e estirásedes, porque os Xogos Olímpicos París 2024 empezan e chegan tamén á nave Nostromo. Falaremos de cine sobre as olimpiadas, con películas coma Carros de Fuego ou a tan clásica coma polémica Olympia. E tamén de cine deportivo en xeral: O fútbol de "El peor equipo del mundo (Next goal wins)", o baloncesto de "Los blancos no la sab...
ACNDN 2x10 - Botamos un Trivial de terror 13.07.2024 1:15:16
O Paco mercou un Trivial de cine e series de terror e non parou ata que o estreamos. Neste episodio botamos unha partidiña e aproveitamos as preguntas para facer o noso: Falar de películas. Neste caso, pois da temática: Saw, Train to Busan, La Cosa. Pero tamén cousas máis caralleiras coma Gremlins ou Lo que hacemos en las sombras. Descubrimos unha manchea de pelis es series novas que nos dan para...
Podcasturi asemănătoare
Replaio nu este editorul podcasturilor; numele emisiunilor, coperțile și materialul audio aparțin autorilor lor și sunt distribuite prin fluxuri RSS publice