Efervesciencia
Versión estendida
Não deixe de visitar o site do podcast e apoiar quem o produz: efervesciencia.org
Autor
Efervesciencia
Categoria
Site do podcast
Último episódio
22 de set de 2026
Onde ouvir?
Podcasts no app Replaio Radio Em breveOs podcasts estão chegando ao app. Instale agora e seja o primeiro a descobrir um jeito totalmente novo de curtir podcasts
Episódios
Efer 757 (6-9-26): Estatística para navegar a incerteza 22.09.2026 1:21:31
Versión estendida. Asistimos ao 42 Congreso da SEIO (Sociedade de Estatística, Investigación de Operacións e Ciencia de Datos) celebrado en Santiago. (3:13) Lola Martínez Miranda, presidenta da SEIO e catedrática da Universidade de Granada, e Mercedes Conde, investigadora do CITMAga e coordinadora do Grupo de Bioestatística e Ciencia de Datos Biomédicos da USC, explican como...
Efer 753 (25-6-26): Medea no observatorio de Cotobade 10.08.2026 1:01:01
Cos amigos de AMIPA e a asociación Sirio celebramos a XII Noite Efervescente. E deste xeito, no observatorio astronómico de Cotobade atrevémonos representar Medea de Séneca, nunha adaptación de radioteatro a partir da recente tradución ao galego de Fernando Domènech editada por Rinoceronte. Medea está chea de referencias astronómicas que nos contextualizan o propio Domènech...
Efer 749 (11-6-26): As tecnoloxías profundas en Galicia 22.07.2026 1:07:26
A segunda revolución cuántica xa está aquí e Galicia quere ser protagonista. Neste especial de Efervesciencia trasladámonos á Axencia Galega de Innovación (GAIN) para descubrir como se está a tecer o ecosistema galego das tecnoloxías profundas: comunicacións e computación cuántica, intelixencia artificial e sensado avanzado. Conversamos con Carmen Cotelo (GAIN), que debulla os avances do...
Efer 743 (30-4-26): Ciencia na Aldea: Polinizadores, gandeiría extensiva e o valor dos ecositemas 13.07.2026 1:29:13
[Versión estendida] Programa monográfico dedicado á 5ª edición de “Ciencia na Aldea” que organiza a asociación Corripa. Este ano estas xornadas están dedicadas á transhumancia. Levámosvos a Pena da Nogueira, no concello máis pequeno de Galicia, Negueira de Muñiz para coñecer toda a biodiversidade de científicos, divulgadores, educadores ambientais, gandeiros e público afeccionado á nat...
Efer 742 (23-4-26): Minions, meigas e Hamlet: Cando os xenes saltaricos escangallan os cromosomas 10.07.2026 1:01:21
(2:56) A nosa sexóloga Laura Veiga preséntanos o seu libro “O mapa da túa sexualidade” para crianzas de 10 a 12 anos. O seu enfoque na diversidade e o autocoñecemento pode mesmo interesar a un público máis amplo. (14:52) Visitamos o grupo de Xenomas Móbiles no CIMUS, dirixido por José Tubío. Veñen de publicar en...
Efer 740 (1-4-26): Nova hipótese sobre a epidemia da miopía: non son as pantallas 04.07.2026 1:00:39
(2:21) Unha exposición na Biblioteca Pública de Nova Iorq deu lugar a que Peter Kuper elaborase a fascinante banda deseñada “Insectópolis”. Ideal para os amadores dos insectos e tamén para os que renegan destes bichos. O noso experto en banda deseñada é Daniel Pizarro. (15:07) Segunda parte da nosa adaptación da obra de “divulficción científica”...
“As arquitectas da vida” con Alfonso Martínez Arias [Versión estendida] 22.03.2026 27:05
[Versión estendida] Conversamos con Alfonso Martínez Arias (Universitat Pompeu Fabra), quen nos propón mirar máis alá dos xenes para entender como as células organizan o desenvolvemento dos organismos. Este é argumento principal do seu libro “As arquitectas da vida”. Descubrimos con el por que a gastrulación é o momento máis importante da nosa existencia biolóxica.
Efer 725 (20-11-25): Prismas comprometidos por un mundo mellor 24.01.2026 1:02:26
(2:20) A psiquiatra Iria Veiga, tamén coñecida como Raíña Vermella nas redes, debulla un novo mito en saúde mental: o suicidio. (11:58) Co director dos Museos Científicos Coruñeses, Marcos Pérez Maldonado, coñecemos os gañadores dos premios Prismas Casa das Ciencias á Divulgación Científica. Falamos con Luis Alcalá, presidente do xurado; con Daniel Amatller, impulsor de...
Mates e malabares con Pablo Reboleiro e Elena Vázquez [Versión estendida] 10.01.2026 40:13
[Versión estendida] Pablo Reboleiro é licenciado en matemáticas e en artes circenses. Vén de recibir o premio nacional de Circo con Pista 4. E tamén de estrear a produción do Centro Dramático Galego “A serie Clopen”. Desde a facultade de matemáticas da USC falamos de malabares, matemáticas e fascismo xunto coa profesora de topoloxía Elena...
Efer 715 (12-6-25): Aeroxeles 11.08.2025 1:01:26
Monográfico dedicado aos Premios á Transferencia 2025 da Real Academia Galega de Ciencias. (3:30) Efeméride do 12 de xuño do Calendario da Historia da Ciencia de Moncho Núñez. (4:28) Carlos García é investigador do grupo I+D Pharma onde dirixe o “Aerogels Lab” e vén de gañar o premio “Francisco Guitián Ojea” por desenvolver aeroxeles estériles...
Efer 714 (5-6-25): Noite Efervescente en Ponteceso 09.08.2025 1:11:24
[Versión estendida] Noite Efervescente desde a Casa dos Veciños da Aldea do Couto en Ponteceso. Estiveron connosco o alumnado das Aulas Científicas Eduardo Pondal e os amigos da Asociación AMIPA. Tamén contamos con Esther Suárez, Isabel Segura, Borja Tosar, Xabier Pérez Couto e Estíbaliz Espinosa.
Efer 713 (29-5-25): Ignicia 08.08.2025 1:05:47
Monográfico dedicado ao programa Ignicia da GAIN para transferir o coñecemento dos centros de investigación galegos ao mercado. (2:09) Carmen Cotelo é a directora da Axencia Galega de Innovación. (10:19) Eferméride do 29 de maio do Calendario da Historia da Ciencia de Moncho Núñez. (11:38) María de la Fuente lidera a unidade de nanooncoloxía e...
Efer 710 (1-5-25): Ciencia na Aldea, onde o mundo se chama Pena da Nogueira 02.08.2025 1:32:29
[Versión estendida] Asistimos á edición de 2025 de Ciencia na Aldea que se desenvolveu en Pena da Nogueira no Concello de Negueira de Muñiz organizada pola Asociación Corripa. Un encontro único entre o mundo da ciencia, do medio ambiente e a xente do agro. Conversamos co biólogo Javier Castroviejo (2:40), co botánico Bernabé Moya e...
Luis Liz Marzán, a revoución dos nanoparafusos [Versión estendida] 29.07.2025 52:26
[Versión estendida] Desde o CINBIO conversamos con Luis Liz Marzán, o español máis citado en ciencia de materiais. Marzán, que tamén traballa no CIC BioMagune en San Sebastián, leva máis de dúas décadas desenvolvendo investigacións de vangarda co financiamento do ERC, o Consello Europeo de Investigación. Actualmente traballa na síntese de nanoparafusos que presentan propiedades...
Postcrecemento e innovación con Mario Pansera [Versión estendida] 25.07.2025 48:57
[Versión estendida] Mario Pansera é investigador Oportunius da Xunta de Galicia e dirixe en Pontevedra o laboratorio Innovación e Postcrecemento da Universidade de Vigo, así como o proxecto PROSPRERA, financiado cunha Starting Grant do Consello Europeo de Investigación (ERC). A súa investigación céntrase en como promover a innovación nun contexto de postcrecemento, o movemento R2R...
Podcasts parecidos
O Replaio não é o publicador dos podcasts; os nomes dos programas, as capas e o áudio pertencem aos seus autores e são distribuídos por feeds RSS públicos