AGalegaAudio

Todos os podcast | Galicia en goles

Sports GL ↓ 589 episódios

As retransmisións dos partidos do Celta, do Deportivo e do Racing de Ferrol nas competicións da LFP, Lugo, Celta Fortuna, Ourense CF e Arenteiro na Primeira Federación son a base do programa, xunto ao seguimento aos cinco equipos galegos da Segunda Federación: Pontevedra, Compostela, Coruxo, Fabril Deportivo e Bergantiños. Ademais está presente en todos os campos da Terceira e da cobertura ao Deportivo, na competición da Primeira feminina. O Galicia en Goles tamén segue con atención aos outros representantes que participan nas categorías elite do deporte español: Breogán e Básquet Coruña na AC...

Não deixe de visitar o site do podcast e apoiar quem o produz: agalegaaudio.gal

Autor

AGalegaAudio

Categoria

Sports

Site do podcast

agalegaaudio.gal

Último episódio

10 de jul de 2026

Onde ouvir?

Podcasts no app Replaio Radio Em breve

Os podcasts estão chegando ao app. Instale agora e seja o primeiro a descobrir um jeito totalmente novo de curtir podcasts

Baixe no Google Play Instale grátis Android 5 mi+ downloads · nota 4,8 iOS em breve

Episódios

Galicia en goles 01-11-2023 01.11.2023

O mellor plan para un mércores de borrasca: oito horas de radio con todos os partidos da tarde dos equipos galegos na primeira eliminatoria da Copa do Rei de fútbol, ademais das outras competicións deportivas deste 1 de novembro.

Galicia en goles 29-10-2023 29.10.2023

Empezamos antes do mediodía co regreso de Fran Justo ao Anxo Carro. Pola tarde, o gran partido da 1ª RFEF, Dépor-Gimnástic en Riazor e, na Segunda, no Sardinero, o choque dos Racing: R. Santander-R. Ferrol, ademais do baloncesto cos partidos do Celta e do Universitario de Ferrol.

Galicia en goles 28-10-2023 28.10.2023

No fútbol, especial atención ao Celta Fortuna-Sabadell e ao Arenteiro-Unionistas da 1ª RFEF e, por suposto, ao FC Barcelona-Real Madrid de 1º División. No baloncesto, seguimos os partidos do Breogán e do Obradoiro na 7ª xornada da liga ACB.

Galicia en goles 27-10-2023 27.10.2023

Transmisión íntegra do Girona-Celta con Roberto Carlos Carballo dende Montilivi e os comentarios do equipo de expertos dos Deportes da Galega.

Galicia en goles 22-10-2023 22.10.2023

A máis completa cobertura das competicións do domingo: empezamos co partido do Celta Fortuna ás 12h, logo o Racing-Eldense das 14h e, pola tarde, o Rayo Majadahonda-Lugo, os encontros da 2ª RFEF e da 3ª galega e o Cangas-Sinfín do balonmán.

Galicia en goles 21-10-2023 21.10.2023

O Galicia en Goles comeza as 15h para ir narrando as principais citas do sábado, con especial atención á 1ª RFEF, cos partidos do Deportivo e do Arenteiro, e a retransmisión dende Balaídos do Celta-Atlético da 1ª División, e tamén pendentes dos encontros do Obradoiro e do Breogán na ACB de baloncesto.

Galicia en goles 20-10-2023 20.10.2023

Roberto Carlos Carballo debulla unha completa previa dos partidos de fútbol máis salientables desta xornada: o Celta-Atlético de Madrid con Jorge Otero, o Racing-Eldense e a 1ª RFEF, con especial atención ao Sabadell-Deportivo, e tamén o derbi da 3ª en Ourense. Ademais, entrevista coa responsable da carreira Enki, no décimo aniversario desta proba benéfica.

Galicia en goles 16-10-2023 16.10.2023

A narración, en directo dende o Ciutat de València, do Levante-Racing, cunha previa moi especial na que temos en directo o ex capitán do Racing Pablo Rodríguez, agora no corpo técnico do Aston Villa, e o ex de Levante, Celta e Lugo, Juanfran García.

Galicia en goles 15-10-2023 15.10.2023

Empezamos pola mañá co partido do Deportivo na 1ª RFEF feminina e co Oviedo Vetusta-Coruxo. Despois, todo o deporte da tarde: o Breogán na ACB, o Emevé na Superliga Feminina de Voleibol e o encontro da selección masculina de fútbol en Oslo.

Galicia en goles 14-10-2023 14.10.2023

A visita a Barreiro do Irún de Fran Justo é o partido máis salientable dunha tarde de fútbol na que tamén temos encontros da 2ª e da 3ª RFEF, ademais de falar do circuíto Correndo pola Costa da Morte.

Galicia en goles 13-10-2023 13.10.2023

Juan del Arco, xogador do Balonmán Cangas, relátanos a complicada viaxe do equipo do Morrazo para o seu partido de Copa en Palma. Escoitamos as previas da fin de semana do fútbol, destacando o Espanyol-Deportivo Abanca da 1º RFEF feminina.

Galicia en goles 08-10-2023 08.10.2023

A maxia da radio lévanos a Balaídos, para o Celta-Getafe; á Malata, para o Racing-Cartagena; a Pamplona, para o Osasuna B-Lugo; e a Riazor, para o derbi Deportivo-Celta Fortuna; ademais de estar pendentes, claro, do resto das competicións da xornada.

Galicia en goles 07-10-2023 07.10.2023

Unha tarde completa de deporte coa 2ª RFEF, Ourense CF-Zamora e Fabril-Compostela; baloncesto, co Ensino-Estudiantes, o Uni Ferrol-Gernika e o Tenerife-Breogán; e balonmán, co Cangas-Anaitasuna.

Galicia en goles 06-10-2023 06.10.2023

Protagonismo para o baloncesto co inicio dunha nova temporada na LEB Ouro, na que compiten dous equipos galegos, o COB e o Basquet Coruña, que xoga xa o venres co Betis en Sevilla. No fútbol, analizamos os problemas do Celta nos últimos minutos e a previa do Arenteiro-Teruel do sábado.

Ouça o podcast Todos os podcast | Galicia en goles no Replaio

Rádio e podcasts em um só app - grátis e sem cadastro. Instale hoje e não perca o lançamento

Baixe no Google Play

O Replaio não é o publicador dos podcasts; os nomes dos programas, as capas e o áudio pertencem aos seus autores e são distribuídos por feeds RSS públicos