CUAC FM

Recendo

Recendo é o mazagine cultural radiofónico da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda que trata sobre cultura galega. Integrantes do programa: Roberto Catoira (técnico-produtor), Javier Pereira (produtor), Gema Millán (locutora-produtora),  Marta López (locutora), Diana López (locutora), Naza Roca (locutora), Alberto Cardezo (locutor) e Miguel Anxo Facal (técnico-locutor).Máis Recendo en:https://recendoblog.blogspot.com/ https://es-es.facebook.com/recendo.cuacfm

Não deixe de visitar o site do podcast e apoiar quem o produz: cuacfm.org

Autor

CUAC FM

Categoria

Society

Site do podcast

cuacfm.org

Último episódio

24 de nov de 2026

Onde ouvir?

Podcasts no app Replaio Radio Em breve

Os podcasts estão chegando ao app. Instale agora e seja o primeiro a descobrir um jeito totalmente novo de curtir podcasts

Baixe no Google Play Instale grátis Android 10 mi+ downloads · nota 4,7+ iOS em breve

Episódios

12x20 Entrevista ao xornalista e escritor Manuel Gago 16.03.2021

Programa número 370, no que tivemos como convidado a Manuel Gago, xornalista, escritor e profesor da USC. Tamén tivemos a sección de Teatro, a cargo de Manuel Xestoso.

12x19 Entrevista a Olga Novo 09.03.2021

Programa número 369, no que tivemos como convidada a Olga Novo, Premio Nacional de Poesia do ano 2020. Tamén tivemos a sección de Feminismo, a cargo de Cristina Bajo.

12x18 Entrevista a Cristina Pato 02.03.2021

Programa número 368, no que tivemos como convidada a Cristina Pato, gaiteira, pianista e educadora galega en Nova Iork.

12x17 Entrevista a Xulia Santiso, conservadora do Museo Emilia Pardo Bazán 23.02.2021

Programa número 367, no que tivemos como convidada a Xulia Santiso, conservadora da Casa-Museo Emilia Pardo Bazán, de quen se cumpre este ano o centenario da súa morte.

12x16 Entrevista a Manuel Vicente, divulgador científico 09.02.2021

Programa número 366, no que tivemos como convidado a Manuel Vicente, divulgador científico.

12x15 Entrevista a Pinto e Chinto, humoristas gráficos 02.02.2021

Programa número 365, no que tivemos como convidados a David Pintor e Carlos López, que forman o dúo de humoristas gráficos Pinto e Chinto.

12x14 Entrevista ao actor Antonio Durán "Morris" 26.01.2021

Programa número 364, no que tivemos como convidado ao actor Antonio Durán "Morris". Tamén tivemos a sección de Poesía Galega, a cargo de Gema Millán, que recitou un poema de Luís Pimentel.

12x13 Entrevista a Ataque Escampe 19.01.2021

Programa número 363, no que tivemos como convidados a tres integrantes do grupo musical Ataque Escampe: Álex Charlón, Samuel Solleiro e Julio Vilariño.

12x12 Entrevista a Mabel Rivera, actriz 12.01.2021

Programa número 362, no que tivemos como convidada á actriz Mabel Rivera. Tamén tivemos a sección de Poesía Galega, a cargo de Gema Millán, que recitou un poema de Lino Braxe.

12x11 Entrevista a Pepe Carreiro, debuxante e humorista gráfico 22.12.2020

Programa número 361, no que tivemos como convidado a Pepe Carreiro, debuxante e humorista gráfico. Tamén tivemos a sección de Feminismo, a cargo de Cristina Bajo.

12x10 Entrevista a Anselmo López Carreira, historiador medieval 15.12.2020

Programa número 360, no que tivemos como convidado a Anselmo López Carreira, historiador galego especializado en historia medieval.

12x9 Entrevista a Xaquín González Veira, xornalista especializado en visualización de datos 01.12.2020

Programa número 359, no que tivemos como convidado a Xaquín González Veira, xornalista especializado en visualización de datos. Tamén tivemos a sección de Teatro, a cargo de Manuel Xestoso. E Gema Millán, na súa sección de Poesía Galega, recitou un poema de Manuel Antonio.

12x8 Entrevista a Víctor Freixanes, presidente da Real Academia Galega 24.11.2020

Programa número 358, no que tivemos como convidado a Víctor Freixanes, presidente da Real Academia Galega. Tamén tivemos a sección de Feminismos, a cargo de Cristina Bajo. E Gema Millán, na súa sección de Poesía Galega, recitou un poema de Xohana Torres.

12x7 Entrevista a Cándido Pazó 17.11.2020

Programa número 357, no que tivemos como convidado a Cándido Pazó.

12x6 Entrevista a Ángel Carracedo 10.11.2020

Programa número 356, no que tivemos como convidado a Ángel Carracedo. Tamén tivemos a sección de Poesía Galega, a cargo de Gema Millán, que recitou un poema de Luz Pozo Garza .

12x5 Entrevista a Quico Cadaval 03.11.2020

Programa número 355, no que tivemos como convidado a Quico Cadaval. Tivemos a sección de Audiovisual, a cargo de María Núñez Veiga. Tamén tivemos a sección de Poesía Galega, a cargo de Gema Millán, que recitou un poema de Ramón Cabanillas .

12x4 Entrevista ás Tanxugueiras 27.10.2020

Programa número 354, no que tivemos como convidadas ás Tanxugueiras. Tamén tivemos a sección de Poesía Galega, a cargo de Gema Millán, que recitou un poema de Ricardo Carballo Calero .

12x3 Entrevista a David Rubín 20.10.2020

Programa número 353, no que tivemos como convidado a David Rubín, debuxante e guionista de banda deseñada. Tivemos a sección de Medio Ambiente, a cargo de Amancio Sotillo. Tamén tivemos a sección de Poesía Galega, a cargo de Gema Millán, que recitou un poema de Olga Novo .

12x2 Entrevista a Suso de Toro 13.10.2020

Programa número 352, no que tivemos como convidado a Suso de Toro. Tamén tivemos a sección de Poesía Galega, a cargo de Gema Millán, que recitou un poema de Celso Emilio Ferreiro .

12x1 Entrevista a A Banda da Loba 06.10.2020

Programa número 351, no que tivemos como convidadas a Inés Mirás, Estela Rodríguez e Andrea Porto, integrantes de A Banda da Loba. Tamén tivemos a sección de Poesía Galega, a cargo de Gema Millán, que recitou un poema de Luz Pozo Garza .

11x21 Debate sobre o impacto do COVID-19 na cultura e sociedade galega 30.06.2020

Programa número 350, no que celebramos un debate sobre o impacto que provocou o COVID-19 na cultura e sociedade galega. Participaron: - Neves Seara - María Núñez - Manuel Xestoso - Xacobe Meléndrez - Amancio Sotillo - Roberto Catoira Gema Millán, na súa sección de Poesía Galega, recitou un poema de Luz Pozo Garza, que finou durante o c...

11x20 Debate sobre o 8M 10.03.2020

Programa número 349, no que celebramos un debate sobre o 8M que tivo lugar dous días antes. Participaron no mesmo Cristina Bajo Enríquez, Inés Cebreiro López, Mar Rodríguez Romero, Jana Serrapio e Sarah Díaz Lamas.

11x19 Entrevista a Manuel Meijide, vicepresidente de Videoxogo.gal 03.03.2020

Programa número 348, no que tivemos como convidado a Manuel Meijide, vicepresidente de Videoxogo.gal e Director de Mundos Digitales. Tamén tivemos a sección de Audiovisual, a cargo de María Núñez Veiga .

11x18 Entrevista a Carmen Prieto, Directora do Arquivo do Reino de Galicia 18.02.2020

Programa número 347, no que tivemos como convidada a Carmen Prieto, Directora do Arquivo do Reino de Galicia. Tamén tivemos a sección de Teatro, a cargo de Manuel Xestoso .

11x17 Especial Telefónico Variado sobre o debuxante Xaquín Marín e a Asociación Gaseosas de Galicia 11.02.2020

Programa número 346, no que fixemos dúas entrevistas telefónicas sobre temas variados: - Xaquín Marín, debuxante e ilustrador - Xoán Carlos Villar Angeriz, presidente da Asociación Gaseosas de Galicia

Ouça o podcast Recendo no Replaio

Rádio e podcasts em um só app - grátis e sem cadastro. Instale hoje e não perca o lançamento

Baixe no Google Play

O Replaio não é o publicador dos podcasts; os nomes dos programas, as capas e o áudio pertencem aos seus autores e são distribuídos por feeds RSS públicos