CUAC FM

Recendo

Recendo é o mazagine cultural radiofónico da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda que trata sobre cultura galega. Integrantes do programa: Roberto Catoira (técnico-produtor), Javier Pereira (produtor), Gema Millán (locutora-produtora),  Marta López (locutora), Diana López (locutora), Naza Roca (locutora), Alberto Cardezo (locutor) e Miguel Anxo Facal (técnico-locutor).Máis Recendo en:https://recendoblog.blogspot.com/ https://es-es.facebook.com/recendo.cuacfm

Não deixe de visitar o site do podcast e apoiar quem o produz: cuacfm.org

Autor

CUAC FM

Categoria

Society

Site do podcast

cuacfm.org

Último episódio

24 de nov de 2026

Onde ouvir?

Podcasts no app Replaio Radio Em breve

Os podcasts estão chegando ao app. Instale agora e seja o primeiro a descobrir um jeito totalmente novo de curtir podcasts

Baixe no Google Play Instale grátis Android 10 mi+ downloads · nota 4,7+ iOS em breve

Episódios

15x4 Entrevista á artista Judit Adataberna 24.10.2023

Programa número 446, no que tivemos como convidada á artista Judit Adataberna. Tamén tivemos a sección de Poesía Galega a cargo de Gema Millán, que recitou un poema de Álvaro Cunqueiro.

15x3 Entrevista a Antonio Pereira, O Rulo, da Asociación de Oleiros de Buño 17.10.2023

Programa número 445, no que tivemos como convidado a Antonio Pereira, "o Rulo", presidente da Asociación de Oleiros de Buño.

15x2 Entrevista a Juan Durán, que nos falou sobre a música das cantigas de Martín Códax 10.10.2023

Programa número 444, no que tivemos como convidado a Juan Durán, da Sección de Música da Real Academia Galega de Belas Artes, e coordinador de todas as actividades relacionadas co Día das Artes Galegas 2023, dedicado a Martín Códax e á música das súas cantigas.

15x1 Entrevista ao Movemento Tolleito 03.10.2023

Programa número 443, no que tivemos como convidados a Héctor Tejón e Yessica Val, voceiros de Movemento Tolleito . Tamén tivemos a sección de Poesía galega, na que Gema Millán recitou un poema de Yolanda Castaño, que acaba de recibir o Premio Nacional de Poesía.

14x33 Entrevista a Manuel Pampín, xornalista da TVG 27.06.2023

Programa número 442, no que tivemos como convidado a Manuel Pampín, xornalista da TVG xa xubilado .

14x32 Entrevista a Mario Maceiras, da Escola Semente da Coruña 20.06.2023

Programa número 441, no que tivemos como convidado a Mario Maceiras, secretario da Escola Semente da Coruña .

14x31 Entrevista a Alejandro Tobar da editorial Hugin e Munin 13.06.2023

Programa número 440, no que tivemos como convidado a Alejandro Tobar, un dos socios da editorial Hugin e Munin, que se dedica á tradución de títulos universais ao galego. Tamén tivemos a sección de Audiovisual a cargo de María Núñez Veiga.

14x30 Entrevista a Amparo Alonso, experta en Intelixencia Artificial 06.06.2023

Programa número 439, no que tivemos como convidada a Amparo Alonso, Catedrática de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial da UDC.

14x29 Entrevista a Torcuato Teixeira, experto no impacto da eólica mariña en Galicia 30.05.2023

Programa número 438, no que tivemos como convidado a Torcuato Teixeira, experto no impacto da enerxía eólica mariña na costa galega.

14x28 Entrevista ao músico Xabier Díaz 23.05.2023

Programa número 437, no que tivemos como convidado ao músico Xabier Díaz.

14x27 Entrevista a Tino Fraga, que nos falou sobre o centenario do Seminario de Estudos Galegos 16.05.2023

Programa número 436, no que tivemos como convidado ao científico, escritor e divulgador Tino Fraga, que nos falou sobre o Seminario de Estudos Galegos, do que se cumpre en 2023 o centenario da súa creación.

14x26 Entrevista a Henrique Rabuñal, que nos falou sobre o centenario da morte de Manuel Murguía 09.05.2023

Programa número 435, no que tivemos como convidado a Henrique Rabuñal, profesor e escritor que nos falou sobre Manuel Murguía, do que se cumpre o centenario da súa morte.

14x25 Entrevista a Ramón Nicolás, que nos falou sobre Francisco Fernández Del Riego 02.05.2023

Programa número 434, no que tivemos como convidado a Ramón Nicolás, escritor e crítico literario que nos falou sobre Francisco Fernández Del Riego, homenaxeado no Día das Letras Galegas de 2023.

14x24 Entrevista sobre a exposición do Museo de Belas Artes co gallo dos 50 anos da morte de Picasso 25.04.2023

Programa número 433, no que tivemos como convidado a Manuel Mosquera Cobián, responsable do Departamento de Difusión do Museo de Belas Artes, que nos falou sobre a exposición "Picasso: branco no recordo azul".

14x23 Entrevista ao Casino 1889 de Carballo 18.04.2023

Programa número 432, no que tivemos como convidados a Sonia Varela, Vítor Lorenzo e Melina Regueira, integrantes do Casino 1889 de Carballo.

14x22 Entrevista a Zocaminhoca, cooperativa de consumo responsable 11.04.2023

Programa número 431, no que tivemos como convidado a Pancho Gallego, integrante de Zocaminhoca, cooperativa de consumo responsable da Coruña. Tamén tivemos a sección de Teatro, a cargo de Manuel Xestoso.

14x21 Entrevista á poeta Pilar Pallarés 28.03.2023

Programa número 430, no que tivemos como convidada a Pilar Pallarés, poeta galega que ganou o Premio Nacional de Poesía 2019.

14x20 Debate feminista sobre o 8M 21.03.2023

Programa número 429, no que tivo lugar un debate feminista sobre o 8M, coa participación de Rocío Saavedra, Sabela Pérez, Kenia García e Cristina Bajo, a nosa corresponsal de Feminismo, que fixo tamén de moderadora.

14x19 Entrevista a Rocío Cadahía, presidenta de AGARESO 14.03.2023

Programa número 428, no que tivemos como convidada a Rocío Cadahía, presidenta de AGARESO, Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social . Tamén tivemos a sección de Teatro, a cargo de Manuel Xestoso.

14x18 Entrevista a Iago Prada, director de "Nada que ver", o documental sobre os 25 anos de CUAC FM 07.03.2023

Programa número 427, no que tivemos como convidado a Iago Prada, director de "Nada que ver", o documental que conta os 25 primeiros anos de vida de CUAC FM . Na sección de Poesía Galega, Gema MIllán recitou un poema de Pilar Pallarés.

14x17 Entrevista a Xosé Lois O Carrabouxo 28.02.2023

Programa número 426, no que tivemos como convidado a Xosé Lois, debuxante que creou o personaxe de "O Carrabouxo" hai 40 anos . Tamén tivemos a sección de Feminismo a cargo de Cristina Bajo.

14x16 Entrevista ao Espazo Enocultural Vide Vide, especializado en viños galegos 14.02.2023

Programa número 425, no que tivemos como convidados a Martiño Santos e Xosé Gontá, responsables do Espazo Enocultural Vide Vide, especializado en viños galegos.

14x15 Entrevista á cineasta Ángeles Huerta 07.02.2023

Programa número 424, no que tivemos como convidada a Ángeles Huerta, directora da película "O corpo aberto", baseada no relato "Lobosandaus" de Méndez Ferrín. Tamén tivemos a sección de Poesía Galega, na que Gema Millán recitou un poema de Xosé Luís Méndez Ferrín.

14x14 Entrevista á NOSA, Axencia Espacial Escolar Galega 31.01.2023

Programa número 423, no que tivemos como convidados a varios dos profesores que colaboran na NOSA, a Axencia Espacial Escolar Galega. Estiveron connosco Raquel Rendo (IES Miraflores de Oleiros), Xosé Díaz (IES Marco de Camballón de Vila de Cruces) e Raquel Veira (CPI O Cruce de Cerceda).

14x13 Entrevista a Xosé Alfredo Pereira, presidente da Organización Galega de Comunidades de Montes 24.01.2023

Programa número 422, no que tivemos como convidado a Xosé Alfredo Pereira, presidente da Organización Galega de Comunidades de Montes. Tivemos a sección de Audiovisual a cargo de María Núñez Veiga.  Tamén tivemos a sección de Poesía Galega, na que Gema Millán recitou un poema de Uxío Novoneyra.

Ouça o podcast Recendo no Replaio

Rádio e podcasts em um só app - grátis e sem cadastro. Instale hoje e não perca o lançamento

Baixe no Google Play

O Replaio não é o publicador dos podcasts; os nomes dos programas, as capas e o áudio pertencem aos seus autores e são distribuídos por feeds RSS públicos