RadioEstrada
Actualidade Mediodía
🕛 Actualidade Mediodía – Radio EstradaA información máis próxima pasa polos nosos micrófonos. En Actualidade Mediodía resumimos o que está a acontecer na Estrada e na comarca: novas de política local, cultura, deporte, servizos, tempo e sociedade.📻 Con rigor, proximidade e voz propia, Radio Estrada conta o que importa, dende aquí e para aquí. O que pasa na Estrada, pasa por aquí.
Não deixe de visitar o site do podcast e apoiar quem o produz: www.ivoox.com
Onde ouvir?
Podcasts no app Replaio Radio Em breveOs podcasts estão chegando ao app. Instale agora e seja o primeiro a descobrir um jeito totalmente novo de curtir podcasts
Episódios
25 Novembro, Actualidade Mediodía 25.11.2025 34:57
Hoxe na Estrada temos o acto do 25N , e tanto o Concello como os grupos políticos da corporación, chaman á participación e á alerta contra a violencia machista ✊. O Concello quere incorporar os xulgados 1 e 2 ️ ao patrimonio municipal para novos servizos como Atención Temperá. E ollo: as citas para o DNI e pasaporte están esgotadas ata 2026 , xa van polas primeiras de xaneiro. Comezou a poda das...
24 Novembro, Actualidade Mediodía 24.11.2025 44:04
Hoxe traemos moito orgullo estradense O noso podcast Fechadas no Baño acaba de gañar o Premio ao Mellor Podcast Feito por Mulleres no Festival de Podcast de Galicia! Tamén festa na música: Juan Núñez recibe unha Mención da Federación Galega de Bandas pola súa obra Camiño dos Arrieiros. Desde Bos Aires, Gonzalo Louzao celebrou o 82 aniversario do Centro Cultural do Partido da Estrada… a nosa parroq...
11 Novembro, Actualidade Mediodía. 21.11.2025 37:56
Mañá, Concerto de Santa Icía no Principal ás oito, coa Banda Municipal e nove novos músicos. O 26 de decembro chega a Festa de Pre-Fin de Ano na Fundación, entradas dende 12 €. Aberta a inscrición para o Campamento de Nadal: 50 prazas do 22 ao 7 de xaneiro. Rúa San Paio cortada por obras, só acceso a garaxes. ⚠️ A Policía Local reforza a vixilancia polo lixo fóra dos colectores, con multas de 90 a...
20 Novembro, Actualidade Mediodía 20.11.2025 34:59
Hoxe na Estrada temos moito movemento nas rúas . No tráfico, aviso importante: a rúa San Paio está hoxe cortada dende Praza de Galicia ⚠️, e só poden acceder os veciños con garaxe . Tamén chegan novidades no aparcamento: o Concello vai reservar prazas diante das oito farmacias urbanas , cun uso máximo de dez minutiños ⏱️. O xusto para recoller o necesario e seguir. No medio ambiente, decembro trae...
19 Novembro. 19.11.2025 40:19
A Estrada estrea bomba rural pesada e fai balance do traballo das brigadas de prevención no noso monte. ♻️ Ademais, sete concellos —incluída a Estrada— dan o primeiro paso para crear un servizo supramunicipal de recollida do lixo. ️ O PSOE critica a reunión e fala de improvisación no goberno local. A Asociación de Empresarios acolle hoxe unha charla sobre axudas da Xunta e da UE, moi útil para o t...
18 de Novembro. Informativos Radio Estrada 18.11.2025 40:37
Hoxe falamos de ✨ O Concello presenta os orzamentos 2026 , con máis investimento en servizos sociais, cultura e deporte . A Estrada abre inscricións das actividades de prevención da dependencia ✨ ata o 11 de decembro. E xa está activo o programa “Xuntos polo Nadal” para maiores que viven sós. No político ️, o PSOE critica a visita de Agustín Reguera á residencia e reclama unha residencia pública...
17 Novembro. Informativos Radio Estrada. 17.11.2025 43:54
Hoxe celebramos os 40 anos da residencia da Estrada , co cariño da xente e a visita do delegado Reguera . Tamén che contamos que produtores de sidra estradense e Concello, veñen do norte ️ ️ con ideas novas para impulsar a nosa sidra ✨. Repasamos a Xunta de Goberno ️, Ábrese o prazo das actividades de dependencia 2026 , e o PSdeG pide evitar desprazamentos ao Imelga ➡️ . En comarcas, románico a...
14 de Novembro. Actualidade Mediodía. 14.11.2025 44:31
Resumo do noso informativo ️ Este sábado temos cultura da boa: obradoiro de creación de personaxes con Lucía Cid dentro de “Xuventude en Viñetas” ✨ Se che gusta debuxar, é o teu plan da finde! O sector estradense da mazá e da sidra está de viaxe técnica por Asturias, Cantabria e Euskadi Aprendendo, compartindo e traendo ideas para seguir medrando. No político, polémica entre Manuel Magariños (con...
13 de Novembro - Actualidade Mediodía 13.11.2025 35:40
Imos co máis destacado da actualidade na Estrada: A nova grande: inaugurado o último treito da autovía a Santiago. A Estrada queda agora a só dez minutiños da capital. Un cambio importante na mobilidade de toda a comarca. Este sábado tamén temos plan cultural: obradoiro de banda deseñada con Lucía Cid dentro do programa Xuventude en Viñetas. Produtores estradenses de mazá e sidra marchan mañá por...
12 de novembro. Actualidade Mediodía 12.11.2025 32:19
Esta semana a Estrada falou galego con orgullo ✨ López Campos enxalzou o compromiso social coa nosa lingua nos Premios San Martiño Ademais, o Concello organiza xornadas informativas para pemes e autónomos e abre o prazo para reservar terreo no novo polígono de Toedo No ámbito social, convócase unha concentración en apoio a Palestina Falamos con Xoan Carlos Garrido sobre o “apagamento informativo”...
11 Novembro, Actualidade Mediodía 11.11.2025 30:16
Esta noite, emoción na Estrada! Os Premios San Martiño recoñecen a Varela Cives, Abraham Cupeiro e Radio Estrada Tamén boas novas para o emprego: chega o proxecto “Efecto Emprega”, que axudará a 61 persoas a atopar traballo Pero ollo co tempo! ️ A borrasca Claudia pode deixar refachos de ata 70 km/h e moita auga esta tarde. Emerxencias A Estrada pide prudencia No Concello, seguimos falando da Carb...
10 novembro, informativos Radio Estrada 10.11.2025 36:33
Hoxe traemos boas novas verdes A Estrada reservará 200.000 euros para crear unha nova zona verde na Carballeira de Melania. E seguimos coas oportunidades Novo Programa Integrado de Emprego, despois dun éxito total: 100% de inserción! Tamén chega apoio ao deporte 15 proxectos locais recibirán axudas municipais. No pleno, o PSOE puxo o foco no lixo e pediu accións reais E atención á cultura A Deputa...
6 de novembro, Actualidade Mediodía 06.11.2025 45:19
Ouzande prepárase para unha fin de semana de outono auténtica — castañas, música e viño novo Pero antes, aviso importante ⚡: este venres haberá corte de luz na Avenida de Pontevedra e no Pedregal por melloras na rede eléctrica. O 13 de novembro chega unha cita única — a carreira Barreiros eMotionFP, con coches eléctricos creados por alumnado galego de FP! Tamén coñecemos a programación polo 25N,...
5 de novembro, Actualidade Mediodía. 05.11.2025 32:20
Esta noite, o temporal puxo a proba a Emerxencias A Estrada ️ , con varias intervencións por incidencias no municipio. Mentres, Verdegaia alerta de danos en humidais e especies protexidas polas obras de mellora de pistas forestais O Concello saldou de golpe máis de 2,7 millóns de euros en débedas cos traballadores municipais , e o PSOE pide responsabilidades no goberno local ⚖️ En comarcas, Silled...
4 de Novembro, Actualidade Mediodía. 04.11.2025 37:27
“Hoxe na Estrada… o Concello pon ao día as contas coa plantilla municipal: máis de 2,7 millóns de euros en débedas saldadas de golpe. O PSOE celebra melloras no centro de saúde de Oca, pero pide avances na residencia de maiores e nas estradas locais. En comarcas, a asociación Elas/Eles alerta do impacto da mina de cuarzo de Erimsa, e seis concellos —entre eles A Estrada— únense no novo Programa In...
31 de outubro. Actualidade Mediodía. 31.10.2025 37:27
Hoxe traémosche o que se move pola Estrada O Goberno xa prepara o orzamento de 2026 — e queren levalo a Pleno en decembro. As prazas do IMSERSO 2026 voaron! 126 persoas quedaron fóra, e a concelleira Amalia Goldar pide ó Estado máis espazo neste programa. O PSOE, pola súa parte, critica que os orzamentos da Xunta non inclúan fondos para a residencia pública da Estrada. Hoxe visita a nosa vila José...
30 de outubro, Actualidade Mediodía. 30.10.2025 34:28
Hoxe a Estrada estreou nova escavadora municipal — lista para poñerse mans á obra E ademais, o Concello arranca un plan de sinalización con medio cento de actuacións na vila ️ Houbo tamén debate político: O PSOE acusa ao goberno local de atrasar a unificación dos nomes dos lugares. Iso si… o Samaín terá que agardar O desfile deste xoves queda cancelado polo mal tempo ️ Pero non todo son nubes! O a...
29 de Outubro, Actualidade Mediodía. 29.10.2025 39:39
Escoita de novo o noso informativo. A Estrada, Teo, Vedra e Boqueixón únense para facer o Ulla navegable Turismo, deporte e natureza da man! Tamén chega unha nova aventura sobre rodas: rutas en buggy pola Estrada A cultura tamén protagonista coa exposición “Avelina Valladares. Dona de seu” na Casa das Letras E atención: 75 novos contedores amarelos ♻️ pero coa oposición pedindo máis información so...
28 de Outubro, Actualidade Mediodía. 28.10.2025 37:58
Hoxe traemos boas novas para a lingua e para a Estrada O Recuncho da Lingua, Abraham Cupeiro e o doutor Ramiro Varela, gañadores dos Premios San Martiño de Normalización 2025 Tamén se renova o servizo de recollida selectiva: 75 novos contedores amarelos, e Oscar Durán explícanos como vai mellorar ♻️ Falamos con Xoán Reices, do BNG, sobre a súa proposta para reactivar a Praza de Abastos e facer del...
27 de Outubro, Actualidade Mediodía. 27.10.2025 31:28
Hoxe na Estrada... novas que tocan o corazón do noso día a día! “O que pasa na Estrada, pasa por aquí” ️ Proxectos en Codeseda e Santo Tomé A Xunta de Goberno Local aproba actuacións nestas parroquias e pagos a provedores O parque empresarial de Toedo medra! A Xunta licita a expropiación dos terreos para ampliar o polígono nun 45 % ️ O alcalde Gonzalo Louzao valora o proxecto. Críticas do PSOE est...
24 de Outubro - Actualidade Mediodía 24.10.2025 38:04
️ Boa nova en Liñares! O Concello e Río Ulla amplían ata 2075 a cesión da praia fluvial para uso público Unanimidade total na asemblea O PSdeG da Estrada celebra a ampliación da Atención Temperá E propón levala ao antigo ambulatorio 50 anos de lembranzas e amizade A primeira promoción de BUP da Estrada (75/79) celebra un cocido de aniversario Falamos con José Antonio Valcárcel “Cachi” Noites Novas...
23 Outubro - Actualidade Mediodía 23.10.2025 33:50
Volve o lume das tradicións! O 18º Encontro Folk “Lume na Lareira” xa ten data: 16 de novembro. A música galega volverá soar con forza na Estrada Entradas: 5€ → Cultura, Cafetería Eureka e Mesón da Estrada. Nova etapa, nova casa dixital! Radio Estrada presenta a súa web: radioestrada.gal Feita en colaboración con Estrada Dixital ️✨ ♂️ O alcalde segue visitando parroquias. Xa percorreu máis de 40...
Actualidade Mediodía 22 Outubro '25 22.10.2025 39:16
Estrea teatral con sabor estradense! A zarzuela galega A lenda de Montelongo chega este sábado ao Teatro Principal Radio Estrada emitirá en directo dende as 19:30! ️ Talento local e música en vivo Artistas da Estrada dan vida a unha historia galega con alma Máis apoio ás familias! O Concello aumenta as horas da unidade de atención temperá. Falaremos coa concelleira Amalia Goldar Obras en vinte p...
Actualidade Mediodía 21 Outubro '25 21.10.2025 43:06
Orzamentos “históricos” para A Estrada Máis de 16 millóns para a autovía e novos proxectos de vivenda e solo industrial. Louzao: “É un investimento sen precedentes” ⚖️ Pero non todos o ven igual… O voceiro socialista López Bueno acusa á Xunta de “ningunear” á Estrada nos orzamentos de 2026 A maxia do Nadal xa ten data! 5 de decembro, aceso oficial con ✨ 116 arcos e máis de medio millón de luces L...
Actualidade Mediodía 20 Outubro '25 20.10.2025 42:12
Orgullo da nosa música! A Banda Escola Municipal da Estrada acada o posto na sección xuvenil do Certame de Bandas de Galicia A Estrada acenderá o Nadal o 5 de decembro! 116 arcos e máis de medio millón de luces LED ✨ ️ O PSOE pide un Nadal máis creativo e con bonos de consumo para apoiar ao comercio local ️ Gonzalo Louzao, novo presidente do PP da Estrada Promete “reforzar A Estrada das oportunid...
Podcasts parecidos
O Replaio não é o publicador dos podcasts; os nomes dos programas, as capas e o áudio pertencem aos seus autores e são distribuídos por feeds RSS públicos