Luzes

A actualidade está sobrevalorada

News GL ↓ 128 episódios

Outro podcast no millo? Pois si, outro podcast no millo do Podgalego da man da Revista Luzes. Ana Luísa Bouza, Marta Otero, Xosé Hermida e Xosé Manuel Pereiro, nun intento desesperado por captar o público boomer e máis alá, decidímonos a compartir con que queira escoitalas, as conversas que mantemos habitualmente en privado sobre do que se fala e do que se cala, do que sabemos que pasa e do que conxecturamos que pode pasar.

Não deixe de visitar o site do podcast e apoiar quem o produz: luzes.gal

Autor

Luzes

Categoria

News

Site do podcast

luzes.gal

Último episódio

25 de jun de 2025

Onde ouvir?

Podcasts no app Replaio Radio Em breve

Os podcasts estão chegando ao app. Instale agora e seja o primeiro a descobrir um jeito totalmente novo de curtir podcasts

Baixe no Google Play Instale grátis Android 5 mi+ downloads · nota 4,8 iOS em breve

Episódios

Médicos, pluses, Bolaños e a Guarda Civil 05.05.2023

Os médicos que levaban días en folga conseguiron un acordo coa Xunta: a igualación dos pluses: 905€ brutos ao mes todos, traballan só na pública, ou na pública e tamén na privada. E estes – Ana Luísa Bouza, Antón Losada, Marta Otero Mayán e Xosé Manuel Pereiro – que pensaban que: 1.- A Xunta non tiña máis cartos para meter en Sanidade 2.- Os médicos protestaban demandando máis calidade asistencial...

Speedy Baltar e a Beltraneja en Sanjenjo 28.04.2023

Manuel Baltar , aka Baltar fillo, demostra unha vez máis que iso do inmobilismo non vai co PP, ou polo menos co PP de Ourense. Vaille máis o automobilismo. Xa sabiamos que os Plans de Vías e Obras das Deputacións era para que as estradas estivesen en condicións, pero non tiñamos claro todas as implicacións do asunto. Mentres, en Sanxenxo capean o temporal como poden. O Emérito sen poder navegar e...

Tractoradas, un bribón que vai ao cárcere e outro a Sanxenxo 20.04.2023

Dous milleiros de gandeiros de carne, coas súas vacas e os seus tractores, ocuparon o centro da cidade de Lugo para protestar polos baixos prezos. A eles páganlles a 5€ o quilo, cando producilo custa 7€ e pico. Como a cesta da compra subiu case un 20%, onde van eses cartos, pregúntanse Antón Losada, Marta Otero Mayán e Xosé Manuel Pereiro.  Quen está claro cara onde foi é  Manuel Fernández de Sous...

Concesionarios avariciosos, borbóns e outras familias rotas 13.04.2023

O Emérito ataca outra vez en Sanxenxo, e o único que parece alegrarse é Alfonso Rueda . Incluso o seu fillo ( Felipe VI , non o de Rueda) se pon de perfil. O que dá un paso adiante é outro pai, Suso Díaz , para pechar a candidatura dos que, segundo o relato de Madrid, son os contrarios á súa filla Yolanda . Mentres, as concesionarias das autoestradas consideran, como Juan Carlos I , que teñen todo...

Xa é primavera no PSdeG 30.03.2023

Quen somos, de onde vimos, cara onde imos? Os grande interrogantes de sempre agora teñen novos ítems. É o ascenso a ministro un premio, unha promoción, un aparcamento para facer sitio ao que vén detrás? Novatos no cargo que xa teñen moita experiencia previa, tanta como para que lles suplanten a identidade en Twitter e que pouco teñen que envexar, nesta primavera do PSdeG, ao mesmo Lázaro resucitad...

Comunismo ou Tamamazo... e Paco Vázquez! 23.03.2023

Esta semana Antón Losada , Marta Otero , Xosé Manuel Pereiro e, sobre todo, Ana Luisa Bouza , viviron con intensidade a moción de censura protagonizada por Ramón Tamames . Confundindo se cadra o verde do partido impulsor da moción de censura co do CDS, convertíu o Congreso dos Deputados nun circo no que non faltou algún pallaso e acabou pedindo a hora como se fora un partido de futbol apretado. Po...

Narcosubmarinos, mordazas e papel hixiénico 16.03.2023

Apareceu un novo narcosubmarino nas nosas costas. A imaxinación dos nosos contertulios, Ana Luísa Bouza, Antón Losada, Marta Otero Mayán e Xosé Manuel Pereiro dispárase e vislumbran, cal emprendedores, unhas novas oportunidades de negocio. Pode ser este un novo atractivo turístico? (cea romántica no fondo da ría, a ruta dos desembarcos…). Os catro debullan tamén a derrogación da Lei Mordaza, a poz...

A escala Ritcher da corrupción en España 09.03.2023

Que corrupción é peor? A dos políticos? ¿A dos xuíces? A das institucións? A das administracións? A dos medios? A dos empresarios que sustentan todas elas, ou a da cidadanía que as consente mal que ben? No episodio 18, Ana Luísa Bouza, Antón Losada, Marta Otero Mayán e Xosé Manuel Pereiro convértense en corruptómetros e analizan os diversos casos: o Tito Berni e o xeneral da Garda Civil mangón do...

A resposta, o negocio e Ferrovial están no vento 03.03.2023

Caso Ferrovial: co caso Ferrovial, a metade dos medios e da clase política española descubren de pronto que as grandes empresas van onde queren a pagar (ou a non pagar) os impostos, independentemente de onde traballen. Non se estrañarían tanto se reparasen en que iso foi o que fan as empresas que teñen sede social en Madrid e fan os cartos en Galicia. A outra metade da clase política e mediática p...

Xente de ben, xente de mal 23.02.2023

Somos xente de Ben, tal e como se reivindica Alberto Núñez Feijóo? Xente de Mal, como se recoñece Antón Losada? Ou xente de Suficiente, como admite Marta Otero Mayán? Canta xente de ben queda, reflexiona Xosé Manuel Pereiro, descontando comunistas e bolivarianos, homosexuais que casan, mulleres que abortan, rapazas que pasan a ser rapaces e viceversa? Mentres debatemos todo iso, Ana Luisa Bouza le...

Manifestacións, cocidos, ovnis e oleodutos 16.02.2023

Ducias de milleros de galegos e galegas manifestáronse en Santiago contra a política sanitaria de Isabel Díaz Ayuso, ou esa debe ser a conclusión que sacaron moitos dos que viron a noticia nos informativos televisivos de ámbito estatal. Ana Luisa Bouza, Antón Losada, Marta Otero Mayán e Xosé Manuel Pereiro desvelan que non, que contra o que protestaban os manifestantes en Compostela era contra a p...

O Supremo, ENCE e outras bandas 09.02.2023

Como nas películas de Hollywood, a factoría de Ence queda na ría de Pontevedra por unha decisión no último minuto, na última instancia. Por dúas, en realidade. A primeira, cando o pontevedrés Rajoy , xa desaloxado da presidencia do Goberno, pero en posesión aínda da vara de mando para as cousas urxentes e impostergables, decidiu concederlle 50 anos de prórroga á Cheirona . A segunda, cando o Supre...

Non era un rescate, é a túa hipoteca 03.02.2023

A banca española acaba de anunciar beneficios que nunca tal se vira. 6.000 millóns de euros, 9.000 millóns… e só co negocio en España, sen contar o que andan facendo polas afóras. E todo pese ás ansias confiscatorias do goberno socialcomunista bolivariano que pretende saquearlles un 8! –repetimos, un OITO por cento– desas ganancias, coma se fosen un asalariado calquera (ben, os asalariados non bai...

Xubilados, terroristas e put*s nazis 27.01.2023

O mundo anda revolto. Os xubilados, polo menos <strong>Pompeyo</strong> o de Miranda de Ebro, aproveita os cen euros da suba da pensión en mercar os compoñenentes necesarios para armar unha bomba putinista que lle enviar a <strong>Pedro Sánchez</strong> como resposta ao envío de tanques a Ucraína. En resposta ao ataque dun probable zumbado marroquí ao sacristán dunha igrexa...

Unha nena de Baleira, un vicepresidente pouco gallardo e un presidente mal educado 20.01.2023

A nena violada en Baleira polos seus parentes, cuxo caso tardou en tramitarse xudicialmente sete anos. A atención primaria en caída libre. As ocurrencias perigosas da extrema dereita de Castela e León. A axenda do presidente Rueda. Estes son algúns, que non todos, dos dramáticos casos que os nosos desalentados conversadores – Ana Luísa Bouza, Antón Losada, Marta Otero e Xosé Manuel Pereiro – falan...

Vai, vai, Froilain (que non sal-pique) 13.01.2023

O  beef  de Shakira está a constituir unha bomba  de fragmentación. Tantas e tan altas ondaa fixo esa pedra no estanque  mediático que a auga, ademais de sal-picar, mollou aos nosos analistas  de garda. Ana Luisa Bouza, Antón Losada, Marta Otero Mayán e Xosé Manuel Pereiro non puideron resistirse a pasaron de falar de Feijóo e esa xente que a eles tanto lles gusta a falar...

Cambio no santoral: entra Lucas por Ratzinger 06.01.2023

O cambio de ano trouxo un intenso trafego de idas e vidas. Pelé e Bieito XVI foron xogar a outra liga, fichados por San Pedro , e veu –ao Deportivo– Lucas Pérez . O noso equipo conversacional habitual – Ana Luísa Bouza, Antón Losada, Marta Otero Mayán e Xosé Manuel Pereiro – analizan estes cambios no mercado de inverno e tamén confesan o que pediron –xente tradicional– aos Reis Magos. 

2022. O mellor, o peor e o aínda peor: a web de RENFE 30.12.2022

2022? Que 2022? Que foi o mellor dese ano, se é que tal cousa houbo? E o peor? (a maiores da web de Renfe). E que pasou que tanto nos ten que pasara ou non? Reflexionemos todos e todas, e se non lles presta, para iso están Ana Luisa Bouza, Antón Losada, Marta Otero e Xosé Manuel Pereiro . E desta vez cunha invitada, Iria MC , que non é unha rapeira, senón a voceira das usuarias de Renfe de Galicia...

15.000 insolidarios e un multimillonario 16.12.2022

Renfe detecta que hai 15.000 cidadáns –por chamarlles algo– que reservan viaxes gratuítos en tren, que logo non fan. Moitos?, poucos? Pois o 20% do total de usuarios, cando a media no Estado é dun 3 ou 4%. Parece ser que é cousa do tipo de servicio ferroviario que hai en Galicia, di a compañía, pero posiblemente teña que ver tamén o tipo de xente que hai en Galicia, ou iso pensan os nosos reflexól...

Galicia intelixente, maltratador á fuga e fachas street boys. 09.12.2022

A Axencia Estatal de Supervisión da Intelixencia Artificial (AESIA) terá a súa sede na Coruña, en concreto no Edificio A Terraza. Os nosos falantes (dous deles acatarrados), Ana Luísa Bouza , Antón Losada, Marta Otero Mayán e Xosé Manuel Pereiro explican como poden que é iso da AESIA, por que veu para Coruña e non para outro lado, e a ver se o goberno ten a consideración, xa que recibe un edificio...

100 anos de Fraga, 30 do "Mar Exeo" e 2 días de cultura da violación 02.12.2022

Cando nos espertamos o dinasauro… non, non estaba alí, pero nós seguimos falando del. Do centenario que Fraga celebraría estes días, no que tamén acontece o seu 10º cabodano e o 20 aniversario do Prestige.  Manuel Fraga Iribarne foi o mellor presidente de Galicia? O máis característico e idiosincrático? O máis complexo? Ou simplemente unha reliquia do franquismo que atinou a sobrevivir?...

Culpas repartidas: pacientes e vítimas 25.11.2022

«A sanidade madrileña está mal? Pois a nosa non se pode quedar atrás!» parece ser a consigna das nosas autoridades. Centros de saúde sen pediatra («non quedabamos en que había poucos nenos?»), e o Colexio Médico de Pontevedra («outros politizados?») que rompe relacións coa Consellería de Sanidade. Quen rompe relacións coa realidade tamén é a campaña da Xunta polo 25 N, o día contra a Violencia de...

Corcubión, mon amour 18.11.2022

Con Pereiro por Bruxelas a conta do Prestige tocou facer repaso, como pantasmas das catástrofes pasadas, e repartir barcos cheos de chapapote e industrias merdeiras polas rías galegas. Ademais houbo tempo para avaliar a bondade xurídica da lei do solo si es si e preguntar se entrar no xogo do populismo punitivo é botarse nas mans da dereita. Coma sempre, coa participación de Ana Luisa Bouza, Antón...

Prestige e o Correo, naufraxios galegos 11.11.2022

Os naufraxios, xa sexan reais coma o do Prestige ou figurados coma o do Correo Gallego, teñen consecuencias impredecibles.  Poden ser a aparición dun porto que presuntamente vai ser a solución como porto refuxio ou, tamén presuntamente, a adquisición de pisos a nome de persoas que pasaban non moi lonxe da traxedia. Neste episodio Ana Luisa Bouza, Antón Losada, Marta Otero e Xosé Manuel Pereir...

O seu Alberto e Donato: falsas apariencias 04.11.2022

A actualidadade está sobrevalorada cabalga outra vez! E agora, os catro xinetes da Apocalipse son realmente catro. Ana Luísa Bouza , Antón Losada , Xosé Manuel Pereiro e… Marta Otero Mayán ! Desta volta, o podcast está centrado en Alberto Núñez Feijóo e Donato . Que lles pasou para –como diría Rosalía– que ir foron como rosas e volver, volveron como negros?

Ouça o podcast A actualidade está sobrevalorada no Replaio

Rádio e podcasts em um só app - grátis e sem cadastro. Instale hoje e não perca o lançamento

Baixe no Google Play

O Replaio não é o publicador dos podcasts; os nomes dos programas, as capas e o áudio pertencem aos seus autores e são distribuídos por feeds RSS públicos