Luzes

A actualidade está sobrevalorada

News GL ↓ 128 episódios

Outro podcast no millo? Pois si, outro podcast no millo do Podgalego da man da Revista Luzes. Ana Luísa Bouza, Marta Otero, Xosé Hermida e Xosé Manuel Pereiro, nun intento desesperado por captar o público boomer e máis alá, decidímonos a compartir con que queira escoitalas, as conversas que mantemos habitualmente en privado sobre do que se fala e do que se cala, do que sabemos que pasa e do que conxecturamos que pode pasar.

Não deixe de visitar o site do podcast e apoiar quem o produz: luzes.gal

Autor

Luzes

Categoria

News

Site do podcast

luzes.gal

Último episódio

25 de jun de 2025

Onde ouvir?

Podcasts no app Replaio Radio Em breve

Os podcasts estão chegando ao app. Instale agora e seja o primeiro a descobrir um jeito totalmente novo de curtir podcasts

Baixe no Google Play Instale grátis Android 5 mi+ downloads · nota 4,8 iOS em breve

Episódios

Pitos, frautas, glamour e Vicente del Bosque 21.12.2023

Que ten que ver Vicente del Bosque coas eleccións galegas? Que pasa cos pitos en Galicia, que hai que importalos de Portugal? Era legal ou ilegal? Alfonso Rueda ten glamour ou non e a quen lle importa? E falando de eleccións, para cando? Ana Luísa Bouza, Antón Losada, Marta Otero Mayán e Xosé Manuel Pereiro desvélannos estes misterios, cal Malva&Duarte .

Traballadores secuestrados, profesorado pechado e listas abertas 15.12.2023

O novo capitalismo é profesional, moi profesional, que dicía o outro. Usa os traballadores como reféns para obter cartos públicos, e se non, miren para Alcoa, que aos dous anos de asinar un acordo para dez, xa está poñendo a man, para non pechar, di. Pechar, péchanse os representantes sindicais da maioría do profesorado, para que os reciba o conselleiro do ramo, Román Rodríguez, pero nin pechándos...

Pisados e separados 07.12.2023

Que é o que máis lle gusta máis a un periodista farto de titular con declaracións? Un informe con datos. Un informe do que sacar conclusións políticas, por suposto. Como o informe Pisa sobre as competencias da rapazada no ensino. Uns datos que o mesmo serven para sacar peito pola bondade da nosa política educativa como que lamentarse a fondo polas consecuencias das nefastas medidas dos demais, por...

Gallego, vente pa Madrid (pero non en tren) 30.11.2023

«Este vaise, e aquel vaise, e todos, todos se van» laiouse Rosalía. A nosa poeta nacional non se refería precisamente ao Congreso e ao Goberno a onde ían os homes que abandonaban Galicia, pero estes son outros tempos. Primeiro foi Yolanda Díaz, logo Feijóo, e tamén Marta Lois e Miguel Tellado, Pedro Puy, Paco Conde, Rosa Quintana e José Ramón Besteiro, por quedármonos cos máis coñecidos. En Madrid...

Os trens non corren, Baltar agora tampouco 23.11.2023

Como nos vellos bos tempos, non hai tren que chegue á súa hora. Amañará a desfeita o novo goberno de Pedro Sánchez ? Ana Luísa Bouza, Antón Losada, Marta Otero Mayán e Xosé Manuel Pereiro non soamente ignoran a resposta, senón que se confesan un tanto desnortados pola recomposición do gabinete, tanto pola distribución de competencias que se fixo como pola identidade dos encargados de levalas a bo...

Como dixo Machado… 16.11.2023

Terán que lle agradecer aos nosos falantes, Ana Luísa Bouza, Antón Losada, Marta Otero Mayán e Xosé Manuel Pereiro, que viran e escoitaran a mor parte do debate de investidura (Ana Luísa mesmo tomou notas) de Pedro Sánchez aka «El Hijo de...», para poder estar todos de acordo, máis ou menos, na súa análise do que pasou alí. E como poderán escoitar, os detalles nos que uns non repararon, a outras n...

Acordos á galega e putodefender España 09.11.2023

O podcast desta semana revisa de adiante cara atrás e de atrás para adiante o contido da negociación do BNG co Goberno en funcións para darlle o «sí, quiero» a Pedro Sánchez na investidura, negociación que non espertou as iras da dereita, quizais porque non baixaron o acrobat para ler pdfs. Pero como non todo vai ser serio, Ana Luísa Bouza, Antón Losada, Marta Otero Mayán e Xosé Manuel Pereiro com...

E Galicia que? 03.11.2023

Os milagres do podcast. Nada máis gravar o episodio desta semana, no que o equipo falante habitual –Ana Luísa Bouza, Antón Losada, Marta Otero Mayán e Xosé Manuel Pereiro– se estrañaban de que na pedrea (nunca mellor dito) da investidura a Galicia non lle tocase nada, e cando acababan de escribir cada un a súa carta para os Magos de Oriente das transferencias (para as princesas herdeiras non, que...

Mestres en folga, Rueda on Tour e Querida Yolanda 25.10.2023

A xente que atende á rapazada, sexa nas garderías, nos colexios ou nos institutos, anda levantisca. Ou iso parece, porque están de folga, e non porque pidan máis cartos, senón porque queren atender mellor ao alumnado. Quen non para é ese presidente do que vostede me fala, porque cando non andas nos platós da TVG, anda polas estradas atopándose casualmente con vellos ciclistas. Para que logo digan...

Besteiro renacido e o galego prohibido 20.10.2023

Con menos suspense que nunha película de Santiago Segura (pero con tanta demora no desenvolvemento narrativo), e máis trailers que unha da Marvel, o PSdeG-PSOE escolleu xa candidato á presidencia da Xunta: con todos vostedes, e como non podía ser doutro xeito: Xosé Ramón Gómez Besteiro. E con todos vostedes tamén, un tal Xosé Clemente, que foi o responsable en orixe (e logo todos os que non o reme...

Rueda enfadado, litoral recurrido e Jácome no mercado 13.10.2023

Non viron o apaixonante debate sobre o estado da autononosa? Non se preocupen, o noso equipo tertuliano habitual Ana Luísa Bouza, Antón Losada, Marta Otero Mayán e Xosé Manuel Pereiro– si (ou polo menos unha parte cualificada del), e xa lles contan. O que máis lles chamou a atención é que o presidente-por-accidente Alfonso Rueda, parecía máis enfadado do que debería estar alguén que ten unha maior...

Lanrobers, Felpudo e xabaríns 05.10.2023

Quedou O Noso ExPresidente tocado, afundido ou reforzado despois de que o Parlamento non o recoñecera como gañador das pasadas eleccións xerais? Na TVG contemplan que Ana Pontón vaia convidada a Luar en compensación polo inicio de campaña que Alfonso Rueda fixo en Land Rober?  Por que a extrema dereita e a dereita extrema, tan celosas da monarquía, alcuman despectivamente –moi despectivamente–Felp...

Dous galegos e un destino 29.09.2023

Rematou o verán e volvemos ao traballo. Antón Losada, Ana Luisa Bouza, Marta Otero e Xosé Manuel Pereiro comentan a fracasada investidura de Alberto Núñez Feijóo . Ou non foi un fracaso? Estaría Feijóo buscando algunha outra cousa ademais de chegar á Moncloa? E o PSOE, atinou na súa estratexia? Están retomando actitudes erradas? Debería ter introducido algunha outra chave no seu discurso o BNG? Pa...

A análise definitiva do 23X: por primeira vez, non todos gañaron 27.07.2023

A Actualidade Está Sobrevalorada, o podcast preferido das élites cualitativas deste país, despide a súa segunda tempada analizando esta pasada convocatoria electoral, na que por unha vez, todo parecía que estaba claro, pero nada foi o que parecía. E a primeira, desde que hai rexistros, na que non todos gañaron, e aínda máis: os creadores de opinión publicada recoñecen que meteron o zoco. Todo iso...

O globo de Betanzos, eleccións e outras ascensións 21.07.2023

Sube o globo ou non sube? Pincha ou que? O de Betanzos, que se eleva todos os anos polas festas desde 1814, está como que non por un encerellamento político, pero tamén hai outros globos en cuestión. O da vitoria inapelable e ineludible de PP+Vox o domingo 23. O equipo médico habitual ( Ana Luísa Bouza, Antón Losada, Marta Otero Mayán, Xosé Manuel Pereiro ) tómanlle o pulso aos dous. E como dicía...

Ofrendas e mentiras 13.07.2023

A nova alcaldesa de Compostela, Goretti Sanmartín, asegura que non participará no acto relixioso ese no que o Rei, en persoa ou mediante subcontrata, lle pide ao Apóstolo (á estatua que está na catedral) que faga o que o poder real –en todos os aspectos– non quere ou non pode facer. A oposición revólvese, e O Neno da Aldea (Feijóo) advirte que está disposto a cubrir calquera oco institucional que...

Himno, Tangana e campaña 07.07.2023

«Oliveira de cen anos...» Poden uns deportivistas pechados recoñecer as virtudes do Himno do centenario do Celta? E as excelencias como compositor de C.Tangana? Nalgún dos casos, si, e noutros non. Para descubrir que opinan de cada cousa Ana Luísa Bouza, Antón Losada, Marta Otero Mayán e Xosé Manuel Pereiro, non terán outra que escoitar este episodio de A actualidade está sobrevalorada (ou polo me...

Turistofobia, Baltar e Feijóo (que en español se llama Haba) 30.06.2023

Vén o verán, e con el a calor, as moscas e os turistas. Que facemos con todo iso, en particular cos turistas, e máis en particular aínda cos que se comportan como non se comportarían alí de onde veñen? Ana Luísa Bouza, Antón Losada, Marta Otero Mayán e Xosé Manuel Pereiro debaten sobre o asunto, co ánimo de achegar solucións que lle sirvan a Goretti Sanmartín e otros responsables de cidades invadi...

A rica diversidade de España: de Ourense a Estremadura 22.06.2023

A Actualidade está sobrevalorada brinca hoxe de Rodeiro a Ourense (capital), de alí a Ourense (provincia) e, tirando cara afóra, por Xinzo e Viana do Bolo, para saír completamente e recalar en Estremadura, onde a xente do PP non atura o racismo, ata Valencia, onde non teñen problema en convivir con esa lacra, pasando polas Baleares, onde quen preside o Parlamento rexional asegura que as mulleres s...

Baltar o fillo non é Baltar 15.06.2023

Xa o dicía Ico, o cantante do Sonoro Maxín, e xa o dixeron Ana Luisa Bouza, Antón Losada, Marta Otero e Xosé Manuel Pereiro (polo menos algún deles) nos podcast anteriores. Manuel Baltar , Baltar fillo, non é Baltar, José Luis Baltar . Acaba de renunciar á herdanza, apretado polos seus. Diso, e de dimes e diretes varios da política galega, estatal e mesmo local, discurre este novo episodio de A ac...

Cousas serias e cousas do politiqueo 08.06.2023

De que valen os protocolos de protección por moito que cumpran se o resultado é un asasinato? Pode ser un acoso no que rexistraron 56 actuacións cualificado de «risco medio»? Que o maltratador sexa membro dos corpos e forzas de seguridade do Estado é un agravante ou non? O asasinato de Vanesa Serén en Oia a mans da súa exparella presenta estas e outras interrogantes. E interrogantes hai, unha chea...

Aquí tamén pasou o que pasou (e o que pasará) 01.06.2023

A historia desenvólvese ciclicamente, pero como non nos podemos bañar dúas veces no mesmo río, pensamos que todo son novidades. Non, o que pasa xa pasou, e volverá pasar, ou non. Ou quen  sabe. Os nosos catro contertulios habituais, Ana Luísa Bouza, Antón Losada, Marta Otero Mayán e Xosé Manuel Pereiro sofren a síndrome de San Ero de Armenteira. Deixaron o episodio da semana pasada co país a pique...

Porra 28M, Ourense e o resto 25.05.2023

Os nosos contertulios habituais, Ana Luísa Bouza, Antón Losada, Marta Otero Mayán e Xosé Manuel Pereiro tentan conxurar os nervios prevotación da forma habitual nesta politica futbolizada: facendo unha porra. Non lles adiantamos os resultados (da porra) porque non fixeron máis que achegar matices e así non hai forma. De todas formas, para explicar que pasa en Ourense, invitaron a participar a un e...

Falade galego 18.05.2023

Os datos sobre o uso do galego (do idioma) non respectan nin o Día das Letras. Antón Losada, Ana Luísa Bouza, Marta Otero Mayán e Xosé Manuel Pereiro falan de como de negativos son, ou non, e lembran como caeron eles no feo vicio de falar galego. Tamén lembran que non houbo elección ningunha na que a esquerda abertzale non incluira a persoas que foran condenas por terrorismo nas súas listas, pero...

Baltar, Jácome e os golpes ao grande 11.05.2023

A  Actualidade está sobrevalorada  está a estudar trasladarse a Ourense, habida conta de que, como asegura no episodio de hoxe  Marta Otero (Mayán) , esta é a única cidade onde está a desenvolverse unha campaña electoral campaña-campaña. Iso, ou buscar un ourensán de pura cepa, con oito apelidos ourensáns (Cid, Outeiriño…) que nos explique ese estraño mundo no episodio seguinte. Mentres, Antón Los...

Ouça o podcast A actualidade está sobrevalorada no Replaio

Rádio e podcasts em um só app - grátis e sem cadastro. Instale hoje e não perca o lançamento

Baixe no Google Play

O Replaio não é o publicador dos podcasts; os nomes dos programas, as capas e o áudio pertencem aos seus autores e são distribuídos por feeds RSS públicos