Luzes

A actualidade está sobrevalorada

News GL ↓ 128 episódios

Outro podcast no millo? Pois si, outro podcast no millo do Podgalego da man da Revista Luzes. Ana Luísa Bouza, Marta Otero, Xosé Hermida e Xosé Manuel Pereiro, nun intento desesperado por captar o público boomer e máis alá, decidímonos a compartir con que queira escoitalas, as conversas que mantemos habitualmente en privado sobre do que se fala e do que se cala, do que sabemos que pasa e do que conxecturamos que pode pasar.

Não deixe de visitar o site do podcast e apoiar quem o produz: luzes.gal

Autor

Luzes

Categoria

News

Site do podcast

luzes.gal

Último episódio

25 de jun de 2025

Onde ouvir?

Podcasts no app Replaio Radio Em breve

Os podcasts estão chegando ao app. Instale agora e seja o primeiro a descobrir um jeito totalmente novo de curtir podcasts

Baixe no Google Play Instale grátis Android 5 mi+ downloads · nota 4,8 iOS em breve

Episódios

Arde Galicia, para variar 19.07.2022

Quen contaba! En xullo ponse a facer unha calor do demo, cando o dispositivo antiincendios da Xunta está a medio desenvolver. Afortunadamente, o conselleiro do ramo está onde ten que estar: dando entrevistas a medios amigos. Mentres o lume acelera o labor das políticas das administracións nos últimos anos: desertizar o rural. Ou polo menos diso falan, no podcast que despide a tempada, Ana Luísa Bo...

S01E27 - Menos periodismo 13.07.2022

Os xornalistas minten? Os policías fabrican probas para incriminar xente inocente? Nas películas si e, polo que se ve, ou máis ben polo que se escoita, na realidade tamén. Na española, polo menos. Ana Luisa Bouza e Antón Losada , que de ser vilipendiados por rivais políticos algo saben, e Ana Pardo de Vera , que ten compartido plató con xentalla como Eduardo Inda , analizan eses feitos que soament...

S01E26 - OTAN, de entrada si, por suposto 06.07.2022

Por se non estaba claro quen mandaba, o pasado Cumio da OTAN en Madrid deixouno claro: os de sempre, e cos modos de sempre, nada de ambigüidades. E se hai que gastar o que faga falta en armamento –norteamericano, por suposto– gástase, porque é por necesidade de seguridade. Contra quen? Non está claro de todo, nin nolo explican, pero de seguro que contra os rusos, que en canto se desatasquen en Ucr...

S01E25 - Xuíces, OTAN e sexo ordenado 29.06.2022

A actualidade non só está sobrevalorada, senón sobredimensionada. O masacre de Melilla foi a resolución dun problema de integridade territorial. A OTAN agrándase en Madrid. O aborto deixou de ser un  dereito –non desexado, pero dereito– nos EUA por decisión duns xuíces  vitalicios, e por se fose pouco, aquí empezan a organizarse as Cruzadas. Quizais para compensar, o Goberno aproba...

AAES S01E24 - Feijóo, Bonilla, a mesma loita! 22.06.2022

Das eleccións andaluzas parece que se poden sacar dúas conclusións: unha, que o método Feijóo de gañar autonómicas (nada de siglas do partido, nada de ideoloxía e Gali... Andalucía, Andalucía, Andalucía) funciona, ou polo menos funcionoulle a Juanma Moreno Bonilla . A outra é que para non obter moi malos resultados, hai que presentarse dispostos a obtelos bos, e peléxándose o menos posible. Esa é...

AAES S01E23 - Galicia express 15.06.2022

Os viadutos reparados véñense abaixo cando estaban a piques de reinaugurarse. Os trens rápidos veñen, pero as frecuencias coas que circulan vánse igual de rápido. En Galicia, en cuestión de comunicacións, estamos como estabamos? Ou estivemos como pensabamos que iamos estar, pero deixamos de estalo? O caso é que entre autovías que se veñen abaixo, a A8 e a néboa, os servizos ferroviarios que se rec...

AAES22 - ‘Villa de Pitanxo’, máis preguntas 08.06.2022

Pese ao silencio decretado, os familiares dos mortos e desaparecidos do pesqueiro Villa de Pitanxo seguen a reclamar explicacións, cando os atrancos técnicos e os económicos que se poñían nos primeiros momentos vanse esvaecendo. Cada día que pasa, xurden tamén novas contradiccións nas declaracións do patrón, Juan Padín , e novas interrogantes sobre as presuntas irregularidades que rodeaban a xesti...

AAES 21 - Aivó, aivó, á aula a traballar 01.06.2022

Está a rematar o curso, e con el, as forzas do profesorado de secundaria. As reformas sucesivas, o incremento brutal da burocracia e o descenso de persoal fan que moitas veces teñan que dedicar máis tempo a asuntos colaterais que a preparar a materia ou a impartila. Diso os tres de sempre, Ana Luísa Bouza , Antón Losada e Xosé Manuel Pereiro , falamos con dúas vítimas: Manuela Iglesias Sanmarco ,...

AAES 20 - Explicaciones... ¿de que? 25.05.2022

200 medios de comunicación e outros tantos fans juancarlistas puxeron esta finde a Galicia no mapa e ao Emérito depositado nun barco que ganou unha regata. Todo un viva antes que comentan os nosos grumetes de garda, Ana Luísa Bouza , Antón Losada e Xosé Manuel Pereiro , cun contramestre invitado, Víctor Honorato , xornalista pontevedrés asentado en Madrid, en eldiario.es, que ante a importancia do...

AAES 19 - Sanxenxo, porto refuxio 18.05.2022

Sanxenxo será esta finde porto refuxio, como a illa caribeña da Tortuga na que se acubillaban no século XVII e XVIII aqueles navegantes que tiñan unha relación tensa coa legalidade. Non nos referimos a parte máis escollida dos veraneantes de sempre, senón ao Emérito , o rei vello, que segundo informou o novo voceiro da casa real, o alcalde Telmo Martín , virá dar unhas bordadas á ría de Pontevedra...

AAES 18 - o discurso do becario 11.05.2022

Escoitan foguetes? Dianas e alboradas nas rúas? Non, porque aínda non temos presidente, pero o candidato xa leu o tema que lle tocou: «Galicia, Galicia, Galicia», e que sabía de corrido. Así que mañá non haberá sorpresa e Alfonso Rueda comezará o seu proceso de ascensión: primeiro presidente da Xunta, despois xa se verá se «O noso Alfonso». Aquí, o equipo médico habitual – Ana Luísa Bouza , Antón...

AAES 17 - Cursos de espionaxe a distancia CNI 04.05.2022

Os espías veñen do frío ou daqueles desertos non tan afastados que dicía Aznar ? Hai versións de software libre do programa Pegasus ou só a que vende Israel? Por que os segredos que lle captaron ao presidente do Goberno, Pedro Sánchez , acadan a máis que respectable cantidade de 2,6 Gb, mentres os da ministra de Defensa, Margarita Robles , non van máis alá a uns miserentos 9 Mb, menos do que pesa...

AAES 16 - Sempre nos quedará París (ou non) 27.04.2022

Como en Casablanca, nas eleccións presidenciais francesas ganou o bo, pero non de todo. Quedou sen a chica. Aínda que, se Macron non se pode comparar con Bogart, a pesar de que os dous son pequenos, menos semellanza hai entre Ingrid Bergman e Marine Le Pen . Con todo, tanto Macron como Le Pen poden consolarse en que sempre lles quedará París: a el a presidencia durante cinco anos e a ela, consegui...

AAES 15 - Algún día todo isto será teu, Alfonso. 20.04.2022

Un suspense de medio pelo, unha rebelión que non pasou de protesta rosmona. A sucesión de Alberto Núñez Feijóo (aka «O seu Alberto»), os seus cargos, as súas pompas e as súas obras non foi à la Zaplana («toma el cargo y corre») pero tampouco algo ordenado. Ben, ordenado si. Desde arriba. Os nosos analistas de garda, Ana Luísa Bouza, Antón Losada e Xosé Manuel Pereiro debullan o azarapallado dedazo...

AAES 14 - Pitanxo: nós non esquecemos 06.04.2022

As familias dos tripulantes do pesqueiro Villa de Pitanxo, que se afundiu en augas de Terranova o pasado 15 de febreiro, seguen a reclamar que as administracións investiguen as causas do naufraxio e tamén tenten comprobar se os restos do barco gardan os corpos dalgún dos 12 desaparecidos. Kevin González, fillo do engraxador Fernando González, un dos desaparecidos, contoulle o drama dos parentes do...

AAES 13 - Por unha presada de céntimos 30.03.2022

Atendendo a unha enchente de peticións, o Goberno elaborou un plan de choque. Un paquete de medidas para transportistas, condutores, xente que vive de aluguer e demais familia. A ademais, é un plan que non provoca enfrontamentos no seo da coalición gobernante. Os nosos analistas de plantilla, Ana Luísa Bouza, Antón Losada e Xosé Manuel Pereiro, debullan polo miúdo as medidas, e mesmo a reacción qu...

AAES 12 - cartas marruecas 23.03.2022

A veces chegan cartas... e a Mohamed VI , rei de Marrocos chegoulle unha de Pedro Sánchez na que lle daba a razón –ou unha vía de escape– para o conflito do Sáhara. É dicir, despois de abandoar as súas obrigas como expotencia colonial, e desoíndo os acordos da ONU, o presidente español considera unha solución «sabia, creíble y realista» que a terra dos saharahuís teña unha autonomía, dentro dun es...

AAES 11 - Alberto Spanish Tour 2022 16.03.2022

Na vida de calquera hai un momento en que ten que dar os seus primeiros pasos en solitario, emanciparse da zona de confort que o arroupou ata entón. Alberto Núñez Feijóo, o que era O Noso Presidente, está despregando as ás e convértendose en bolboreta de presidente do PP de España, o Presidente Popular en Común. Os sospeitosos habituais, Ana Luísa Bouza, Antón Losada e Xosé Manuel Pereiro ven con...

AAES 10 - Alberto, pluriempregado 09.03.2022

Nos filmes de Hollywood os xornalistas sempre berran que son americanos cando os deteñen, seguro que non é o caso dos españois. E se o fan parece que ten pouco efecto, visto o que está ocorrendo con Pablo González en Polonia.  No programa desta semana visítanos Xabier Lapitz , director e presentador de En Jake na ETB, para traernos novedades sobre o seu caso.  En clave nacional (e estata...

AAES 9 - Informar en tempo de guerra, para que? 02.03.2022

Fóra dos quirófanos, as operación que se pretenden cirúrxicas acaban en carnicerías, como se está vendo en Ucraína. E tamén que, nos conflitos bélicos, a primeira vítima é a verdade, ou o que é o mesmo, o acceso a unha información plural. A UE ou Twitter tentan erixirse en xuíces do que a cidadanía pode ver, ler ou escoitar. Pablo González, xornalista freelance colaborador de Público , Gara ou Luz...

AAES 8 - PP Wars 23.02.2022

Mentres en CentroEuropa (Ucraína, Bielorrusia, Rusia...) sopran ventos bélicos, Génova,13 (28004, Madrid) tamén coñecida ultimamente como A casa das dagas voladoras é unha das máis sanguentes frontes da guerra declarada por Isabel Díaz Ayuso desde o edificio de Gobernación da Porta do Sol (aka Death Star ). Se Putin ordenou a entrada de tropas nas rexións prorrusas que se declararan repúblicas pop...

AAES 7 - Ultras de Castela (e León) 16.02.2022

Outras eleccións nas que quen gaña, perde. Ou outro caso de se algo funciona, non o cambies. As eleccións de Castela e León, ou como o PP (o Pablo Casado) foi por la (merina) e saíu trasquiado. Os gañadores son, sobre todo Vox, que neste caso non se conforma co concubinato que mantén co PP noutras comunidades e quere formalizar relacións, e as candidaturas que en Madrid chaman cantonalistas, as do...

AAES 6 - Titorial para votar con xeito 09.02.2022

Se corre perigo de que o escollan como xurado profesional de calquera concurso ou está pensando postularse como representante do electorado en calquera cámara, élle imprescindible escoitar con atención este podcast. Os dous especialistas de garda con amplos coñecementos do tema, Ana Luísa Bouza e Antón Losada , coa colaboración estelar do cronista parlamentario de Infolibre, Fernando Varela , e ba...

AAES 5 - Idiomas inventados e toallas. Menos mal... 02.02.2022

Hai xente rara que canta en idiomas estraños ou inventados, e a seña de identidade de Portugal son as toallas de rizo. Son cousas que aprendemos, nós e millóns de españois, na edición 2022 do Benidorm Fest, grazas a unha televisión de servizo público. Outro medio de servizo público como A ACTUALIDADE ESTÁ SOBREVALORADA analiza toda esta problemática, e de paso as eleccións que tiveron lugar o pasa...

AAES 4 - Botas campeiras, atención primaria e un ave rapaz 26.01.2022

Nos últimos días producíronse dúas manifestacións contra as respectivas crises sectoriais: A sanidade pública (na Coruña) e o abandono do campo (en Madrid). A demanda de solucións para a saúde pública xa estaba tardando porque os gobernos -polo menos o de Galicia- ainda non recuperaron as porcentaxes de investimento no sector que se rexistraban en 2006, e iso despois dunha pandemia que deixou ben...

Ouça o podcast A actualidade está sobrevalorada no Replaio

Rádio e podcasts em um só app - grátis e sem cadastro. Instale hoje e não perca o lançamento

Baixe no Google Play

O Replaio não é o publicador dos podcasts; os nomes dos programas, as capas e o áudio pertencem aos seus autores e são distribuídos por feeds RSS públicos