Ames Pospetróleo
Vivirmos nun mundo finito
Programa dirixido por Ames Pospetróleo para a radio municipal Ames Radio (Ames, A Coruña, Galiza). Dedicado á concienciación da cidadanía acerca do Peak Oil e outras crises confluentes. Coordinado por Manuel Casal e coa colaboración de Ramom Flores, Emilio Román, Diego Vázquez e outros.
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Vivirmos nun mundo finito - 65 - Extinction Rebellion & Fridays for future 14.03.2020 28:20
Neste episódio Manu conversa con Kai Baltrusch, estudante de Bioloxía na Universidade de Santiago de Compostela, sobre os nodos galegos de "Extinction Rebellion" e "Fridays for Future" , e o "Movemento Galego polo Clima". Ou sexa, sobre a emerxéncia climática na que vivimos.
Vivirmos nun mundo finito - 64 - Conversa cun veterán ecoloxista inglés 2ª parte 13.03.2020 31:27
Neste episódio Ramom prosegue a sua entrevista con David Middleton, un veterán ecoloxista inglés que mora na Galiza hai mais de vinte anos. Así continuan falando de Extinction Rebellion, das estratéxias que están a utilizar, das declaracións de Emerxéncia Climática adoptados por vários países europeos ...
Vivirmos nun mundo finito - 63 - Conversa cun veterán ecoloxista inglés - I 09.02.2020 29:29
Neste episodio emitimos a primeira parte dunha entrevista que lle fixo Ramón a David Middleton, un veterano ecoloxista inglés que mora hai máis de vinte anos na Galiza. Nesta conversa tratan de como foi evolucionando o ecoloxismo nas últimas décadas, e como foi mudando o panorama, e os temas de preocupación do ambientalismo político.
Vivirmos nun mundo finito - 62 - Guia para o descenso enerxético, agora en castelán - II 27.01.2020 29:35
Este episódio é unha continuación do anterior, ou seja, Manu continua a entrevista con Begoña de Bernardo falando sobre a publicación en castelán da "Guia para o descenso enerxético", aproveitando para facer un repaso aos temas de actualidade como o impacto das mudanzas climáticas.
Vivirmos nun mundo finito - 61 - Guia para o descenso enerxético, agora en castelán 15.01.2020 29:26
Neste episódio, e xa van 61, Manu entrevista a Begoña de Bernardo, presidenta da asociación "Véspera de Nada", co gallo da apresentación da versión en castelán da "Guia para o descenso enerxético". Versión muito esperada nos ambientes peakoleiros e colapsistas españois.
Vivirmos nun mundo finito - 60 - Un futuro sen carbón 15.01.2020 29:14
Neste episódio voltamos a falar da "Estratexia galega sobre mudanza climática e enerxía" apresentada recentemente pola Xunta de Galiza. Asi Manu entrevista a Manoel Santos, coordenador de Greepeace en Galiza, e voceiro do nodo galego de "Por un futuro sen carbón".
Vivirmos nun mundo finito - 59 - Informe da ONU sobre a fenda de emisións 27.12.2019 27:38
Neste episódio Manu falanos sobre un recente informe do "Programa das Nacións Unidas para o Ambiente" sobre a diferenza entre a diminución das emisións de gases de efeito invernadoiro as que se comprometeron os países asinantes do Acordo de Paris, COP-2015, e a necesária para que a temperatura média do planeta non sobarde os limiares fixados de 1.5ºC ou 2.0ºC.
Vivirmos nun mundo finito - 58 - Estratéxia galega de "Mudanzas climáticas e enerxia" 27.12.2019 29:24
Neste episódio Manu e Ramón analisan o "Plano Rexional Integrado de Enerxía e Clima 2019-2023" da Xunta de Galiza, documento que acaba de facer público o dito organismo e no qual se debullan as medidas que o governo galego pretende implementar para enfrontarse ao desafio das "Mudanzas climáticas", estreitamente ligadas ao modelo enerxético.
Vivirmos nun mundo finito - 57 - Casalonga libre de residuos 27.12.2019 29:02
Neste episódio Manu conversa con Uxía Lemos, concelleira de meioambiente de Teo, e José Antonio Ferreira en representación da plataforma viciñal "Casalonga libre de resíduos", sobre os proxectos da empresa Toysal, especializada no transporte e tratamento de resíduos, para "restaurar" unha canteira en fin de vida.
Vivirmos nun mundo finito - 56 - Decrecer para sobrevivir 03.12.2019 28:01
Neste episódio Manu entrevista a José Alberto Cuesta, autor do libro "Decrecer para sobrevivir", publicado pola editora "El viejo topo" dentro da sua colección "Ensayo". Un libro de divulgación, que como su título indica pretende achegar ao grande público a problemática asociada a unha sociedade baseada nun insustentábel crecemento perpétuo.
Vivirmos nun mundo finito - 55 - Economía para un futuro sostenible 29.11.2019 24:58
Neste episódio Manu entrevista a Vicent Cucarella, Síndic Major de Comptes da Comunidade Valenciana e investigador do Institut Valencià d'Investigacions Econòmiques, a respeito dun libro seu que acaba de ser traducido ao galego e publicado por Laiovento co título "Economia por un futuro sustentable".
Vivirmos nun mundo finito - 54 - Non é o mesmo 06.06.2019 30:01
Neste episódio, o número 54, Manu entrevista a Xosé Manuel Durán, para falar do proxecto "Non é o mesmo", que pretende favorecer o mercado de produtos ecolóxicos e locais, xuntando labreg@s e gandeir@s, da área de compostela, e con produción ecolóxica, con consumidor@s, a nível individual ou colectivo, que demandan este tipo de produción.
Vivirmos nun mundo finito - 53 - Filosofía postmaterialista para un bo colapso 06.06.2019 30:17
Neste episódio, o quinquaxésimo terceiro, Manu entrevista ao filosofo catalán Jordi Pigem, un autor que ven estudando as nosas sociedades con unha perspectiva ampla, que lle permite abordar o a irracionalidade da nosa civilización desde unha visión postmaterialista.
Vivirmos nun mundo finito - 52 - Comentando o programa do PSOE para as municipais 24.05.2019 31:58
Como non foi posíbel concertar unha entrevista con algun representante do PSOE de Ames, neste episódio, o número 51, Manu e Ramón comentan o programa deste partido, focándose nos pontos deste programa relacionados coa emerxéncia climático-enerxética que xa comezamos a sofrer, se ben ainda estamos nos seus primórdios.
Vivirmos nun mundo finito - 51 - PP. Os grupos políticos de Ames ante a emerxencia climático-enerxética 24.05.2019 27:32
Neste episódio Manu conversa con Ramón Argibay, do PP, sobre os temas que nos preocupan en Amespospetróleo, ou sexa a emerxéncia climático-enerxética que xa comezou, para ver cal é o seu ponto de vista sobre estes temas e que medidas contemplan no seu grupo político para mellorar, ou cando menos non empiorar, a situación a nível local.
Vivirmos nun mundo finito - 50 - Respondendo a 50 preguntas frecuentes 24.05.2019 30:28
Para celebrar que o programa atinxiu o limiar de 50 episódios, no presente episódio fai-se unha faq (respostas a perguntas frecuentes) sobre, en que e como, nos afecta a finitude do mundo, dos seus recursos naturais, e da sua capacidade de absorción e tratamento da polución que xera a nosa sociedade global.
Vivirmos nun mundo finito - 49 - BNG. Os grupos políticos de Ames ante a emerxencia climático-enerxética 23.05.2019 31:14
Neste episódio Manu conversa con David Santomil, do BNG, sobre os temas que nos preocupan en Amespospetróleo, ou sexa a emerxéncia climático-enerxética que xa comezou, para ver cal é o seu ponto de vista sobre estes temas e que medidas contemplan no seu grupo político para mellorar, ou cando menos non empiorar, a situación a nível local.
Vivirmos nun mundo finito - 48 - Green New Deal 23.05.2019 28:13
Neste 48avo episódio falamos dunha nova proposta que está na moda a ambas beiras do Atlántico, cando menos no hemisfério norte, o green new deal (novo acordo verde/ambiental). Para iso voltamos a conversar con Marcos Rivero (o "noso corresponsal no Reino Unido").
Vivirmos nun mundo finito - 47 - Xeopolítica dun mundo finito... e escagallado (II) 22.05.2019 29:14
Neste 47avo episódio Manu e Ramón seguen a falar sobre xeopolítica, tendo en conta que o mundo é finito, e que non está con moi boa saude. Baseando-se no libro "Géopolitique d'une planète déréglée", obra do especialista de xeopolítica e estudos estratéxicos Jean-Michel Valantin.
Vivirmos nun mundo finito - 46 - Xeopolítica dun mundo finito... e escagallado (I) 22.05.2019 30:01
Neste 46avo episódio Manu e Ramón falán sobre xeopolítica, tendo en conta que o mundo é finito, e que non está con moi boa saude. Baseando-se no libro "Géopolitique d'une planète déréglée", obra do especialista de xeopolítica e estudos estratéxicos Jean-Michel Valantin.
Vivirmos nun mundo finito - 45 - Contigo pódese. Os grupos políticos de Ames ante a emerxencia climático-enerxética 22.05.2019 28:56
Neste episódio Manu conversa con Eusebio Ónega, de Contigo Pódese, sobre os temas que nos preocupan en Amespospetróleo, ou sexa a emerxéncia climático-enerxética que xa comezou, para ver cal é o seu ponto de vista sobre estes temas e que medidas contemplan no seu grupo político para mellorar, ou cando menos non empiorar, a situación a nível local.
Vivirmos nun mundo finito - 44 - Ames Novo. Os grupos políticos de Ames ante a emerxencia climático-enerxética 22.05.2019 26:47
Neste episódio Manu conversa con Quique Costas, de Ames Novo, sobre os temas que nos preocupan en Amespospetróleo, ou sexa a emerxéncia climático-enerxética que xa comezou, para ver cal é o seu ponto de vista sobre estes temas e que medidas contemplan no seu grupo político para mellorar, ou cando menos non empiorar, a situación a nível local.
Vivirmos nun mundo finito - 43 - Ecofeminismo: as mulleres ante o colapso 22.05.2019 31:23
Neste episódio Manu conversa con Begoña de Bernardo, enxeñeira agrónoma e presidenta de "Vespera de Nada", sobre ecofeminismo: en que se diferencia doutros tipos de feminismo, en que contribui a loita polos direitos das mulleres, como mistura as visións feministas cos imperativos ecolóxicos dun mundo finito ...
Vivirmos nun mundo finito - 42 - Reducir a pegada do noso consumo dixital 22.05.2019 26:26
Este episódio, nº 42, pode-se considerar como unha continuación do episódio 37. Se nese episódio apresentábamos un estudo sobre o consumo enerxético do sector dixital, neste damos dicas de como facer un uso sóbrio e responsábel dos nosos aparellos dixitais.
Vivirmos nun mundo finito - 41 - Comunicar o colapso 21.05.2019 31:32
Neste episódio 41 de "Vivirmos nun mundo finito" tratamos de como comunicar aos que nos rodean da posibilidade dun colapso da nosa civilización. E para iso contamos con 3 colaboracións: Luis González Reyes nos lé o seu artigo: "Ideas sobre cómo comunicar el colapso civilizatorio" , Manu Casdeiro nos dá a sua visión sobre o tema, e Rodrigo Osorio le o seu artigo: "Contar o mañá - Cando as narradora...
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.