Ames Pospetróleo

Vivirmos nun mundo finito

Science ES ↓ 190 episodes

Programa dirixido por Ames Pospetróleo para a radio municipal Ames Radio (Ames, A Coruña, Galiza). Dedicado á concienciación da cidadanía acerca do Peak Oil e outras crises confluentes. Coordinado por Manuel Casal e coa colaboración de Ramom Flores, Emilio Román, Diego Vázquez e outros.

Author

Ames Pospetróleo

Category

Science

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jan 15, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Vivirmos nun mundo finito - 40 - Ecos desde Francia 19.05.2019

Neste episódio Manu conversa con Esteban Bernatas sobre a situación na Franza: o movimento decrescentista, o xornal "La decroissance" (ou sexa "O decrecimento"), colapsoloxia: a ciencia que estuda o colapso civilizacional, coletes amarelos, a ZAD de Notre-Dame-des-Landes, etc.

Vivirmos nun mundo finito - 39 - Transitions Towns & Extinticion Rebellion 18.04.2019

Neste episodio Manu entrevista ao Marcos Rivero --un sevillano vivendo no Reino Unido-- sobre un par de movimentos, ambos de orixe británica: Transitions Towns (Cidades-Vilas en transición) e Extinction Rebellion (Rebelión contra a Extinción), mas que xa se teñen expandido por moitos outros países.

Vivirmos nun mundo finito - 38 - Consumismo ou consumo responsable? 21.02.2019

Neste episódio Manu entrevista a Toni Lodeiro, galego de orixe mas vivendo na Cataluña, un especialista en consumo consciente. Alén de muitos artigos, é autor dun par de libros: "Consumir menos, vivir mejor. Ideas prácticas para un consumo más consciente” (2008) e "Som part del Canvi! Guia de consum conscient i economia solidària per associacions" (2017).

Vivirmos nun mundo finito - 37 - Sobriedade dixital 21.02.2019

Neste episódio comentamos un informe do "think tank" francés "Shift Project" dedicado ao consumo enerxético do sector dixital. Neste estudo mostra-se que o consumo en enerxia deste sector --que abranxe desde os smartphons às lavadoras conectadas, pasando polos data centers e os marca-pasos-- crece a un ritmo acelerado, e que de non controlar-se vai anular el só todos os esforzos acordados no Acord...

Vivirmos nun mundo finito - 36 - Transición enerxética ou Estado de emerxencia? 19.02.2019

Neste episódio Manu charla con Marga Mediavilla sobre o «Grupo de Emergencia Civilizatoria» (EmerCiv) e a sua iniciativa de redixir unhas «Recomendacións para a mellora da "Ley de Cambio Climático y Transición Energética" do governo español». Recomendacións baseadas nos coñecimentos científicos mais recentes, como é de esperar dun grupo como o EmerCiv formado principalmente por membros da comunida...

Vivirmos nun mundo finito - 35 - Que está a pasar cos combustíbeis? 13.02.2019

O prezo dos combustíbeis espoleta protestos na Franza e noutros países da Europa. Como interpretar eses protestos?. Son sintomas da escaseza do petróleo previsíbel para os próximos decénios ou obedecen a outras causas?. Neste episódio apresentamos diversas perspectivas sobre estes temas.

Vivirmos nun mundo finito - 34 - O coche eléctrico, en Ames e en España 12.12.2018

Neste episódio falamos dos automóveis eléctricos, comentando a instalación dun par de pontos de recarga para eles no concello de Ames, e o rascuño de lei sobre as mudanzas climáticas que acaba de apresentar o governo español. Episódio gravado o 19/11/18, e emitido en Ames Radio o 26/11/18.

Vivirmos nun mundo finito - 33 - Estado de emerxencia (intectual e climático), 2ª parte 12.12.2018

Neste episódio seguimos a conversar co divulgador científico Ferrán Puig Vilar, sobre as mudanzas climáticas e os disparates dos moito sérios e moito escoitados economistas neoclásicos Episódio gravado o 12/11/18. Episódio emitido o 19/11/18 en Ames Radio.

Vivirmos nun mundo finito - 32 - Estado de emerxencia (intectual e climático) 12.12.2018

Neste episodio, o nº 32, Manu fala co divulgador científico Ferrán Puig Vilar sobre os delírios habituais dos economistas, para os cais o mundo físico é algo de menor importáncia, referindo-se especificamente a sua maneira de pensar sobre as mudanzas climáticas. Episódio gravado o 05/11/18 e emitido o 12/11/18

Vivirmos nun mundo finito - 31 - Calculando o final do petróleo dispoñible 12.12.2018

Neste episódio, nº 31, MANU entrevista a Pedro Prieto acerca do situación actual do mundo do petróleo, os aspectos xeopolíticos e o pico das exportacións do ouro negro. Comentado os últimos artigos publicados polo entrevistado en "15/1515 - Revista para una nueva civilización". Episódio gravado o 29/10/18 e emitido o 05/11/18.

Vivirmos nun mundo finito - 30 - A demisión de Monsieur Hulot 11.12.2018

Neste episódio nos ocupamos da mediática demisión do ministro francés da "Transición ecológica e solidária". O sr Hulot demitiu-se durante unha entrevista radiofónica en directo. Nos recriamos parte desa entrevista, pois consideramos de moito interese escoitar dun ministro falar sen papas na língua sobre o precário estado do noso planeta, e os tremendos desafios que temos por diante. Programa grav...

Vivirmos nun mundo finito - 29 - O Centro de Saberes para a Sustentabilidade 06.12.2018

Neste episódio Manu fala con Xoán Doldán sobre a posta en marcha do Centro de Saberes para a Sustentabilidade (RCE-Galicia). Ou sexa do nodo galego dentro da rede da UNESCO de centros rexionais de competéncias en matéria de educación para el desenvolvimento sustentábel. Episódio gravado o 15 de Outubro de 2018 e emitido en Radio Ames o 22 de Outubro de 2018.

Vivirmos nun mundo finito - 28 - Ameazas para o medioambiente en Ames 04.12.2018

Neste episódio falamos de ameazas ao medioambiente no concello de Ames. Mais especificamente Manu entrevista a JAVIER GARCÍA GULDRÍS e a CHUS BOO para falar sobre os problemas da depuradora do Souto e do proxecto de vertedoiro en Casalonga. Episódio gravado o dia 6 de Maio de 2018, e emitido en Radio Ames o dia 11 de Maio de 2018.

Vivirmos nun mundo finito - 27 - O proxecto MEDEAS 04.12.2018

Neste episódio falamos sobre o proxecto MEDEAS, un proxecto europeu que pretende modelar a transición enerxética sob restricións ambientais e socioeconónicas. Para falar deste tema Manu entrevista a Jordi Solé, o coordenador da equipa do CSIC que participa neste proxecto, e un dos "pais" do dito proxecto. Este episódio foi gravado o 30/05/2018 e emitido o 04/06/2018.

Vivirmos nun mundo finito nº 26 - Os prezos do petróleo, situación actual e previsións 04.12.2018

Neste episódio, nº 26, Manu Casal Lodeiro entrevista a Antonio Turiel, un coñecido divulgador da finitude do petróleo. O tema principal da entrevista, e o do episódio, son os prezos do petróleo, que teñen subido notabelmente na actualidade, e que se pode esperar da evolución de estes prezos nun futuro.

Vivirmos nun mundo finito - 25 - Poñer en marcha a transición 26.11.2018

Neste episódio falamos de solucións, ou sexa de como facer unha transición cara unha sociedade mais sustentábel. Asi entrevistamos a Juan del Rio, coordenador das Transitions Towns (Cidades en transición) no estado español. O que nos permite dar a coñecer esa interesante iniciativa. Mais non é a única, e asi tamén falaremos doutras posibilidades.

Vivirmos nun mundo finito - 24 - A falsa sustentabilidade 05.11.2018

Neste episodio voltamos a entrevistarmos a Xoán Doldán, profesor de economía aplicada na Universidade de Santiago de Compostela, e membro da asociación "Véspera de Nada". Que neste caso nos fala da falsa sustentabilidade, i.e. desa operación de greenwashing que pretende compatibilizar o crecemento coa realidade dun mundo finito, con recursos finitos e capacidades de absorción da polución finitas.

Vivirmos nun mundo finito - 23 - Os detritívoros 30.10.2018

Neste episodio fálase da demografía mundial, do seu crecemento exponencial, e da inevitabilidade da redución da poboación mundial nun mundo onde certos recursos fundamentais escasean. Completase con a lectura dun fragmento de "Nosotros, los detritívoros", e música axeitada.

Vivirmos nun mundo finito - 22 - Mobilidade sustentábel 15.10.2018

Este episódio está dedicado a Xornada de mobilidade sustentábel que tivo lugar o dia 25 de Abril de 2018, na Casa da Cultura de Milladoiro. Xornada na cal se discutiu sobre a mobilidade dentro da estratéxia urbana do Concello de Ames, e tamén do transporte sustentábel dentro dá Área metropolitana de Santiago de Compostela

Vivirmos nun mundo finito - 21 - Libros acerca do colapso, 1ª parte 08.10.2018

Comemorando o dia do libro, neste episódio falamos de libros que dun xeito ou doutro abordan un posíbel o colapso da nosa civilización. Con fragmentos lidos por os seus autores dos seguintes libros: "Opción Cero", de Emilio Santiago Muíño "Iv", de Carlos de Castro "El Siglo de la Gran Prueba", de Jorge Riechmann "Sol Negro en la ciudad", de Mariluz Secilla

Vivirmos nun mundo finito - 20 - Eucalipto, especie invasora 08.10.2018

Neste episódio tratamos sobre o papel que xoga na actualidade o eucalipto na nosa contorna, facendo un par de entrevistas. A primeira ao biólogo e consultor ambiental Xabier Vázquez Pumariño. E a segunda ao concelleiro de meio ambiente do concello de Ames, Javier García Guldrís.

Vivirmos nun mundo finito - 19 - Opción Cero 08.10.2018

Entrevista a Emilio Santiago Muíño, autor do libro: "Opción Cero. El reverdecimiento forzoso de la revolución cubana". Opción Cero fue como se dio a conocer la drástica coyuntura de pobreza energética a la que hubo de hacer frente Cuba en los años noventa, cuando tras la caída de la Unión Soviética se vio desprovista de sus suministros externos, especialmente de petróleo.

Vivirmos nun mundo finito - 18 - "En la espiral de la energía" 20.06.2018

Este episódio está dedicado a falar dun libro moi influente no mundo ecologista e decrecentista español: "En la espiral de la energía", con unha clarificadora entrevista a un dos seus autores: Luis González Reyes.

Vivirmos nun mundo finito - 17 - O futuro das pensións 11.06.2018

Neste episódio falamos do futuro das pensións, tendo en conta a imposibilidade do crecimento continuo. Incluindo unha entrevista con Antonio Turiel.

Vivirmos nun mundo finito - 16 - Documentais para un mundo pospetróleo 11.06.2018

Neste episodio falamos sobre documentais que tratan sobre o crecimento continuo nun mundo finito, e os problemas que isto causan.

Listen to the Vivirmos nun mundo finito podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.