Ames Pospetróleo
Vivirmos nun mundo finito
Programa dirixido por Ames Pospetróleo para a radio municipal Ames Radio (Ames, A Coruña, Galiza). Dedicado á concienciación da cidadanía acerca do Peak Oil e outras crises confluentes. Coordinado por Manuel Casal e coa colaboración de Ramom Flores, Emilio Román, Diego Vázquez e outros.
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Vivirmos nun mundo finito - 90 - 'El descenso', un disco sobre o colapso 23.04.2022 30:22
Neste episódio Manu entrevista á cantautora Caliza, que apresenta o seu album titulado "El descenso". Um disco que xerado pela sua descoberta da crítica situación ecolóxica-social na que vivimos, imbuido de ecoansiedade e incerteza, mas sen renunciar ao futuro.
Vivirmos nun mundo finito - 89 - Ataque a Ucrania: as claves enerxéticas 23.04.2022 29:12
Neste episódio Manu conversa con Dani Gómez, presidente da "Asociación para el Estudio de los Recursos Energéticos", sobre a guerra na Ucrania, focándose nos factores e repercusións enerxéticos do conflicto.
Vivirmos nun mundo finito - 88 - Revista Salamandra: surrealismo e colapso 17.04.2022 28:40
Neste episódio Manu charla con José Manuel Rojo, do grupo subrealista de Madrid.
Vivirmos nun mundo finito - 87 - Concellaría para a Axenda 2030 26.03.2022 29:11
Desde final de 2021 hai unha nova concellaria no Concello de Ames adicada á Axenda 2030. Neste episódio Manu entrevista a David Santomil, concelleiro do BNG, e encarregado de dirixir esta nova concellaria. Que é a Axenda 2030?, cais son as competencias da nova concellaria? e cais son os seus obxectivos para este mandato (municipal)? A estas e a outras cuestións contesta o David Santomil nesta entr...
Vivirmos nun mundo finito - 86 - La batalla por el colapso 25.03.2022 30:44
Neste episódio, Manu charla con Pablo Font Oporto, Profesor de filosofía política, ética e filosofía do dereito na Universidad Loyola Andalucía. No seu último libro, La batalla por el colapso, o profesor Font debruzase, sen por panos quentes, sobre a perigosa situación na que se acha a humanidade, que parece abocada ao colapso civilizatório. Como chegamos até aquí? Que impacto político ten a crise...
Vivirmos nun mundo finito - 85 - O monte comunal deféndese 24.03.2022 30:52
Neste episódio Manu fala con Xosé Alfredo Pereira, presidente da Organización Galega de Comunidades de Montes, co gallo da apresentación dunha Iniciativa Lexislativa Popular para mudar a lei que regula estas entidades. A intención desta iniciativa é opor-se a reforma do Plano florestal de Galiza, que consideram procura privatizar veladamente os montes de mao común.
Vivirmos nun mundo finito - 84 - Ética e filosofia da natureza 21.03.2022 30:26
Manu conversa con Marta Tafalla, profesora de filosofia na Universidade Autónoma de Barcelona, sobre o veganismo e antiespecismo desde un ponto de vista ético. Debruzando-se sobre as limitacións que nos impoñen vivirmos nun mundo finito e cheo, de persoas, na relacións --de exploración-- que mantemos coas outras espécies animais. Tanto pola insustentabilidade do modelo pecuário actual, como pola s...
Vivirmos nun mundo finito - 83 - Permacultura na Estrada 21.03.2022 31:34
Manu conversa con Diego Reimóndez, um fillo de emigrante, nacido e criado nos EUA, que "retornou" xunto un seu irmao para levar adiante un proxecto de permacultura nas terras da família.
Vivirmos nun mundo finito - 82 - Enerxía nuclear: un verde radiactivo 18.03.2022 30:25
Neste episódio Manu entrevista a Marcel Coderch, Enxeñeiro de telecomunicacións, Dr. polo MIT, Catedrático de la UPC, ex-presidente Autoritat Catalana de la Competència e autor, entre outras obras, de "El espejismo nuclear" . Loxicamente neste episódio se trata da enerxia nuclear, e da sua (im)posibilidade de que substitua as enerxias fóseis.
Vivirmos nun mundo finito - 81 - 2022, un ano crítico 13.02.2022 30:20
Neste episódio o Manu e o Ramom, num episódio grabado antes do Nadal e emitido a no comezo do ano, conversan sobre diversos temas que están a encher o espazo midiatico no momento: pandemia de Covid-19, tensións xeopolíticas, alza do prezo dos combustíbeis ...
Vivirmos nun mundo finito - 80 - Mario Pansera, investigador do poscrecemento 12.02.2022 32:13
Neste episódio Manu entrevista a Mario Pansera, director do seu laboratório de inovación poscrecimento da Universidade de Vigo. Un grupo interdisciplinário interesado principalmente en achar solucións para unha transición ecolóxica desde unha economia extractiva e insustentábel cara a unha sociedade responsábel e xusta.
Vivirmos nun mundo finito - 79 - Epona Terra: leiras buscan xente 09.02.2022 31:11
Neste episódio Manu entrevista a Graciela Ravasi, de Epona Terra, un proxecto que procura pór en contacto proprietários de terras baldias con xente que as quer traballar.
Vivirmos nun mundo finito - 78 - A Sabia, moeda social galega 08.02.2022 31:40
Neste episódio Manu fala con Alberto Molares sobre moedas sociais, locais, alternativas ... Especialmente sobre a Sabia, unha moeda social que abranxe toda a Galiza, as suas características e os obxectivos que pretenden atinxir co seu uso; dar-lle maior resiliéncia da economia local, favorecendo o comercio e a produción local
Vivirmos nun mundo finito - 77 - Os bancos locais de electrónica 07.02.2022 28:18
Neste episódio Manu entrevista a Iván Tourís, do Banco de Electrónica de Teo. Reúso e reciclaxe de aparellos electrónicos. Cando e porque naceu?. O seu ámbito de funcionamento. O seu papel na crise da Covid-19. Que material se pode levar ao Banco de Electrónica. . .
Vivirmos nun mundo finito - 76 - Resultados da COP26 07.02.2022 28:33
Neste episódio Manu fala a Carmen Duce, membro do "Grupo de Enerxia, economia e dinámica de sistemas" da Universidade de Valladolid, coordenadora española de "Clean Cities" e militante de longa data de "Ecologistas en Acción". Nesta entrevista trata-se da COP26 e dos seus resultados un tanto desapontadores.
Vivirnos nun mundo finito - 75 - Sobrannos as ideas 07.02.2022 30:10
Neste episódio Manu entrevista a Arnau Montserrat, autor do libro "Nos sobran las ideas. Propuestario para una transición ecosocial". Baseado nas suas experiéncias no território ecosocial "Vall de Can Maseu", é unha viaxe polo saber colectivo dos que se teñen proposto vivir unha vida boa e digna dentro dos límites da bioesfera e alén da economia de pillaxe.
Vivirmos nun mundo finito - 74 - O prezo do gas natural 12.11.2021 29:37
Neste episodio Manu entrevista a Antonio Turiel, que a pesar de ser xa toda unha estrela mediatica, nisto da problemática enerxética, encontrou tempo para falar no noso humilde programa. O tema obviamente é a actual penuria de gas natural, as súas orixes e as súas repercusións nos prezos da enerxía. Sen esquecer que tamén o petróleo comeza a non ser tan abundante, e que a escaseza dun dos seus der...
Vivirmos nun mundo finito - 73 - A cop26 09.11.2021 30:07
Neste episódio Manu entrevista a Ferrán Puig Vilar --autor dun dos mellores blogues españois, Ustede no se lo cree (https://ustednoselocree.com)--, para comentar a Cimeira sobre o clima que está a ter lugar em Glasgow, e na qual se deveriam obter acordos ambiciosos e vinculantes, para termos algumha posibilidade de evitar o caos climático.
Vivirmos nun mundo finito - 72 - Migracións humanas 09.11.2021 31:40
Seguimos a falar com João Abigão, pesquisador portugués e autor do interesante web site https://www.overpopulationatlas.com/. E neste episódio adentramo-nos num eido complexo e no qual é posíbel esvarar con facilidade, as migracións humanas atuais e futuras, tendo en conta o estado de sobrecarga no que está a biosfera.
Vivirmos nun mundo finito - 71 - Sobrepopulación humana 09.11.2021 28:05
Neste programa o Ramom entrevista a João Abigão, autor do sítio web https://www.overpopulationatlas.com. Este xoven pesquisador portugués, ten como foco de interese os limites planetários, debruzándose inicialmente na (sobre)populación humana, mas sen deixar de preocupar-se doutros aspectos da nosa civilización que a poñen en situación de sobrecarga ecolóxica, o cal pode levar ao colapso.
Vivirmos nun mundo finito - 70 - Leccións sistemicas da COVID-19 09.11.2021 29:45
Neste episodio falamos con Xoán Doldán, actual decano da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC, sobre como previa que fose afectar a irrupción da COVID-19 na economía a nivel estrutural. Este episodio gravouse a principios de marzo de 2020, mas non nos foi disponibilizado até novembro de 2021, precisamente polas demoras a que deu lugar a COVID-19 en todos os aspectos das nosas vid...
Vivirmos nun mundo finito - 69 - 5G: progreso ou insensatez? (2ª parte) 09.11.2021 29:40
Seguimos a falar da 5G, i.e. da quinta xeración de telefonía móbil, con Pedro Prieto, enxeñeiro de telecomunicacións e grande coñecedor dos desafíos que ten por diante a civilización industrial na que vivimos. É a implantación desta quinta xeración algo bon, mesmo imprescindíbel para o futuro benestar da humanidade, ou non é máis que unha nova tolería?
Vivirmos nun mundo finito - 68 - 5G: progreso ou insensatez (1ª parte) 17.03.2020 29:32
Neste episódio Manu entrevista a Pedro Prieto para falar da 5G -- Quinta xeración de internet móvel--, unha tecnoloxia muito na moda, da cal, como sempre, se apregoan os benefícios mas non tanto os problemas que a acompañan e que nos fan dubidar da sua pertinéncia.
Vivirmos nun mundo finito - 67 - Disruptores endocrinos (2ª Parte) 17.03.2020 28:22
Neste episódio continuamos a tratar dos disruptores endocrinos, botando man do libro do Dr. Olea "Libérate de tóxicos. Guía para evitar los disruptores endocrinos" para explicar como protexer-se de estas moléculas, cousa nada fácil pois hoxe en dia estamos mergullados neles.
Vivirmos nun mundo finito - 66 - Disruptores endocrinos (1ª Parte) 15.03.2020 27:03
Neste episódio Manu entrevista ao Dr. Nicolás Olea, Catedrático da Universidade de Granada, sobre os disruptores endrocrinos; substancias exóxenas capaces de alterar o equilibrio hormonal dos nosos corpos e que poderian afectar ao desenvolvimento das capacidades cognitivas, dos organos reproductivos ...
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.