AGalegaAudio

Todos os podcast | Lambóns dixitais

Todos os podcast do programa de actualidade tecnolóxica da Radio Galega

Author

AGalegaAudio

Category

Technology

Podcast website

agalegaaudio.gal

Latest episode

Jun 16, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Lambóns dixitais 16-06-2026 16.06.2026

Os incesantes avances da Intelixencia Artificial ameazan o futuro dos programadores. Diso falamos con Rafael Grin Rivas, un dos responsables de Wenbii. Contamos tamén co fundador de Weblogs, Antonio Ortiz, para comentar con el o potencial de Claude, a plataforma de IA de Anthropic, e os riscos que supón a súa utilización sen límites. Con Antonio conversamos tamén sobre a responsabilidade legal dos...

Lambóns dixitais 09-06-2026 09.06.2026

Leandro menéndez, organizador do Galicia Podcast Summit, fálanos da próxima edición deste encontro creado para impulsar e compartir o podcasting. Javi Mos cóntanos que o Reino Unido deulle un ultimato ás plataformas para que eviten a poublicación de fotos de menores espidos. Tamén nos fala dun experimento sobre o comportamento da IA en sociedade. Comentamos as posibles repercusións da saída a bols...

Lambóns dixitais 02-06-2026 02.06.2026

Neste programa coñecemos a Emilio Fernández, Milu, un blogueiro coruñés que cada semana, entre xornada e xornada de Liga, percorre tantos kilómetros como marque o resultado do seu equipo, o Dépor. Javi Mos cóntanos como uns hackers conseguiron enganar a IA de Meta para trolear contas de Instagram. Tamén comenta a intención de Google de permitir crear anuncios coa axuda da súa IA. Ademais falamos d...

Lambóns dixitais 26-05-2026 26.05.2026

Pronto se desenvolverá unha nova edición da Maker Faire Galicia. Dous dos organizadores do evento, Quique Saavedra e Tania Silva, fálannos dos contidos desta xornada de emprendemento e innovación social. Explicamos que é Ideolingal, un proxecto impulsado polo Instituto da Lingua Galega para investigar as ideoloxías lingüísticas e a construción de identidades en Galicia, centrando a súa atención no...

Lambóns dixitais 19-05-2026 19.05.2026

O 6 de xuño celébrase a X edición de Coruña Bloggers. Pilar Muiños fálanos deste encontro de creadores de contido en internet que ten un espírito solidario. Javi Mos danos consellos para evitar que as aplicacióins que descargamos no móbil colleiten a nosa información máis persoal e cóntanos como os contidos que permiten interaccións en tempo real lideran o consumo dixital. Marcus Fernández lembra...

Lambóns dixitais 05-05-2026 05.05.2026

Presentámoslles á Srtajeans, unha das creadoras de contido galegas máis populares en Youtube ou Instagram. Isabella Notaro, que é o seu verdadeiro nome, explícanos como é o seu traballo nas redes. Javi Mos cóntanos como proliferan as mensaxes de odio nas redes e explícanos como Instagram e Facebook van permitir que os pais revisen as conversas dos seus fillos coa IA. Marcus Fernández fálanos de Ma...

Lambóns dixitais 28-04-2026 28.04.2026

Igalia é unha empresa coruñesa especializada na creación de software libre que captou a atención dun xigante da industria do videoxogo como Valve. Un dos fundadores de Igalia, Alberto García, cóntanos como a súa empresa está desenvolvendo compoñentes para a consola e as lentes Steam de Valve. No programa advertimos sobre a proliferación de calotes co emprego do QR Rishing, o uso de códigos QR para...

Lambóns dixitais 21-04-2026 21.04.2026

O Laboratorio de Innovación e Economía Social de Galicia organiza unha charla sobre ciberseguridade, solucións e ferramentas para pemes da economía social. Vaina impartir o enxeñeiro informático Adrián Vidal. Con el falamos sobre xestores de contrasinais ou sobre como compartir información en rede de xeito seguro. Javi Mos comenta como a curto prazo podemos atopar publicidade nos LLM, os modelos d...

Lambóns dixitais 14-04-2026 14.04.2026

Chega a cuarta edición de A Datolada, o encontro sobre analítica e datos no mundo dixital que se desenvolve na Coruña. Sobre esta peculiar reunión, na que se comparten experiencias nun ambiente de ocio, falamos con Brais Calvo. Ademais Javi Mos cóntanos como Google manipula os titulares dos medios de comunicación para xerar máis expectación e comentamos as denuncias que recibe Meta por invasión da...

Lambóns dixitais 07-04-2026 07.04.2026

O profesor da psicoloxía social da Universidade de Santiago Antonio Rial Boubeta advírtenos sobre algúns dos riscos que supón usar a IA indiscriminadamente. Rial cre que algúns pais confían excesivamente na Intelixencia Artificial cando consultan cousas relativas aos seus fillos. Tamén pensa que lle estamos entregando inconscientemente demasiados datos privados e alerta sobre o risco de facernos I...

Lambóns dixitais 24-03-2026 24.03.2026

Dámoslles algúns consellos para non ser vítimas de calotes cando operamos co noso banco. Comentamos o anuncia de Whatsapp de que habilitará a opción de eliminar automaticamente as mensaxes temporais. Javi Mos cóntanos que un xuiz considerou culpable a Elon Musk de manipular o mercado para baixar o prezo das accións de Twitter. Marcus Fernández anuncia as novas aplicacións da IA Claude e preséntano...

Lambóns dixitais 17-03-2026 17.03.2026

Conversamos cun especialista na relación da infancia coas novas tecnoloxías, o economista e experto en IA Enrique Javier Benítez. Marcus Fernández fálanos dun cambio trascendental en Europa no sistema de clasificación dos videoxogos por idades. Tamén nos presenta o DLSS5 de Nvidia, un salto na tecnoloxía gráfica dos videoxogos. Javi Mos advírtenos de que Meta eliminará o cifrado de extremo a extre...

Lambóns dixitais 10-03-2026 10.03.2026

Falamos coa desenvolvedora web brasileira Ana Rute Mendes sobre o papel das mulleres nbo ámbito tecnolóxico. Ana Rute, que traballa en Igalia, é unha das paticipantes na mesa redonda organizada por Wordpress Coruña co títuto "Error 404: mulleres en tech — fallo do sistema". Javi Mos cóntanos que Linkedin xa supera a Instagram en interaccións dos usuarios e que Youtube prevé ampliar a pub...

Lambóns dixitais 03-03-2026 03.03.2026

Vaise desenvolver na Coruña a primeira edición de Lareira Conf, un encontro do ecosistema dixital e tecnolóxico galego. Falamos cunha das súas promotoras, Andrea Magán. Anímase o debate sobre a conveniencia de prohibir o uso de redes sociais aos menores de 16 anos. Javi Mos traenos a listaxe das aplicacións máis descargadas no mundo e fálanos do xornalista da BBC que enganou a Chat GPT. Marcus Fer...

Lambóns dixitais 24-02-2026 24.02.2026

Falamos con Pablo Vilar, "Pablichor", deseñador gráfico e fanático do automobilismo, sobre os simuladores de rallys. Xavi Mos desvélanos que hai influencers que promocionan entre a mocidade o xogo en casinos ilegais e, tamén, que Meta está simulando coa súa IA actividade nas redes de persoas falecidas. Marcus Fernández coméntanos novas aplicacións de Whatsapp e de Google Chrome.

Lambóns dixitais 17-02-2026 17.02.2026

Javi Mos danos conta dun calote dixital no que as vítimas son profesionais do sector. Ademais comenta a intención de Google de que a sía IA ofreza comparativas de productos nas pescudas e a de Tik Tok de amosar contidos próximos á localización do usuario. Marcus Fernández anúncianos o próximo lanzamento de videoxogos de 007 e de John Wick e tamén os plans de Movistar para implantar conexións de 10...

Lambóns dixitais 10-02-2026 10.02.2026

A empresa coruñesa Aruma Studios lanza o videoxogo "Shadows of the afterland". O seu fundador, Rubén López, cóntanos todo o que debemos saber sobre esta aventura. Javi Mos cóntanos que o tiktoker Khabi Lame vendeu a empresa que xestiona a súa marca e actividades comerciais por 800 millóns de dólares. O comprador poderá desenvolver un xemelgo dixital do influencer. Javi tamén comenta as g...

Lambóns dixitais 03-02-2026 03.02.2026

A responsable de Avatares, Carmen Fernández Morante, explícanos polo miudo en que consiste este proxecto que poñen en marcha a Xunta e a USC para mellorar a atención educativa ao alumnado ingresado en centros sanitarios. Comentamos o anuncio do presidente do goberno, Pedro Sánchez, de que España prohibirá o acceso ás redes sociais aos menores de 16 anos. Decubrimos as razóns polas que Elon Musk un...

Lambóns dixitais 27-01-2026 27.01.2026

Neste programa conversamos cun experto en intelixencia artificial, asistentes de IA e ChatGPT. O finés Lasse Rouhiainen é cofundador da Unidade ELLIS de Alicante, unha fundación destinada á investigación en intelixencia artificial centrada nos seres humanos. Javi Mos comenta o estudo piloto que realizará a Universidade de Santiago para que os cativos que estén hospitalizados poidanparticipar nas c...

Lambóns dixitais 20-01-2026 20.01.2026

Comentamos o proxecto de lei orgánica que regulará o dereito a recxtificación nas redes sociais e as "medidas" que anuncia X para restrinxir a capacidade de IA Grok de sexualizar persoas. Falamos do lanzamento de dous videoxogos con selo galego: "After Juice: Animal Disco Mafia" e "Super Woden: Rally Edge". Descubrimos un aspirador que sobe escaleiras e limpa os chanz...

Lambóns dixitais 30-12-2025 30.12.2025
Lambóns dixitais 23-12-2025 23.12.2025
Lambóns dixitais 09-12-2025 09.12.2025

Comentamos o listado dos términos máis buscados en google en España en 2025. Explicamos como pretenden as autoridades australianas aplicar a prohibición de que os menores de 16 anos utilicen as redes sociais. Descubrimos como a IA de Grok pode converter imaxes en pequenos videos. Celebramos que o Flight Simulator de Microsoft xa se poda utilizar na PS5

Lambóns dixitais 02-12-2025 02.12.2025

Entende a IA o galego? Están adestrados os sistemas de Intelixencia Artifical para procesar contidos no noso idioma? A estas preguntas respóndenos Senen Barro, catedrático de Ciencias da Computación e IA da Universidade de Santiago, que participa no proxecto Ilenia, que ten como obxectivo xerar recursos dixitais que permitan desenvolver aplicacións multilingües nas diferentes linguas de España. Ja...

Lambóns dixitais 25-11-2025 25.11.2025

Entrevistamos a Fina Paulos Lareo e a Óscar Manuel Rey, dous profesores do IES de Baio pioneiros no uso da IA no ensino. Estes dous docentes acaban de publicar un libro que se chama "Intelixencia artificial para a sociedade". Javi Mos comenta a noticia de que a empresa 2Way vai ofrecer a posibilidade de falar con persoas falecidas creando os seus avatares. Tamén avanza que TikTok permiti...

Listen to the Todos os podcast | Lambóns dixitais podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.