AGalegaAudio
Todos os podcast | Lambóns dixitais
Todos os podcast do programa de actualidade tecnolóxica da Radio Galega
Author
AGalegaAudio
Category
Podcast website
Latest episode
Jun 16, 2026
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Lambóns dixitais 18-11-2025 18.11.2025 56:55
Analizamos as consecuencias da caída experimentada por Cloudflare, a plataforma que utilizan X ou Chat GPT para filtrar o seu tráfico web e previr ataques. Javi Mos comenta o informe da USC sobre "Infancia, adolescencia e benestar dixital", un estudo que desvela que o 10% dos menores recoñecen sufrir ciberacoso, que o 40 por cento dispoñen de móbil aos 10 anos e que moitos acceden ao por...
Lambóns dixitais 11-11-2025 11.11.2025 56:58
Neste programa coñecemos o proxecto Talentos Inclusivos. O seu coordinador, Javier Pereira, explícanos como o Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información da UDC e ASPACE traballan para espertar vocacións STEM (Science, Technology, Engineering and Mathematics) entre os máis novos e dar a coñecer a realidade da discapacidade. Javi Mos cóntanos como a IA xa é quen de organizar as portadas d...
Lambóns dixitais 04-11-2025 04.11.2025 1:00:00
Para saber máis sobre SINTE, o Foro Inernacional de Arte e Cultura Dixital que se desenvolverá en Compostela, falamos co seu coordinador, Xulio Vázquez, e coa Directora de Acción Cultural da Cidade da Cultura. Probamos Pomelli, unha IA que crea de xeito autónomo anuncios para calquera negocio. Javi Mos comenta a noticia de que Samsung introducirá anuncios nas súas neveiras intelixentes. Marcus Fer...
Lambóns dixitais 28-10-2025 28.10.2025 57:00
O fundador de Makers Galicia, Enrique Saavedra, fálanos da XI edición da Maker Faire, un encontro que reune empresas, investigadores e profesionais para compartir coñecementos no eido da innovación e a sustentabilidade. Explicamos que é a AEO, a Answer Engine Optimization, a técnica para conseguir que a IA lle de preferencia aos contidos que desexamos. Ademais contamos por que as institucións está...
Lambóns dixitais 21-10-2025 21.10.2025 56:58
Iago Gordillo preséntanos Pixel á Feira, o primeiro Salón Galego do Videoxogo, que se desenvolverá no Pazo de Congresos de Compostela. Explicamos como funciona Comet, un navegador impulsado por IA que se pode descargar de balde. Marcus Fernández cóntanos que a plataforma Tinder xa ten versión en galego e comenta o "apagón" sufrido polos servizos na nube de Amazon. Xavi Mos desvélanos que...
Lambóns dixitais 14-10-2025 14.10.2025 57:00
O convidado do programa é José Manuel Martínez Pérez, o fundador de Mobify, unha aplicación de móbil galega que permite alugar vehículos híbridos en moitos puntos da nosa comunidade. Ademais, Javi Mos comenta o descenso do uso das redes sociais e os cambios que a IA pode provocar na publicidade en internet. Marcus Fernández descúbrenos a ferramenta PictureMe, que nos permite retocar os nosos retra...
Lambóns dixitais 07-10-2025 07.10.2025 57:00
O noso convidado é Carlos Vieito, politólogo e experto en comunicación dixital, que nos fala do seu premiado videopodcast "Exército Mekemeke". Con el comentamos tamén as dificultades para conseguir que as plataformas incorporen o idioma galego. Explicamos como vai afectar a lei audiocisual aos influentes. Os que teñan millóns de seguidores terán que declarar os ingresos publicitarios can...
Lambóns dixitais 30-09-2025 30.09.2025 57:00
Faltan poucos dias para que comece o Xuventude Galicia Net, que ese ano chega a súa vixesimo quinta edición. O director do evento, Ricardo Durán, cóntanos que ofrece nesta ocasión este encontro de profesionais e siareiros da informática e as novas tecnoloxías. Ademais falamos cun dos relatores que participará, o divulgador Raul Ordóñez. Marcus Fernández comenta as novidades que prepara Instagram t...
Lambóns dixitais 23-09-2025 23.09.2025 57:00
Conversamos con Gabi García, un mestre de infantil que elabora vídeos en galego con milleiros de seguidores en redes. Falamos do aumento dos suicidios de menores como consecuencia do uso das redes sociais. Xavi Mos comenta a perda de influencia dos influencers. Marcus Fernández preséntanos os Gemini Stickers e anuncia o próximo lanzamento dunha versión do Football Manager de fútbol feminino. Adema...
Lambóns dixitais 16-09-2025 16.09.2025 57:00
Entrevistamos a Esteban Vázquez, director xeral de Tesla Technologies, unha empresa compostelá que acaba de presentar un proxecto que revoluciona a personalización de contidos nas retransmisións deportivas. Javi Mos fálanois da iniciativa da Xunta de impulsar unha lei sobre acoso e violencia dixital. Comentamos a noticia de que o 30 por cento dos menores españois acceden a portais de apostas depor...
Lambóns dixitais 09-09-2025 09.09.2025 56:59
Falamos con Carlos Lijó, un dos creadores de Carmucha VST, a primeira ferramenta galega de percusión libre, accesible e de balde que permite achegar os ritmos tradicionais á percusión moderna. Javi Mos alértanos sobre a proliferación nas redes de perfís xerados por IA que ofrecen información falsa ou pouco rigorosa. Ademais danos chaves para identificar avatares que semellan persoas reais. Marcus...
Lambóns dixitais 02-09-2025 02.09.2025 54:08
As novidades e a actualidade tecnolóxica do mundo cibernético da man de Carlos García Verdugo, Marcus Fernández e Javi Mos. Nesta primeira entrega coa entrevista a Abel Alves, creador da webserie O bunker
Lambóns dixitais 17-06-2025 17.06.2025 1:00:57
A principios de xullo desenvolverase na Coruña Mundos Dixitais, o Congreso Internacional de Animación, Efectos Dixitais e Novos Media. Sobre o seu contido fálanos o director, Manuel Meijide. Javi Mos comenta a intención de Meta de incluir publicidade en Whatsapp e as próximas novidades de Instagram. Debullamos o videoxogo The Alters e Marcus Fernández subliña a perda de interese comercial polas ca...
Lambóns dixitais 10-06-2025 10.06.2025 1:00:55
A experta en ciberseguridade de R, Susana Rey, fálanos da falta de concienciación sobre os calotes en internet e dalle ás empresas algúns consellos para protexerse. Javi Mos comenta a tremenda reducción de buscas en internet por mor da irrupción da IA e as consecuencias que terá en aspectos como a veracidade e a pluralidade dos contidos na rede. Marcus Fernández desvela que case toda Galicia segue...
Lambóns dixitais 03-06-2025 03.06.2025 1:00:57
Conversamos con Ramón Santos, responsable dunha pequena mercería da Coruña, "La Crisálida", que consegue millóns de visualizacións nas redes sociais. Javi Mosd cóntanos como unha empresa estafou a centos de persoas promocionándose a través de influencers. Dani Portela fálanos da saida ao mercado da Nintendo Switch 2 e do comezo do Summer Game Fest. Marcus Fernández explícanos como podemo...
Lambóns dixitais 27-05-2025 27.05.2025 1:00:57
Brais Calvo preséntanos a terceira edición da Datolada, o evento sobre analítica dixital e datos que se desenvolve en Compostela. Xavi Mos anuncia que Meta comeza a empregar os datos das nosas redes sociais para adestra-la súa IA. Ademais fálanos da contaminación que xeran os grandes centros de datos. Dani Portela desvela que o videoxogo Elder Ring se vai convertir en película e Marcus Fernández c...
Lambóns dixitais 06-05-2025 06.05.2025 1:00:56
Neste programa comentamos o retraso dun ano na nova entrega do videoxogo máis vendido do mundo, o Gran Theft Auto. Dani Portela fálanos doutro videoxogo de éxito, o Clair Obscur Expedition 33. Marcus Fernández proba o Notebook LM, un ferramenta de IA de Google que pode xerar resumes e explicacións sobre os documentos cargados polo usuario. Xavi Mos analiza o aumento de usuarios de whatsapp e a caí...
Lambóns dixitais 29-04-2025 29.04.2025 1:01:57
A radio e a televisión públicas de Galicia seguiron funcionando durante as horas en que o noso pais perdeu a subministración eléctrica. Iván Nogueira explícanos que medios técnicos se utilizaron para fgacelo posible. Marcus Fernández suxire aparellos que podemos incluir no noso kit de supervivencia e Dani Portela enumera videoxogos que evocan un mundo sen enerxía.
Lambóns dixitais 22-04-2025 22.04.2025 1:00:57
Marcus Fernández explícanos como utilizar IA para crear música. Javi Mos fálanos do custo económico que supón "ser educado" nas nosas interactuacións nas redes ou coa IA. Tamén comenta o intento de TikTok de competir con Google incorporando reseñas de localizacións e a inclusión das verificacións de contas en BlueSky. Dani Portela fálanos da remasterización do xogo Oblñivion para XBox e...
Lambóns dixitais 08-04-2025 08.04.2025 1:00:00
Entrevistamos a Sara Pérez Lantes, unha das organizadoras da Atlantic Games Conference que se desenvolveu en Carballo. Analizamos polo miudo a nova Nintendo Switch 2 e o seu prezo. Xavi Mos explícanos como Google está tentando eliminar as recensións falsas de establecementos comerciais e da proposta de TikTok para os artistas. Marcus Fernández proba no seu móbil utilidades da Intelixencia Artifici...
Lambóns dixitais 01-04-2025 01.04.2025 1:00:57
Javi Mos desvélanos que datos recollen as redes sociais dos nosos móbiles (dende crenzas políticas ou relixiosas ata estatísticas de saúde pasando por cualificacións crediticias). Falamos da posibilidade de que, grazas á IA, os contidos de internet sexan traducidos a calquera idioma. Dani Portela ofrécenos un anticipo da presentacion da Nintendo Switch 2. Marcus Fernández cóntanos como podemos ter...
Lambóns dixitais 25-03-2025 25.03.2025 1:00:57
A avogadas Elisa Branco axúdanos a entender o que é a ciberresiliencia. Comentamos con Javi Mos e Marcus Fernández a metedura de pata dos altos cargos do goberno estadounidense que incorporaron nun chat de Signal a un xornalista. Analizamos a pretensión de Instagran de crear "comunidades". Avanzamos os contidos da futura lei de protección de menores na contorna dixital. Falamos do lanzam...
Lambóns dixitais 18-03-2025 18.03.2025 1:00:57
Daniel Portela, Javi Mos e Marcus Fernández desvélannos cales son as plataformas de comercio en liña con máis clientes en España. Tamén nos advirten dos riscos que corremos se utilizamos as redes sociais durante a xornada laboral, anuncian os videoxogos de colección que están saíndo ao mercado e comentan as medidas que adopta Meta para eliminar a moderación nas súas redes.
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.