AGalegaAudio
Todos os podcast | En xogo motor
Toda a actualidade do motor, con cobertura do campionato galego de rallies e cobertura das principais probas nas que participan pilotos galegos. Desde esta temporada, o domingo ás 23:00
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: agalegaaudio.gal
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Desvirgheitors e Cabodano 14.10.2024 30:57
Patty Castro segue descubríndonos a Galicia metaleira. Hoxe, con Desvirgheitors, banda de punk nada en Vigo en 1986 e cos composteláns Cabodano, que este ano editaron o seu segundo disco, 'É mellor matarse'.
En xogo motor 12-10-24 12.10.2024 29:40
Sábado festivo sen competición que aproveitamos no tempo de motor do Galicia en Xogo para facer balance da temporada. Rodrigo Pérez entrevista aos pilotos Luis Penido e José Murado. Os rallies regresan o próximo sábado 19 de outubro, coa celebración en Lugo dunha proba clásica no calendario galego, o San Froilán.
Ceiba Rimas 2024 11.10.2024 30:51
Mañá ás cinco arranca en Pontevedra a cuarta edición do Ceiba Rimas, freestyle improvisado en galego. Connosco no estudio os dous gañadores do ano pasado: BIG MEU (Martín Represa) e MOG (Mauro Castaño) que rapean en directo.
Bipedestrución 11.10.2024 30:51
Afonso Becerra comenta "Bipedestrución" , de Disiden. Cia, coa viguesa Marcia Vázquez e Martín Los Arcos. Un espectáculo familiar de danza contemporánea con conciencia LGTBIQA+.
Marta Pazos e Pepe Barro 11.10.2024 30:46
Felicitamos a Marta Pazos e Xosé María Pérez Barro, gañadores dos Premios da Cultura Galega 2024 nas modalidades de Artes Escénicas e Artes Visuais respectivamente.
Voitres e Dila Crocodila 11.10.2024 30:46
Mónica Maneiro tráenos hoxe dúas propostas de banda deseñada. “Voitres”, de Miguelanxo Prado, para público xuvenil e “Dila Crocodila”, de Ana Gómez, para a cativada que se inicia la lectura.
Ortiga preséntanos "Obra social" 11.10.2024 30:46
“Gústanme a idea de comunidade e o merengue”. Ortiga preséntanos o seu terceiro álbum en solitario, Obra social, un traballo que redefine e agranda os sons da música popular e de verbena.
Galicreques 11.10.2024 17:18
“Estamos nun momento moi interesante para o teatro de bonecos e figuras en Galicia". Comeza Galicreques. O Festival Internacional de Títeres programa 60 funcións e 12 estreas en Santiago
Morrer en galego 10.10.2024 30:00
Vivir e perdurar na nosa lingua, unha iniciativa do Consello da Cultura Galega da que fai parte o lingüísta Bernardo Penabade “O nivel educativo e a maior presenza das mulleres na toma de decisións teñen moito que ver con que as lápidas estean en galego”. Jorge Balado, funerario “en galego son máis agarimosas”
Unha sátira gore e un documental 10.10.2024 30:00
Moncho Lemos comenta dende Sitges dúas estreas: -“La substancia”, protagonizada por Demi Moore. Unha sátira gore, explícita e con humor sobre a presión estética que sofren as mulleres. -“Super/Man: La historia de Christopher Reeve “, coa participación de familiares e amigos do actor.
De Rhome a Nick Cave 10.10.2024 31:01
Tito Lesende abre a súa colaboración co novo tema de Rhome, un talento noiés emerxente. Escoitamos música de Miriam Rodríguez e de Sabela, que actúan este sábado en Galicia e pechamos co último disco de Nick Cave & The Bad Seeds, 'Wild God'.
Vertixe Sonora 12 10.10.2024 17:16
“Reivindicamos a posibilidade de volver a situar a cultura no centro". Vertixe Sonora 12 acolle máis de 20 estreas. Nova edición do festival de creación contemporánea en Vigo.
Tatán premio de honra de Galicreques 09.10.2024 30:49
“Entendo os premios coma un recoñecemento compartido con Tanxarina” O Festival Internacional de Títeres Galicreques, organizado pola Asociación Cultural Barriga Verde, vaille dar o premio de honra da súa 29ª edición a Eduardo Rodríguez Cunha 'Tatán', figura imprescindible da escena gaega en xeral e do teatro de marionetas en particular.
As vivendas de onte e as de hoxe 09.10.2024 30:49
Con Raquel C. Pico sabemos da evolución das nosas casas logo de visitar Creafogar. Hai grandes diferenzas entre o rural e o urbano? Está o salón apropiándose do corazón da vivenda en detrimento da cociña? Tamén nos propón visitar a Casa da Troia e o Pazo de Tor
Diego Ares toca as 'Variacións Goldberg' 09.10.2024 30:48
Conversamos con Diego Ares, un dos clavecinistas máis brillantes da súa xeración. O intérprete vigués está en Galicia para interpretar unha obra que marcou un punto de inflexión na súa carreira, as 'Variacións Goldberg' de Bach.
BD vs IA 09.10.2024 30:48
Manel Cráneo fálanos hoxe das consecuencias da irrupción da IA xenerativa no ámbito da ilustración e da banda deseñada.
Simultánea 08.10.2024 30:57
SIMULTÁNEA. Sete exposicións en sete cidades da Fundación Abanca. Cun total de trescentas cincuenta obras entre fotografía, pintura, escultura, videoarte e instalación, con máis de douscentas autorías, do século XIX ata hoxe. “Convidamos ao público a que visite estas sete mostras dunha dimensión inédita”, Paloma Vela comisaria.
Tras do ceo 08.10.2024 30:57
Dolores Vilavedra comenta Tras do ceo, de Manuel Rivas, que xa vai pola segunda edición.
Suso Basterrechea expón en Metro 08.10.2024 30:52
Mónica Maneiro comenta a mostra 'Tienes un gusto de mierda' que o artista Suso Basterrechea expón na galería Metro de Santiago.
Recoñecemento internacional á función de Barriga verde 08.10.2024 17:07
“Non queremos quedarnos nun traballo arqueolóxico". O traballo de recuperación de Barriga Verde recibe o recoñecemento internacional.
Novos imaxinarios 07.10.2024 31:07
“Novos Imaxinarios”, no CGAC. As novas formas do cinematográfico, dende as vangardas ata o cinema expandido. A mostra acolle propostas, inéditas ou presentadas por primeira vez en Galicia. No seu formato expositivo, cada cineasta articula novas obras que debuxan parábolas con propostas instalativas. Nicolás Combarro, comisario : “é o retrato dunha xeneración”. Oliver Laxe :”permite traballar dout...
Peter Petrowski 07.10.2024 31:07
Carlos Crespo tráenos un adianto de “All stars”, o último do músico e produtor porriñés Peter Petrowski “busco ser un catalizador”
A OSG e a Real Filharmonía de Galicia inician temporada 07.10.2024 30:45
Pablo Sánchez Quinteiro fálanos hoxe do arranque de temporada da OSG e da Real Filharmonía de Galicia. Esta última incorpora ao repertorio obra de mulleres e contemporáneos, como é o caso de Raquel García Tomás.
Rodrigo Cortés, Calpurnia de honra 2024 04.10.2024 29:46
“Hai moita pegada galega en min, como a retranca” Rodrigo Cortés recibe esta noite a Calpurnia de honra do OUFF. O cineasta e escritor, de raíces ourensás, ten pendente de estrea a súa última película “Escape”, producida por Martin Scorsese.
Elixir de amor 04.10.2024 29:46
Afonso Becerra comenta L'èlisir d'amore, ópera cómica en dous actos con música de Gaetano Donizetti e libreto de Felice Romani
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.