AGalegaAudio
Todos os podcast | En xogo motor
Toda a actualidade do motor, con cobertura do campionato galego de rallies e cobertura das principais probas nas que participan pilotos galegos. Desde esta temporada, o domingo ás 23:00
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: agalegaaudio.gal
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Concerto solidario na Coruña 12.11.2024 10:22
A partir das sete da tarde, na sala Inn da Coruña terá lugar un concerto solidario coas vítimas da Dina. As entradas para ver a Bala, Boyanka Kostova, Grande Amore, Maragrep, Mondra, Ortiga, Sabela, The Rapants e Triángulo de Amor Bizarroa, están esgotadas. A recadación íntegra destinarase á Fundación Horta Sud, con sede en Torrent. Victoria Blanco, da organización, explica como xurdiu esta inic...
Detective Ferruchi 12.11.2024 14:03
Dolores Vilavedra comenta “Detective Ferruchi”, de Marta Villar, a novela gañadora do Xerais deste ano
Ollo á orella 12.11.2024 13:01
Ollo á orella. Oito obras sonoras e unha partitura colectiva. Podemos ver e escoitar esta proposta expositiva en Vigo, na Fundación Laxeiro. É froito dun convenio de colaboración coa Facultad de Belas Artes e, asemade, unha peza que fai parte do programa Vertixe 12. Ana Romaní conversa con Ignacio Barcia, comisario da mostra: “todos son artistas nos que o son é unha compoñente determinante do seu...
Na orixe das especies 12.11.2024 10:37
Mónica Maneiro conversa co artista Suso Fandiño, que imparte no CGAC o curso 'Na orixe das especies. Outras xenealoxías da arte contemporánea', que comeza o 14 de novembro.
Pálido punto azul 12.11.2024 8:43
“Tento tratar a electrónica como un instrumento principal” Estréase Pálido punto azul, a ópera de Javier Otero parte da fotografía da terra captada pola sonda Voyager I
"As gardiás" 11.11.2024 16:21
Que se fai coas vellas e vellos? Teatro de Ningures estreou a fin de semana en Cangas ‘As Gardiás‘, un texto do francés Násser Djemaï dirixido por Cristina Domínguez e interpretado por Casilda Alfaro, Rebeca Montero, Sonia Rúa, Amparo Martínez e Melania Cruz.
Eris Mackenzie 11.11.2024 9:39
Carlos Crespo tráenos hoxe a Eris Mackenzie, un artista de Castelo (na área metropolitana da Coruña) que, segundo as súas propias palabras, vive obsesionado con experimentar e facer música, a súa razón de ser. En cousa dun mes sacará o seu disco primeiro
WISDOM e Lóstregos 11.11.2024 9:46
Patty Castro fálanos hoxe de dúas bandas de metal extremo. WISDOM, pioneiros do grindcore galego desde Mugardos e o black metal dos coruñeses Lóstregos.
No ecuador do Outono Códax 11.11.2024 9:49
Dende o 31 de outubro pasado ata o 23 deste mes: música soul, rythm&blues, funk e rock´n roll nas salas Capitol e Riquela de Santiago. Falamos con Fran Villasenín, codirector do festival.
Galicia en xogo motor 09-11-2024 09.11.2024 31:00
Tras dúas semanas de agarda, e trala descalificación dun rival, o chantandino Iago Rodríguez, de 16 anos, puido celebrar o campionato nacional de Carcross Junior, que engade ao xa conseguido título galego. Un paso máis dado cara o seu seguinte obxectivo : O Europeo. Ademais, no espazo de motor escoitaron a Edgar Vigo, tras quedar a tres puntos do European Rally Trophy, e a Yago Martínez, galardoad...
A lingua e o audiovisual 08.11.2024 8:52
“A normalización da nosa lingua en todos os eidos é esencial” Maria Soliña Barreiro González é a directora de contidos de II FIGA que se desenvolve baixo o título “Lingua e audiovisual”
Compostela Ilustrada 06.11.2024 18:36
Turismo, cultura e arte danse cita na sétima edición de Compostela Ilustrada, que busca descubrir e promocionar unha cidade diferente. Conversamos con Gemma Sesar, organizadora do encontro, e coa ilustradora e tatuadora Aldara Prado, unha das convidadas
María Luz Morales, xornalista pioneira 06.11.2024 8:30
Raquel C. Pico achéganos a figura de María Luz Morales, escritora e pioneira do periodismo cultural, Nada na Coruña no día primeiro do ano 1889, foi a primeira muller en España directora dun diario nacional, La Vanguardia (1936 -1937)
Pringadas chega á plataforma AGalega 06.11.2024 18:13
Xoana, Antía e Catu son tres estudantes que comparten piso en Santiago. E comparten tamén vida e confidencias na serie 'Pringadas', que chega á plataforma A Galega. "Conseguín vivir do audiovisual grazas a Pringadas". A súa directora, Belén Puime, e unha das súas protagonistas, Camila Ferreyra, avánzannos tamén as novidades da segunda temporada.
Creadores de BD afectados pola DINA 06.11.2024 9:22
Manel Cráneo repasa o impacto das inundacións no sector do cómic, que conta con nomes tan importantes na Comunidade Valenciana como Paco Roca, Cristina Durán ou Miguel Ángel Giner. Escoitamos o testemuño da autora e ilustradora galega Xulia Vicente, que reside en Valencia.
"Manual de padronaxe" 05.11.2024 9:22
Dolores Vilavedra comenta a obra gañadora do premio Abrente 2023 para textos teatrais: “Manual de padronaxe”, de Nerea Brey.
O 'Hábitat 2.0' de José Lourenço 05.11.2024 7:52
Mónica Maneiro comenta a mostra do artista e deseñador portugués José Lourenço na Galería Trinta de Santiago. Inspirado nos arquitectos e deseñadores do século XX, Lourenço recrea ambientes interiores que mostran a vida cotiá como un libro aberto. A exposición pode visitarse ata o 15 de decembro.
Cadros que nunca pintei 05.11.2024 9:49
“Intentar facer con moi pouco o máximo”. Hector Francesch presenta en AFundación o seu traballo último. Cadros que nunca pintei é “a arte soñada”
Garza: música electrónica 04.11.2024 30:58
Carlos Crespo tráenos hoxe a Garza. Trátase do proxecto de música electrónica formado por Adrián Charlín, batería durante anos en diferentes bandas do panorama rock galego. Agora discorre entre o experimental e noise ata a música de club más transitable. Este ano sacou o segundo longa duración: «Vertentes»
The Wall, o primeiro videoxogo galego 04.11.2024 30:57
Coñecemos a historia do primeiro videoxogo galego, 'The Wall', comercializado en 1986, e mais do seu creador, Álex González. Unha peripecia que rescata do esquecemento o Museo do Videoxogo, que acaba de incorporarse ao Sistema autonómico de museos.
Beethoven, Puccini e unha nova soprano galega 04.11.2024 10:49
Pablo Sánchez Quinteiro tráenos hoxe música de Beethoven: a Sinfonía Pastoral, que formou parte do repertorio da Sinfónica de Galicia en dous concertos que comezaron cun recordo ás vítimas da DINA en Valencia. Escoitamos tamén ópera, 'Madame Butterfly', prato forte da temporada de Amigos da Ópera en Vigo. Poñemos o ramo coa voz da soprano Emilia Pérez, do Carballiño, unha das novas voce...
En Xogo Motor 02-11-24 02.11.2024 29:04
No espazo semanal de Motor conversaron co piloto Fran Rey, do Rally Rías Altas históricos, dos Legend e dunha das súas facetas menos recoñecidas, o papel da automoción galega no audiovisual e na ficción. Por outra banda escoitamos a Iván Ares no programa da TVG Trata de Arrancalo sobre a súa volta á competición.
'A profundidade esencial da terra' 01.11.2024 13:10
A profundidade esencial da terra. Benjamín Palencia, Manuel Colmeiro e o surrealismo dos anos trinta. Da man de Isabel Freire achegámos a esta exposición no Museo de Arte Contemporánea de Vigo, comisariada por Carlos López Bernárdez.”Coinciden na atracción polas culturas que na época eran denominadas “primitivas”, polo popular e pola fascinación etnográfica”
VII Festival Pezas dun Teatro do Porvir 2024 01.11.2024 9:15
Afonso Becerra debulla as sete propostas que concorreron a pasada fin de semana na Coruña ao VII Festival Pezas dun Teatro do Porvir 2024. Este festival, único en Galicia, busca promover proxectos de artes escénicas en proceso de creación, ofrecendo un espazo de intercambio entre creadores galegos e portugueses. A obra seleccionada para representarse íntegra o ano vindeiro foi Ninguén tira fotos n...
Lecturas de Defuntos 01.11.2024 8:45
Eva Mejuto proponnos lecturas para todas as idades nestes días de Defuntos. 'Jack e a morte', un álbum ilustrado de Tim Bowley e Natalie Pudalov e mais 'Medo me dá!', unha obra de teatro infantil de Ramón D. Veiga.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.