AGalegaAudio
Todos os podcast | En xogo motor
Toda a actualidade do motor, con cobertura do campionato galego de rallies e cobertura das principais probas nas que participan pilotos galegos. Desde esta temporada, o domingo ás 23:00
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: agalegaaudio.gal
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Xosé Manuel Varela presenta "Pandeireteiras" 17.05.2025 8:58
"Pandereiteiras" é unha obra de Xosé Manuel Varela e da súa filla Icía Varela, ilustrada por Nerea Gómez. Durante a entrevista , o filólogo e escritor destacou que "Bergantiños é un verxel", na tradición oral galega. Unha tradición recollida noutro libro seu "Cantareiras", un percorrido, en catro etapas, pola herdanza e pegada da música e poesía popular.
Bergantiños, berce de pandeireteiras e regueifeiras. 17.05.2025 10:40
Destaca a "Ruada nun mar de letras" que se celebra esta tarde no Campo da festa da localidade, coa actuacións de Carcaxía, Malante, Do Revés e Caamaño & Ameixeiras.
O legado das pandeireteiras de Mens 17.05.2025 12:38
Óscar Perez, Leo Cousillas e Candela Lema explican que o principal obxectivo deste post é "recoller o legado das pandereiteiras de Mens e darlle continuidade"; a vez que é unha homenaxe a todas as cantareiras, e ás asociacións culturais que retomaron e proseguiron ese camiño.
Polas cantareiras pasadas, presentes e futuras 17.05.2025 18:51
Ángel Suances achégase ás figuras que personifican, nestas Letras Galegas 2025, a poesía popular oral. E faino falando coas asociacións culturais Raigañas e Malante (herdeiras das pandeireteiras de Mens , Teresa García Prieto e Prudencia e Asunción Garrido Ameijenda), presentes no acto institucional da Xunta. E tamén co gupo "Xunqueira", das Encrobas e coa cantareira Rosa Balbina Barbeit...
Do "Cancioneiro popular galego" a "Por que non hei de cantar?" 17.05.2025 6:34
Antón Santamarina, académico da RAG, e coautor do “Cancioneiro popular galego”, xunto a Dorothé Schubarth. Manuel Rico Verea, musicólogo e escritor, é autor da publicación “Porque non hei de cantar?"
Galicia por diante 17-05-2025 17.05.2025 4:30:58
Contidos: -Entrevista a Henrique Monteagudo, presidente da Real Academia Galega. -Entrevista a Xosé Manuel Varela, filólogo e escritor, que xunto á súa filla, Icía Varela, escribiu o libro “Cantareiras” (Ed. Xerais). -Ana Boullón: académica que presentou a proposta de homenaxear a poesía oral popular. -”Apalabradas”, co filólogo Paulino Novo. -Entrevista a Noelia Freijeiro, concelleira de Cultura...
Galicia en xogo motor 17-05-2025 17.05.2025 30:57
O espazo do motor analizou a cuarta cita do Campionato Galego de Rallys, desputado polas estradas da Mariña Lucense
As herdeiras das cantareiras 16.05.2025 9:45
Eva Sandino pescuda na conexión entre o noso repertorio oral popular e as músicas máis actuais: das cantareiras a Mondra ou Tanxugueiras.
'Sirat' entusiasma na súa estrea en Cannes 16.05.2025 10:14
Imos ata Cannes con Natalia Penas para sabermos da estrea de ‘Sirat’, de Oliver Laxe, recibida con entusiasmo na súa proxección onte á noite.
'Roland mon amour' 16.05.2025 5:34
Afonso Becerra comenta ‘Roland mon amour’, un monodrama de desexo e música que mestura a escrita, o baile e a plástica. De Cris Balboa
Eva Castiñeira 16.05.2025 11:38
Isabel Freire conversa con Rodrigo Romaní sobre Eva Castiñeira, unha das homenaxeadas nas Letras Galegas de 2025. Nada en 1925 no lugar de Agranzón, en Muxía, emigrou á Coruña, onde a coñeceu Rodrigo Romaní, integrante de Milladoiro. En 1981 o grupo convidounas a ela e á súa irmá Engracia a participaren nun concerto no pavillón de deportes. Convertéronse nas primeiras pandeireteiras en subir a un...
Cantareiras para a rapazada 16.05.2025 11:19
Eva Mejuto compila algúns dos últimos libros infantís sobre as cantareiras. Dinguirindiña. A viaxe de Saleta a pandeireta con texto do grupo Caldo e ilustracións de Ro Ledesma; Tacón, punta, tacón, de Anxo Iglesias e ilustrado por Laura Romero; A avoa canta como a cotovía, de Celia Díaz e Alba Santa e Eu non canto por cantar, de Antón Santamarina e Manuel Rico.
As recollidas 15.05.2025 9:03
Coñecemos o que é “A recollida”, dende o ‘Cancioneiro popular galego’ ata hoxe, da man de Eva Sandino.
‘Lo que queda de ti’ e ‘Tras el verano’ 15.05.2025 7:38
Moncho Lemos comenta dúas estreas para a fin de semana semana ‘Lo que queda de ti’, de Gala Gracia’ e ‘Tras el verano’’, de Yolanda Centeno
Estrea mundial de 'Sirat' no festival de Cannes 15.05.2025 8:48
“É unha película que sacode” Óliver Laxe compite na sección oficial de Cannes con ‘Sirat’, que se estrea esta noite no festival internacional de cine
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.