AGalegaAudio

Todos os podcast | En xogo motor

Sports GL ↓ 2303 episodes

Toda a actualidade do motor, con cobertura do campionato galego de rallies e cobertura das principais probas nas que participan pilotos galegos. Desde esta temporada, o domingo ás 23:00

Be sure to visit the podcast's website and support the creator: agalegaaudio.gal

Author

AGalegaAudio

Category

Sports

Podcast website

agalegaaudio.gal

Latest episode

Oct 1, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Premios musicais 06.06.2025

Tito Lesende fala de premios musicais, do fío dos galardóns que entregou a Academia da música de España. Escoitamos música do terceiro volume do 'PO2054AZ' de Sen Senra, un dos remixes do 'Club A Noite' de Carabela e o primeiro single da viguesa Marta Vidal.

Os destacados da literatura infantil e xuvenil de 2024 06.06.2025

Eva Mejuto foi buscar presenza galega na Feira do Libro de Madrid e dende alí nos fala do catálogo que acaba de difundir a Organización Española para o Libro Infantil e Xuvenil. É unha listaxe cos libros infantís e xuvenís máis destacados publicados o pasado ano por escritores do estado nas linguas oficiais.

"Sirat" e "La buena suerte" 05.06.2025

A película de Óliver Laxe "Sirat", premio do xurado no Festival de Cannes, proxéctase nun cento de salas de cine españolas. Moncho Lemos comenta esta cinta e tamén a última longametraxe de Gracia Querejeta, "La buena suerte", a adaptación dunha novela de Rosa Montero.

Luís Seoane en La Catedral 04.06.2025

“Segue a ser contemporáneo. A xente nova estáo redescubrindo” En Lugo, a galería La Catedral expón medio cento de obras orixinais de Luís Seoane. Conversamos co tamén pintor e xerente do establecemento, Jorge Espiral

Manuela Rey 04.06.2025

Raquel C. Pico achéganos a historia da mindoniense Manuela Rey, que foi unha estrela do teatro lisboeta a mediados do XIX

'B.S.O. 2005 – 2025' 04.06.2025

Eladio y Los Seres Queridos publican o disco  'B.S.O. 2005 – 2025'. Nel revisan algunhas das súas cancións máis emblemáticas ao longo de vinte anos de carreira, e contan con colaboracións como Amaral, Vega ou Fillas de Cassandra. Do disco e da súa traxectoria conversamos con Eladio Santos

'Pélago. Contos oníricos 03.06.2025

“Falo da verdade emocional que se transmite na infancia e na adolescencia: amor, amizade, soños...” Recibimos a visita de Guadi Galego, que anda de estrea con ‘Pélago. Contos oníricos’, un libro-disco que nos convida á calma, á reflexión, a tomar conciencia.

'Washington square 03.06.2025

Dolores Vilavedra comenta ‘Washington square’, de Henry James, traducido ao galego por Clara Bouzada para a editorial Galaxia.

A invención da tradición 03.06.2025

“É un xogo delicado entre tradición e reconstrución” • O 4 de xuño Lugo acollerá a primeira das dúas xornadas A invención da tradición, que continuará o 11 de xuño en Vigo. Con esta proposta aberta a todo o público, a Real Academia Galega pretende reflexionar sobre o que motiva a aparición de festas de recreación histórica Falamos con Ramón Villares, coordinador do programa e director da Sección d...

'A memoria da cor' 03.06.2025

Mónica Maneiro comenta a exposición 'A memoria da cor', de Xaquín Chaves, na Galería Dupla de Santiago

(S8) XVI Mostra Internacional de Cinema Periférico 02.06.2025

“Ofrecemos algo único en España” Arranca (S8) XVI Mostra Internacional de Cinema Periférico Do 3 ao 7 de xuño na Coruña, cun total de 112 obras de 15 países. Nesta ocasión, o (S8) trae dúas figuras do súper 8 latinoamericano: o venezolano Carlos Castillo e a arxentina Daniela Cugliandolo, acollendo a Filmoteca unha master class do primeiro. Tamén creadoras como Jeannette Muñoz, Amy Halpern ou Barb...

Paracetafolk 02.06.2025

Carlos Crespo tráenos a ‘Paracetafolk’, unha banda de música celta da Costa da Morte, recente gañadora do Martín Códax no apartado de artistas emerxentes

Remata a temporada de clásica 02.06.2025

Pablo S Quinteiro repasa o remate da temporada sinfónica

Galicia en xogo motor 31-05-2025 31.05.2025

Esta semana o espazo de motor do #GaliciaenXogo repasou as declaracións dos principais protagonistas da cita do CERA en Narón. Coma previa do Rally de Pontevedra, Iago Gayoso conversou con Iago Martínez e o seu proxecto na Clio Trophy.

I Festival de series Ría de Vigo 30.05.2025

“Os proxectos galegos son a envexa de Europa” Primeira edición do Festival Internacional de series Ría de Vigo. Entre as estreas que acolle salienta ‘Lume’, a nova produción da TVG. Conversamos coa guionista, Irene Pin; co compositor Sergio Moure; e co presidente do cluster audiovisual, Alfonso Blanco.

‘Velaiquich Amoorch’ 30.05.2025

Afonso Becerra comenta‘Velaiquich Amoorch’, do Colectivo d’Elas, un espectáculo de improvisación en escena

Orballo Cultural e Su Garrido Pombo 30.05.2025

Arranca na Estrada o ciclo ‘Orballo Cultural’, que busca redescubrir o territorio a través da cultura e percorrerá outras vilas do país. Su Garrido Pombo é unha das participantes. A súa aldea de Traspielas, en Fornelos de Montes, centra o seu proxecto máis novo, que vai máis alá da música.

Lecturas divulgativas para a rapazada 30.05.2025

Eva Mejuto tráenos lecturas divulgativas: -’O lobo’, de Rena Ortega. -’Veñen de lonxe’, de Laura Fernández -’O hotel Cerebro’, de Marja Baseler e Annemarie von den Brink

'Hamburgo' e 'As catro fantásticas' 29.05.2025

Moncho Lemos fálanos de 'Hamburgo' , de Lino Escaleras. Un thriller con pouso de realidade social ambientado na Costa do Sol. Tamén da comedia 'As catro fantásticas', de Jocelyn Moorhouse, con Susan Sarandon e Bette Midler

Estreas de maio 29.05.2025

Tito Lesende tráenos catro novidades musicais galegas: a "Metamorfose" de Peitoescuro; o "Piketón" de Hydn;"Que todo salga bien" de Pablo Seijas; e o "Maio" de Tona.

'Galego' 28.05.2025

“Estar aquí e alá a un tempo. Pásanos a tódolos migrantes, é unha ponte moi forte” O actor arxentino Gabriel Fernández chega de xira por Galicia coa obra GALEGO. Fillo e neto de galegos, neste monólogo coescrito por el interpreta a un migrante na Arxentina que, xa de vello, desprega a súa memoria para avaliar a súa relación distante coa terra natal e co construído no país onde reside.

Hamburguesas 28.05.2025

Raquel C. Pico mergúllase na gastronomía para celebrar o día da hamburguesa. Cando chegou a Galicia?

Xian Pais saca o seu primeiro disco 28.05.2025

Xian Pais publica 'O vento da ría'. Natural da parroquia muradá de Louro , neste primeiro traballo conta con outros músicos da zona

Embrace me ocean e Mano de Piedra 28.05.2025

Patty Castro guíanos pola música metal feita en Galicia. Hoxe pica temas de Embrace me ocean e Mano de Piedra

30 anos da Fundación Granell 27.05.2025

A Fundación Granell celebra con dúas exposicións na súa sede do pazo de Bendaña o seu 30 aniversario. Conversamos co seu comisario e conservador xefe da institución, Eduardo Valiña, que tamén nos conta da peripecia vital e artística dos protagonistas, o propio Eugenio Granell e a súa muller, Amparo Segarra.

Listen to the Todos os podcast | En xogo motor podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.