AGalegaAudio
Todos os podcast | En xogo motor
Toda a actualidade do motor, con cobertura do campionato galego de rallies e cobertura das principais probas nas que participan pilotos galegos. Desde esta temporada, o domingo ás 23:00
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: agalegaaudio.gal
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Podcast cultural 40. Un centenario para un rescate 27.10.2025 25:36
A mostra “José Ruibal, un escritor centenario” ilumina a figura do dramaturgo e coincide coa edición da obra inédita "Triquiñóns". E despois a procura dos exemplares da edición prínceps dos poemas galegos de García Lorca.
Lecturas de Samaín 27.10.2025 13:44
Hoxe Andrea Jamardo tráenos unha novela, unha caixiña de contos e un álbum ilustrado, todas historias para ler e compartir neste Samaín. ‘Mortiña e o cuarto agochado’, de Barbara Cantini e traducido ao galego por Rosa Marta Gómez Pato e Manuel González González para a editorial Hércules de Ediciones. A partir dos seis anos ‘Tumbiñas: a sustoteca de Don Samariño’. Nesta caixa pequena atopamos catro...
A penaltis 27-10-2025 27.10.2025 2:00:47
👉 Víctor Eimil, do Pontevedra 👉 Adrián Vázquez, adestrador do Negreira 👉 O doutor Adrián Gallego
O teatro do porvir 24.10.2025 7:16
Afonso Becerra cóntanos como foi o VIII Festival Pezas dun Teatro do Porvir 2025, que se celebrou o domingo pasado no Teatro Rosalía de Castro de A Coruña En total puideron verse sete proxectos en proceso de creación, catro deles en galego e tres en portugués.
Podcast cultural 39. Cancións bonitas 24.10.2025 16:17
Germán Díaz e Benxamín Otero publican novo traballo en colaboración: ‘Outras trece cancións bonitas’.
Podcast cultural 38. A terra cansa e os dous de sempre. 23.10.2025 20:58
“É posible abandonar a arrogancia colonial occidental para escoitar as voces ignoradas doutros pobos?” É unha das preguntas coas que se presenta "Terra cansa", un dos concertos centrais do festival de creación musical contemporánea Vertixe 13. E Despois "Os dous de sempre" segundo Mofa e Befa.
Sonatas de outono 23.10.2025 44:54
Tito Lesende pica música propicia para a melancolía do outono con temas novos e mesmo algún inédito de Xan Pais, Luís Fercán e SPablo. E de sobremesas, o disco que saca a arxentina Paz Lenchantin e mailo concerto mañá na Capitol de Robert Finley
'A vinganza de Paquiño Jackson' 22.10.2025 8:13
Malores Villanueva comenta ‘A vinganza de Paquiño Jackson’, da ourensá Alba Guzmán, gañadora por dúas veces do Galicia Crea. A novela é unha verbena estrafalaria, un crime no medio dunha festa...e tamén zombies, vacas, o rural galego e mailo «Thriller» de Michael Jackson pairando sobre os protagonistas
Podcast cultural 37. De foto. 22.10.2025 19:24
O Festival de Fotografía Documental da Coruña achégase ás migracións na súa novena edición. Iván Nespereira presenta en Ffoco o fotolibro "Entidade singular ".
A penaltis 22-10-2025 22.10.2025 2:01:00
E tamén: Previa do Dépor-Valladolid. Santi Canedo, do Bergantiños . Manu Martínez, do Atlántida Matamá, máximo goleador das Primeiras Futgal.
Lidia India 21.10.2025 11:36
Hoxe nas “descubertas” de Carlos Crespo: Lidia India. A ferrolá defínese coma cantora galega que fusiona músicas vitais co folk atlántico e ritmos do mundo.
Podcast cultural 36. Os xoguetes rotos dos setenta e o imaxinario dos vinte. 21.10.2025 24:52
A compañía Barrosanta estrea no FITO "Xoguetes rotos", o seu novo traballo escénico, o segundo. E o Curtas Festival do Imaxinario abre nova edición en Vilagarcía.
‘Percepción e Incerteza’ 21.10.2025 34:31
Mónica Maneiro comenta a exposición ‘Percepción e Incerteza’, no CGACEstá comisariada polo director do centro, Santiago Olmo, e consta de catro instalacións audiovisuais.
A penaltis 21-10-2025 21.10.2025 2:01:00
Borja Fernández, adestrador da UD Ourense + ex do Depor e do Valladolid . Álex Seijo, do Arousa. Pablo Mouriño, do Ordes, líder da Preferente.
Podcast cultural 35. Do teatro que foi e do que puido ser. 20.10.2025 23:05
O volume "Dar voz ao teatro galego" recupera a memoria do Premio Castelao de Teatro dos anos sesenta do século pasado. E ademais Palestina en Amal.
Teatro infantil e libros reversibles 20.10.2025 25:44
Andrea Jamardo trae‘O carteiro de Ximaraos , de Carlos Labraña, ilustrado por Luz Beloso. Premio Manuel María de Literatura Dramática 2024, a súa lectura está recomendada de 10 anos en diante. Na Biblioteca Dramática Galega de Edicións Xerais. ‘Fani e SuperDani: atraco na tenda de lambonadas’ é o último volume da serie de Ramón D. Veiga e Ignacio Hernández. Como son libros 'reversibles',...
A penaltis 20-10-2025 20.10.2025 2:01:00
E tamén: Dani Pedrosa, futbolista do Estradense . E Álex Graña, capitán e goleador do Choco con 20 anos.
Galicia en xogo motor 19-10-2025 19.10.2025 30:59
Na sección de motor do #GaliciaenXogo analizaron o acontecido na ultima proba do CGR, o Rally San Froilán, no que venceu Víctor Senra, acadando o noveno título autonómico consecutivo. Escoitaron a tódolos protagonistas da cita lucense e ao alaricano Javi Pardo, explicando a súa ausencia na vindeira cita do Supercampionato, o Rallye RACC de Catalunya.
Teatro e circo teatral 17.10.2025 9:55
Afonso Becerra comenta ‘Do reino (e) dos amores proscritos’, que estreou onte en Ribeira con ALÓproduccións. Tamén o espectáculo de circo teatral ‘A serie clopen’ do Centro Dramático Galego
Podcast cultural 34. Nicasso 17.10.2025 18:57
O Centro Galego de Arte Contemporánea dedíca unha pequena exposición ó artista Carlos Pazos. O centro da mostra é a peza ‘Nicasso’, que pertence ó fondo do CGAC.
Podcast cultural 33. De honras e homenaxes 16.10.2025 16:45
Falamos con Manuel Figueiras, socio de honra 2025 de Gálix. E dos 40 anos do volume de Paco Martín "Das cousas de Ramón Lamote"
Vai de estreas! 16.10.2025 14:09
Con Tito Lesende escoitamos música urbana galega: a estrea de dous novos proxectos, Saibran e Lumedoloop, e o último tema de 9Louro. Completamos a sesión co pop de autora de CORA e o seu disco 'El cuarto dorado'.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.