AGalegaAudio

Todos os podcast | En xogo motor

Sports GL ↓ 2303 episodes

Toda a actualidade do motor, con cobertura do campionato galego de rallies e cobertura das principais probas nas que participan pilotos galegos. Desde esta temporada, o domingo ás 23:00

Be sure to visit the podcast's website and support the creator: agalegaaudio.gal

Author

AGalegaAudio

Category

Sports

Podcast website

agalegaaudio.gal

Latest episode

Oct 1, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

'Con e de curcuspín. Cartas a las lenguas'’ 17.12.2025

Malores Villanueva comenta ‘Con e de curcuspín. Cartas a las lenguas’, de Mario Obrero Unha carta de amor á diversidade lingüística.

Podcast cultural 76. AGAPI SELLIER 17.12.2025

A Academia Galega do Audiovisual recoñece co premio José Sellier a traxectoria pioneira e o papel vertebrador de AGAPI. E ademais 'José Afonso, ao vivo nos Coliseus, 1983'.

A penaltis 17-12-2025 17.12.2025
Queen Rendi 16.12.2025

Carlos Crespo tráenos a Queen Rendi, unha cantante urbana que fusiona o rap e o trap. Manchega de nacemento e galega de corazón, en outubro publicou o seu primeiro disco: ‘Zorra despiadada’

Podcast cultural 75. A forza da cor 16.12.2025

A intensidade cromática da paisaxe na exposición " Leopoldo Varela. A forza da cor" que acolle o Museo de Pontevedra. E ademais o novo disco de Donicelas.

A penaltis 16-12-2025 16.12.2025
Podcast cultural 74. Editio 15.12.2025

A Asociación Galega de Editoras reforza a celebración do Día da edición co premio Editio que galardoa á Libraría Cartabón de Vigo. E despois a restitución das esculturas do Pórtico.

‘O libro de Borboligón’ e ‘A adultez é un mito’ 15.12.2025

Andrea Jamardo tráenos novela infantil ‘O libro de Borboligón’, de Elena Gallego Abad, publicada por Edicións Xerais, e mais o cómic ‘A adultez é un mito’, de Sarah Andersen, traducido ao galego por Clara Barcia para Rinoceronte Editora. 

A penaltis 15-12-2025 15.12.2025
Galicia en xogo motor 14-12-2025 14.12.2025

Na sección de motor desta semana o gran protagonista tiña que ser o silledente Cristian Costoya, tras ser seleccionado coma piloto MacLaren. Asimesmo, achégase a gran proba destas datas, o Dakar. Con Diego Vallejo debullamos o raid máis duro do mundo e as anécdotas que ten. E por último coñecemos máis do Inclusión-on-Track Rácing Team, da man de Alberto Fernández Boo.

Diario cultural fin de semana 13-12-2025 13.12.2025
Un 'panetone teatral' 12.12.2025

Afonso fálanos da adaptación que fixo do "Conto de Nadal" de Dickens a compañía de alumnos da ESAD Vicus Teatro, que dirixe Pablo Carrera. A obra, representada ao estilo da commedia dell'Arte italiana, escenifícase na Asociación de Panadeiros e Pasteleiros de Vigo,; de aí a cualificación de "panetone teatral"

Podcast cultural 73. Música e terapia 12.12.2025

O hospital psiquiátrico de Conxo acolle o primeiro concerto de Los Coquitos, un grupo musical composto por pacientes do centro.

'Frontera' e 'Los Goonies' 11.12.2025

Moncho Lemos comenta a película "Frontera", dirixida por Judith Colell. Un thriller histórico sobre un funcionario español que 1943 que decide axudar a refuxiados xudeus a escapar dos nazis polos Pirineos. E tamén a reestrea de ‘Los Goonies’

Podcast cultural 72. Rosalía en Madrid 11.12.2025

O investigador Luís Miguel Fernández revela novos detalles biográficos sobre os anos madrileños de Rosalía de Castro na "I Xornada Avances na biografía de Rosalía de Castro" que organiza a Cátedra Rosalía de Castro da USC

De Familia Caamagno a Pink Floyd 11.12.2025

Tito Lesende pica o novo de Familia Caamagno ‘Disco comarcal’ e de Sés co seu ‘Nadando na incerteza’. Tamén repasa os concertos vindeiros e recomenda o disco conmemorativo dos cincuenta anos do ‘Wish You Were Here’ de Pink Floyd, que sae mañá á venda.

A poesía é para sentir 10.12.2025

Malores Villanueva comenta os poemarios ‘CONTRA HUMANA PARTE’, de Pilar Pallarés e ‘Caligrafía das espigas’, de Carlos Negro

Podcast cultural 71. De estreas 10.12.2025

En “Así chegou a noite” un escultor afástase do ruído e procura no xesto da arxila o sentido da existencia. O terceiro filme de Ángel Santos clausura o festival Novos Cinemas que abría “As liñas descontinuas” de Anxos Fazáns.

A penaltis 10-12-2025 10.12.2025
Tona 09.12.2025

Carlos Crespo tráenos a Tona, que vén de publicar “Cruseiro”, o seu EP de debut. Tona é o novo proxecto do exTerbutalina Miguel Cernadas

Podcast cultural 70. Novos Cinemas 10 09.12.2025

O festival Novos Cinemas cumpre dez anos e celébrao reforzando os trazos que o distinguen. Xosé Cobas publica un ábum sobre a luz, “O soño dunha sombra”.

40 anos da galería Trinta 09.12.2025

Mónica Maneiro comenta a exposición que conmemora o cuadraxésimo aniversario da galería Trinta de Santiago. ‘Piezas que nunca debí haber vendido’ é unha homenaxe da galerista Asunta Rodríguez aos creadores e tamén aos coleccionistas.

Unha novela e un abecedario 08.12.2025

Unha novelae un abecedario Andrea Jamardo recoméndanos ‘Pernascochas’, de Ramón D. Veiga e Blanca Millán, e ‘ABC Seoane’ un abecedario que achega á rapazada o universo creativo de Luís Seoane, con textos de Piu Martínez, Cibrán Rico e Suso Vázquez.

A penaltis 08-12-2025 08.12.2025
Diario cultural fin de semana 06-12-2025 06.12.2025

Listen to the Todos os podcast | En xogo motor podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.