AGalegaAudio
Todos os podcast | A crónica deportiva
A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: agalegaaudio.gal
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Café cósmico 11.03.2024 10:12
Conversamos coa nosa experta do espazo/tempo
O Celta deixa tres puntos no Bernabeu 11.03.2024 29:57
O Celta reduce a vantaxe pasando de 5 a 2 puntos trala derrota 4-0 no Santiago Bernabeu. O Deportivo mantén o liderado co punto sumado en Tarragona co Nastic. David Mella sofre unha escordadura de nocello. e Víctor Fernández volve adestrar o Real Zaragoza.
'Rapa', 'Los pequeños amores' e 'Amas da terra' 09.03.2024 55:22
No programa de hoxe recibimos o director, guionista e produtor de “Rapa”, unha inmersión de 2 horas na Rapa de Sabucedo. Con María Vázquez falamos do seu papel protagonista en “Los pequeños amores”, segunda longametraxe da sevillana Celia Rico. Somerxémonos en “Amas da terra” con Xisela Franco e Lucía Freitas. A curtametraxe acaba de pasar polo Festival de Málaga.
'Ceibe': liberación fronte aos roles de xénero 08.03.2024 9:19
Afonso Becerra cóntanos hoxe da estrea de 'Ceibe', de Fran Sieira Compañía de Danza. Trátase dunha actualización do baile tradicional que xoga coa liberación dos compartimentos de xénero.
Radiografía da desigualdade 08.03.2024 29:57
Unha radiografía do presente con profesionais da música, o audiovisual e a literatura ao fío do 8-M
Lecturas para o 8-M 08.03.2024 29:57
Eva Mejuto propón dous libros para o 8-M e o resto do ano: 'Feminismo de peto. Kit de supervivencia' e 'A froita do coñecemento' . Para a mocidade e para calquera
Eu son. Memoria das rapadas 08.03.2024 14:58
O Museo Provincial de Lugo acolle a mostra “Eu son. Memoria das rapadas”. Falamos con Encarna Lago, unha das comisarias da mostra e xerente da Rede museística provincial de Lugo
As previas da xornada 08.03.2024 29:57
Celta, Racing de Ferrol, Deportivo, Arenteiro, Lugo, Pontevedra, Compostela. Tódalas previas da xornada da fin de semana coas voces do día. Imanol Idiakez, adestrador do Deportivo, sancionado con 2 partidos e 600€ pola súa expulsión co Lugo: "Os adestradores somos o saco de boxeo dos colexiados"
'A arte do exilio galego' 07.03.2024 11:37
A mostra "A arte do exilio galego" que pode atoparse no Museo Provincial de Lugo pretende fuxir das celebracións e datas conmemorativas e poñer o foco no exilio galego e a súa influencia en arte e artistas. Aurelia Balseiro é a directora do museo.
'Los pequeños amores' e 'Por tus muertos' 07.03.2024 15:49
Moncho Lemos traénos dúas estreas: 'Los pequeños amores', dirixida por Celia Rico Clavellino, e 'Por tus muertos', de Sayago Ayuso.
Outra historia das mulleres 07.03.2024 15:09
O medievalista Miguel García-Fernández revisa os roles sociais femininos no pasado. Mañá tomará parte na conversa-merenda 'É posible contar a Historia doutro xeito?, organizada pola Biblioteca de Galicia e o CSIC
A escolma musical de Tito Lesende 07.03.2024 13:15
'Soltar' d´A Pedreira, 'Piedra del Camino' de Sant Araujo, o novo álbum de Néstor Pardo e a Italofeira de Boyanka Kostova
A crónica deportiva 07-03-2024 07.03.2024 29:16
No Racing Club Ferrol, o dianteiro Álvaro Giménez con gripe, Josep Señé con molestias, e Jon García cunha escordadura, son dúbida para xogar o sábado en Cartaxena. No Deportivo, o centrocampista José Ángel dí que se alegra de seren primeiros, pero que aínda non conseguiron nada.
'Lamazares. Inda é día' 06.03.2024 15:10
A exposición 'Lamazares. Inda é día' revisa, por primeira vez, os 50 anos da obra do artista Antón Lamazares. Unha mostra na que conviven pinturas e madeiras, campos e flores, cadaleitos e toureiros, obras de enorme tamaño, palabras, poemas... e incluso un alfabeto propio.
As mulleres da nosa música 06.03.2024 12:18
O noso colaborador Luís Miguel Crespo adica o seu espazo no programa a falar do papel das mulleres no mundo musical, poñendo o foco en Galicia e naquelas compositoras e intérpretes das que non se sabe demasiado. Falamos de María Muñoz, Milagros Porta e Carmen Díez.
2ª edición de Imaxinaria 06.03.2024 14:58
Comeza na Coruña segunda edición do Festival Internacional de Animación. “Queremos mostrar o potencial narrativo e expresivo que ten a animación” Alberto Vázquez co-dirixe Imaxinaria. Con el falamos.
Pensar o tempo 06.03.2024 8:26
O tempo centrará a XL Semana Galega de Filosofía que abrirá a filósofa Fina Birulés. Con ela falamos.
A crónica deportiva 06-03-2024 06.03.2024 29:58
Lucas Pérez, mellor xogador do Deportivo no mes de Febreiro: "O máis difícil non é chegar, é manterse", en referencia o liderado da categoría.
Alfonsín Digital Lab: a estética final do audiovisual 05.03.2024 17:19
Coñecemos por dentro unha empresa de Bertamiráns adicada á produción cinematográfica e de vídeo: Alfonsín Digital LAB. Son os responsables da estética final da maoría das series e filmes que se están producindo en Galicia.
'Cinco pseudocomedias', de José Prieto 05.03.2024 10:31
A nosa experta literaria Dolores Vilavedra tráenos o libro de José Prieto 'Cinco pseudocomedias', cinco textos emparentados polo humor... sen seren cómicos. Edita Xerais.
Ourense cruzamento de camiños 05.03.2024 29:57
Conversamos co comisario, Manuel Gago, e co coordinador local da mostra, José María Eguileta. A exposición está aberta ata o 11 de maio na sala ourensá d´Afundación , É a sexta mostra do proxecto 'Cidades no tempo', organizado pola Xunta a través da Fundación Cidade da Cultura
ARCO 2024 05.03.2024 29:57
Mónica Maneiro avánzanos a presenza galega na feira de arte contemporánea, que se celebra en Madrid, con 206 galerías de 36 países e o mar Caribe como protagonista. Nordés é a única galería galega no programa xeral, mentres Vilaseco participa na sección Art Libris
A crónica deportiva 05-03-2024 05.03.2024 29:58
Álvaro Giménez, dianteiro do Racing Club Ferrol, suma xa 7 goles na liga, e advirte sobre a dificultade de visitar ao Cartaxena. "Xoguei alí moitas veces e non gañei nunca"
XXIV Mostra de Teatro Clásico de Lugo 04.03.2024 12:22
A Mostra de Teatro Clásico de Lugo celebra a súa vixésimo cuarta edición dende o 3 ao 17 de marzo con obras teatrais que xa triunfaron en diversos festivais de todo o Estado. A Mostra aposta tamén polas compañías galegas que están producindo obras de teatro clásico.
Un anaco do novo de Golfiños, Encrucillada e Manseliña 04.03.2024 15:04
Co noso experto en música tradicional galega Emilio Españadero repasamos as novidades de varios grupos: Golfiños, Encrucillada e Manseliña.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.