AGalegaAudio
Todos os podcast | A crónica deportiva
A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: agalegaaudio.gal
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Uxíadas na Illa de Arousa 28.08.2024 2:57:00
Cada verán Uxía Senlle recibe no seu xardín músicos amigos cos que comparte concertos únicos e singulares. Achegámonos a estas Uxíadas na Illa de Arousa que hoxe reciben o guitarrista Pablo Novoa.
Derradeiro café con ardora do verán 28.08.2024 2:57:00
No último Café con Ardora do verán Estíbaliz Espinosa reúne un setestrelo de acontecementos naturais do verán galaico.
A crónica deportiva 28-08-2024 28.08.2024 30:06
Galicia vive a segunda etapa de La Vuelta con saída e chegada en Padrón,. Kevin deixa o Celta e marcha ao Sporting. Patiño entende que é un privilexio estar no Deportivo, un desafío que está desexando afrontar
O cine de antes 27.08.2024 30:58
O venres remata a exposición “Cines de Pontevedra. Memoria dunha ilusión”, que pode visitarse na Deputación. Para falarmos das salas que xa non existen e das películas que viron xeracións enteiras de galegos, convidamos a conversar ao cineasta Pepe Coira e a cinéfila Tareixa Navaza.
A maternidade na Idade Media 27.08.2024 30:58
Neste derradeiro martes de agosto despedimos ao noso medievalista de cabeceira. Miguel García Fernández ilústranos sobre a maternidade daquela época en Galicia, entre a honra e a promiscuidade.
Afonso IX e a toponimia galega 27.08.2024 2:56:34
Vicente Feijoo despide a súa colaboración sobre toponimia falando do rei Afonso IX e a creación medieval de nomes para as cidades ás que se concedía foro ou da carta de poboación.
A crónica deportiva 27-08-2024 27.08.2024 31:04
O Celta cae inxustamente na Cerámica. Charlie Patiño xa adestra co Depor. A Volta vive a primeira das catro etapas galegas
Lendas fisterrás 26.08.2024 30:49
Viaxamos ata Fisterra para coñecer a cama de san Guillerme e outros mitos e lendas relacionados coa fertilidade
Centenario de María Luisa Nache 26.08.2024 30:51
Centenario da soprano coruñesa María Luísa Rodríguez Nache. A galega foi unha figura da ópera e ata cantou coa Callas, en Milán, ás ordes de Leonard Berstein.
A crónica deportiva 26-08-2024 26.08.2024 30:01
Previa do Villarreal -RC Celta da terceira xornada da Primeira División que se disputa esta noite en La Cerámica ás 21 horas. Presentación de Manu Vallejo como novo xogador do Racing Club Ferrol. Entrevista con Yago Barreto, coordinador do Pantín Classic de Surf que se desenvolve nas praias de Valdoviño ata o domingo. Resaca da fin de semana deportiva no balonmán, motociclismo e fútbol.
Prefiro condenarme 23.08.2024 30:55
Pendente da súa estrea en salas, a última película de Margarita Ledo "Prefiro condenarme", puido verse no Festival de Locarno. Con ela falamos
Experiencias inclusivas nas artes escénicas 23.08.2024 30:55
Con Afonso Becerra falamos de experiencias inclusivas na danza, as performances ou o teatro, como é o caso de "Nada se sabe" do CDG
Festival dos eidos 23.08.2024 30:57
Dende esta tarde e ao longo de toda a fin de semana, a Fundación Uxío Novoneyra celebra no Courel unha nova edición do Festival dos eidos. Poesía, música e rutas ornitolóxicas conviven nun programa callado de actividades. Falamos coas poetas Luz Pichel e Brenda Mondelo.
Lecturas no ferragosto 23.08.2024 30:57
A nosa prescriptora de lectura neste verán recoméndanos ler "Pel de cordeiro", de Ledicia Costas e "Ninguén queda", de Brais Lamela. Tamén nos fala das tendencias globais, coma o romantsy ou a saga Blackwater
A crónica deportiva 23-08-2024 23.08.2024 29:58
Previa do Galicia en Goles de esta tarde que comezará las 18 horas. Real Club Celta-Valencia. A última hora con Roberto Carlos Carballo. SD Huesca-RC Deportivo. Rafa Obrador inscrito e poderá debutar co cadro herculino. No Racing Club Ferrol, Erick Cabaco será baixa polos próximos tres meses de competición por unha rotura muscular. Comeza a competición da Primeira RFEF con catro clubs galegos: CD...
Estreas españolas do verán 22.08.2024 30:55
Comentario das películas "A illa perdida" e "Odio o verán"
A crónica deportiva 22-08-2024 22.08.2024 30:57
Claudio Giraldez analizou o partido diante do Valencia en Balaídos. Ristic é baixa para o encontro e Guaita causa alta. O Deportivo negocia a incorporación de Charlie Patiño, xogador do Arsenal. Antonio Hidalgo, adestrador do Huesca falou do respecto que ten ó Depor. Oscar Pinchi está, de novo, na órbita do Racing Club Ferrol. O xogador negocia a rescisión do seu contrato co Rizespor turco. O Lugo...
Estar nas nubes 21.08.2024 11:34
Tomamos o Café con Ardora con Estíbaliz Espinosa.
As que non faltan nos festis 21.08.2024 10:10
Carlos Crespo, dará pistas sobre as mellores cancións galegas do verán, as máis solicitadas en festas e festivais.
A crónica deportiva 21-08-2024 21.08.2024 29:57
Primeiras verbas de Javi Rodríguez, o último debutante do RC Celta en Primeira División. Rafa Obrador novo xogador do Deportivo. Chega cedido polo Real Madrid. No Racing Club Ferrol, Manu Vallejo, a última incorporación xa traballou cos seus compañeiros. Pablo Prieto pasou polos Deportes da Crónica para falar polo miúdo do España-Hungría de fútbol sala que se disputará este xoves en Ferrol.
Os oficios das mulleres na Galicia medieval 20.08.2024 10:28
Hai quen pensa que na Galicia medieval as mulleres só se dedicaban a atende-lo fogar, á crianza dos fillos e aos labores no agro. O historiador Miguel García Fernández desvélanos que desenvolvían diversos oficios como parteiras, lavandeiras, panadeiras, albergueiras, tecedoras e incluso boticarias.
Toponimia internacional 20.08.2024 11:22
O máis curioso da topinimia galega con Vicente Feijoo.
A carballa da Saínza 19.08.2024 10:58
Soledad Felloza convídanos a desprazarnos á comarca da Limia para visitar a carballa da Saínza, unha árbore de máis de cincocentos anos fonte de lendas e berce de tradicións. Un bo momento para coñecela será en setembro, cando se desenvolva a romaría da Saínza.
Catro concertos ben variados 19.08.2024 11:40
O mellor da música clásica galega con Luís Miguel Crespo.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.