AGalegaAudio

Todos os podcast | A crónica deportiva

Sports GL ↓ 2910 episodes

A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades

Be sure to visit the podcast's website and support the creator: agalegaaudio.gal

Author

AGalegaAudio

Category

Sports

Podcast website

agalegaaudio.gal

Latest episode

Oct 5, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

A crónica deportiva 11-09-2024 11.09.2024

O dianteiro do Racing Club Ferrol Álvaro Giménez di que "está demasiado só no ataque". Williot Swedberg recibe a alta médica no RC Celta. Imanol Idiakez pide tempo para a adaptación e o debut das fichaxes no RC Deportivo.

A muller misteriosa 10.09.2024

Quen é aquela moza? Situémonos: 1957. Aldea das Aguias, Muras (Lugo). O oftalmólogo e investigador Antón Beiras tira 35 fotografías da malla na eira da casa dos de Pascual, os seus sogros. 2024. As imaxes expóñense por vez primeira na vella caseta de correos da estrada que comunicaba Lugo con Viveiro. O cartel da exposición amosa unha rapaza que traballou naquela malla. Tódolos retratados están id...

Todos os lonxes 10.09.2024

O debut literario de Breogán Xague “Todos os lonxes”, un diario poético

Palestina existe e persiste 10.09.2024

Mónica Maneiro comenta a mostra 'Palestina existe e persiste', na galería compostelá Patio de Luz. A exposición reúne obras e instalacións de Raquel Álvarez Méndez, María Xosé Domínguez e Elena Fernández Prada. A galería acollerá unha acción especial relacionada coa mostra o 14 de setembro, na Noite dos Museos. 

A crónica deportiva 10-09-2024 10.09.2024

Hoxe xoga a selección española sub 21 en Hungría con 5 galegos na convocatoria. O defensa do RC Celta Javi Rodríguez fala das súas virtudes e defectos, da Madroa e de Claudio Giráldez. No RC Deportivo, presentación oficial do dianteiro canario Cristian Herrera.

Patrimonio invisible en Compostela 09.09.2024

Coas entradas esgotadas arranca en Compostela a Semana do Patrimonio Invisible. Con Vituco Neira achegámonos a algúns destes espazos agochados, coma os mananciais de Vite ou a Torre do Tesouro da Catedral.

hydn 09.09.2024

Hoxe coñecemos á coruñesa hydn, de nome real Sandra Guedev, creadora no seu momento do  "galenglish" pero que agora só canta engalego.

A nova regueifa toma os institutos 09.09.2024

A nova regueifa toma os institutos Nos últimos anos a improvisación oral en verso chegou a un feixe de centros escolares galegos a través do proxecto Regueifesta. Conversamos cos docentes Manolo Maseda e Séchu Sende, impulsores desta iniciativa, e con Marta Iglesias, unha das adolescentes que aprendeu no instituto a súa paixón pola regueifa. 

La Bohème e Sensoxenoma 09.09.2024

Pablo Sánchez Quinteiro estréase como colaborador compartindo a súa paixón con Mahler, o comezo da tempada lírica na Coruña con 'La Bohème' de Puccini e explicando en que consiste o proxecto Sensoxenoma no que colabora a Real Filharmonía de Galicia. 

Espazos Sonoros, o patrimonio a través da música Video 09.09.2024

Espazos Sonoros, o patrimonio a través da música A escritora Luísa Villalta protagoniza en Viena a primeira colaboración entre o ciclo Espazos Sonoros e o festival Viertel Barock.

A crónica deportiva 09-09-2024 09.09.2024

O Racing Club Ferrol non carbura. Segundo empate na casa e tres xornadas sen marcar. O RC Deportivo xoga este venres ás 20:30h en Córdoba. Priimeira vitoria do CD Lugo: 0 - 1 en Sestao. Primeira xornada finalizada en Terceira

Cidade Imaxinaria 06.09.2024

‘Cidade Imaxinaria’ inclúe 14 espectáculos de circo, maxia e teatro. A idea é que pais e cativos compartan unha tarde de ocio. Falamos con Ana Isabel Vázquez Reboredo, xerente da Cidade da Cultura, e con Xabi Lozano, capaz de converter calquera obxecto nun instrumento musical. A cita é mañá pola tarde no Gaiás

ANÖA 06.09.2024

Coñecemos o espectáculo de danza ANÖA, da compañía Elvi Balboa en coprodución co Centro Coreográfico Galego.

Chanfaina Lab 06.09.2024

Visitamos o concello coruñés de San Sadurniño durante a novena edición do Chanfaina Lab. Este encontro audiovisual reúne 25 cineastas de diferentes idades e procedencias, profesionais e amateurs, para compartiren o entusiasmo de facer cine durante unha fin de semana. 

'Heartstopper' e ferreñas 06.09.2024

'Heartstopper' e ferreñas Eva Mejuto empeza a temporada traéndonos un libro recén chegado ás librarías, Heartstopper. Rapaz coñece rapaz, o best-seller xuvenil da británica Alice Oseman, agora traducido ao galego por Nee Barros e Éric Dopazo. Lembramos a Dorothé Shubarth no primeiro cabodano do seu pasamento co libro 'Ferreñas e rock and roll', de Larura Romero e Iria Pedreira....

Presentación do FIOT 33 06.09.2024

O FIOT estrea  Mulleres que viven soas de Berrobambán  36 espectáculos na nova edición  do FIOT que se presenta co lema "Agora é sempe"

A crónica deportiva 06-09-2024 06.09.2024

O RC Deportivo viaxa en voo "charter" a Granada. Última hora con Javi Torres. Previa do debut das Celtas en Balaídos. No Racing Club Ferrol, Carlos Mouriz recoñece que estiveron moi preto de fichar cedido a Alfon, do Celta, e que a LFP múltaos con seis mil € por partido na Malata polas deficiencias na iluminación.

Justicia Artificial 05.09.2024

“É un thriller político” O coruñes Simón Casal preestrea hoxe na cidade herculina a súa última película “Justicia artificial”, que xira en torno á introdución da IA na Xustiza.

Dúas estreas españolas 05.09.2024

Moncho Lemos tráenos dúas estreas para a fin de semana: - “El 47”, de Marcel Barrena. A historia real dun acto de disidencia pacífica e o movemento veciñal de base que en 1978 transformou o extrarradio de Barcelona para sempre. -”Estación Rocafort”, de Luis Prieto. Terror paranormal nunha estación de metro.

Flores no FIC Bueu 05.09.2024

As flores do cine de Jonas Mekas son o leit motiv da 17ª edición do Festival Internacional de Cine de Bueu. Ademais da retrospectiva deste cineasta experimental, o FIC Bueu proxectará 29 curtametraxes de 18 países na sección oficial. Na súa primeira fin de semana o certame acolle unhas dedicadas este ano a reflexionar sobre a relación entre ciencia e cinema, coa presenza do director Jaime Rosales,...

Baiuca e Carlangas soben ao monte Viso 05.09.2024

Tito Lesende tráenos hoxe a última colaboración de Baiuca e Carlangas, 'Monte Viso', que formará parte do próximo álbum do músico de Catoira.  Escoitamos tamén novas pezas de grupos que actúan en directo nos últimos festivais do verán: 'Pedindo perdón' de Tanxugueiras e 'Ahí estás' de Amaral. 

XXIII Festival Agustín Magán 05.09.2024

Comeza o  XXIII Festival Agustín Magán que organiza FEGATEA Seis compañias de teatro afeccionado presentan os seus últimos traballos en distintos espazos da cidade de Santiago.

A crónica deportiva 05-09-2024 05.09.2024

Damián Rodríguez fala trala renovación co RC Celta ata o 2028. Esgotados os 500 billetes para acompañar o RC Deportivo aos Cármenes. Presentado o arxentino Juan Gauto. No Racing Club Ferrol, Bebé xa adestra co grupo. O centrocampista Álvaro Sanz pide paciencia cos resultados. A SD Compostela presenta ao centrocampista Fer Cano e ao dianteiro estremeño Carlos Cinta.

O cura monicrequeiro 04.09.2024

Domingo Martínez de Presa, o cura monicrequeiro. Foi abade de San Miguel de Feás, en Xinzo da Limia. Deseñaba autómatas e escribiu un libro sobre eles en 1662. Falamos con Inacio Vilariño, que reproduciu un deses enxeños para o Museo ddas Marionetas de Lalín.

O primeiro libro en galego para aprender a ler 04.09.2024

Raquel C. Pico descóbrenos o primeiro manual para aprender a ler en galego. “Método de lectura”, publicado en 1932, de Josefa Iglesias Vilarelle. Unha mestra que exerceu en Mouronte (Pontevedra)

Listen to the Todos os podcast | A crónica deportiva podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.