AGalegaAudio
Todos os podcast | A crónica deportiva
A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: agalegaaudio.gal
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Cen anos da arracada de Vilar de Santos 20.12.2024 12:55
“É u nha peza excepcional” César Llana, director do Museo arqueolóxico de Ourense. Centenario da descuberta da arracada de Vilar de Santos Esta tarde, no salón multiusos do consistorio haberá unha xornada dedicada a esta alfaia do noso patrimonio castrexo e tamén se procederá a entregar unha arracada de honra á familia do seu descubridor
Imos ao circo 20.12.2024 13:16
Afonso Becerra lévanos ao circo de pista, de rúa, de pallasos...
Concertos de Nadal 20.12.2024 18:45
Opcións para desfrutar de música en directo de diferentes xéneros durante as festas. Músicos de rock vigueses promoven o concerto 'Wonder Christmas', Carlos Núñez leva a súa xira de Nadal por Ferrol, Pontevedra, Vigo e A Coruña e Fisión Atlántica unen a música de Haydn, as danzas de Reis e a prosa de Suso de Toro.
Lecturas de Nadal con música 20.12.2024 8:22
Eva Mejuto tráenos lecturas musicais para este Nadal. Cantacontos de Nadal converte catro panxoliñas en historias ilustradas por Fernando Martín. Agora que vén a noite, de Marcos Calveiro, conta unha historia adolescente de acoso e redención que formará parte do espectáculo 'Axudádeme a cantar', creado por Felisa Segade e Montse Rivera, dúas das compoñentes de Leilía.
Arranca a XIX edición de Rebulir 19.12.2024 14:46
“Buscamos o abrazo das culturas” Arranca en Ourense o Festival Internacional Rebulir, que chega a súa edición número dezanove e, o seu directorAlexandre Sotelino, dános tódalas claves. O FIR 2024 é un espazo de convivencia intercultural con vocación pedagóxica que se fai latente nas múltiples actividades socioeducativas que integran o programa. Entre os premiados deste ano, a Asociación de Gaiteir...
'Cónclave' e 'Un lío de millones' 19.12.2024 11:00
Moncho Lemos recomenda dúas películas para a fin de semana: ‘Cónclave’, de Edward Berger, un thriller ambientado no Vaticano con Ralph Fiennes de protagonista. ‘ Un lío de millones’, comedia española de enredo dirixida por Susan Béjar.
Pava convértese en banda con 'Pava 3' 19.12.2024 14:16
O proxecto musical de Lucía Aldao é xa un grupo, o que asina e interpreta as cancións deste terceiro traballo, 'Pava 3', con títulos tan suxestivos como 'Catastro', ' O himno da lesión' ou 'Tremendamente coquetas'. A presentación en directo será o 5 de xaneiro na sala Mardi Gras da Coruña
Catro estreas galegas 19.12.2024 12:34
Tito Lesende pica novas cancións de proxectos musicais galegos de diferentes xéneros. Do 'Tradi' de Budiño á colaboración de Caamaño &Ameixeiras con Rodrigo Cuevas en 'Catro cousas', pasando por 'Déjà vu' de Dios ke te crew e 'Inercia, parte III' dos John Deeres.
A crónica deportiva 19-12-2024 19.12.2024 30:00
Analizamos con Javi Torres a previa do RCDeportivo - CD Castellón. Analizamos con Raúl Villares a derrota do Racing Club Ferrol. Última hora do RC Celta con Víctor López. Fran Hernández exerce de adestrador interino do Obradoiro.
Visitamos o coro orixinal do Mestre Mateo 18.12.2024 14:31
"Conseguimos moito, pero aínda queda traballo arreo". Unha investigación da USC reconstrúe virtualmente o coro do mestre Mateo da catedral de Santiago, desmontado no século XVII . Falamos con Francisco Prado-Vilar, investigador principal de KosmoTech_1200
Resumo do trimestre 18.12.2024 10:37
Con Raquel C. Pico repasamos as curiosidades máis interesantes de cantas trouxo a este espazo semanal no último trimestre do ano.
BD en feminino plural 18.12.2024 30:57
Manel Cráneo analiza o aumento de autoras de banda deseñada e recomenda obras de Emma Ríos, Aldara Prado, Alicia Jaraba, Bea Gregores ou Ana Moreiras
A crónica deportiva 18-12-2024 18.12.2024 30:00
Ás 19:00h na Malata, Racing C Ferrol - UD Almería. Última hora con Raúl Villares. No RC Deportivo, Óscar Gilsanz analiza ao CD Castellón e fala dos ánimos dos seareiros en Tenerife. O Real Zaragoza acepta a dimisión de Víctor Fernández coma adestrador. No Obradoiro, o director deportivo Héctor Galán explica os motivos do cesamento de Gonzalo Rodríguez Palmeiro e recoñece como opcións a Félix Alons...
‘Cadernos da Limia: Paisaxe, Identidade e Memoria’ 17.12.2024 12:21
“Son máis ca fotos. O discurso complétase con outras actividades artísticas”. Xa pode verse en Vigo ‘Cadernos da Limia: Paisaxe, Identidade e Memoria’. O eixe narrativo da exposición do fotógrafo Blas González é a nostalxia emocional que provocou na súa nai o desastre paisaxístico e medioambiental da desecación da Lagoa de Antela en 1958.
Os corpos fráxiles 17.12.2024 11:15
Dolores Vilavedra comenta ‘Os corpos fráxiles’, de Sofía Ruvira. A primeira novela da autora trata da relación entre unha neta e unha avoa. Sobre a descuberta da finitude, da fraxilidade.
'Ao meu pai' 17.12.2024 8:49
Mónica Maneiro comenta a mostra 'Ao meu pai', que o artista Teo Soriano expón na Galería Vilaseco da Coruña. A exposición homenaxea o proxenitor do artista, defensor do legado artístico de Soriano desde o grave accidente que sufriu, e inclúe 12 obras, seleccionadas pola directora de Vilaseco, Miriam Pérez, e o artista Álvaro Negro. 'Ao meu pai' pode visitarse ata o 21 de febre...
Prisciliano e a Gallaecia 16.12.2024 16:13
“É un persoeiro esencial da cultura europea” ‘Prisciliano e a Gallaecia’, un documental de Aser Álvarez producido por Arraianos Producións. Trátase dunha pequena road movie que propón un itinerario polos principais xacementos arqueolóxicos vinculados co priscilianismo: Santalla de Bóveda, Valga, Quiroga ou Compostela, pero tamén aqueles lugares polos que se estendía a antiga provincia romana da G...
Zavala 16.12.2024 9:34
Carlos Crespo trae hoxe á palestra a Zavala, que son Carla Romalde (voz, frauta), Ana Lage (baixoo, piano, acordeón, coros), Elena Zas (piano, viola, coros), Carlos Castro «Kos» (programación , bases e visuais) e Víctor Ledo (guitarra e voz). Escoitamos un adianto do seu disco novo
Cantamos! 16.12.2024 11:16
Pablo Sánchez Quinteiro avánzanos os concertos participativos que a Real Filharmonía de Galicia ofrece en Santiago os días 19 e 20 de decembro. A orquestra une varios coros amadores, a participación do público e solistas galegos nun programa que inclúe 'Gloria' de Vivaldi e o 'Mesías' de Haendel baixo o título 'Cantamos!'.
Unha imaxe de si 16.12.2024 12:10
”A sociedade e a arte teñenn un claro compromiso feminista e o MARCO deféndeo”. A exposición Unha imaxe de si inicia a colección do museo que dirixe Miguel Fernández Cid
A crónica deportiva 16-12-2024 16.12.2024 29:58
Rafael Louzán elixido presidente da RFEF por maioría absoluta. O Deportivo regresa á Coruña sen xogar en Tenerife. O xuvenil Ángel Arcos destaca no Celta Fortuna. Moncho Fernández volve á Liga ACB co basquet Girona.
"La Parra", "¿Es el enemigo?. La película de Gila" 12.12.2024 11:52
Falamos de duas estreas da semana: "La Parra", terceira longametraxe do ferrolán Alberto Gracia; e de "¿Es el enemigo?. La película de Gila", de Alexis Morante.
Rod Stewart en 4 cancións 12.12.2024 16:00
Tito Lesende repasa a traxectoria musical de Rod Stewart, que actúa no Coliseum da Coruña o 15 de decembro, a piques de facer 80 anos. De 'Maggie May' a 'Do you think I´m sexy' pasando pola súa etapa nos Faces, unha carreira de 60 anos resumida en catro cancións
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.