AGalegaAudio

Todos os podcast | A crónica deportiva

Sports GL ↓ 678 episodes

A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades

Author

AGalegaAudio

Category

Sports

Podcast website

agalegaaudio.gal

Latest episode

Jul 10, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

A crónica deportiva 12-02-2026 12.02.2026

A Federación Galega de Fútbol medita se solicitar a organización da fase final da Copa do Rel logo da clasificación para semifinais do Celta e do Deportivo xuvenil. No Pontevedra, Rubén Domínguez dí que queren fichar un medio centro. Camilo Díaz, presidente do Ourense CF: "Os técnicos din que xa se pode xogar no céspede do Couto". No Racing, previa de Guillermo Fernández Romo antes de vi...

A crónica deportiva 10-02-2026 10.02.2026

Previa da Copa do Rei Xuvenil: RC Celta - Athletic Club e CD Tenerife - RC Deportivo. Isma Martínez anuncia a súa marcha do BM Porriño por motivos persoai ao remate da temporada. Previa do Básquet Coruña - Zamora e Cartaxena - Club Ourense Baloncesto.

A crónica deportiva 09-02-2026 09.02.2026

As voces da sufrida vitoria do Dépor. Javi Recio, director deportivo do CD Lugo, pidelles aos xogadores que dean un paso adiante e recoñece estar preto de fichar a Borja Sánchez, ex do Oviedo. Diego Epifanio e Álex Galán na previa do Obradoiro - Menorca.

A crónica deportiva 04-02-2026 04.02.2026

Marco Garcés, no Celta eFernando Soriano, no Dépor, fan balance do mercado de xaneiro. Presentado Riki no Dépor, Rubén López no Pontevedra CF e Iago Rodríguez no CD Lugo.

A crónica deportiva 02-02-2026 02.02.2026

Derradeiro día do mercado de xaneiro: No Celta, sae Bryan Zaragoza á Roma e chega Matías Vecino, centrocampista de 34 anos da Lazio. O club trata de incorporar tamén a Álvaro Núñez, lateral do Elx; No Deportivo, reactivada a fichaxe do centrocampista do Albacete, Riki, para hoxe mesmo Na 1ª RFEF, mal momento do CD Lugo, e na 2ª RFEF, vitorias da UD Ourense e do Coruxo FC, que teñen derbi o domingo...

A crónica deportiva 30-01-2026 30.01.2026

O Celta xogará co Paok de Salónica os 16º da Liga Europa. A ida será o 19 de febreiro en Grecia e a volta unha semana despois en Balaídos. No Deportivo, Antonio Hidalgo comparece antes de xogar en León. Escoitamos a Guillermo Fernández Romo no Racing e a Iago Iglesias no CD Lugo. No Open de Australia en cadeira de rodas o vigués Martín de la Puente accede á final logo de superar 6-4 e 6-4 ao nº1 d...

A crónica deportiva 29-01-2026 29.01.2026

Directo con Víctor López en Belgrado para coñecer a última hora do Celta. Fer López recibe a autorización da UEFA e pode xogar hoxe co Estrela Vermella. No Deportivo, José Ángel pide mirar cara diante. Previa do Arenteiro - Bilbao Athletic con Jorge Cuesta. No Pontevedra comparece Rubén Domínguez antes de viaxar a Talavera. Luís Casimiro, do Breogán, cumprirá en Granada 800 partidos dirixidos na A...

A crónica deportiva 28-01-2026 28.01.2026

O Celta xa está en Belgrado. Viaxou Fer López mentres agarda a autorización da UEFA para poder xogar. Falamos con Rubén Blanco, que deixa o Olimpique de Marsella, e opina do Celta e do vicepresidente do Porriño Industrial. No Deportivo comparece Sergio Escudero logo de xogar uns minutos co Racing de Santander. O Pontevedra presenta a Diego Gómez, cedido polo Dépor, e ten apalabrado a Rubén López....

A crónica deportiva 27-01-2026 27.01.2026

Presentado Fer López no Celta: "Rebaixeime a ficha para poder vir". Previa da derradeira xornada da fase liga da Liga de Campións. No Breogán, Tito Díaz fai balance daprimeira volta na liga ACB. Támara Echegoyen completaa primeira volta ao mundo sen escalas nun maxitramarán tripulado só por mulleres.

A crónica deportiva 26-01-2026 26.01.2026

O Celta e o Deportivo desaproveitan unha grande oportunidade de subir postos na táboa. Repasamos o sucedido no Real Sociedad 3 - Celta 1 e no Dépor 0 - Racing Santander 1. Na 1ª RFEF, vitoria do Lugo en Avilés e derrota do Ourense CF co Cacereño na Pinguela de Monforte. Na 2ª RFEF, a UD Ourense entra en postos de promoción de ascenso coa 3ª vitoria consecutiva.

A crónica deportiva 23-01-2026 23.01.2026

Recuperamos os mellores momentos da clasificación do RC Celta para os 16º da Liga Europa. A Real Federación Galega de Fútbol suspende todos os partidos do sábado polo temporal. Hoxe, dúas citas na Primeira REF: En Balaídos ás 19:00h, Celta Fortuna – Zamora; e no Estadio Romano, ás 21:15h, Mérida - Pontevedra CF. Previa do Dépor – Rácing, con Antonio Hidalgo. O BM Porriño queda "ferido" d...

A crónica deportiva 22-01-2026 22.01.2026

Na Liga Europa, Celta - Lille. Última hora con Víctor López. No Deportivo fala Samuele Mulattieri. Última hora con Javi Torres. Presentado o medio centro Antonio Perera no CD Lugo. Protagonistas da eliminación do Uni Ferrol na competición europea. Luis Casimiro na previa do Breogán - Real Madrid.

A crónica deportiva 20-01-2026 20.01.2026

O francés Daniel Dutuel, ex do Celta, fala sobre o galego do Barcelona Dro Fernández e di que “o PSG é o mellor club para un xogador novo; Luís Enrique dá moita confianza". Tamén apunta que o Celta debería gañarlle ao Lille con facilidade. Semana de partido da Liga Guerreiras e volta de competición europea en Silicia para o At Guardés. Falamos coa capitá María Sancha.

A crónica deportiva 19-01-2026 19.01.2026

O Celta suma a 3ª vitoria consecutiva na Liga e ten 8 puntos de vantaxe co 8º clasificado. Previa do Real Madrid - Mónaco. Falan Arbeloa e Mbappé. O Deportivo dá un golpe ra mesa cos 3 puntos sumados en Almería. Golazos galegos: Enol Coto para o Ourense CF e Rufo para a UD Ourense.

A crónica deportiva 15-01-2026 15.01.2026

O Rayo Vallecano cae en Mendizorroza na Copa e chegará a Balaídos con baixas. Antonio Hidalgo comparece na previa do Almería - Dépor. No CD Lugo, Josep Gayá recoñece que de lateral non é a posición na que máis xogou na súa carreira. Segunda derrota do At Guardés na Liga Guerreiras. Previas de Carles Marco no Básquet Coruña e de Luís Casimiro no Breogán. 

A crónica deportiva 14-01-2026 14.01.2026

Récord de asistencia en Riazor con 28.500 seareiros para o partido de Copa co Atlético de Madrid( 0-1). Escoitamos os protagonistas con Javi Torres. No Celta, Óscar Mingueza asina coa Juve para a vindeira temporada. Presentados Alberto Gil no Pontevedra CF e Gabri Costa no CD Lugo. O Ensino de Lugo xogará o primeiro partido da Copa da Raíña co Valencia. Hoxe cita ligueira do At Guardés en Granolle...

A crónica deportiva 13-01-2026 13.01.2026

O Celta suma a mellor primeira volta da súa historia en Primeira. Riazor estará ateigado para os oitavos de Copa co Atlético de Madrid. Álvaro Arbeloa ponse aos mandos do Real Madrid. Guillermo Fernández Romo, presentado no Rácing Club Ferrol.

A crónica deportiva 12-01-2026 12.01.2026

O Celta pecha ás 21:00h no Sánchez Pizjuán a primeira volta da Liga. Última hora con Víctor López. O Dépor adestra pola tarde na previa dos oitavos da Copa do Rei co Atlético de Madrid. Fala o Cholo Simeone. A UD Ourense achégase aos postos de play off de ascenso no 21 aniversario de Noel González.

A crónica deportiva 09-01-2026 09.01.2026

Previa do UD As Palmas - RC Deportivo, con Javi Torres. Última hora do Celta con Víctor López. Estamos en Arabia Saudita con Cristian Romero. Na 1RFEF, escoitamos a Míchel Alonso no Rácing; a Iago Iglesias no CD Lugo; e a Rubén Domínguez no Pontevedra CF

A crónica deportiva 08-01-2026 08.01.2026

Michel Alonso colle o Racing Club Ferrol de maneira interina logo da destitución de Pablo López. O dianteiro Junes El Abdellaoui cumpre un ano no Celta con goles e protagonismo. Mario Soriano e Ainhoa Marín, os mellores de decembro no Dépor. O Club Ourense Baloncesto xogará a Final a 4 da Copa de España. O primeiro rival será o Estudiantes. O Obra cae en Palencia. O Uni Ferrol cae en Leganés e que...

A crónica deportiva 07-01-2026 07.01.2026

Deportivo - Atlético de Madrid nos oitavos da Copa do Rei. Ademais, presentado Adriá Altimira e Fernando Soriano fala do mercado. No Celta Damián Rodríguez presentado como xogador do Rácing de Santander. Alta tensión no Parrulo 4 - Xaén 5. O Parrulo prepara un comunicado, con asistencia legal, para denunciar unha agresión.

A crónica deportiva 06-01-2026 06.01.2026

Analizamos a magnífica temporada do Pontevedra CF co xornalista do Diario de Pontevedra Xaime Nogueira. No fútbol sala, hoxe Parrulo Ferrol - Xaén. O Noia xoga mañá en Cartaxena. Previa da liga femenina de baloncesto. O Uni Ferrol entrará na Copa da Raíña se gaña en Leganés. O Ensino Lugo, xa clasificado para a Copa, recibe ao Valencia.

A crónica deportiva 05-01-2026 05.01.2026

Xornada de portas abertas no Celta e no Deportivo. Milleiros de nenos en Balaídos e en Riazor. As valoracións do empate a 2 do Dépor-Cádiz. Antonio Hidalgo, Álvaro Fernández Llorente e David Mella. O Pontevedra CF ficha a Álvaro Pérez, central de 29 anos que procede do Intercity. Na 1ªFEB, vitoria de mérito do Obradoiro en Palencia, 85-87.

A crónica deportiva 02-01-2026 02.01.2026

Borja Iglesias e Pablo Durán regresan para o primeiro partido do ano ante o Valencia". Antonio Hidalgo destaca que as novas fichaxes do Dépor-Álvaro Fernandez e Adriá Altamira- están dispoñibles por se son necesarios fronte ao Cádiz. Pontevedra- Rácing, derbi destacado na Primeira Federación. O Breogán segue co seu particular Tourmalet recibindo ao Unicaja.

A crónica deportiva 31-12-2025 31.12.2025

As San Silvestres ateigan Galicia de deporte, festa e tradición no derradeiro día do ano. Borja Iglesias estará operativo para o partido ante o Valencia do sábado vindeiro. Sergio Escudero xa adestra cos seus compañeiros do Dépor.

Listen to the Todos os podcast | A crónica deportiva podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.