AGalegaAudio
Todos os podcast | A crónica deportiva
A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: agalegaaudio.gal
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Do "Cancioneiro popular galego" a "Por que non hei de cantar?" 17.05.2025 6:34
Antón Santamarina, académico da RAG, e coautor do “Cancioneiro popular galego”, xunto a Dorothé Schubarth. Manuel Rico Verea, musicólogo e escritor, é autor da publicación “Porque non hei de cantar?"
Galicia por diante 17-05-2025 17.05.2025 4:30:58
Contidos: -Entrevista a Henrique Monteagudo, presidente da Real Academia Galega. -Entrevista a Xosé Manuel Varela, filólogo e escritor, que xunto á súa filla, Icía Varela, escribiu o libro “Cantareiras” (Ed. Xerais). -Ana Boullón: académica que presentou a proposta de homenaxear a poesía oral popular. -”Apalabradas”, co filólogo Paulino Novo. -Entrevista a Noelia Freijeiro, concelleira de Cultura...
As herdeiras das cantareiras 16.05.2025 9:45
Eva Sandino pescuda na conexión entre o noso repertorio oral popular e as músicas máis actuais: das cantareiras a Mondra ou Tanxugueiras.
'Sirat' entusiasma na súa estrea en Cannes 16.05.2025 10:14
Imos ata Cannes con Natalia Penas para sabermos da estrea de ‘Sirat’, de Oliver Laxe, recibida con entusiasmo na súa proxección onte á noite.
'Roland mon amour' 16.05.2025 5:34
Afonso Becerra comenta ‘Roland mon amour’, un monodrama de desexo e música que mestura a escrita, o baile e a plástica. De Cris Balboa
Eva Castiñeira 16.05.2025 11:38
Isabel Freire conversa con Rodrigo Romaní sobre Eva Castiñeira, unha das homenaxeadas nas Letras Galegas de 2025. Nada en 1925 no lugar de Agranzón, en Muxía, emigrou á Coruña, onde a coñeceu Rodrigo Romaní, integrante de Milladoiro. En 1981 o grupo convidounas a ela e á súa irmá Engracia a participaren nun concerto no pavillón de deportes. Convertéronse nas primeiras pandeireteiras en subir a un...
Cantareiras para a rapazada 16.05.2025 11:19
Eva Mejuto compila algúns dos últimos libros infantís sobre as cantareiras. Dinguirindiña. A viaxe de Saleta a pandeireta con texto do grupo Caldo e ilustracións de Ro Ledesma; Tacón, punta, tacón, de Anxo Iglesias e ilustrado por Laura Romero; A avoa canta como a cotovía, de Celia Díaz e Alba Santa e Eu non canto por cantar, de Antón Santamarina e Manuel Rico.
A crónica deportiva 16-05-2025 16.05.2025 29:56
Vigo saca as bufandas á rúa. Escoitamos a Marián Mouriño e a Borja Oujo, do departamento de márketing do RC Celta. No Dépor, fin de semana de 25 aniversario do título de Liga. Yeremay, recuperado para xogar co Granada. E viaxamos a Islandia con Chicho Moldes e a última hora do BM Porriño, na véspera da Final da Copa EHF.
As recollidas 15.05.2025 9:03
Coñecemos o que é “A recollida”, dende o ‘Cancioneiro popular galego’ ata hoxe, da man de Eva Sandino.
‘Lo que queda de ti’ e ‘Tras el verano’ 15.05.2025 7:38
Moncho Lemos comenta dúas estreas para a fin de semana semana ‘Lo que queda de ti’, de Gala Gracia’ e ‘Tras el verano’’, de Yolanda Centeno
Estrea mundial de 'Sirat' no festival de Cannes 15.05.2025 8:48
“É unha película que sacode” Óliver Laxe compite na sección oficial de Cannes con ‘Sirat’, que se estrea esta noite no festival internacional de cine
Adolfina e Rosa Casás 15.05.2025 9:03
Isabel Freire fala co músico Richi Casás, neto e afillado de Adolfina e Rosa, dúas das cantareiras que personifican á homenaxe da RAG ao noso patrimonio oral popular.
Tito Lesende ponse cantareiro 15.05.2025 9:26
A playlist de Tito Lesende: ‘ A ghatiña mansa’, unha colaboración de Tanxugueiras e Caamaño& Ameixeiras, ‘O bruar das cantareiras’, de Xosé Lois Romero & Aliboria e ‘O meu ser’ de Xan Pais
A crónica deportiva 15-05-2025 15.05.2025 29:58
Os resultados dos rivais acompañan o obxectivo europeo do Celta. Lea entre o concello e o Dépor na Coruña. Josué Dorrío, moi doído coa temporada do Rácing. O Obra preparado, e con todos ao seu dispor, para que dea comezo o play off polo ascenso. Diego Epifanio non aclara se vai seguir no Básquet Coruña.
Por que as cantareiras? 14.05.2025 15:57
“Son todas as que están, pero non están todas as que son” Isabel Freire conversa coa académica e filóloga Ana Boullón para sabermos máis do porqué a RAG acordou que este ano as Letras Galegas recoñezan o labor das cantareiras
Os primeiros aeroportos galegos 14.05.2025 9:02
Raquel C. Pico fálanos dos primeiros proxectos dun aeroporto en Galicia, do de Loriga en Monforte de Lemos, no ano 1927, ao da Lavacolla
«Pandereteiras de Mens» 14.05.2025 13:11
Isabel Freire entrevista á musicóloga e antropóloga social Beatriz Busto, autora do libro «Pandereteiras de Mens», dedicado ao primeiro grupo de cantareiras que tivo unha presenza protagonista nos palcos.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.