AGalegaAudio
Todos os podcast | A crónica deportiva
A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: agalegaaudio.gal
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
A penaltis 15-09-2025 15.09.2025 2:01:00
Manel Fernández, lenda do Rácing de Ferrol e pai do céltico Manu Fernández. Jorge Otero, ex futbolista do Celta e internacional con España.
A crónica deportiva 15-09-2025 15.09.2025 30:00
O Celta suma o 4º empate consecutivo. O Deportivo firma o mellor arrinque ligueiro nos últimos 7 anos. Adrián Ben accede á final dos 1500 m do Mundial de Tokio co 3º melllor tempo da semifinal. Esta semana volve a Liga de Campións. Repaso á 1RFEF.
'As cigarreiras' 12.09.2025 13:37
Afonso Becerra fálanos dun espectáculo desenvolvido en agosto pasado na Coruña co gallo das festas de María Pita. Unha ‘estampa galega’ que, con máis dun cento de artistas no escenario, recreaba a revolta das cigarreiras a mediados do XIX, un fito histórico liderado por María Pena Barreiro
Podcast cultural 10. De medicións, soños e números 12.09.2025 28:27
O impacto da obra "Soños" entre a mocidade. E o décimo aniversario da galeria La Doce coa exposición "21x21"
'El cautivo' 11.09.2025 17:53
Moncho Lemos comenta a estrea de ‘El cautivo’, de Alejandro Amenábar, que narra o cativerio de Miguel de Cervantes en Alxer. Non é unha biografía histórica do autor de 'El Quijote' , é un exercicio de ficción
Podcast cultural 9. Festivais, saberes e burbullas 11.09.2025 15:32
As asociacións rurais centran a 5ª edición de "Pedra. Festival de Saberes". Falamos co Óscar Penín, coordinador de Pedra. E percorremos o cartel do Revenidas que comeza en Vilaxoán.
Joaquín Sabina 11.09.2025 18:41
Tito Lesende dedícalle a súa playlist a Joaquín Sabina, que a semana vindeira actúa na Coruña os días 18 e 20 no marco do que anunciou será a súa derradeira xira. As entradas para estas citas de ‘Ola y adiós’ xa levan tempo esgotadas. E sabemos de artistas ‘sabineiros’ como Nuno Pico, Sés ou Budiño
A crónica deportiva 11-09-2025 11.09.2025 30:00
No Deportivo, Fernando Soriano: "Viñeron equipos de Champions a por Yeremay" Resumimos con Javi Torres a comparecencia de Soriano e a presentación de Stoichkov. No Celta, máis de 1.200 seareiros viaxarán a Sttutgart. Copa Federación, a semana vindeira Ourense CF - Zamora e Bergantiños - Estradense. Só un chegará á Copa do Rei. O Parrulo Ferrol é o líder da 1ª de fútbol sala.
'Punto de araña' 10.09.2025 15:57
Malores Villanueva comenta ‘Punto de araña’, de Nerea Pallares e editada por Galaxia. Unha novela mariñeira e coral consagrada como un dos éxitos deste verán
Podcast cultural 8. De Camiños e Hippocampus 10.09.2025 17:20
O proxecto de intercambio escénico entre Galicia, Asturias, Cantabria, Euskadi, Navarra e A Rioxa, "Camiño Escena Norte" celebra sétima edición e amplía espazos e programa. E ademais a estrea de Xaime Miranda e Nuno Pico na curtametraxe con "Hippocampus".
A penaltis 10-09-2025 10.09.2025 2:01:00
Entrevistas a Sergio Álvarez, do consello de administración do Celta, e a Yago Iglesias, adestrador do Lugo. Comentamos tamén toda a actualidade dos equipos galegos.
A crónica deportiva 10-09-2025 10.09.2025 30:00
Última tirada da Vuelta en Galicia. Última hora do Celta con Víctor López. Charli Patiño fala da súa perseverancia por xogar co Depor. Alain Ribeiro, gol e 3 puntos para o Pontevedra CF. Saúl García presentado no Racing. Josep Gayá fala da cita do CD Lugo en Zamora. Sonia Bermúdez presentada como seleccionadora Española. No Breogán, Tito Díaz describe a Bakari Biba.
Ulex 09.09.2025 16:39
Nas Descubertas de Carlos Crespo coñecemos máis de preto os novísimos Ulex
Podcast Cultural 7. Esculcas, residencias e vangardas. 09.09.2025 21:31
As Residencias Paraíso celebran encontro anual na Illa de San Simón. Falamos con Caterina Varela das residencias que permiten acompañar procesos creativos e proxectos artísticos. E as novas formas da vangarda no WOS
David Bailey's Changing Fashion 09.09.2025 11:48
Mónica Maneiro comenta a exposición ‘David Bailey's Changing Fashion’ na Fundación MOP. A mostra céntrase na obra do fotógrafo británico de moda, e experto no retrato musical, nas décadas dos 60 e 70 do século pasado
En vídeo: a penaltis 09-09-2025 09.09.2025 1:58:52
Tamén preguntamos á IA quen é para ela o mellor xogador galego de fútbol da historia: será Iago Aspas? Viaxaremos ata a Arxentina para conversar co xornalista Maxi de la Vita, quen fixo chorar a Scaloni na despedida de Leo Messi, e tamén falamos con William, dianteiro que marcou o histórico primeiro tanto da Sarriana na 2ª RFEF.
A penaltis 09-09-2025 09.09.2025 2:00:58
Tamén preguntamos á IA quen é para ela o mellor xogador galego de fútbol da historia: será Iago Aspas? Viaxaremos ata a Arxentina para conversar co xornalista Maxi de la Vita, quen fixo chorar a Scaloni na despedida de Leo Messi, e tamén falamos con William, dianteiro que marcou o histórico primeiro tanto da Sarriana na 2ª RFEF.
A crónica deportiva 09-09-2025 09.09.2025 29:58
Última hora da Vuelta a España. Tirada entre Combarro e Mos. No Celta, Carl Startfelt apunta a dispoñible para este domingo. Marcos Alonso aínda non. No Racing Club Ferrol, presentado Chema Rodríguez. Coñecemos un pouco máis a Ilimane Diop, xogador do Basquet Coruña.
'O descoñecido' 08.09.2025 11:50
Begoña Vázquez recomenda ver en Agalega.gal ‘O descoñecido’, de Dani de la Torre, rodada na Coruña con Luís Tosar, Luía Zahera e Javier Gutiérrez no reparto. Non a perdan!
Podcast cultural 6. Acrobacia, matemáticas e carpintaría de ribeira 08.09.2025 23:17
É posible que o movemento aéreo dos corpos resolva aparentes contradicións entre aberto e pechado e mesmo permita explicar o momento político actual: O CDG estrea “A serie clopen”. E despois, coa axuda da preamar, as embarcacións de cabotaxe nos espazos sonoros
Novela e banda deseñada para a volta á escola 08.09.2025 12:06
Andrea Jamardo trae dúas propostas de lectura aptas para todas as idades. ‘Amaia Lapitz e o sartego da Raíña Vermella’, de Katixa Agirre, e publicada en galego por Aira Editorial. Vai dunha rapaza que acompaña a súa nai arqueóloga aYucatán para investigar as ruínas maias...e dan cun cadáver! ‘A brigada iridescente. O fantasma do vestiario das rapazas’, unha BD de Elena Andrés publicada por Árbore...
A penaltis 08-09-2025 08.09.2025 2:01:00
Repasamos o ocorrido nos partidos da fin de semana con Alberto Blanco, Eros López e Óscar Martínez prestándolle especial atención á vitoria da selección española en Turquía. Conversamos co exxogador do Depor Javi Manjarín e co capitán do Compostela, Samu Rodríguez.
A crónica deportiva 08-09-2025 08.09.2025 29:58
Carlos Canal "mañá hai que ir a pola fuga si ou si". O único corredor galego da Vuelta fálanos da caída de Javier Romo e da tirada entre Poio e Mos. Última hora do Celta con Víctor López. Falamos co pai de Dani Barcia, logo do seu debut goleador. No Pontevedra CF, o porteiro Raúl Marqueta é o primeiro sorprendido polo seu bo rendemento.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.