AGalegaAudio
Todos os podcast | A crónica deportiva
A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: agalegaaudio.gal
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
‘Heartstopper’ vol.5 e ‘A señora A e o señor Z’ 03.11.2025 14:07
Andrea Jamardo comenta o quinto volume da saga ‘Heartstopper’, de Alice Oseman, que publica en galego Edicións Xerais. Para público adolescente. Tamén ‘A señora A e o señor Z’, de Teresa Durán e Gustavo Roldán, publicado por Kalandraka para primeiros lectores
A penaltis 03-11-2025 03.11.2025 2:00:55
E repasamos todo o acontecido na xornada cos triunfos do Celta e do Deportivo.
A crónica deportiva 03-11-2025 03.11.2025 0:30
O Celta suma 2 vitorias consecutivas na liga, tralo gol da vitoria de Miguel Román, e afasta o descenso a 4 puntos. O Deportivo gaña 0 a 2 en Zaragoza, cun partidazo de Yermay, e ascende ó 4º posto da 2ª. En Lugo, presentación do partido da selección española sub 21 no Anxo Carro o venres 14 fronte a San Marino. Falamos co seleccionador David Gordo.
Quincegotas 31.10.2025 7:49
Afonso Becerra comenta o festival de danza Quincegotas, que se desenvolveu hai uns días na Coruña en colaboración co Espazo Novos Creadores da Fundación Paideia
Podcast cultural 44. Solastalxias 31.10.2025 18:22
Exposición “Pulsos e solastalxias (do monte galego)” en Vigo.
A crónica deportiva 31-10-2025 31.10.2025 29:58
Analizamos as vitorias do Celta e do Deportivo na 1ª rolda da Copa do Rei. Previa do Rácing Club Ferrol - CD Tenerife, co liderado en xogo na Malata. Fala Rubén Domínguez na previa do Pontevedra - Zamora.
Podcast cultural 43. Entre os documentos da historia e a historia recuperada. 30.10.2025 23:49
O Arquivo do Reino de Galicia celebra 250 anos e o Gaiás a recuperación necesaria de Francisco Asorey.
Hai música máis alá da Rosalía 30.10.2025 1:10:12
Tito Lesende pica música de Sabela, Guillerme Zapata, Laura Cox, Bruce Springsteen...e tamén propón irmos a Chantada ao Castañazo Rock
A crónica deportiva 30-10-2025 30.10.2025 0:30
Estamos en Navia (Asturias) e en Castro Urdiales (Cantabria) con Víctor López e Javi Torres nas horas previas a Copa do Rei. O Pontevedra CF elimina á UD Ourense nos penaltis. Escoiamos a Iago Iglesias na previa do CD Lugo - Barakaldo de 1ªRFEF. Carles Marco na previa do Basquet Coruña - Fuenlabrada. Luís Casimiro na previa do Breogán - Granada. Liga Guerreiras. Gaña o Guardés e perde o Porriño, q...
'Menos que humano' e 'Herba' 29.10.2025 18:35
Malores Villanueva comenta ‘Menos que humano’, do xaponés Osamu Dazai e ‘ Herba’, novela gráfica do coreano Keum Suk Gendry-Kim, que xa se poden ler en galego
Podcast cultural 42. Dous clásicos do outono. 29.10.2025 20:49
24 concertos na 35 edición do Festival Internacional de Jazz de Lugo e preto de 140 filmes na 39 do Festival Cineuropa en Santiago de Compostela.
En vídeo: a penaltis 29-10-2025 29.10.2025 1:59:53
👉Alfredo Santaelena, heroe do Deportivo na primeira Copa do Rei 👉Santi de Prado, no post do UD Ourense-Pontevedra 👉Aldán Naval, do Somozas, unha das sensacións da Terceira RFEF
A crónica deportiva 29-10-2025 29.10.2025 30:00
Os equipos galegos na Copa do Rei. Hoxe UD Ourense - Pontevedra CF. Previa do Puerto de Vega asturiano - Celta e do Sámano cántabro - Deportivo. As voces do Ourense CF 4 - Real Oviedo 2, Langreo 3 - Racing 4, nos penaltis, e da derrota 0 a 3 do Negreira coa Real Sociedad.
XianPais 28.10.2025 13:50
Carlos Crespo trae ás súas “descubertas” o muradán XianPais e o seu ‘O vento da ría’
Podcast cultural 41. De encontros e reescrituras musicais. 28.10.2025 21:43
Abe Rábade e Antía Muíño presentan dobre single con forma de EP
'Un xesto anterior' 28.10.2025 13:31
Mónica Maneiro comenta a exposición 'Un xesto anterior' de Pablo Barreiro. Na galería Nordés da Coruña.
A crónica deportiva 28-10-2025 28.10.2025 30:00
Comeza a Copa do Rei en Galicia, e con previsión de choiva. SD Negreira - Real Sociedad, UP Langreo - Racing Club Ferrol e Ourense CF - Real Oviedo. Previa do UD Ourense - Pontevedra CF. Falan os adestradores. O Depor fichará un substituto de Ximo Navarro no lateral dereito.
'As altas presións' 27.10.2025 6:14
Begoña Vázquez dános conta da vindeira estrea de Ángel Santos, ‘Así chegou a noite’, no Festival de Xixón. A película retrata unha paisaxe industrial esvaecida, algo que tamén recolle a súa fita anterior, ‘As altas presións’, que se pode ver en agalega.gal
Podcast cultural 40. Un centenario para un rescate 27.10.2025 25:36
A mostra “José Ruibal, un escritor centenario” ilumina a figura do dramaturgo e coincide coa edición da obra inédita "Triquiñóns". E despois a procura dos exemplares da edición prínceps dos poemas galegos de García Lorca.
Lecturas de Samaín 27.10.2025 13:44
Hoxe Andrea Jamardo tráenos unha novela, unha caixiña de contos e un álbum ilustrado, todas historias para ler e compartir neste Samaín. ‘Mortiña e o cuarto agochado’, de Barbara Cantini e traducido ao galego por Rosa Marta Gómez Pato e Manuel González González para a editorial Hércules de Ediciones. A partir dos seis anos ‘Tumbiñas: a sustoteca de Don Samariño’. Nesta caixa pequena atopamos catro...
A penaltis 27-10-2025 27.10.2025 2:00:47
👉 Víctor Eimil, do Pontevedra 👉 Adrián Vázquez, adestrador do Negreira 👉 O doutor Adrián Gallego
A crónica deportiva 27-10-2025 27.10.2025 30:00
Primeira vitoria do Celta na Liga. Escoitamos a Claudio Giráldez, Ferrán Jutglá e Pablo Durán. O Depor cae dos postos de nobres despois do empate co Valladolid. Escoitamos a Antonio Hidalgo, Stoichkov e a Germán Parreño. Previas da copa do Rei: Langreo - Racing, Negreira - Real Sociedad e Ourense CF - Real Oviedo.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.