AGalegaAudio

Todos os podcast | A crónica deportiva

Sports GL ↓ 678 episodes

A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades

Author

AGalegaAudio

Category

Sports

Podcast website

agalegaaudio.gal

Latest episode

Jul 10, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

A crónica deportiva 20-11-2024 20.11.2024
A crónica deportiva 19-11-2024 19.11.2024
A crónica deportiva 18-11-2024 18.11.2024
A crónica deportiva 15-11-2024 15.11.2024

Iago Aspas outra volta xogador destacado do mes no Celta. No Deportivo, David Mella e Lucas Pérez seguen con molestias e son dúbida para o partido contra o Almería. No Racing, Aitor Gelardo é baixa de última hora para Éibar.

A crónica deportiva 14-11-2024 14.11.2024

Dani Barcia espera poder renovar co Dépor e agradécelle a Oscar Gilsanz o papel desenvolvido na súa formación. O Racing contará con máis de 200 seareiros en Éibar. Xornada de liga feminina de baloncesto para o Uni Ferrol, o Ensino Lugo e o Celta de Vigo. No Breogán, Velko Mrsic fala da agresividade do xogo defensivo do Murcia.

A crónica deportiva 13-11-2024 13.11.2024

No Celta, Williot Swedberg di que traballa en mellorar a defensa e que poden gañarlle ao FC Barcelona. No Depor, renovado ate ó 2027 o lateral de 16 anos Pablo García. A SD Compostela xoga hoxe a final da Copa RFEF en Estremadura. No Obradoiro, Héctor Galán fala de unha ou dúas fichaxes para suplir a Tomeu Rigo.

A crónica deportiva 12-11-2024 12.11.2024

David Mella, na renovación co RC Deportivo, "nunca pensei noutro equipo". No Celta, Luca de la Torre a piques de recibir a alta médica. Hoxe traballou co grupo. Toni Nakic, mellor xogador do Breogán no mes de outubro.

A crónica deportiva 11-11-2024 11.11.2024

O Deportivo aínda non sabe se pode contar con Yeremay esta tarde en Riazor para o partido contra o Eibar. Analizamos a derrota do Racing Club Ferrol co Racing de Santader e mailo empate do RC Celta en Sevilla co Betis. No Breogán, Tito Díaz di que é cedo para pensar en fichaxes.

A crónica deportiva 08-11-2024 08.11.2024
A crónica deportiva 07-11-2024 07.11.2024

Novos horarios de partidos para Celta, Depor e Racing. Lesión deJaime Sánchez no Depor. A SD Compostela prepara a visita ao Bergantiños CF e logo a final da Copa RFEF co CD Extremadura. E hoxe no Galicia en Goles, liga ACB, Breogán-CB Canarias de Tenerife. Con Paco Santos, as voces do día do deporte galego

A crónica deportiva 06-11-2024 06.11.2024

Oscar Gilsanz, presentado coma adestrador do RC Deportivo ata final de temporada. Fernando Soriano, director de fútbol, explica as razóns. O defensa central Naldo, xogador máis destacado do mes de outubro no Racing. No CD Lugo, o lateral Marcos Sánchez , natural de Vilarreal, fala da DINA e tamén do Barcelona-Athletic. No Breogán, Velko Mrsic confía no factor Pazo para mañá co CB Canarias de Tener...

A crónica deportiva 05-11-2024 05.11.2024

O Celta está a 3 puntos de Europa e con 7 de vantaxe co descenso. Iago Aspas segue a facer números de estrela. O defensa do Racing, David Castro, fala da sua estancia no hospital e do líder da 2ª, o Real Racing Club. Lesión muscular de Ximo Navarro no Dépor. Non estará o luns en Riazor co Eibar.

A crónica deportiva 04-11-2024 04.11.2024

O Liceo quedou tirado no Prat pola DINA que esta mañá afectou a Cataluña. Antón Baldomir, directivo do club, dinos que regresan Galicia facendo escala en Madrid. O Celta xoga esta noite ante o Xetafe coa intención de redimirse na casa. O Pontevedra- Levante volve adiarse e será en Pasarón o martes 19 ás 20:00h

A crónica deportiva 01-11-2024 01.11.2024

Os deportes ás 14:30

A crónica deportiva 31-10-2024 31.10.2024

Dia histórico para o San Tirso. Recibe en Riazor o Espanyol de Primeira División na primeira rolda da Copa de Rei. Falamos co seu central zurdo Pablo Vigo. O Castellón-Racing e o Valencia féminas- Deportivo, adiados por mor da DINA. O Racing visita en Copa ao Cuarte aragonés. O Celta pasa tras golear 1-5 ao San Pedro. 

A crónica deportiva 30-10-2024 30.10.2024

O Pontevedra - Levante, adiado para o 7 de novembro ás 20h. Falamos co compañeiro de Apunt, Xavi Alberola, para saber da situación en Valencia e dos aprazamentos de partidos para os equipos afectados pola DINA. O Celta midese ao San Pedro. O Racing, con oito baixas, desprázase por estrada a Aragón para xogar mañá ante o Cuarte. O Baxi mídese en Estambul ao Galatasaray

A crónica deportiva 29-10-2024 29.10.2024
A crónica deportiva 28-10-2024 28.10.2024

Analizamos, con Javi Torres e Xosé Manuel Traba a destitución de Imanol Idiakez. Última hora do Racing Club Ferrol - CD Tenerife de hoxe na Malata. O RC Celta segue cos malos resultados lonxe de Balaídos. Comeza mañá a Copa do Rei co SD Compostela - Deportivo Alavés.

A crónica deportiva 25-10-2024 25.10.2024

Punto do Racing en Burgos, con lesión do autor do gol, Aitor Gelardo. Preocupación no Deportivo, máis pola imaxe da primeiraa metade ca pola derrota. O equipo está enpostos de descenso. No Celta, Jailson é baixa para seis semanas. O Básquet Coruña recibe oZaragoza e o Breogán recupera a Jordan Davis. Ángela Mataix, do Uni Ferrol, debuta nunha convocatoria da selección española.  

A crónica deportiva 24-10-2024 24.10.2024

Xa están Javi Torres en Valencia e Raúl Villares en Burgos para as últimas horas do Levante - Dépor e do Burgos - Racing. No Celta, Javi Rodríguez conta de onde sae o alcume de "o puma".  No Obradoiro, Gonzalo Rodríguez Palmeiro tenta manter o equipo afastado da presión malia os malos resultados.

A crónica deportiva 23-10-2024 23.10.2024

Previas do Levante - Dépor e do Burgos - Racing de mañá. Imanol Idiákez di que consultará coa almofada o centro do campo que sacará co Levante. Cristóbal Parralo pide intensidade para competir no Plantío. No CD Lugo, Erik Ruíz pide desculpas polo xesto feo ao banco do Celta Fortuna.

A crónica deportiva 22-10-2024 22.10.2024

Rubén Domínguez dimite como adestrador do Ourense CF, último clasificado da 1ª RFEF. O RC Celta e o canteirán Javi Rodríguez amplían contrato ata 2028. Pablo Vázquez debulla o inicio de temporada do Dépor, que ten as baixas confirmadas de Mfulu e José Ángel. Lino López analiza ao SC Azores, rival do Uni Ferrol mañá, na Malata, na Euro Cup.

A crónica deportiva 21-10-2024 21.10.2024

O RC Celta - FC Barcelona será o sábado 23 de novembro ás 21:00h. Analizamos con Raúl Villares o Racing Club Ferrol 0 - SD Huesca 0. O RC Deportivo ten a varios xogadores do centro do campo con problemas físicos. O CD Arenteiro é 2º clasificado na 1ª RFEF.

A crónica deportiva 18-10-2024 18.10.2024

Carlo Ancelotti e Claudio Giráldez na previa do RC Celta - Real Madrid. No RC Deportivo, Imanol Idiákez non reservará nada mañá para unha semana de tres partidos. No Rácing regresa Bebé e escoitamos a Aitor Gelardo. No Pontevedra CF, Iago Iglesias reflexiona sobre os problemas defensivos coas lesión, tras perder a "Churre" para toda a temporada. No baloncesto falan Diego Epifanio, Moncho...

A crónica deportiva 17-10-2024 17.10.2024

No Celta Iago Aspas, mellor xogador do mes de setembro, 2 "podemos gañar ao Real Madrid". No Dépo Yeremay regresa da selección sub 21 e recolle o premio ao mellor do mes de setembro. A cidade de Pontevedra volverá ser a sede da final das Series Mundiais de Tríatlon, en setembro do 2026.

Listen to the Todos os podcast | A crónica deportiva podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.