AGalegaAudio
Todos os podcast | A crónica deportiva
A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: agalegaaudio.gal
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
A crónica deportiva 22-11-2023 22.11.2023 25:21
O Comité Técnico de Árbitros defende aos colexiados e contraataca sinalando os erros de xogadores do Celta. No Racing, Cubero analiza o dobre duelo en Liga e Copa co Leganés. E no Deportivo, outro mancado, desta volta é Pablo Valcarce.
A crónica deportiva 21-11-2023 21.11.2023 27:28
Óscar Mingueza repasa na TVG a situación do Celta e revela que aproveitando a parada polas seleccións estiveron insistindo no traballo en defensa. No baloncesto, atendemos a Veljko Mrsic na véspera da Liga de Campións e, no ciclismo, Ezequiel Mosquera anuncia que O Gran Camiño terá sorpresas no percorrido e que os grandes equipos agora chaman para participar na volta.
A crónica deportiva 20-11-2023 20.11.2023 27:03
Recuperamos o sobranceiro da entrevista de Gabri Veiga coa TVG, na que o canteirán do Celta di estar moi a gusto na liga árabe. Na Segunda, escoitamos as valoracións no Racing tralo 1-1 co Burgos na casa e, na 1ª RFEF o desgusto do deportivismo contrasta coa ledicia do Lugo e do Celta Fortuna.
Afonso Becerra vén con 'Manuela' 17.11.2023 29:58
Afonso Becerra tráenos ‘Manuela is in da house’. Coa dirección de Fran Núñez, estreouse o pasado 10 de novembro no Teatro Sá de Miranda de Viana do Castelo (Portugal).
A crónica deportiva 17-11-2023 17.11.2023 24:48
Rafa Benítez valora o sorteo da Copa que levará o Celta a Sestao. No Racing, os axentes de Carlos Vicente negan que xa teña pechada a saída ao Valencia e din que van escoitar varios clubs, entre eles o propio Celta. Escoitamos a Idiakez e a Javi Rey antes dos partidos do Deportivo e do Arenteiro e, no baloncesto, a Moncho Fernández trala fichaxe do ucraíno Kovliar.
"Patrimonio Cultural Inmaterial e Educación" 16.11.2023 14:57
Comeza en Ourense o Congreso “Patrimonio Cultural Inmaterial e educación: ponte entre escola e sociedade”. Falamos con Xerardo Feijóo e Raquel Rey.
O último de Triángulo de Amor Bizarro ou Tanxugueiras 16.11.2023 29:57
Tito Lesende pica hoxe a nova canción de Triángulo de Amor Bizarro, a ‘autoversión’ “La carretera nocturna’ que nos presenta unha das integrantes do grupo, Isa Cea. Escoitamos tamén o último tema das Tanxugueiras, “As que teñen que estar”, unha colaboración co rapeiro Juancho Marqués. Descubrimos a Zuaraz, un grupo mexicano-galego-madrileño relacionado cos Blanco Palamera e poñemos o ramo con Gree...
Estreas: 'Que nadie duerma' e 'La ermita' 16.11.2023 29:58
Moncho Lemos tráenos dúas estreas: ‘Que nadie duerma’, de Antonio Méndez Esparza; e ‘La ermita’, de Carlota Pereda.
A crónica deportiva 16-11-2023 16.11.2023 27:03
Dous nomes propios marcan este xoves a actualidade do fútbol galego: Gabri Veiga, pola noticia que asegura que o Celta querería recuperalo, e Carlos Vicente, que según din dende Valencia podería ter xa un acordo co club 'che'. Ademais, escoitamos a Idiákez no Dépor e repasamos a derrota do Brogán na Liga de Campións de baloncesto.
Benxamín Otero e 'Gardar a auga' 15.11.2023 14:58
“Estamos nun mundo ruidoso de máis”. O músico Benxamín Otero presenta Gardar a auga un traballo musical gravado no alxibe do Castelo de San Antón.
Cineuropa e a Real Filharmonía 15.11.2023 10:07
Como é habitual dentro da programación de Cineuropa, a Real Filharmonía de Galicia participará tocando música de compositores de cine e poñendo tamén música a unha composicion en directo. Cóntanolo Luís Miguel Crespo.
'Vigo no Tempo': identidade e cultura urbana 15.11.2023 17:37
“Vigo no Tempo” é unha mostra que busca reivindidar a identidade e a cultura urbana da cidade. É a quinta entrega do proxecto “Cidades no Tempo”. Falamos co seu comisario, Manuel Gago, e co coordinador local da mostra, Manuel Bragado.
A crónica deportiva 15-11-2023 15.11.2023 25:48
As reaccións ao sorteo da segunda rolda da Copa do Rei de fútbol: dende Vilagarcía, o presidente adxunto do Arosa celebra o emparellamento co histórico Valencia. Ademais, o Celta visitará o Sestao River, o Racing recibirá o Leganés, o Dépor o Tenerife, o Lugo o Mirandés e o Arenteiro o Burgos no Espiñedo.
Percorrendo 'Xeometría Mundi' con Mónica Maneiro 14.11.2023 7:54
Con Mónica Maneiro facemos un percorrido arredor da exposición 'Xeometría Mundi', adicada á traxectoria profesional do coruñés Luis Caruncho.
Como formarse para traballar en cultura 14.11.2023 20:13
Repasamos algunhas das opcións que ofrecen as Universidades galegas para formarse no ámbito cultural. Desde o grao en Xestión Cultural da USC no campus de Lugo, co seu mestrado en Servizos Culturais, ata títulos de posgrao propios como a nova titulación de especialista universitario na industria musical que ofrece a Universidade de Vigo.
'A inmoral doutora Cons' 14.11.2023 13:43
Dolores Vilavedra tráenos a recomendación literaria da semana: 'A inmoral doutora Cons', escrita por Roberto Fernández Álvarez e editada por Aira. Gañadora do Premio Blanco Amor de Novela 2022.
IV Butaca de Jazz 14.11.2023 13:58
Gozar do Jazz e doar comida para o banco de alimentos local. Esa é a proposta do ciclo Butacas de Jazz, que cada venres deste mes de novembro na Coruña encherá de música a sala de concertos de Afundación cun fin solidario. Falamos coa produtora Inés Portela
A crónica deportiva 14-11-2023 14.11.2023 26:58
Héber Pena recolle o premio ao futbolista máis descatado do mes nun Racing de Ferrol no que hai moito que destacar. "É un orgullo e unha responsabilidade", di o extremo. No Dépor, mentres, é dúbida Pablo Vázquez, indiscutible para Idiakez. No balonmán atendemos á ultima hora do Porriño e do Guardés, que teñen liga o mércores, e no baloncesto, a previa do partido do Breogán co Hapoel Holo...
Música tradicional en directo! 13.11.2023 12:15
Emilio Españadero vén con varias propostas de música en directo: A Festa do Trece, en Narón; ciclo Músicas para recrear, no Campus de Pontevedra da Uvigo; e o Festival Folk Canarias, no que estará Ailá.
A crónica deportiva 13-11-2023 13.11.2023 26:45
Paco Santos repasa os resultados dos equipos galegos nas principais categorías do fútbol, con protagonismo para as vitorias do Racing, o Celta Fortuna e o Deportivo. No tempo do baloncesto, lembramos o gran duelo dos Howard no Sar e logo falamos da gran cita internacional da ximnasia rítmica que se celebra esta semana en Santiago
'Konrad' e 'Ula e Vinca' con Eva Mejuto 10.11.2023 10:19
Nas propostas de lectura de Eva Mejuto hai hoxe unha clásico e unha novidade. Recuperamos Konrad ou o neno que saíu dun bote de conserva, publicado en 1975 pola escritora austríaca Christine Nöstlinger e traducido ao galego por Eva Almazán e publicado por Sushi Books. E acaba de chegar ás librarías o cómic infantil ‘Ula e Vinca’, escrito e ilustrado por María Bren e publicado por Antela Editorial.
A xira das '100 voltas' 10.11.2023 17:36
Verónica Codesal presenta en directo o seu último proxecto musical, ‘100 voltas’ na xira ‘Igualdade’, que a leva nestes días por Cedeira, Carballo, Outeiro de Rei, Vedra, Santiago, Oleiros e Arzúa. O álbum incorpora letras das poetas Yolanda Castaño, Lucía Aldao e Rosalía Fernández Rial que falan de sororidade, maternidade, vínculos tóxicos e liberdade persoal. A compoñente de Ialma acompáñase aqu...
A fotografía está de festa na Coruña 10.11.2023 9:13
As fronteiras protagonizan a sétima edición de Ffoco, o festival de fotografía da Coruña amplía espazos e formatos.
'Don Pasquale' dos Amigos da Ópera de Vigo 10.11.2023 8:54
Hoxe Afonso Becerra tráenos ópera: 'Don Pasquale' da Asociación Amigos da Ópera de Vigo, pertencente ó seu "Outono Lírico".
Festival de Teatro Valacar 10.11.2023 19:30
Durante este mes celébrase na Coruña o Festival de Teatro Valacar. Organizado pola ONCE, ten como obxectivo cambiar a forma na que se percibe a arte e a integración na cidade. Falamos co director do grupo e varios actores.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.